A solicitude de recoñecemento dos perímetros de protección presentada ante a Xunta por parte dos Balnearios do Carballiño e As Caldas de Partovia está xerando certa inquietude entre a veciñanza, sobre todo na parroquia de Partovia, o que levou a asociación de veciños desta localidade a convocar unha reunión informativa que terá lugar este mércores dia 17 de xuño ás 8,30 da tarde na sede da asociación veciñal, no lugar das Cabadas. A esta reunión foron invitados os Alcaldes dos Concellos de Maside, San Amaro, Boborás e O Carballiño, ós que abarca os rerspectivos perímetros de protección, ós que ambos - As Caldas e O Carballiño- teñen dereito como balnearios históricos. O perímetro de protección recolle tres franxas distintas, sendo a primeira e máis próxima a estos centros balnearios a máis restrictiva en canto a certas actividades industriais e agrícolas, que aparecen recollidas no Real Decreto 116 do ano 2001. O departamento Territorial da Consellería de Economia e Industria somete a información pública esta solicitude, desde o pasado dia 10 de xuño e por un periodo de 20 dias hábiles, ós efectos de presentación de alegacións por parte dos propietarios de terreos, bens e dereitos comprendidos neste perímetro de protección.
A resolución da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tén data do pasado dia 26 de abril, e xa foi comunicada ás partes o dia 4 deste mes de xuño, e na mesma desestimase o recurso de súplica interposto polo Concello do Carballiño e a promotora Fanjol contra o auto do pasado mes de marzo no que solicitaba a inexecución da sentencia que obriga ó Concello do Carballiño á demolición da útlima planta do edificio do antigo hotel Rogelia, entre as praza dos Irmáns Prieto e a avda. de Julio Rodríguez Soto, tras o recurso contencioso promovido por un grupo de veciños do edifcio colindante, e os que a xustiza deu a razón. O TSXG estimou parcialmente a inexecución solicitada polo Concello Carballiñés, pero ordenou a demolición dos áticos da última planta do edificio. Agora, a resolución do recurso de súplica, manifesta que "con independencia de los perjuicios que ello suponga para quien, según el contenido de la sentencia, ha vulnerado la normativa urbansitica y que era aplicable al caso, y que debe afrontar las consecuencias de ese proceder antijurídico".
Simpatizantes e persoas afíns ó bng carballiñés están trasladando ós responsables deste grupo municipal o seu malestar polas negociacións que se están levando a cabo co psoe para acadar un pacto de goberno no Concello do Carballiño. Malia que a dirección local do bng consultou á militancia nunha asemblea local e conta inicialmente coa a súa aquiescencia para negociar cos socialistas un goberno bipartito, o certo é que nos últimos dias son numerosas as persoas próximas ó bng que veñen manifestando o seu rexeitamento ante este anuncio, que está a despertar certo recelo nos ambientes afíns ó bng carballiñés. "Onte mesmo chamei persoalmente a Amil paa preguntarlle que estaba pasando e manifestarlle a miña opinión totalmente contraria o acordo que se pretende", comentaba unha destas persoas, "sumiron o Concello nun caos económico e político e agora veñen pedir socorro, atá agora estiveron ninguneando o bng, non o entendemos". Estas reticencias que se están detectando entre o electorado nacionalista máis fiel, podería facer reflexionar ós concelleiros do bng, que non son alleos a esta realidade, e saben que os remisos a asinar un pacto de goberno con psoe son numerosos nestes momentos no entorno nacionalista.
Mentres, as negociacións poden entrar nunha fase decisiva esta mesma semana. Os negociadores do Bng presentarán un compromiso de mínimos que deberían asumir os socialistas, e no que entrarían a realización dunha auditoria das contas muncipais e un plan de pago ós acreedores do Concello. Tamén está ainda por decidir o reparto de áreas entre unhos e outros. No bipartito que ambos protagonizaran entre 1995 e 1999, o bng daquéla con 3 concelleiros, ún memos dos que tén na actúal corporación, tivera ó seu cargo as concellerías de obras e urbanismo, medio ambiente e servizos sociais, e a primeira tenencia de Alcaldia.
As axudas, procedentes da Consellería de Traballo e Benestar, permitirán a contratación de 130 traballadores no conxunto dos Concellos das dúas Comarcas. Na do Carballiño serán contratados un total de 57 traballadores, para o que se destinan 456.000 euros, sendo as actividades nas que se incidirá maiormente as de servizos de interese social e os Grumir. No caso dos Concellos do Ribeiro empregaránse 73 traballadores, cun orzamento de 618.000 euros, sendo as actividades máis comúns as relativas ó acondicionamento de espacios naturais e rehabilitación de espacios públicos.
A duración dos contratos oscilará entre os tres e os doce meses. Con este plan de emprego a través dos Concellos, a Xunta de Galicia pretende xerar novos postos de traballo no medio local e rural, disminuindo desta maneira as consecuencias da crise económica que estamos padecendo. A adxudicación de fondos fíxose, según a Consellería de Traballo e Benestar, tendo en conta criterios non só de poboación e taxas de desemprego, senón tamén na solidariedade e o reequilibrio territorial.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións de Carlos Montes, Alcalde do Carballiño
Unha veciña da localidade carballiñesa de San Fiz do Varón faleceu esta tarde nun acccidente de tráfico na estrada do eixo do ribeiro, a altura da propia parroquia do Varón, a unhos catro kilómetros do Carballiño. O sinistro aconteceu minutos antes da oito da tarde, cando un vehículo se saíu da calzada e posteriormente producíuse un choque entre dous turismos. Atá o lugar desplazouse o helipcótero medicalizado do servizo 112 con base no hospital provincial de Ourense. Por parte da garda civil de tráfico non se falicitou a identidade da persoa falecida, ainda que se confirma que se trata dunha muller do pobo de San Fiz do Varón.
Primeiro, o rexeitamento por parte da Corporación dos orzamentos do 2009, e a conseguinte asfixia económica que se agravou aínda máis no Concello Carballiñés, sen posiblidade de poder realizar operacións de tesorería -tan habituais neste Concello- nin poder solicitar préstamos, e xa agora, os resultados nas elecións ó Parlamento Europeo rexistrados no Carballiño este pasado domingo, nos que o Partido Popular obtivo 400 votos máis que a suma Psoe-Bng, fixo saltar as alarmas, toda vez que o PP obtería unha ampla maioria absoluta se os resultados se extrapolasen a unhas eleccións municipais. As consecuencias poden ser inmediatas, e asi pudemos sabelo de fontes de toda solvencia, un sector do grupo de Psoe presiona a Carlos Montes para que acelere un acordo co Bng. Neso consistiría xa que logo o "plan B" ó que fai unhas semanas atrás se referira o Alcalde Carballiñés, un acordo que que serviría non só para garantir a aprobación dos orzamentos do 2009, que serían novamente presentados ante o Pleno da Corporación, senón que iría máis alá e buscaría un acordo estable para os dous anos que restan do actúal mandato muncipal, un acordo que se plasmaría entón nun novo goberno muncipal bipartito entrre socialistas e nacionalistas para gobernar conxuntamente o Concello do Carballiño nos dous vindeiros anos, e no que os concelleiros do Bng asumirían responsabilidades nalgunas das áreas do organigrama muncipal. Montes conservaría a Alcaldia do Carballiño e o Bng entraría a formar parte do Goberno Muncipal.
Para participar na campaña haberá que solicitar a entrega dunha "cartilla" en calquera dos 91 establecementos do "centro Comercial Aberto do Carballiño" , para posteriormente completar as dez partes dun puzzle coa fotografia do vehículo que será sorteado, un peugot 107, cos gastos de maticulación incluidos, sorteo que se realizará ante notario o dia 11 de agosto na sede da Asociación de Comerciantes do Carballiño entre todos os clientes que completen o puzzle. Haberá un prazo dun mes para reclamar o premio, e se transcurrido ese periodo non aparecese o gañador, entón sería novamente sorteado o dia 12 de setembro. A campaña inciase o dia 15 deste mes de xuño no que andamos, e durante a mesma está previsto que se repartan arredor das 55.000 pegatinas para completar os puzzles.
Os rapaces entre os 6 e os 13 anos terán a oportunidade de participar no "2º campamento de verán" que se desenvolverá en Maside durante o vindeiro mes de xullo, e aberto tanto a nenos e nenas empadronados no Concello Masidao, como chegados doutros Concellos. Os primeiros aborán 12 euros como cuota de participación e os segundos 15 euros, estando aberto o prazo para inscribirse atá o 29 de xuño, nas oficinas do departamento municipal de Servizos Sociais do Concello de Maside. Ademaís, os cativos entre os 3 e os 6 anos poderán participar en diversos obradoiros entre o 3 e o 21 de agosto, cunha cuota de inscripción de 10 euros. E xa tanto para rapaces como para adultos, programaránse durante a tempada estival varios cursos de iniciación e perfeccionamento de natación, na paiscina da Rañoa, e tanto en horario de mañá coma de tarde, de 11 a 12 horas, e de 20 a 21 horas. Os participantes nestes cursos de natación terán que abonar 10 euros. Exclusivamente para adultos, e dous dias á semana, tamén na piscina da Rañoa programaráse a actividade do "AQUAGYM", que tan boa acollida tivo o ano pasado. Para toda a veciñanza residente no Concello de Maside van poñerse á venda bonos de tempada e mensuais, que poderán retirarse a partir do 15 de xuño.
Asunción Rivero, promotora da actividade
Os requisitos para poder participar nesta actividade son ter entre os 13 e os 19 anos e estar empadronado no Concello do Carballiño. A cuota de inscripción é de 90 euros e as prazas dispoñibles son 73, das que oito serán subvencionadas para familias en dificultades económicas. Ademáis, o número de prazas inicialmente previstas podería ampliarse en función da demanda,. unha vez aberto o prazo de incipción a partir de hoxe lúns oito de xuño, no departamento muncipal de Servizos Sociais do Concello do Carballiño, na rúa Faustino Santalices. As Xornadas desenvolveránse entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, ambos inclusive.
Asunción Rivero, a Concelleira de Sanidade enmarcou esta actividade dentro da programación do "Carballiño Concello Saudable", conxunto de actividdes que se ven desenvolvendo no último ano subvencionadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Durante os cinco dias da súa celebración, estas " segundas xornadas para adolescentes xóvenes saudables" incluirá varios obradoiros arredor da alimentación, a educación, as relacións sexuais ou a prevención das dorogodependencias. Outras actividades terán un carácter máis lúdico, apartado no que se incluíu un concerto da banda musical "Secho e Cia" e unha actuación da Escola Muncipal de Funky, e outras de carácter deportivo. Os últimos tres días están reservados para unha excursión a Segovia e Madrid, onde se realizarán varias visitas, estando previsto o aloxamento dos participantes no camping "Alpha", nas proximidades da capital española.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 771
- 772
- 773
- 774
- 775
- 776
- 777
- 778
- 779
- …
- seguinte ›
- última »