15, Novembro 2022

Nos últimos dias numerosos veciños do concello de Boborás estan a recibir cartas do Catastro, nas cales se indica que se van a facer modificacions, consistentes en moitos casos nun notable aumento do valor catastral, nalguns casos mais do doble, o que suporá un enorme incremento do que se paga, mais os atrasos dos catro anos anteriores, todo de xeito silencioso, xa que hai constancia de que dende agosto andan co tema este, todo en silencio, sen que a flamante alcaldesa dixese nada, a pesar de que adoita difundir  polas suas redes sociais numerosos contidos, as que emprega para dinfundir o que lles apetece, polo que sería interesante que dende o concello se informase sobre esto, para dar tranquilidade os veciños e informar do que se vai facer como se fixo noutros lugares, saúdos

14, Novembro 2022

O Concello do Carballiño promoverá o acondicionamento da rúa Carreira e as rúas do entorno (José Benito Valeiras, Xoán de León e Ramón María Aller Ulloa) para potenciar estas arterias de comunicación do centro da vila e para proceder á mellora das redes de abastecemento e saneamento destas rúas, que contan cunhas características semellantes e están conectadas entre elas.

O investimento nesta actuación está dotado con 248.319 euros e o prazo de execución das obras será de cinco meses. O obxectivo do proxecto redactado polo arquitecto municipal, Sergio Mascareñas, foi definir o trazado e as características do acondicionamento dos pavimentos e a renovación da rede de abastecemento de auga e de alcantarillado, xunto coa nova execución de canalización e sumideiros de augas pluviais, por tratarse de tramos antigos de fibrocemento (no caso da auga) e de formigón deteriorado (no caso do alcantarillado). Tamén se contempla no proxecto a posterior reposición de bases e pavimentos das beirarrúas e das calzadas nas citadas vías públicas.

A decisión de acometer está reforma e renovación vén dada, como se sinala, polo mal estado das redes de abastecemento e de alcantarillado nestas rúas.
No caso das beirarrúas os pavimentos serán realizados mediante formigón impreso. Na calzada os pavimentos serán de aglomerado asfáltico para tráfico medio en quente, de árido granítico, 4/6 cm de capa de rodadura de aglomerado asfáltico denso D-12.
Contará con árboles

A lonxitude total sobre a que se actuará será de 470 metros e acometerase unha reposición de rodadura de calzada de 3.379 metros cadrados.

A remodelación e acondicionamento da Carreira servirá para poñer en valor esta rúa que foi un dos espazos singulares da vila e na que se asentaban tradicionalmente un bo número de artesáns do Carballiño. Unha das actuacións previstas no proxecto redactado polo arquitecto municipal é a plantación de árbores (tipo camelio ou semellante) para incidir na humanización do entorno. Tamén se procederá á redución do número de prazas de aparcamento.

14, Novembro 2022

O Arenteiro dos records non se para, e agora é noticia en toda España, en todos os xornais, en todas as televisións, en todas as radios, O Carballiño está de moda polo seu Arenteiro, que noutra noite de maxia pura en Espiñedo foi quen de pasar a seguinte ronda da Copa do Rei tras dar un baño de fútbol a un equipo da primeira división, como é a UD Almería.

Foi un 2-0 a favor do Arenteiro con goles de Escobar e Rafa Mella, un resultado mesmo curto para os merecementos dun Arenteiro inmenso, moi superior ao equipo da máxima categoria do fútbol español.

Vídeo co resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/en-directo-o-arenteiro-almeria-0-0-

Cronica do partido en "Marca": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/11/14/2-0-arenteiro-h...

Crónica do partido en "La Región": https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-primera/2022111...

Crónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2022/11/14/2-0-arenteiro-h...

13, Novembro 2022

A iniciativa “Ourense, a provincia termal dixital”converterá a Ourense na primeira provincia española en dixitalizar a súa oferta de tratamentos termais.

Manuel Baltar expón que medidas como esta, aprobada no Debate sobre o estado da provincia, “definen a importancia e utilidade deste foro de debate, análise e acordos, e que leva desde 2014 tecendo novos proxectos para proseguir o camiño de dinamización da provincia de Ourense” .

A medida da Deputación de Ourense parte de constatar que a oferta de servizos termais prestada a día de hoxe polos balnearios ourensáns non está dixitalizada: só estao a oferta aparellada ao aloxamento termal pero non a de balnearios que non dispoñen de hotel, nin a de tratamentos termais en hoteis-balneario nos que o cliente non quere pernoitar.

