Deportes

Club Club Deportivo Arenteiro comunica que a partir deste mércores 14 de Novembro, Manel Vázquez deixa de ser adestrador do equipo de terceira división, con él tamén abandonan o club todos os seus colaboradores no cadro técnico.
Aos 12 minutos o marcador de Espiñedo xa sinalaba o 0-3 favorable aos coruñeses, un resultado que xa non se movería no resto do partido nunha tarde para esquecer por parte do Arenteiro.
Alondras e Arenteiro empataron a un gol no partido correspondente á 11ª xornada do campiontao de liga na terceira división xogado no campo do Morrazo de Cangas, nunha tarde de forte choiva, con tal cantidade de auga que na segunda parte deixou o terreo de xogo impracticable para o futbol.
Máis de cen pilotos participarán esta fin de semana na VI XTremo Mesego, que se disputará no Carballiño coa asistencia de grandes figuras nacionais e internacionais do enduro. Así, entre os inscritos figuran Pol Tarrés, gañador das dúas últimas edicións; Álex Hidalgo e Ni Esteves, gañador portugués da clase Expert Lagares 2018.
 Ninguén en Espiñedo, nin xiquera o público visitante, se explican cómo non se pode pitar un penaltí tan claro e ademáis cando o colexiado lucense Iván Abel Bruzos estaba a apenas un par de metros da xogada para ver como o defensor do Céltiga derriba clarísimante a Hugo Sanmartín, inexplicable.
 Arenteiro é o único equipo da Terceira División que compite co horario televisivo do Barsa-Madrid, o club mantén o seu horario tradicional e recibirá dende aa cinco da tarde ao equipo arousano do Céltiga, a priori, un rival directo na loita por manter a categoria. Os verdes terán as baixas de Adil, lesionado, e Adrián Pol, por acumulación de cartóns amarelos.
Un solitario gol do dianteiro local Escobar ao inicio da segunda parte foi sufiente para que o Arenteiro regrese a O Carballiño cunha derrota, nun partido para esquecer dos verdes que non souberon sacar ventaxa a superioridade numérica no campo, xa que o Lugo B xogou a maior parte do partido cun xogador menos por doble cartón amarelo.
O mellor da tarde, a gran entrada no Estadio de Espiñedo con máis de 1200 persoas, o pior, a arbitraxe do colexiado Gabriel Rial Quintairos ao que o partido lle quedou demasiádo grande, lamentable labor arbitral que escamoteu dous claros penaltis na área do Ourense durante a primeira parte, e por si esto fora pouco inventouse o que pitou a favor dos visitantes e que lle valeu o empate.
O Ourense CF, cunha das mellores plantillas da categoría a pesar do mal inicio de liga, pon a proba o bo momento do Arenteiro, que ven de gañar os 3 últimos partidos. O Partido, correspondente á 8ª xornada do campionato de Terceira División, adiantouse ás 17:30 horas do sábado, atendedo desta maneira o club varias peticións do fútbol provincial.

Páxinas