
A Asociación Carballiño CCA pon en marcha unha nova edición da campaña “DÍAS LOCOS”, que se celebrará o venres 13 e o sábado 14 de xuño, co bxectivo de impulsar as compras nos comercios asociados e ofrecer unha experiencia dinámica para familias e visitantes.
Durante estes dous días 33 establecementos asociados ofrecerán descontos en artigos de tempada. Os clientes que realicen compras poderán participar no sorteo de 200 € en vales de compra (4 vales de 50 €), rexistrando o ticket en www.comerciocarballino.com/diaslocos ou depositando a papeleta na urna situada no stand de Carballiño CCA na Praza Maior.
A animación de rúa incluirá o venres xogos tradicionais na Praza Maior e na Pista Roxa (acceso mediante ticket de compra), e música itinerante polas rúas co coro “En Harmonía”. O Sábado, haberá zancudos, pasarrúas e un divertido Toro Mecánico na Praza Maior (entrada mediante ticket de compra).
Esta campaña leva o selo de cooperación institucional: cofinanciada pola Consellería de Emprego , Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello do Carballiño. Desde O Carballiño CCA animan á veciñanza a participar activamente nesta celebración chea de ofertas, diversión e dinamismo na vía pública.

O pulpo do Carballiño triunfou hoxe en Madrid. A Casa de Galicia na capital española acolleu a presentación oficial da 63ª Festa do Pulpo do Carballiño, adicada á vila irmá Noventa Padovana, situada no norte de Italia. A menos de dous meses da cita, que se levará a cabo o próximo 10 de agosto (como marca a tradición, o segundo domingo do mes), o goberno local do Carballiño convida á poboación a coñecer e desfrutar da romería gastronómica máis concorrida de toda Galicia.
Máis dun cento de persoas acudiron esta mañá á Casa de Galicia para asistir á presentación e degustar o plato estrella da vila do Arenteiro: o pulpo á feira, cociñado por unha pulpeira carballiñesa. O tenente alcalde, José Rafael Castro, aproveitou a ocasión para lanzar unha invitación aberta aos presentes, non són a participar na Festa do Pulpo, senon tamén a visitar Carballiño “en calquera época do ano”, aproveitando así a alta velocidade que une Madrid con Ourense en pouco máis de dúas horas.
O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, puxo en valor a unión con Noventa Padovana, onde cada mes de outubro se celebra a Fiera del Folpo, unha festa que tamén xira en torno ao cefalópodo e onde tamén acuden milleiros de persoas a desfrutar da gastronomía, a cultura e a tradición. Por outra banda, puxo en valor a evolución e historia da Festa do Pulpo do Carballiño, que comezou hai 63 anos “como unha reunión de amigos e familias arredor dunha caldeira de pulpo” e logrou converterse nunha das romarías gastronómicas “máis populas dos país e con máis fama internacional”. De feito, esta é a terceira edición como festa de Interese Turístico Internacional.
A presentación estivo conducida pola xornalista Leticia Iglesias, carballiñesa cunha longa traxectoria en medios de comunicación nacionais (actualmente, é conductora dos informativos de Telecinco). O edil de turismo agradeceu a súa participación, e avanzou que Iglesias será nomeada embaixadora da Festa do Pulpo.
O alcalde de Noventa Padovana, Marcello Bano, e o seu concelleiro de Turismo, Davide Iafelice, tamén acudiron ao acto. Ambos agradeceron a acollida por parte do Carballiño e enxalzaron a Festa do Pulpo, que puideron coñecer na edición do ano pasado. A unión entre ambas vilas é moi valiosa, non só a nivel gastronómico, senon tamén no eido cultural e etnolóxico: “As cousas que vos importan son as cousas que nos importan: o patrimonio cultural, os produtos da nosa terra, as técnicas e receitas que cada comunidade transmitiu de xeración en xeración para perfeccionalas cada vez máis”.
Pola súa parte, o director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, puxo en valor a internacionalización da Festa do Carballiño e a súa importancia como a romería gastronómica máis popular de Galicia.
José Rafael Castro e Manuel Dacal fixeron entrega de dúas esculturas de pulpeiras a Leticia Iglesias e a Luis E. Ramos, como mostra de agradecemento. Ao finalizar o acto, os asistentes puideron degustar do plato tradicional do Carballiño: o pulpo á feira.

Contenedores da praza de abastos

E mentres outros médicos do mesmo centro sanitario dan cita dun día para outro pero curiosamente se intentas cambiarte para eles teñen o cupo PECHADO cando a realidade é que teñen incluso menos pacientes. Hai cousas que non se entenden. Os cupos de pacientes deberan ser equilibrados e iguais na medida do posible entre todos os médicos. Que ningúen se cree que os pacientes de determinado médico enferman máis que os outros.
Onte na entrevista de Cope Carballiño,o concelleiro de turismo confirmou q iate ano o camping municipal estaría pechado. Vendeu os q a sua presenza na feira do viño en Portugal é imprescindible e eso é o q fai crecer unha vila como o Carballiño.Bueno sr concelleiro, eu penso q as vilas fannas crecer unha boa xestión dos q gobernan,ofrecer bós servizos a veciñanza e ter o pobo limpo e en condicións. Eu penso q inda q vostede non vaia a feira do viño de Portugal e non veña a Panorama o Carballiño pode crecer igual se se ofrecen outras cousas a maiores de esto q nos ofrece vostede. Infraestruturas deportivas dignas, e teñannos as ruas limpas e en condicións,por favor

Non me extraña que se saturen as Urxencias tanto do CHUO coma do PAC, a senon hai citas e a xente ten unha doenza e loxico que busquen axuda en algún sitio, 7 días e moito para unha cita no médico, que non nola vaian colando pero non debemos de normalizar cousas así. Onte eran 6 días, ahora 7 e algunha vez acabarán sendo 10.

Desafortunadamente parece que volve a repetirse a situación que se diu fai varias semas, creo que uns dous meses escasos aproximadamente, volve haber que agardar 6 días para unha cita medica, o centro de saude de 2 millons de euros será moi bonito eso non o discuto, pero os outros problemas siguen ahí, e por se alguien menciona que o fin de semana non e laborable, recordarlle que as doenzas sufrense por días naturais, non laborables.
Saudos
O tenente de alcalde do Carballiño pasou toda a entrevista pidiéndolle perdón a cidadanía do Carballiño. Q si pedía perdón porque non se expresa ben e o outro día no pleno dixo q o personal de emerxencias non necesitaba epis. Q pedía perdón porque abrían as piscinas e o céspede non se atopa en condicións dignas, o cen por cen. Q si iba a intentar q o persoal do novo contrato de limpeza limpen a maleza antes de valdear as veirasrruas. Mire se tenente de alcalde do Carballiño ,cambie de chip porque con tanto VOUNO INTENTAR E PEDIR PERDON xa aburre,. En política non se pode perdón, en política se non se é competente dinitese. Vaise un Pa sua casa. Tanto perdón, tanto vouno intentar xa aburre,
Fabrica de papel, parque municipal, centro de saúde, campo de fútbol, balneario, parque empresarial.
Sobran comentarios

A Festa do Pulpo de Carballiño quenta motores para a súa 63ª edición, a terceira co recoñecemento de Interese Turístico Internacional. Nesta ocasión, a celebración estará adicada a Noventa Padovana, a vila italiana irmandada co Carballiño desde o ano pasado.
Esta localidade, de pouco máis de 10.000 habitantes, organiza unha festa anual arredor do cefalópodo, a Fiera del Folpo, na que tamén hai degustacións, concertos, actividades culturais e gastronómicas. Tras a visita da representación italiana á Festa do Pulpo de 2024, e a posterior viaxe da representación do Carballiño á feira de Noventa Padovana, a vila do Arenteiro rende homenaxe nesta nova edición á súa localidade irmá.
Trátase dunha aposta do goberno local por afianzar os lazos de colaboración e impulsar a proxección internacional do Carballiño. A Festa do Pulpo de Carballiño é a romería gastronómica máis concorrida de Galicia, e a segunda máis antiga despois da Festa da Lamprea de Arbo. Ademais, pode presumir de ser, xunto coa Festa do Cocido de Lalín, a única cita gastronómica co recoñecemento de Interese Turístico Internacional.
A organización da Festa do Pulpo amplía este ano a habitual programación dunha semana ata casi 20 días, nos que a poboación desfrutará de concertos e actividades culturais e gastronómicas, ademais de citas xa míticas como a elaboración da tapa máis grande do mundo ou o concurso de camisetas das peñas. Presentación en Madrid A Casa de Galicia en Madrid acollerá este xoves a presentación oficial da 63ª edición da Festa do Pulpo, un evento no que non faltará a degustación do cefalópodo.
A representación do goberno local, de feito, viaxará á capital española acompañada dunha pulpeira do Carballiño, que prepará o tradicional pulpo á feira na Casa de Galicia. O goberno carballiñés estará acompañado dunha representación institucional de Noventa Padovana, co seu alcalde ao fronte. A presentación é ás 12,00 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »