Deportes

O concello de Piñor acollerá unha das tres etapas, concretamente a última e definitiva que terá lugar o domingo dia 1 de Marzo, un evento co que ademáis da actividade deportiva, preténdese ensinar o patrimonio natural da provincia.
Non podía comezar mellor a segunda volta do campionato para os verdes,  gañando 0-2 no campo do Barco, con goles de Wadir e do xogador barquense do Arenteiro, Iago Fernández, que hoxe sentenciou ao equipo do seu pobo natal, ambos na segunda parte. 
Os verdes non aproveitaron que xogaron contra dez a maior parte do partido, xa que no minuto 12 o árbitro expulsou con cartón vermello directo ao gardameta local por tocar o balón coa man fora da área abortando unha xogada de perigo do Arenteiro, a pesar delo os locais puxeronse por diante no marcador dúas veces e remataron forzando un empate a dous goles.
O líder non deu opción e mostrou a súa solvencia ante un Arenteiro que estivo por debaixo do seu nivel dos últimos partidos e non pudo contrarrestar as acometidas dun Compostela que, ademáis, aproveitouse dun regalo defensivo dos verdes aos 18 minutos para marcar o seu primeiro gol da tarde e xogar co vento a favor no Vero Boquete de San Lazaro.
O Arenteiro derrotou por 3-0 ao Alondras no primeiro partido do ano en Espiñedo, unha victoria que permite aos verdes avanzar tres escalóns na táboa de clasificación, pasando do posto 14 que ocupaba antes de xogarse esta xornada ao 11 que pasa a obstentar, 4 puntos por riba do descenso.
Cando faltan ainda dez días para a celebración da XI Carreira Solidaria do Arenteiro, que terá lugar o domingo 29 de decembro, hai xa arredor de 400 persoas inscritas, que é unha cifra moi superior á das últimas edicións por estas datas, según afirmaron os oganizadores durante a presentación deste evento.
Un gol para Ourense e outro para Arenteiro, e tamén podemos decir que unha parte para cada equipo, asi que ao final o resultado foi o que máis se da nestes partidos de rivalidade, empate e un punto para cada equipo. 
O derradeiro domingo deste ano 2019, o dia 29 de Decembro, será o torneo inaugural desta nova modalidade deportiva no campo de golf do Pazo da Touza, no concello de San Amaro.
Este venres, 6 de decembro, celebrarase a competición de niveis e o sábado 7 a de categorías. O Club Aehde O Carballiño erixese neste 2019 nun dos clubes que máis eventos organizou ao longo do ano.
Agardase unha gran afluencia de público, dada a espectacularidade deste tipo de probas, que contan un total de 292 inscritos, nas modalidades de Canicross, Bikejoring, Patín, Patín 2 Cans e Carro. Entre os participantes estarán o mellores deportistas de España, moitos deles con experiencia tanto nos campionatos de Europa como do Mundo de Mushing Terra.

Páxinas