18, Outubro 2022

O Concello do Carballiño acometerá o proxecto de acondicionamento e mellora da pista que comunica os pobos de Godás e Longoseiros. O trazado que vai dende a N-541, en Godás, ata a estrada de Astureses por Longoseiros. Á obra destinarase un investimento de 127.136 euros. O prazo de execución dos traballos será de dous meses.

O proxecto "Asfaltado da pista Godás-Longoseiros" foi redactado polo arquitecto municipal, Sergio Mascareñas Nogueiras, e a zona de actuación comprende tres tramos ben diferenciados. A intervención principal será o asfaltado da pista que une Godás coa estrada de Astureses, un trazado de 1.753 metros.

Tamén se procederá a acometer a mellora da pista de Godás da Cima, que vai dende o vial principal á N-541 (con saída na zona da Isis Pharia, fronte á que vai da N-541 á fábrica do papel da Lavandeira). Neste caso actuarase sobre un trazado de 600 metros. A terceira zona que se mellorará con cargo a este proxecto é un vial do propio pobo de Longoseiros, de 174 metros.

En conxunto, sumando as tres zonas de actuación incluídas, o proxecto "Asfaltado da pista Godás-Longoseiros" contempla a mellora de 2.527 metros. É dicir, máis de 2,5 quilómetros.

17, Outubro 2022

A empresa carballiñesa "Frigoríficos Arcos" e a súa marca de polbo cocido envasado ao baleiro "A Pulpeira" están presentes na SIAL 2022, a maior feira de alimentación do mundo, que estáse a celebrar na capital francesa. A empresa ubicada no parque empressarial do Carballiño forma parte do continxente galego que está presente en París no stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

SIAL constitúe o mercado global da industria da alimentación cunha oferta completa e representativa de todos os axentes do sector e de todos os alimentos e bebidas, procedentes do mundo enteiro, trátase da cita mundial máis importante do sector alimenticio, concentra en París a mellor oferta agroalimentaria.

A feira representa 19 sectores de produtos e recibe máis de 140.000 visitantes e 5.500 expositores, celébrase cada dous anos, unha mostra mundial agroalimentaria que presenta unha oferta exhaustiva e multisectorial no centro de exposicións Paris-Nord Villepinte.

17, Outubro 2022

Recuperada a normalidade logo de superada a pandemia, volve o programa O Carballiño Cardiosaudable. Unha actividade que se desenvolverá durante toda a semana, do 17 ao 22 de outubro, e que está organizada polo personal do Centro de Saúde, colaborando con eles o Concello do Carballiño. As sesións celebraranse no segundo andar da Casa do Concello (no salón de xuntas).

Durante toda a semana haberá encontros de grande interese que achegarán información, prácticas, hábitos e outros coñecementos para levar unha vida máis cardiosaudable. Tamén se resolverán todas aquelas dúbidas que as persoas asistentes desexen plantexar.

Tras a pimeira xornada celebrada na matinal deste lúns e no que se incidíu na "importancia de dar vida as anos con hábitos de vida saudables, o programa continúa o martes dia 18 ás 10.30 horas no salón de xuntas do Concello do Carballiño. O tema proposto é . Contarase coa presenza dos enfermeiros Pablo Taboada Pampín, Leticia Carral Otero e Vanesa Núñez Gil (dos centros de saúde do Carballiño e Valle Inclán e A Cuña –de Ourense-) e a médica Cristina Álvarez Gordo.

A farmacéutica Montserrat Fernández Montenegro será a encargada de coordinar a sesión do mércores 19. Comezará ás 11.30 horas e centrarase nas .

O coñecemento e coidado do solo pelviano por parte das mulleres centrará o encontro do xoves, día 20. A sesión comezará ás 11.00 horas e será conducida polas matronas Laura Vila Ferreiro e Isabel de la Torre Sas, dos centros de O Carballiño e Ribadavia.

A do venres 21 será unha xornada cunha ampla oferta de asuntos de interese. Marta Fernández del Río (do Centro de Saúde da Valenzá) impartirá a conferencia . A cita está programada para as 10.30 horas. Sobre , falarán Sabela Losada Diéguez e Melania Fraga Deus ás 12.30 horas. Pola tarde, 17.00 horas, chegará a quenda dos máis novos. Verónica Civeira, Beatriz Blanco e Melania Fraga falarán sobre .

A terceira edición do Carballiño Cardiosaudable pecharase o sábado cunha sesión en clave de xogo, un obradoiro para toda a familia dirixido a aprender en materia de primeiros auxilios. O obradoiro comezará ás 11.00 horas.

A entrada aos obradoiros é libre, aínda que PARA O OBRADOIRO DO SÁBADO É NECESARIO ANOTARSE. Pode formalizarse a inscrición nas consultas de Pediatría (Vanesa) ou na consulta 006 (Melania) do Centro de Saúde do Carballiño. Tamén se pode realizar por internet, a través do enderezo electrónico heroes@pupas.org.

15, Outubro 2022

Quería enviar esta denuncia dado a que na zona de o Baron de Seoane donde está a antiga fábrica EMBEN de estructuras de hormigón para pontes pasa unha carretera a sua beira e o lado dereito da coas suas intalacions e ali casi todos os dias ven alguen da propiedade a mirala ou facerlle algún mantemento pero aunque xa os avisei seguen na misma e con isto quero decir que cando pasamos cos coches para casa pegannos as silvas nos coches porque non limpan nada e chegan ata o medio do camiño e do outro lado pola parte do concello parece que esa carretera non existise porque tampouco a desbrozan case nunca e cando asfaltaron pola zona de seoane asfaltaronlles todas as carreteras e esta que estou a falar nada e eso que e a que mais usamos os do pobo, tamen aproveito a decir que no fondo de esa carretera que hay que ceder os que veñen de donde o Ojea hai un espello polo cal non se ve nada xa que esta moi vello o cristal e e imposible ver algo.

14, Outubro 2022

Na carteleira cinematográfica da fin de semana temos 4 películas, a do Cine-Club Carballiño "Teneis que venir a verla" de Jonás Trueba este venres 14 no auditorio do Carballiño, en pases ás 20:00 e 22:30 horas. E 3 películas para estes dias no Novocine de Leiro: "Tadeo-ons 3 La Tabla Esmeraralda" ás 16:00 horas, "No te preocupes querida" ás 18:15 horas e "Los renglones torcidos de Dios" ás 20:30 horas.

O sábado temos teatro dentro da programación da mostra de teatro afeccionado que organiza Tiruleque, ás 20:00 horas no auditorio coa actuación da compañía valdeorresa "Gargallada" e o seu espectáculo "Un desastre de función", teatro de comedia.

Dende as 9:30 horas do sábado e durante once horas, cun pequeno receso para o xantar, o pavillón Paco Chao acolle a 3ª Fase de Niveis do 1 ao 3, unha competición de patinaxe artística da Federación Galega que organiza o club carballiñés Aehde, e que reunirá no Carballiño a 180 patinadoras dun total de 26 clubes das provincias de Pontevedra e Ourense.

O sábado, dende as 20:30 horas, no Templo da Veracruz, o festival musical "Outros países, outras músicas" coas actuacións dos anfitrións e organizadores do Coro de Cámara de Müsica Viva do Carballiño, e como agrupación invitadas a Coral de Agolada, e a Coral "Estelas do Mar" de Mugardos.

Para a matinal do domingo temos o "Dia da Bici" do Carballiño, can saída dende a Praza da Veracruz ás 11:30 horas, cun percorrido de 8 quilómetros polo Carballiño e arredores, a gran festa familiar da bicicleta organizada pola concellería de deportes, e que repartirá premios e agasallos entre os participantes.

Ademáis, a Asociación Fotográfica O Potiños, co apoio do Concello, converte ao Carballiño na capital da fotografía de Galicia durante este outono.  Desta volta o festival anual da fotografía galega incorporou como espazo expositivo un céntrico local da Rúa Principal para amosar as súas exposicións. Trátase do baixo situado no número 6 (onde antigamente estaba a tenda deportiva Hobby Sport (abrirase ao público durante a fin de semana).

Na actualidade o Arenteiro Fotográfico 2022 ten abertas ao público as seguintes mostras: -Asociación Fotográfica O Potiños. . Casa do Concello. -IES Chamoso Lamas. . Rúa Principal, Edificio Ramón García. -Asociación F. O Potiños..Antigo Hobbit Sport. -Teté D. Estate.

 Antigo Hobbit Sport. -José Miguel Martín Ordoño. . Antigo Hobbit Sport. -A. F. O Potiños. . Antigo Hobbit Sport. -Beatriz Cabanelas. . Antigo Hobbit Sport. -Marcelo Caballero. <4 movimientos>. Antigo Hobbit Sport.

As mostras do Antigo Hobby Sport estarán abertas ao público durante a fin de semana, cos seguintes horarios: -Venres e sábado. De 18.30 a 21.00 horas. -Domingos: De 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 21.00 horas. O Arenteiro Fotográfico renovará a súa oferta expositiva no mes de novembro.

14, Outubro 2022

De los creadores de "E imposible emprender no Carballiño" ahora llega "En Carballiño la gente no quiere trabajar". Todo a raíz del letrero colgado por un famoso local de hostelería de la rúa Curros Enríquez que rezaba: "Cerrado por falta de personal. Que vergonza". Muchos criticar a los empresarios pero luego la gente no se quiere bajar del pedestal en el que están subidos. Entre cosas como ésta y la huelga del siderometal donde los sindicatos piden subidas abusivas de sueldo en muy poco tiempo que ya ha hecho perder casi 1 millón de euros a una famosa empresa del polígono carballiñes. Pronto en Carballiño no va a quedar ni un trabajador. Seremos un erial. Todos quieren cobrar millonadas.

13, Outubro 2022

Noraboa por constituir unha mancomunidade co Carballiño, para a captacion da agua. Nos poñemos o 85% do investimento, e vos  o 15% edecididos ao 50%. Pasades a ser veciños de primeira fronte a nos. Ogalla tivesemos aquí no Carballiño técnicos e un alcalde tan agudo. Sabendo que o noso e tan curto non entendo ben como non lle puxestes as mismas condicions para o consumo. Igual consumo, os masiados pagan o 15% e nos o 85%. Agardo que non abusedes do 50% de decisión pero parabens por ter xente que si loita polos intereses de Maside . O noso anda más pavias 

 

12, Outubro 2022

Por segundo ano consecutivo O Carballiño viivirá un festa recibindo no municipal de Espiñedo a un equipo da primeira división, agás os catro equipos que desputarán a Supercopa de España, que son R. Madrid, Barcelona, Betis e Valencia. Será os dias 12 ou 13 de novembro cando se xogue o partido na que  sen dúbida volverá vivirse unha xornada histórica no Carballiño.

O Rival do Arenteiro sairá por sorteo entre os outros 16 equipos da máxima categoria do fútbol español. A eliminaria será a partido único, igual que foi o ano pasado o Valencia CF. Ademáis, o Arenteiro clasifícase para as semifinais da Copa Federación, tamén en eliminatoria a partido único que se xogará o próximo mércores dia 19 deste mes de outubro en Espiñedo ante o histórico equipo do Real Unión de Irún, que milita na actualidade na Primeira Federación.

E todo elo, grazas ao triunfo ante os canarios do Panadería Pulido San Mateo de As Palmas de Gran Canaria, ao que o Arenteiro derrotou por 3-0 nunha gran tarde de fútbol nun Espiñedo que viviíu un gran ambiente, con máis de 1.600 afeccionados que festexaron esta nova proeza dos verdes.

Vídeo-resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-estara-no-bombo-da-copa-do-rei

12, Outubro 2022

Os comerciantes galegos poden adherirse a partir deste xoves 13 de outubro, ao programa do Bono Activa Comercio, unha iniciativa á que a Xunta de Galicia destina 5M€ coa previsión de chegar a mobilizar 17M€ en compras no comercio de proximidade de toda Galicia.

Tal e como vén de publicar o Diario Oficial de Galicia, os establecementos poderán sumarse a través da web bonosactivacomercio.gal ata o próximo 30 de novembro. No caso dos clientes, poderán descargar a través do móbil os seus descontos neste mesmo espazo web desde o próximo 24 de outubro, data na que tamén poderán empezar a utilizarse. O programa, que prevé chegar a máis de 160.000 persoas, ofrece un bono desconto de 30 euros que se poderá empregar na lista de establecementos adheridos a esta iniciativa. A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes.

Así, o desconto será de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.

O obxectivo desta iniciativa é axudar á economía das familias contribuíndo a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos; así como incentivar as compras no comercio de proximidade, nunhas datas clave para a actividade comercial.

11, Outubro 2022

Boas tardes, o Carballiño està agonizando, cada vez son máis os negocios que cerran, uns por que producen máis gastos que ingresos , todo sube e así é imposible, pero outros  pechan por Xubilacion dos donos e ahí está a nosa preocupacion xa que non se pode coller o relevo de ditos negocios pola cantidade desorbitada que os propietarios piden polo TRASPASO.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS