
Os estudos de COPE O Carballiño foron de novo o escenario dun novo debate electoral, desta vez dedicado ao concello de Piñor.
No mesmo participaron as candidatas á alcaldía de Piiñor do Bloque Nacionalista Galego, Olga López Rodríguez, e María Almudena Fernández Botana do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, asi como o candidato do Partido Popular, José Luis González Rodríguez. Non compareceu a este debate a candidata á alcadía por Espazo Común María Rodríguez Fernández.
Hola, para ser Treixadura unha actuacion que lle pedian "todos" o concelleiro, como contaba na emisora, estaba ben valeiea a praza , ou tamen teran valor a decir que estaba cheo e foi un exito. Todos penso que eran poucos.
Xente nova, mocedade ,festa e troula son vida , e polo que hai que apostar que dan vida e son vida en todos os sentidos. Se seguimos asi nus anos un pobo morto, eso si , como queren "todos".
Fai algún tempo o señor Paco Fumega anunciou que na parroquia de Señorín se iban a facer unha serie de obras nas súas estradas a conta do concello do Carballiño. Houbo obras si señor, pero foron unha chapuza digna das que facían a domicilio Pepe Gotera e Otilio, sobre todo, na estrada que vai dende O Carballiño ata o concello Maside. O que se fixo neste vial é digno de figurar neses libriños de "Antología del disparate" debido á enxeñosa disposición dos postes da luz ao longo desta carretera, xa que o enxeñeiro encargado das obras nun arrebato de xenialidade e inspiración tivo as seguintes ocorrencías:
- Puxo os postes da luz no medio e medio das beirarrúas obstaculizando o paso dos viandantes.
- Colocáronse os postes da luz no medio e medio dun carril o que obriga aos conductores a invadir o carril contrario o que os expón a sufrir en calquera momento un accidente cos vehículos que circulan en sentido contrario.
- Puxéronse postes da luz no medio e medio do espacio para estacionar os coches ao lado da beirarrúa nun intento de delimitar este aparcadoiro.
E por se todo isto fóra pouco esquecéronse de por cubrición ás beirarrúas quedando o cemento á vista. Visto semellantes desporpósitos non sei como o equipo de goberno do Carballiñodespois de facer semellante "fumegada" teñen o valor de vir a nosa parroquia a pedir o voto para o seu partido. Eu dende logo non lle penso votar a estes señores tras semellantes chapuzas.

As obras para poñer fin as deficiencias das rúas Caravel e Loureiro, emprazadas no Barrio de Flores, comezaron nos últimos días.
A actuación, que conta cun orzamento que supera os 150.000 euros, según os datos aportados polo concello carballiñés, prevé o acondicionamento dos pavimentos e a renovación da rede de abastecemento destas dúas rúas do casco urbano do Carballiño.
Ademais, levarase a cabo a renovación da rede de abastecemento de auga e de alcantarillado, xunto coa nova rede e varios sumideiros de augas pluviais, por tratarse de tramos antigos de fibrocemento no caso da auga e de formigón deteriorado no caso do alcantarillado.
Posteriormente, repoñeranse as bases e pavimentos das beirarrúas e das calzadas. O executivo local prevé poñer fin con este proxecto ás deficiencias detectadas nestas dúas vías, no marco do plan de reparacións de infraestruturas viarias que se estende por todo o municipio.

Debate electoral do concello de Avión no que participaron os candidatos á alcaldía Dario Vázquez Boullosa (Agrupación de Electores Novos Aires por Avión) Lilian Cerdeira Mosquera (VOX) e Antonio Montero Fernández (Partido Popular)

O Concello do Carballiño, en colaboración coa Asociación Fotográfica O Potiños, vén de poñer en marcha a iniciativa “Vive O Carballiño”, coa que dará vida a máis dunha decena de muros, peches e escaparates da vila. Coa colaboración dos veciños e veciñas que cederon as súas propiedades, procedeuse á instalación de lonas e vinilos con imaxes dos puntos máis emblemáticos do municipio e de anacos da súa historia.
Co lema “O Carballiño a un paso” nas rúas locen fotografías do entorno do río, de veciños e veciñas ilustres do Barrio das Flores; os oficios da Carreira, de diferentes momentos da Festa do Pulpo ou da ponte da Toscaña, entre outras. Ao mesmo tempo que se promociona o concello e o seu potencial turístico, embelécese o entorno.
O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, agradeceu a súa colaboración a todos os veciños e veciñas que cederon as súas propiedades para poder levar a cabo esta iniciativa que pretende poñer en valor O Carballiño como destino turístico e a súa historia.
Tamén nas últimas semanas procedeuse á instalación dun mupi de case dous metros de alto na estación de tren de Chamartín para promocionar a Festa do Pulpo e o concello. Tamén co lema “O Carballiño a un paso” invítase aos viaxantes a facer parada na vila e gozar da súa gastronomía e da celebración pulpeira, declarada de interese turístico internacional. A imaxe fala por si mesma, xa que en primeiro plano pode verse a tapa de pulpo máis grande do mundo. Ao fondo a Veracruz, emblema patrimonial do Carballiño e bandeira da súa oferta cultural.O mupi, de 175x120 centímetros, permanecerá na estación madrileña durante catro meses.
Acabo de coñecer a proposta de Espazo Común, de se gañan as eleccións, poñer un novo parque infantil na zona dos Catro Camiños, que me parece estupendo.
Pero, digo eu, non será máis normal adaptar o municipal a todas as idades? Porque espazo hai suficiente e parques infantiles (ó sol) hai bastantes... Pero, e zonas para aqueles rapaces de, por exemplo, entre 9 e 18 anos, para onde van? Conque xogan? Onde se reúnen? Vaian á praza que vaian, "prohibido balón", nos parques zonas para eles, cero, pistas adecuadas para diversos deportes, xa nin mencionamos... Non será máis coherente buscar alternativas para todas as idades e non centrarnos solamente nos máis pequenos? Que lles estamos ofrecendo no Carballiño á xente máis nova? Logo queixámonos de que a xente marcha... Se nin para ter unha festa mesmo de cumpleanos os rapaces de 9 anos por exemplo, teñen para onde ir... Menos mal que se vai trampeando con algún familiar cun sitio decente para que se xunten... Que coas opcións que se ofrecen, parece que a partir dos 6-8 anos, deixan de ser cativos.
Creo que unha boa opción era un abanico un pouco máis amplo....


