4, Novembro 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe o Pazo de Moldes, no municipio ourensán de Boborás, tras as obras de reforma e consolidación nas que a Xunta de Galicia leva investidos case 95.000€ en dúas fases. Trátase dunha actuación que, tal e como explicou o titular de Cultura, responden ao compromiso do Goberno galego “con impulsar e poñer en valor espazos e infraestruturas que promovan a nosa cultura e manteñan viva a memoria dos persoeiros que contribuíron a forxala”.

Deste xeito, o representante do Goberno galego comprobou o resultado desta segunda fase de actuacións, que contou cunha achega de 47.000€, na que foi a casa de Antón Losada Diéguez co obxectivo, puntualizou, “de que sexa un punto de referencia tanto en Ourense como en Galicia para seguir afondando e descubrindo a vida e obra dunha das figuras importantes da cultura e identidade galegas”.

Con este compromiso, lembrou López Campos, leváronse a cabo diversos traballos neste inmoble, en proceso de musealización e que é sede da Fundación Losada Diéguez, dándolle continuidade a outras accións rematadas no 2021. Así, desta volta as intervencións centráronse na rehabilitación da cuberta da capela para evitar a entrada de auga, así como na restauración da cuberta da vivenda e a mellora do balcón da fachada suroeste da mesma.

Trátase dunhas medidas coas que, destacou o conselleiro, “continuamos co proceso de rexeneración do conxunto residencial e edificacións adxuntas que permitirán o seu aproveitamento nas mellores condicións para contar a historia de Losada Diéguez, reforzando e facendo visible o seu legado á cidadanía”.

3, Novembro 2025

Bos días. En relación coa polémica que se xerou tras comentar nunha tertulia da Cope unha das persoas participantes que no IES Nº 1 estaban pechados os baños con chave, que había que solicitar en conserxería, incluso o papel hixiénico, gustaríame comentar o seguinte:

Calquera dos que temos ou tivemos fillos nese centro de ensino sabemos que eso é así, xa que os nosos fillos nolo veñen dicindo dende xa fai varios anos.

O alumnado  ten comentado co equipo directivo e profesorado do centro a súa disconformidade con esta medida, coa cal moitos pais non estamos dacordo. Supoño que incluso a maioría. 

Ante estes feitos, paréceme completamente desafortunado que a dirección do centro o primeiro que fai é negar que esto ocurra e dicir que "non está prohibido o uso dos aseos durante toda a xornada lectiva e non están pechados os aseos", negando algo que todos coñecemos e engadindo que non está prohibido o uso dos baños durante a xornada lectiva, cando é evidente que nin ten autoridade para prohibilo  nin sería de sentido común facelo, xa que eses baños están aí precisamente para ser usados na xornada lectiva, non en fin de semana ou no verán. Están feitos para o alumnado, igual que hai outros feitos para o profesorado, e o que ten que facer a dirección do centro coa colaboración de todo o profesorado é a xestión axeitada dos mesmos, a cal non pode ser pechalos. 

Pode ser certo que as queixas non chegaran á dirección a través dos órganos colexiados, o descoñezo, pero o que non se pode negar é o malestar manifestado en moitas ocasións polo alumnado, ao cal o centro ten a obriga de escoitar, práctica que da a impresión que non debe ser moi habitual. Tampouco parece necesario ter que recibir unha queixa para darse conta de que esta medida tal vez non responde ao que segundo o escrito da dirección do centro se pretende: "todas as normas que atañen ao bo uso das instalacións do centro en xeral e os aseos en particular, son pensadas sempre no beneficio do alumnado e nunca atentando contra os seus dereitos".

E xa para rematar, paréceme increible que se solicite unha rectificación pública dunha información que fala dunha situación de sobra coñecida por todos (supoño que incluída a propia dirección do centro, xa que polo menos é de esperar que saiban o que sucede alí) ao ver que dita información cuestiona o funcionamento do ies, en vez de recoñecer que tal vez neste caso estanse a equivocar e buscar unha solución axeitada e coa que todo o alumnado se sinta conforme e acollido. 

Unha vez exposto esto, creo que corresponde á dirección do centro pedir desculpas á persoa a que lle está esixindo unha rectificación, xa que parece unha mostra de cinismo innecesaria. Recoñecer cando un se equivoca é un primeiro paso necesario  para adicarse ao ensino con honestidade. 

3, Novembro 2025

Vista a problemática cos baños do instituto de señorin informar que os baños da estación de tren continúan pechados. E alí non hai a quen pedirlle a chave. Vergonza. 

3, Novembro 2025

Paco Gómez, o pulpeiro e empresario carballiñés da cadea de restaurantes "A Feira" inaugura este martes dia 4 de novembro un novo espazo gastronómico co pulpo do Carballiño como protagonista no estadio do Real Madrid, o mítico Santiago Bernabeu.

Lévase con él á tamén pulpeira carballiñesa de Arcos, Silvia Baranda, á que confia a dirección deste espazo no que servirán a diario e os 365 dias do ano o pulpo do Carballiño, asi como os melindres tamén carballiñeses do Corral, asi como outras exquisiteces da nosa gastronomia galega, como o lacón asado, as zamburiñas ou os pementos de Padrón.

Na entrevista de Xan Pinal con Paco Gómez, podes escoitar máis detalles deste novo proxecto que introduce o pulpo do Carballiño nun dos templos do fútbol mundial.

3, Novembro 2025

Ademais de ter que pedirlle a chave a conserxe para ir ó baño tamén hai que pedirlle o papel. O meu fillo unha vez tivo que pedirlle que lle dera mais. Unha situación case denigrante. Se un rapaz vai apurado e non está a conserxe, ten que esperar a que apareza. Ben podería ter a chave o profesor que o deixa ir. Para evitar que 3 ou 4 alumnos fumen ou atasquen os baños terán que buscar algún xeito de control que non perxudique ós outros 400. Ultimamente a dirección está tomando medidas coas que moitos pais non estamos dacordo pero non dicimos nada para evitarlles problemas os rapaces.

