Despois de ollar a patética actuación e elocucidade dos dirixentes do Concello de Maside, no pleno de hoxe, non me extraña nin o mais mínimo, que iste pobo este como está. O secretario parece un maís do grupo de gobernó, non acepta os erros, cree ter a razón absoluta e non ten argumentos. O alcalde, non electo( ainda que iste alomenos mira a cara a xente), non sabe nin de que lle están a falar, nin lle importa o maís mínimo. Os Concelleiros (filisteos), levantan a man dereita por descarte, e o Botana pensando en meter no stock do seu negocio, sal para as carreteiras.
A portavoz do grupo da oposición bastante fai, para os parásitos que a acompañan.
Se collemos un grupo de rapaces de 10 anos do CPI, ou incluso de menos idade, non me cabe a menor duvida, que lle darían un bo repaso, tanto en vocalización, lenguaxe, vocabulario, comunicación.... Penoso estar nestas mans.
Iso si, haber se o Botana o falarenlle de cartos, controla mais a linguaxe non verbal, xa que denota as suas funcions no Concello. E por certo, menudo desprezo pola aportación da Deputacion....."será tema de dividendos".

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, quen lle trasladou varios asuntos e actuacións de interese para o seu concello en materia urbanística e medioambiental.
Concretamente, o rexedor explicoulle á conselleira que o seu equipo está traballando para levar adiante un proxecto de humanización de rúas co obxectivo de dinamizar a zona de actuación e facilitar a súa integración urbana, para o que solicitou a colaboración da Consellería de Medio Ambiente.
Pasen e vean, que algúen lle refresque a memoria a Feijóo nesa paparota que ten no carballiño xunto co fillo de Baltar http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/84468-xunta-asegura-galicia-e...

O sector de afíns a Pachi Vázquez compareceron ante os medios para escenificar públicamente o seu apoio e solidariedade con Adolfo Nogueira, supostamente cesado polo alcalde como portavoz do grupo municipal de goberno socialista no concello do Carballiño.
Nesta comparecencia tomou a palabra o portavoz socialista de Piñor e recentemente cesado como portavoz do grupo socialista na Deputación, Francisco Fraga, acompañado dos tamén portavoces do PSOE nos concellos de San Amaro e San Cristovo de Cea.
Fraga cualificou como "incomprensible" o anuncio de cese feito por Fumega, ao que acusou de seguidismo da cúpula provincial socialista "non me entra na cabeza que Paco Fumega faga caso destas imposicións da Executiva Provincial e cese a un compañeiro por prestarlle apoio e palabras de cariño por Pachi", dixo.
Advertíulle ao alcalde do Carballiño que "vai ter que explicarnos a nos e a cidadanía do Carballiño por qué cesa a un compañeiro ao que igual que Pachi tanto fixo para conseguir a alcaldía".
Fransico Fraga tivo loubanzas á traxectoria política e persoal de Adolfo Nogueira, defendeu o seu traballo tanto no concello como na agrupación socialista e pedíulle expresamente a Fumega que "recapacite, apelamos ao diálogo e a unidade, polo ben do partido e da cidadanía".
En ningún momento Fraga, e tampouco o resto dos portavoces presentes neste acto, quixeron aclarar se contemplan ou non a posiblidade de promover candidaturas para esta próximas eleccións municipais á maxe do PSOE, tal como manifestou o alcalde Fumega.
Non obstante, lanzaron este aviso para navegantes "vostedes ven como se aparta a quen discrepa, e onde non queren a un..."

Leva apenas 2 meses exercendo como alcalde, tras a renuncia de Celso Fernández, nun concello que os socialistas gobernan dende fai anos con maioría absoluta.
José Manuel Iglesias aproveitou unha intervención radiofónica en COPE O Carballiño, e preguntado por elo, para anunciar que concurrirá no vindeiro mes de Maio como cabeza de lista do PSdeG-PSOE no municipio de Maside "esa é a miña idea e a do meu grupo", dixo.
Nesta mesma entrevista, o rexedor municipal anunciou que trasladará ao pleno da corporación convocado para este mércores dia 30 a súa proposta para rebaixar os impostos municipais do IBI e o ICIO para o próximo exercicio no concello masidao.

Por segunda vez o órgano autonómico encargado de supervisar o cumplimento das normativas nas entidades locais, entre elas a lei de estabilidade e sostenibilidade presupostaria, pídelle ao concello do Irixo que elabore e remita á Consellería de Facenda un plan económico-financieiro para correxir os desequilibrios no gasto.
Desta maneira, o órgano competente en materia de supervisión volve "apretarlle as tuercas" ao concello do Irixo pola súa deficiente xestión económica.
Según os datos recollidos no informe elaborado polos técnicos de Facenda, o concello do Irixo veráse obrigado a cadrar a súas contas a través dun plan económico-financieiro, tras detectarse desequilibrios que poñen en perigo a estabilidade presupostaría da institución municipal que goberna o támden formado por Manuel Penedo e Manuel Cerdeira, alcalde e vicealcalde, respectivamente.

