Deportes

Os dous primeiros, os futbolístas vigueses IIago Dominguez e Vitra asinaron en Espiñedo o seu compromiso co Club Deportivo Arenteiro, para integrarse no equipo dirixido por Fran Justo e que desta maneira sigue completando o seu plantel para competir na Segunda RFEF.
O dianteiro Adri Castro chega dende o Deportivo, no que xogou na útlima tempada, mentres que o carrileiro José Carlos Márquez tamén conta con experiencia nas dúas últimas tempadas en segunda b, tralo seu paso por Getafe B e Villarrobledo.
"Agradecemos ó Comite de Patinaxe Artística da Federación Galega de Patinaxe por apostar por sacar á periferia dos grandes feudos da patinaxe en Galicia", indicou no acto de presentación da Copa Galega de grupos show Uxío Álvarez, o presidente do Club Aehde O Carbaliño.
O centrocampista Adrián Cruz, procedente do Pontevedra, no que xogou o último ano, convértese na primeira fichaxe do CD Arenteiro para reforzar o seu plantel cara o súa histórica participación na 2ª División RFEF. 
O domingo, 4 de xullo, o Concello de Leiro acollerá a 37ª edición da súa Carreira Popular, na que participarán 250 atletas de categorías absolutas nun circuíto de algo máis de 8.000 metros con saída e meta no Salgueiral.
O Club Ciclista Os Mosqueteiros recuperan, dous anos despóis, o Maratón MBT, este ano con participación limitada a 350 ciclistas por causa da pandemia, será na matinal deste domingo 27 de Xuño e percorrerá camiños e sendeiros no termo municipal dos concellos do Carballiño, Boborás e O Irixo.
Os seis equipos galegos -Arenteiro, Coruxo, Arousa, Bergantiños, Compostela e Pontevedra- votaron a outra opción presentada pola RFEF, que sería cos equipos de Cantabria, pero por un voto de diferencia impúxose a opción que inclúe aos galegos cos equipos madrileños.
O evento de patinaxe artística na modalidade de equipos, organizado polo Club Aehde O Carballiño contará con 60 formacións participantes divididos en catro apartados: Primeira categoria de grupos show, Segunda categoría de grupos show, Cuarteros e grupos show júnior.
As Escolas Deportivas de Maside eo a Fundación RCDeportivo organizan o 2º DEPORcampus, unha oferta formativa e lúdica arredor do fútbol, que terá a súa sede no campo de fútbol Outeiro Grande de Maside, do 28 de Xullo ao 2 de Xullo.
Trala paréntese do 2020 debido á pandemia, o concello de Piñor volverá celebrar o seu Rallymix, proba oficial  puntuable para a modalidade mixta da Federación Galega de Automobilismo, será os dias 26 e 27 deste mes de Xuño, sábado e domingo. 

Páxinas