Deportes

Desde el dia 1 de Agosto está en marcha la escuela de piragüismo del Ayuntamiento de Carballiño, que por motivos de los oportunos permisos de Medio Ambiente tendrán lugar los lunes y jueves no festivos del mes de agosto en el río Arenteiro a la altura del parque municipal de 17:30 a 19:30 horas de la tarde.
O concello de Piñor volve apostar por esta competición automobilística, que se vai desenvolver o sábado 27 en horario de mañá e tarde, e o domingo en horario de mañá. Agárdase que este evento achegue ata Piñor a centos de afeccionados procedentes de toda a xeografía galega.
Tras a presentación de rigor ante un grupo de afeccionados que acudiron ao municipal de Espiñedo, Gelucho dirixíu o primeiro e suave adestramento da pretempada dunha plantilla á que ainda deberán chegar máis futbolístas tras as numerosas baixas rexistradas no equipo verde.
O evento organizado os días 21, 22 e 23 de xullo polo Club Aehde O Carballiño e o Club Ágora Boqueixón contará coa presenza de Sergio Canales, Pau García e Nadia Iglesias
Leiro acollerá o domingo día 7 de xullo a XXXVI edición da súa Carreira Popular que ofrecerá aos participantes un percorrido de 10 quilómetros para a proba absoluta.
Será o primeiro torneo destas características que se celebre no provincia de Ourense, e nel participarán 20 equipos de 15 clubes das catro provincias galegas, entre eles o equipo do club Aehde do Carballiño, que é o organizador do evento.
O concello de Maside amplia a súa oferta de esocolas deportivas municipais, ás xa existentes de fútbol-sala, baloncesto e atletísmo, suma agora unha nova proposta, nace a escola municipal de fútbol "Terras de Maside". Trátase, polo tanto, dun novo proxecto para fomentar o deporte de base, neste caso na modalidade de fútbol.
Xa está aberta a inscripción para poder participar nunha das actividades deportivas que no verán podemos gozar ao aire libre, como son os cursos de natación, tanto nas piscinas da Rañoa en Maside como nas piscinas públicas do Carballiño. As do Carballiño xa están abertas, e as de Maside inauguran tempada este sábado 22 de Xuño.
A Área de Deportes do concello do Carballiño organiza unha nova edición da Gala do Deporte, na que desta vez vaise recoñecer aos mellores deportistas carballiñeses destas últimas dúas tempadadas, as que se corresponden cos anos 2018 e 2019. O evento terá lugar o venres dia 14 de Xuño a partir das 20:30 horas no auditorio municipal do Carballiño.
O equipo campión da terceira división de fútbol sala, Pazos de Borbén; e os equipos de Vigo, Red Blue e Talleres ABC, xunto ao equipo GRI Carballiño, competirán esta fin de semana pola V Copa Terceira División F.S., que terá lugar o sábado 8 e o domingo 9 de xuño no pavillón de deportes Paco Chao do Carballiño.

Páxinas