3, Novembro 2025

Buenos días, como madre de un alumno del IES Nº 1 de Carballiño, confirmo que los baños están cerrados y que hay que estar pidiendo las llaves, cosa que no me parece muy normal que tengas que dar explicaciones de cuales son los motivos por los que quieres ir al baño.

Todo esto sin contar en que como estés malo y tengas una apurada no llegas al baño.

Puedo entender que los niños sean unos maleducados, no creo que sean peor que las generaciones anteriores que pasaron por ese instituto y jamás a ninguna dirección se le ocurrió cerrar los baños, que los niños fuman en los baños , pues entonces lo que habrá que poner será más vigilancia y no tantas prohibiciones.

Habrá que enseñar educación si no vienen enseñados de casa, y si siguen infringiendo las leyes que tengan sus consecuencias pero para quien no las cumpla, no para todos en general.

No pueden pagar justos por pecadores, pero eso siempre es lo más fácil.

Atentamente una madre no conforme con esta situación.

2, Novembro 2025

Vista a polémica cos baños no IES N1 do Carballiño quero dicir que o de pechar os baños con chave xa ven de tempo atrás, esta mala práctica comezou no 2020 co pretexto da pandemia, e solo os abrían nos recreos, se alguen necesitaba ir o baños durante as clases tiña que pedirlle a chave a conserxe,  o cal e incómodo, ilegal e problemático se xusto nese momento a conserxe non esta no seu posto, non digo que non haxa malos comportamentos dalgun alumno, pero penso que a forma de atallalos non e a correcta.

1, Novembro 2025

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, reuniuse co conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, para avaliar novas vías de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Boborás, orientadas á mellora da eficiencia enerxética do alumeado público e á renovación das instalacións deportivas municipais, especialmente o pavillón e o polideportivo.

Durante o encontro tamén se abordou o convenio recentemente asinado coa Consellería, que supón un investimento de 40.000 euros para a renovación do alumeado público nos lugares de Sonelle, Pereiras, Porto Pereiras e Xendive, onde se substituirán 98 puntos de luz, ademais de tres cadros eléctricos e varios tramos de cableado.

Esta actuación permitirá mellorar a calidade lumínica e reducir o consumo enerxético, avanzando nun modelo de municipio máis sostible e eficiente, e mellorando tamén a seguridade da propia veciñanza.

Marco de actuación

O Concello de Boborás conta cun total de 2.245 puntos de luz, dos cales xa se renovaron 1.514, incluíndo esta última actuación. Quedan 731 puntos pendentes, que se irán renovando paulatinamente nas diferentes subvencións e convenio que o Concello vaia solicitando para este fin, co obxectivo de completar a modernización integral de toda a rede de iluminación pública con tecnoloxía LED.

As zonas que aínda quedan por renovar inclúen as parroquias de Xurenzás,e os lugares de Vecoña de Arriba e de Abaixo, O Gabián, Moldes (neste caso o núcleo, xa que o resto da parroquia foi renovado), Laxas, Vilachá, A Fenteira, Borraxas, Gontelle, Parada, A Granxa, San Bartolomeu, Vilanova, A Costa, Eiravedra, Lamela, Valdesensda, Saa, San Andrés e Sobredo.

A alcaldesa, Patricia Torres, agradeceu o apoio da Xunta de Galicia e destacou a importancia desta colaboración para continuar mellorando a eficiencia enerxética
e os servizos municipais, “nun momento no que os concellos precisan do respaldo institucional para avanzar en proxectos que melloran a calidade de vida e a seguridade da veciñanza”.

31, Outubro 2025

A Dirección do IES nº 1 do Carballiño remitíu a esta emisora de radio un comunicado no que sae ao paso dos comentarios feitos na tertulia de COPE O Carballiño, e nos que os participantes mostraban a súa extrañeza despóis de que se aludise á preocupación expresada por nais e pais do centro en relación á prohibición ao alumnado para ir ao baño durante as clases.

Ante os citados comentarios, a Directora do centro manifesta que "non está prohibido o uso dos aseos durante toda a xornada lectiva e non están pechados os aseos", e tamén aclara que "sí hai papel a disposición do alumnado".

Afirma a Directora que "no noso proxecto educativo de centro , entre outros puntos, está regulado o uso dos baños e a súa vixiancia durante toda a xornada lectiva sempre baixo criterios pedagóxicos e racionais, salvaguardando a intimidade e saúde do noso alumnado".

Engade como "todas as normas que atañen ao bo uso das instalacións do centro en xeral e os aseos en particular, son pensadas sempre no beneficio do alumnado e nunca atentando contra os seus dereitos".

"Dende a Dirección nunca se tivo constancia de ningunha queixa a través de ningún órgano colexiado no que teñen representación as familias", asegura.

Finalmente, a máxima responsable do IES Nº 1 mostra a súa confianza "na profesionalidade das tertulias de a Cope O Carballiño" e pide "que se contrastara esta información ou calquera outra referente ao IES Nº1 de O Carballiño coa Dirección do centro e solicitando, neste caso, unha rectificación pública da opinión vertida".

31, Outubro 2025

Sebas Lamazares, Gonzalo Rodríguez, María Luisa Rodríguez, e Manuel Nogueira debaten sobre a actualidade social e politica desta semana na tertulía deste venres 31 de outubro.

Por un fallo informático tan so podes escoitar a segunda parte desta tertulia na seguinte ligazón:

https://copecarballino.es/content/mana-na-cope-1

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS