Deportes

O concello do Carballiño, a través da área municipal de Deportes, elabora un proxecto para cambiar o césped natural do estadio de Espiñedo por césped artificial. O motivo desta iniciativa "é mellorar o deficiente estado do terreo de xogo, cun elevado custo do mantemento, que é de entre 30.000 e 40.000 euros anuais" aseguran dende o concello do Carballiño.
O Club Carballiño Fútbol Sala conmemora este ano o 25 aniversario da súa creación, e por este motivo vai desenvolver unha serie de actividades, entre as que se atopa a edición dun álbum de cromos do club da tempada 2019/2020.
Por primeira vez na súa historia de 62 anos o Arenteiro xogaba un partido de fútbol con inicio ás 13 horas, un horario que non lle sentou nada ben ao Arenteiro, que foi claramente superado polo filial do Lugo neste atípico horario futbolístico.
Este Domingo 16 de Febreiro en horario matinal o campo da festa de Arenteiro volverá ser o epicentro do 3ª Enduro do Concello de Piñor, organizado pola Liga Galega de Moto de Campo, que terá record de participación. Eduardo Iglesias trae este domingo a Piñor a moto coa que participou no Rally Dakar, que estará en exposición para o público no mesmo campo da festa de Arenteiro.
Os verdes volveron desperdiciar a oportunidade de encadear dúas victorias seguidas, algo que aínda non conseguiron nas 23 xornadas que van de campeonato, e tiveron que conformarse con outro empate (1-1) ante o Rápido de Bouzas sobre o maltreito terreo de xogo de Espiñedo.
O Arenteiro, que xogaba por vez primeira na súa historia no campo principal da cidade deportiva de Abegondo, impúxose ao Fabril grazas a unha gran segunda parte na que os verdes foron superiores ao filial deportivista. Adiantaronse os locais no minuto 40 e co 1-0 chegouse ao descanso, nunha primeira parte na que o Arenteiro aguantou ben a pesar de encaixar o gol.
O Arenteiro continúa sen poder encadear dúas victorias seguidas no presente campionato de liga na terceira división cando xa vas desputadas vinte xornadas, tiña a oportunidade de facélo esta tarde pero non pasou do empate sen goles ante o Bergantiños.
O concello de Piñor acollerá unha das tres etapas, concretamente a última e definitiva que terá lugar o domingo dia 1 de Marzo, un evento co que ademáis da actividade deportiva, preténdese ensinar o patrimonio natural da provincia.
Non podía comezar mellor a segunda volta do campionato para os verdes,  gañando 0-2 no campo do Barco, con goles de Wadir e do xogador barquense do Arenteiro, Iago Fernández, que hoxe sentenciou ao equipo do seu pobo natal, ambos na segunda parte. 
Os verdes non aproveitaron que xogaron contra dez a maior parte do partido, xa que no minuto 12 o árbitro expulsou con cartón vermello directo ao gardameta local por tocar o balón coa man fora da área abortando unha xogada de perigo do Arenteiro, a pesar delo os locais puxeronse por diante no marcador dúas veces e remataron forzando un empate a dous goles.

Páxinas