Esta situación limita o desenvolvemento dos balnearios sen hotel. Esta realidade dáse en todos os balnearios da provincia de Ourense e nos máis de 50 analizados a nivel de toda España. A ausencia de dixitalización implica que os servizos termais teñen que ser contratados acudindo presencialmente ao balneario, facendo unha reserva previa por teléfono ou enviando un correo electrónico que carece de resposta inmediata; todas estas fórmulas representan limitacións para o establecemento termal e/o para o cliente.

As limitacións para o balneario van desde non poder optimizar a súa oferta -xa que ata o momento no que chegan algúns dos clientes ao balneario descoñecen a ocupación do mesmo- ou que a persoa que realizou a reseva telefónica non acuda finalmente ao balneario. E para o cliente, carecer da posibilidade de contratar os servizos termais de maneira dixital implica o feito de ter que facelo de forma física no balneario ou por teléfono, quedando á marxe dos novos consumos derivados da cultura dixital.

Neste contexto, Ourense será a primeira provincia en implementar unha estratexia de dixitalización conxunta de servizos termais, creando unha oferta provincial dixitalizada a través da alianza entre a Deputación de Ourense e os balnearios da provincia.

Transformación da oferta: “Ourense, a provincia termal dixital”

Dixitalizar a oferta de servizos termais consistirá en reinventar a experiencia do usuario na contratación dos mesmos a través da aplicación de tecnoloxía.

A transformación dixital dos balnearios consistirá en crear e desenvolver unha canle dixital que permita definir a oferta dixital de servizos termais, unha nova experiencia de compra para o cliente e aumentar a venda de servizos termais.

A dixitalización da oferta de servizos e tratamentos termais permitirá a reserva e o pago as 24 horas ao día, 7 días á semana, os 365 días do ano a través do móbil e desde calquera lugar.

Todo o proceso de dixitalización basearase nun sistema de códigos QR que acreditan a reserva e o pago por parte do cliente e que poderán ser escaneados desde os propios balnearios cando o cliente chegue ao establecemento.

Este novo sistema abre novas posibilidades aos balnearios da provincia, xa que a dixitalización permite non só a contratación dos servizos en liña senón establecer unha relación permanente cos futuros usuarios dos balnearios. Os centros termais poderán establecer comunicacións dixitais sobre ofertas especiais, promocións ou novos programas, de maneira que será posible a fidelización de novos usuarios das instalacións da provincia.

Fases e prazos da dixitalización termal

Deputación de Ourense e balnearios traballan para que en decembro xa estean dispoñibles algunhas ofertas de tratamentos e servizos termais de maneira dixital.

A primeira fase da dixitalización contemplará aos balnearios que dispoñen de piscinas mineromedicinales termais, cinco dos sete da provincia, e nunha segunda fase poderanse incorporar a totalidade.

En todos os balnearios a reserva aceptará, entre outros medios, o pago a través da aplicación Bizum, xa que a plataforma dixital coa que a Deputación de Ourense xestionará a dixitalización da oferta termal provincial dispoñerá desta posibilidade a maiores dos tradicionais mnedios de pago en liña.

O primeiro dos balnearios que poñerá en marcha a súa oferta dixital será o Balneario de Cortegada, ao que lle seguirán Laias, Partovia, Lobios e Arnoia; na planificación de administración e balnearios contémplase o mes de decembro como arranque coas primeiras ofertas dixitais dispoñibles e o primeiro trimestre de 2023 como prazo para que todas os balnearios teñan algunha oferta dixital dispoñible.

A última semana de novembro a administración provincial asinará con todos os balnearios da provincia o convenio “Ourense, a provincia termal dixital” no que ademais de especificar todo o contido e diferentes cláusulas do acordo anunciarase os servizos e tratamentos termais que cada balneario vai ofertar de maneira dixital.

11, Novembro 2022

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañaron ás nenas e nenos do CEIP Calvo Sotelo Colexio Plurilingüe e Abalar nun obradoiro da campaña Fai clic ao teu bocata, para promover o consumo de conservas de produtos do mar entre o público infantil. Neste centro a iniciativa chegará a arredor de 190 alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria e con eles son máis de 16.400 os que se levan beneficiado desta iniciativa desde o seu comezo en abril de 2021.

Esta acción forma parte do programa Aliméntate ben e inclúese na campaña máis ampla da Xunta GALICIA SABE AMAR, coa que o Executivo galego pretende impulsar o consumo de peixes e mariscos entre a cidadanía e difundir a gran variedade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición dos consumidores.

