Deportes

O Arenteiro xógase este domingo dende as 6 da tarde no campo da Cultural Areas unha gran parte das posiblidades de permanecer na Terceira División, no caso dun triunfo dos verdes e que non gañen Laracha e Céltiga, o Arenteiro podería evitar o descenso por arrastres dos equipos galegos da Segunda B.
Aos cinco minutos o partido púxose de cara para o Compos que logrou adiantarse no marcador cun gol que sería o único da tarde en Espiñedo, nun partido no que na segunda parte o Arenteiro tirou de orgullo e xogou máis que o líder, que tivo a sorte do campión da súa parte.
Un gol "delicatessen" de Rubén Arce e outro de Igor Sevivas certificaron o triunfo dos verdes en Barbadás, ainda que os locais recortaron no marcador no minuto 77 e ao final tocou sufirir, nun partido con exquisita deportividade a pesar do que se xogaban ambos equipos e cun protagonista negativo, o árbitro coruñés José Manuel Cives.
Xornada de contrastes para a afección verde, dunha parte feliz pola celebración dos actos conmemorativos do 60 aniversario da fundación de Club Deportivo Arenteiro, unha felicidade que non pudo ser completa porque tivo que conformase cun empate no partido ante o Boiro.
O equipo chairego tan so foi capaz de inquietar a meta de Pachi no tramo final dun partido no que o Arenteiro estivo moi serio á hora de defender durante os 90 minutos e incluso tivo as súas ocasións de gol para traerse os 3 puntos para O Carballiño.
Os pucelanos de Rolling Lemos e os coruñeses del Alquimia e Galicia Rollers acaparon os podios do Trofeo Federación Española de Patinaxe na modalidade de freestyle celebrada no pavillón Paco Chao de O Carballiño baixo a organización do club local Aehde O Carballiño.
O Club Deportivo Arenteiro celebrará por todo o alto o sesenta aniversario da creación da entidade, e por iso ten previsto desenvolver un programa de actos que terán lugar o sábado, 28 de abril.
Dous goles de Rubén Arce dan 3 puntos de ouro ante un rival directo como é o Laracha CF, ao que ademáis os verdes gañan o coeficiente particular xa que no partido da primeira volta, tamén precisamente cun gol do mesmo Rubén Arce, os verdes gañaran aquel partido.
Encher Espiñedo e axudar ao equipo no momento máis complicado da competición, éste é o obxetivo e por eso a directiva do club decidíu rebaixar a 5 euros a entrada para o público en xeral, os socios do Arenteiro coma sempre entrarán gratis.
O Arenteiro perdeu unha oportunidade de ouro de sacar algo positivo do campo do Ribadumia, pero tamén esta tarde a falta de acerto ante a portería contraria volve penalizar a un equipo que, para colmo de males, marcou en propia meta nunha desafortunada acción coa que os do Salnés lograron sacar adiante un partido (1-0) que xogaron en inferioridade numérica dende o minuto 16.

Páxinas