José Manuel Iglesias, que a principios do pasado mes de Decembro accedía á alcaldía de Maside tras a renuncia de Celso Fernández, vai trasladar ao pleno da Corporación a celebrar este mércores 30 de Xaneiro a súa proposta para rebaixar os impostos municipais do IBI e o ICIO.
O rexedor municipal anuncia que vai propoñer a redución ao 0,4% do tipo impositivo municipal no Imposto de Bens Immobles, que se encontra no 0,5, polo que se vai aplicar "a máxima redución que os concellos poden aplicar". No ano 2017 o gravame estaba fixado no 0,6 no concello masidao, polo que esta nova rebaixa será a segunda consecutiva.
Según Iglesias, esta rebaixa no IBI "vai supoñer que quen pagase 600 euros no 2017 pasará a pagar 400 no próximo exercicio, o que vai repercutir moi favorablemente na dinamización demográfica de Maside".
Dotra parte, o alcalde "quere darlle un maior impulso á rehabilitación de vivendas antigas en mal estado, por eso aprobarémos no pleno desta semana unha bonificación que chegará ata o 75% no Imposto de Construccións, Instalacións e Obras, ICIO".
No caso das vivendas en mal estado anteriores a 1975 terán unha redución do 50% nese 2% do coste da execución material da obra que se paga na actualidade, mentres que no caso de que a vivenda estivese en zona clasificada como casco antigo, esa redución chegará ata o 75%, según a proposta da alcaldía.

Foron 10 décimos do primeiro premio, o número 14.821, na lotería nacional deste sábado dia 26 de Xaneiro, os vendidos en Loterías Prada, na rúa Curros Enríquez do Carballiño.
Como queira que a cada décimo lle corresponde un premio de 60.000 euros, a suma total acada os 600.000 euros que se reparten os afortunados.

Manuel Prado López (Boborás, 1958) optará a un novo mandato como alcalde de Beariz liderando a lista que o Partido Popular presentará neste concello, “pensando como o fixen sempre en ofrecer á miña xente os mellores servizos e proxectos”. Un candidato do que o presidente provincial, Manuel Baltar, destacou a súa capacidade para estar sempre ao carón dos seus vecinos “e ter a Beariz como máxima reivindicación”.
Prado López preside a corporación municipal desde 1983, ano no que decidiu dar un paso á fronte para traballar por un futuro mellor do seu concello. “En Beariz foi onde decidín facer a miña vida e daquela estimei oportuno que participar na vida política local era o mellor xeito de loitar polo meu concello”, explicou o candidato.
En todos estes anos foron moitos os obxectivos conseguidos, pero Manuel Prado xa está a pensar en novos retos cara un próximo mandato. O principal, afirma, “é sentar as bases que nos permitan fixar poboación, sen dúbida unha das prioridades que ten calquera concello do rural”. Con esa finalidade loitarán por poner en marcha o parque empresarial, como xeito de xerar riqueza e emprego no municipio, “aínda que tamén hai outros proxectos, como rematar o novo cemiterio municipal”.
Trala súa decisión de liderar de novo a lista popular en Beariz, López afirma que non se parou a pensar o sentir dos seus veciños, “que xa se demostra co apoio que nos outorgan nas eleccións, unha confianza que hai que gañar non cada catro anos, senón desenvolvendo un proxecto continuo, ao longo do tempo, que mellore a calidade de vida da xente”.
“Falar de Manuel Prado é falar dun grandísimo alcalde con vocación de servizo público”, subliñou entre tanto o presidente provincial, Manuel Baltar, para quen o seu traballo “se reflicte nas ocasións nas que conseguíu o pleno dos concelleiros da corporación”.
Ninguén pode dubidar, declarou Baltar, que o candidato “voltará a facer unha lista que contará co apoio maioritario da veciñanza, respaldando unha traxectoria marcada pola entrega, o compromiso e sobre todo a identificación con Beariz”. Lembrou Manuel Baltar que o candidato tamén preside a xunta local do Partido Popular, “o que fala da súa visión política”.
La Comisión de Portavoces Socialistas de los concellos de la Mancomunidad, tomando de referencia las palabras del Presidente de la Xunta, denuncian una vez más, que la Mancomunidad lejos de trasladar la reducción del 10% del canon de Sogama a los hogares, como así recomienda el Presidente de la Xunta, ha incrementado el coste del servicio de basuras para el 2019 en un 29% en relación con el 2017.
Recuerdan los portavoces que ni el 10% del canon de Sogama, ni el retorno económico del vidrio, el cartón y el plástico se traslada a los hogares de los términos municipales que la conforman, como recomienda el Presidente de la Xunta. Es la Mancomunidad la que se apropia de estas rebajas, resultando socialmente injustificable, priorizar las necesidades económicas y financieras de la Mancomunidad en detrimento de las necesidades de los hogares de los concellos.
Denuncian los portavoces socialistas, la actitud sospechosa e indefendible de los alcaldes, así como la falta de interés de los mismos en la defensa de los derechos e intereses de sus vecinos, permitiendo un trato gravoso para la tesorería de los concellos y privilegiado para los intereses económicos de la Mancomunidad.
A la gestión lesiva para los vecinos, practicada por la Mancomunidad, hay que añadir la subcontratación con una empresa privada del servicio de limpieza de contenedores, servicio prestado con el camión limpia-contenedores de la Mancomunidad y que recibirá como pago del mismo un pago en especies, es decir el vidrio generado por los concellos. Una prueba más de una gestión indefendible, del incumplimiento con Sogama en el reciclaje de la basura y una prueba mas de la mala gestión de los medios y recursos públicos de todos.
En Leiro, Cenlle, Cortegada, Arnoia y Beade a 26 de enero del 2019.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 448
- 449
- 450
- 451
- 452
- 453
- 454
- 455
- 456
- …
- seguinte ›
- última »