O director xeral destacou que Fai clic ao teu bocata busca familiarizar dun xeito ameno e lúdico ao público de entre 5 e 16 anos coas conservas de peixes e mariscos e transmitirlles os beneficios nutricionais de incluílas na dieta. Ao mesmo tempo pretende achegarlles ás rapazas e rapaces os coñecementos das distintas especies de peixe e moluscos e ensinarlles a empregar as conservas como base en receitas sinxelas.

Neste curso 2022-2023 está previsto que a campaña chegue a preto de 10.000 escolares duns 70 centros galegos. Con todo, a iniciativa vai máis alá do período escolar pois nos meses estivais tamén está presente en campamentos de verán e outras actividades culturais da Xunta.

Fai clic ao teu bocata releva á anterior iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata, que achegou o mundo das conservas a máis de 74.000 nenas e nenos e que foi recoñecida pola Comisión Europea como exemplo de boas prácticas. Outra iniciativa de promoción renovada no curso pasado é Ti si que es un bo peixe, que substitúe a O sabor da aventura está no mar e coa que a Administración galega segue difundindo dun xeito ameno entre o público infantil coñecementos sobre as distintas especies de peixes e mariscos e as súas propiedades nutricionais.
Cada un dos obradoiros de Fai clic ao teu bocata divídese en tres partes. Na de presentación inclúe unha charla divulgativa, dinámica e participativa con preguntas aos participantes sobre alimentación e os produtos do mar e a proxección dun vídeo animado da campaña que introduce o mundo das conservas e o dos bocadillos.

A segunda parte é a demostración da elaboración dos bocadillos que inclúen conservas de produtos do mar como ingrediente principal e que serán degustados ao finalizar o obradoiro. Desta tarefa encárgase un monitor mentres se desenvolve unha charla divulgativa sobre os diferentes produtos do mar que se poden atopar en conservas, o seu método de captura ou cultivo e como se preparan para a súa conservación.

Na terceira e última actividade avalíanse entre os participantes, a modo de xogo e mediante preguntas rápidas, os coñecementos adquiridos no obradoiro e, ao rematar a xornada, entréganselles ás nenas e nenos agasallos relacionados coa campaña.

10, Novembro 2022

A Deputación povincial de Ourense xunto o Concello do Carballiño subvencionaron o Proxecto ”ATENCION AS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, REHABILITACION E PSICOLOXIA” neste ano 2022.

Dende Asdifica “Asociacion de Persoas con Discapacidade Fisica e Orgánica do Carballiño e Comarca” dentro das partidas de Subvencións , de Proxectos de Prestación de Servizos Sociais 2022 por unha contía de 3.150,00€ da Deputacion Provincial de Ourense e 3.000,00€ por Subvención Directa do Concello do Carballiño, realizou o proxecto Atención as persoas con discapacidade, rehabilitación e psicoloxia. Este programa consta de varias actividades:

Atención o público e usuarios/as. Faino a técnica da Asociación. A súa función e levar a coordinación de fisioterapia, rehabilitación e psicoloxía. Tamén atención o usuario/a, obradoiros, lecer, cursos e seguimentos para os /as Traballadores/as Sociais tanto da Comarca como de Cogami.

Fisioterapia e Rehabilitación. Que se segue levando a ca bo no Centro de fisioterapia. Luis M. Lopez Alonso, para conseguir unha mellora de rango de mobilidade, diminución da dor e sobrecarga, e traballar o fortalecemento muscular do que se benericiaron 18 usuarios/as.

Psicoloxía. No Centro Larchavella, CAP, para o tema de depresión, Apoio individual e/ou familiar para adaptación en casos recentes de discapacidade e /ou incapacidade, como tamen evitar conductas Suicidas.

10, Novembro 2022

Dende o Barón de Seoane invitamos a o señor alcalde do Carballiño a darse unha voltiña polo Barón de Seoane e vexa como temos os camiños públicos.

8, Novembro 2022

O Concello ven de rematar un proxecto de renovación integral dos equipos técnicos do Auditorio Municipal do Carballiño, o que supuxo a substitución de modelos que, nalgúns casos, xa se tiñan quedado obsoletos por uns de última xeración e contar cunha nova iluminación, máis axeitada ás necesidades das actividades que se realizan no Auditorio e, ao mesmo tempo, con tecnoloxía led para incidir no aforro enerxético.

No proxecto de contratación para o Subministro, instalación, configuración e posta en servizo dos equipos de imaxe e iluminación xunto ca renovación do cableado existente para o seu correcto funcionamento para o Auditorio Municipal investíronse 43.661 euros. Nos equipamentos de imaxe investíronse 29.461 euros, nos de iluminación 11.400 euros e no cableado de rede para medios dixitais 2.800 euros (en todos os casos co IVE incluído). Para este proxecto o Concello do Carballiño contou ca cofinanciación da Consellería de Cultura a través da liña de subvencións para o equipamento e mellora de instalacións culturais.

O Concello decidiu acometer a renovación integral dos equipamentos para contar coa dotación dos medios técnicos necesarios para acadar os sistemas axeitados de reprodución, sonorización e proxección de contidos audiovisuais en alta resolución de imaxe e calidade de son. Promoveuse a iniciativa ao ser conscientes de que a non realización destes traballos implicaría a deficiencia na exhibición dos espectáculos culturais por non contar con equipamento técnico axeitado.
No referido aos equipos de imaxe, e para acadar a maior versatilidade posible, procedeuse á instalación dun sistema proxector de alta calidade (cunhas características de luminosidade de 1600 Ansi Lumens) que soporta unha resolución mínima de 4K, sendo compatible con 8K, tecnoloxía láser con 3LCD.
A pantalla do Auditorio Municipal ten un tamaño de 8 x 4 metros e a distancia de proxección é de 30 metros, polo que se instalou unha nova óptica axeitada a estas características para mellorar as proxeccións.

No referido ao equipamento de iluminación traballouse en dous apartados. No que á iluminación xeral se refire acometeuse o cambio da iluminación convencional existente para mellorar as prestacións e promover o aforro enerxético. Daquela procedeuse a cambiar a iluminación convencional, tanto de focos fluorescentes como incandescentes de alto consumo, por unha opción máis sostible e de eficiencia enerxética, dotando así ao espazo da tecnoloxía LED. Ademais do aforro cóntase a partir de agora cunha maior calidade lumínica.

No que atinxe á iluminación escénica o obxectivo pasaba por dar resposta ás necesidades técnicas que demandan as compañías de teatro, os grupos de música, as produtoras e similares que utilizan o Auditorio Manuel María. O equipamento do espazo cultural carballiñés, cunha mesa de iluminación analóxica, estaba totalmente obsoleto. De aí que se optase por equipar ao Manuel María cunha Mesa de Iluminación Dixital para dar soporte aos aparatos que os usuarios do espazo utilizan para o seu traballo.

Coa renovación de equipos fíxose necesario contar cun novo cableado que estivese axeitado para a comunicación cos medios que se teñen que controlar e están situados no escenario. Os novos usos culturais, por exemplo as emisións en Streaming que se popularizaron durante a pandemia, fan que sexa necesario contar cunha conexión de datos de alta velocidade na cabina e no punto de control, instalando ademais outro cabo de rede CAT6 dende a planta baixa, onde se sitúa a Escola de Música e o Conservatorio, ata a cabina, dotándoa ademais dun punto de acceso sen fíos de alta calidade (tipo Mesh).

Coa decisión do Concello do Carballiño de renovar os equipamentos do Auditorio apóstase por potenciar un espazo cultural clave na provincia de Ourense, xa que o Auditorio do Carballiño acolle unha programación estable durante todo o ano que inclúe citas de teatro, música, danza, monólogos, cine, festivais, exposicións e outras iniciativas.

8, Novembro 2022

Espazo Común manifesta a "preocupación pola situación xudicial do alcalde do Carballiño" e piden que "Fumega convoque unha xunta de portavoces e confirme ou desminta toda a información ao respecto".

Neste caso concreto, indican dende Espazo Común a investigación xudicial tería que ver con  "dúbidas acerca da súa xestión de varios contratos de servizos que poideran incorrer en fraccionamento dos mesmos ca fin de evitar as medidas de control instauradas por lei para evitar favorecer a unhas empresas sobre outras, certo é que o desexable sería ter a confirmación por parte do propio interesado e coñecer a súa versión dos feitos".

Despois de manifestar o respecto pola presunción de inocencia, Espazo Común lamenta "a falla de transparencia da que fai gala o goberno municipal do concello do Carballiño, alcanzando cotas absolutamente impensables". 

7, Novembro 2022

A programación cultural do mes de novembro do Carballiño inciábase esta pasada fin de semana coa celebración do samaín e a pasaxe do terror da compañía "Hipica Celta", o magosto cultural na Ïnsua dos Poetas e unha sesión de contancontos para bebés, e continuará no transcurso désta e das próximas semanas con novas actividades que prentenden "desestacionalizar o promama cultural no Carballiño", en palabras do concelleiro de cultura Diego Fernández.

A segunda Ruta das Tapas de novembro celebraráse este próximo venres dia 11(celébranse o primeiro e segundo venres de mes) e estará centrada no Magosto, coas castañas e os produtos de outono como os grandes protagonistas das tapas que se poderán degustar nos locais de hostalería que están vencellados á Ruta das Tapas. Para animar a fin de semana contarase con música. O venres, día 11, será o grupo Cantanascroas o encargo de animar as rúas do Carballiño. O sábado 12 será o grupo Tokaide o que animará a vila.

O Carballiño está ligado historicamente á figura de Carlos Velo (Cartelle, 1909 – Cidade de México, 1988). As Xociviga, certame organizado polo Cineclub Carballiño, renderon homenaxe ao director de cine no ano 1985 e foi a última estadía do realizador en Galicia e a derradeira viaxe á terra. Cineclub Carballiño e Fundación Carlos Velo colaboran nun ciclo especial que se lle dedicará ao director Carlos Velo na fin de semana do 11 ao 13 de novembro. O venres, día 11, proxectarase a película (20 e 22.30 horas). Para sábado, día 12, os títulos escollidos son e (sesión única ás 19 horas) e o día 13, domingo, está previsto o pase de e (19 horas).

Na súa proxección do día 18 de novembro o Cineclub Carballiño ofrecerá ao público, nas súas sesións do Auditorio Manuel María, a película (20 e 22.30 horas).

Un día despois, o sábado 19, será a xornada na que se poderá gozar co musical no Auditorio Manuel María. A actividade comezará ás 17.30 horas e as entradas poderanse mercar en Woutik.es ou no Café bar Solaina. O prezo da entrada é de 12 euros en anticipada (máis os gastos de xestión) e 15 euros na billeteira.

O Novembro Cultural 2022 do Carballiño tamén dará protagonismo á celebración da patroa dos músicos e farao con dúas iniciativas:
O sábado 19, ás 19 horas, a Coral Polifónica do Casino do Carballiño actuará na igrexa da Veracruz.
O martes 22, neste caso no Auditorio Manuel María e ás 20 horas, haberá unha audición do Conservatorio Profesional de Música do Carballiño.
O Cineclub Carballiño ofrecerá unha sesión especial o día 24, xoves, na Libraría Escolma. Será un e a actividade comezará ás 20 horas.

Tamén vencellada co cine, aínda que nesta ocasión non sexa así, está a actriz Beatriz Rico, quen chegará o día 26 ao Auditorio Manuel María co seu monólogo . A actuación comezará ás 20.30 horas e o prezo da entrada será de 5 euros (á venda na billeteira do Auditorio).

O Novembro Cultural 2022 pecharase coa actuación de Paco Nogueiras. Estará no Carballiño coa súa obra . A sesión será o día 27, ás 18.00 horas, no Auditorio. (3,50 euros na billeteira).

As actuacións de Beatriz Rico e Paco Nogueiras chegarán ao Carballiño dentro do programa de actividades da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

A Asociación Fotográfica O Potiños, en colaboración co Concello do Carballiño, celebra durante os meses de outubro e novembro, o seu festival de fotografía. O Arenteiro Fotográfico amosa durante novembro as seguintes exposicións:

-, da A. F. O Potiños. Casa do Concello do Carballiño.

-, IES Chamoso Lamas. Rúa Principal.

-, A. F. O Potiños. Café bar Peñasco.

-, A. F. FotoSíntese. Principal 6, baixo.

-< - es +>, A. F. Os Negativos. Principal 6, baixo.

-, A. F. O Potiños. Principal 6, baixo.

-

  • , Teté D. Estate. Principal 6, baixo.

    -, Pepe Paz. Principal 6, baixo.

    -<4 movimientos>, Marcelo Carballero. Principal 6, baixo.

    -, José Miguel Martín Ordoño. Principal 6, baixo.

    O horario de apertura ao público do local da rúa Principal 6 (o baixo do antigo Hobby Sport) abre os Venres e Sábados de 18.30 a 21.00 horas e os domingos en horario de mañá e tarde: de 12 a 14 e de 18.30 a 21 horas.

  • Páxinas

    Subscribirse a Copecarballiño.es RSS