O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica o procedemento para a adxudicación de estadías nas Residencias de tempo libre de Panxón (Nigrán) e O Carballiño. As familias que queiran desfrutar do verán nestes centros teñen desde mañá e ata o vindeiro día 30 de maio para presentar as solicitudes. Poderase cursar unha única solicitude por unidade familiar, na cal se indicará a orde de preferencia no desfrute das estadías e en que residencia.
Estas deberán dirixirse ás Xefaturas Territoriais de Ourense ou Vigo, en función do centro residencial que se elixa. Ademais, as peticións poderán realizarse a través da sede electrónica da Xunta. O Goberno galego conta este ano con 2760 prazas para achegarlles ás familias galegas máis posibilidades nesta campaña estival, distribuídas do seguinte xeito: 1320 prazas na Residencia de tempo libre do Panxón, en Nigrán; e 1440 na Residencia de tempo libre do Carballiño. Outra das novidades que hai nesta convocatoria é a ampliación das quendas ata finais de setembro, para aquelas familias con fillos maiores ou sen fillos que tamén queiran desfrutar destas residencias.
Prezos e descontos Ao igual que en convocatorias anteriores, as familias de especial consideración como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vítimas de violencia machista terán prioridade no acceso a unha destas prazas. Ademais, a Xunta volveu adiantar publicación da convocatoria para darlle máis marxe ás familias para organizar as súas vacacións de verán. As familias contarán con servizo de aloxamento e de comedor para desfrutar durante a súa estancia de todas as comodidades mentres poden aproveitar o tempo de vacacións para fortalecer os lazos familiares e gozar de tempo de ocio e lecer. O prezo por persoa e día é de 37 euros en pensión completa, ao que se engaden descontos por nenos (dun 50 %) e familias galegas de especial consideración como numerosas ou monoparentais, acolledoras ou vítimas de violencia machista (dun 30 %).

COPE O Carballiño súmase á campaña electoral do 28 de Maio para ofrecer á súa audiencia a mellor información do seu concello, desta maneira esta emisora de radio- que foi pioneira nesta iniciativa- volve programar debates na maioría dos concellos do seu ámbito de cobertura radiofónica. Na foto, os participantes do debate de 2015 no concello de Leiro.
Desta maneira, todos os candidatos e candidatas ás alcaldías que concorren a estas eleccións municipais están invitados a participar neste debates concello a concello, que levaránse a cabo en directo nos estudos de COPE O Carballiño, moderados por Xan Pinal, serán retransmitidos en emisión simultánea pola FM (91.9) e a través de internet (www.copecarballino.es) Ademáis, os debates quedarán dispoñibles para a súa descarga no PODCAST diario de COPE O Carballiño, nesta mesma páxina WEB.
Cada candidato contará en total con 12 minutos para as súas intervencións, e o calendario previsto é o seguinte:
LUNS 15: PUNXÍN (PP, PSOE, BNG, COMPROMISO POR GALICIA)
MARTES 16: AVIÓN (PP, VOX, AIRES NOVOS POR AVIÓN, PSOE)
MERCORES 17: PIÑOR (PP, BNG, PSOE, ESPAZO COMÚN)
XOVES 18: SAN CRISTOVO DE CEA (PP, BNG, PSOE)
VENRES 19: SAN AMARO (PP, PSOE, XUNTOS POR SAN AMARO, ESPAZO COMUN)
LUNS 22: LEIRO (PP, PSOE, BNG)
MARTES 23: BEADE (PP, PSOE, BNG, AVIDE E POR BEADE)
MERCORES 24: O IRIXO (PP, PSOE, XUNTOS POLO IRIXO)
XOVES 25: MASIDE ( PSOE, PP, BNG)
VENRES 26: O CARBALLIÑO (PSOE, PP, ESCO, BNG, PODEMOS)
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- 143
- 144
- 145
- 146
- …
- seguinte ›
- última »