10, Decembro 2025

A área de Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, en colaboración coa Concellería de Comercio, impulsa este Nadal unha campaña de compras no comercio local a través de frases en galego. Deste xeito, repartiranse entre os establecementos do municipio 2.000 autocolantes con temática de Nadal e cunha inscrición en lingua galega para que os comerciantes os poidan colocar nos paquetes de agasallos das festas.

A campaña pretende impulsar a presenza social do galego, achegándoo a espazos de uso habitual e grande visibilidade como os establecementos comerciais. “É un xeito de normalizar o emprego da lingua en situacións cotiás para que tanto a veciñanza como os visitantes perciban o galego como unha lingua útil, moderna e plenamente incorporada á actividade económica”, detalla Lorena Castro, concelleira de Educación.

“Tamén é unha campaña que apoia ao comercio de proximidade, xa que lle ofrecemos ferramentas atractivas para mellorar a presentación dos seus produtos nunha época de moita actividade como é o Nadal”, explica Diana González, edila de Comercio.

Aqueles comerciantes interesados en sumarse á campaña poden recoller os autocolantes ata fin de existencias nas oficinas de Normalización Lingüística no segundo andar da Casa Consistorial (en horario de 9,00 a 14,00 horas). Os establecementos adheridos ao CCA Carballiño poden solicitarllos á xerencia da entidade comercial, quen se encargará de repartilos entre os asociados.

9, Decembro 2025

Os do PP preocupalles agora que non haxa carteiros, non hai nin autobuses e acordanlles agora os carteiros. Vaia trapallada de xente

9, Decembro 2025

A primeira hora desta tarde de martes a Garda Civil informou o achádego do cadáver de Manuela Conde, a muller veciña de Casfigueiro no concello de Piñor e de 73 anos de idade, que levaba desaparecida desde o pasado dia 16 de novembro no lugar de Rubillón, no concello de Avión, onde se encontraba de visita familiar.

A Garda Civil de Beariz ven de confirmar que o cadáver encontrado esta mañá é o desta muller. Foi o seu fillo quen a localizou nunha paraxe montañosa nas inmediacións la localidade de Acevedo, no mesmo concello de Avíón.

9, Decembro 2025

O Grupo Provincial do PP instará ao Goberno de Sánchez a mellorar o deficiente servizo de Correos que se presta na nosa provincia, a través dunha moción que levarán ao vindeiro pleno do mes de decembro.

Trátase dun novo recorte do Goberno Central contra o medio rural que se suma ao peche de cuarteis, á redución de frecuencias necesarias do AVE a Madrid, á centralización na cidade das competencias en materia de violencia de xénero en detrimento dos xulgados comarcais, entre outras moitas cuestións que están a privar á nosa veciñanza de servizos básicos e que contribúen ao seu desmantelamento.

A portavoz do Grupo Provincial do PP, Patricia Torres, acompañada polos representantes sindicais María Paz Saavedra de CC.OO. e Juan Carrera de C.G.T., e por representantes municipais populares, presentaron hoxe, na oficina de Correos da Derrasa do Pereiro de Aguiar, os detalles desta iniciativa que denuncia a falta de persoal, o atraso na entrega da correspondencia e a acumulación de envíos.

“Unha vez máis temos que poñer en evidencia o maltrato e a desidia do Goberno Central coa provincia de Ourense, desmantelando o servizo de Correos no rural e precarizando o traballo do persoal”, afirmou Patricia Torres, quen insistiu na importancia deste servizo nunha provincia “como a nosa cunha alta porcentaxe de poboación envellecida e cunha gran dispersión xeográfica”. Por elo, desde o Grupo Provincial do PP “non imos calar ante os constantes ataques silenciosos pero reais do Goberno de Sánchez contra a nosa provincia”, engadiu a voceira popular.

Pola súa parte, a representante sindical María Paz Saavedra reivindicou que desde ambos sindicatos "vimos denunciando o deterioro de servizo que se presta desde Correos na provincia, sobre todo, nun rural como o noso tan disperso, con moita montaña, cunha climatoloxía adversa e os traballadores pola falta de contratación e previsión non dan chegado a toda a cidadanía”

A problemática fundamental é, segundo María Paz Saavedra, “a falta de contratación de persoal” que repercute no servizo que se presta, exemplificando en que ás veces, “hai que pechar unha oficina para poder abrir outra, polo tanto, cremos que isto non é apostar polo rural”.

O concelleiro do Pereiro de Aguiar, Manuel Doval afirmou que esta é “unha mostra máis de como o Goberno de Sánchez defende o rural: retirando servizos esenciais que no caso particular deste concello, se pechan esta oficina, veranse privados deste servizo tan importante máis de 7.000 habitantes”.

Por todo elo, desde o GPP proponse instar ao Goberno de España a repoñer os postos de traballo vacantes para solucionar o problema de persoal e a cancelar o peche de oficinas e suprimir días de reparto na nosa provincia.

8, Decembro 2025

O Concello do Carballiño informa de que veñen de rematar as actuacións de mellora e mantemento realizadas no CEIP Calvo Sotelo – Edificio Uceira, centradas na recuperación e posta a punto dos muros de peche exterior do patio cuberto.

Os traballos executados incluíron unha limpeza integral dos paramentos exteriores, así como o seu saneamento e posterior pintado, actuacións que permiten mellorar tanto a estética como a durabilidade das instalacións e garantir un entorno escolar máis seguro e agradable para o alumnado.

A intervención comezou coa limpeza xeral dos muros, retirando previamente as pinturas soltas e os restos deteriorados. Para iso empregouse unha máquina hidrolimpadora de auga a presión con lanza, actuando de arriba abaixo en franxas horizontais para disolver a suciedade acumulada.

Antes do inicio da limpeza realizáronse probas técnicas previas co fin de axustar correctamente os parámetros de presión e caudal, garantindo unha intervención eficaz sen ocasionar danos nos materiais orixinais. Os traballos implicaron tamén o trasporte, montaxe e desmontaxe do equipamento especializado.

Ademais, procedeuse á eliminación dos detritus acumulados nas partes inferiores dos muros mediante chorros de auga a baixa presión, e á recollida e carga dos restos xerados nun camión contedor para a súa correcta xestión ambiental.

Unha vez finalizada a limpeza, realizouse o saneamento dos pechamentos exteriores do patio cuberto. Esta fase incluíu o tapado de fendas, selados, reparación de zonas deterioradas e aplicación de emplastes necesarios para consolidar a superficie.
O pintado final foi realizado con pintura acrílica plástica de alta durabilidade, aplicada en dúas mans de acabado, garantindo unha protección óptima fronte á intemperie.

Mellora integral do entorno escolar

Estas actuacións enmárcanse no plan municipal de mantemento e posta a punto dos centros educativos do Carballiño, co obxectivo de mellorar continuamente a seguridade, conservación e imaxe das instalacións públicas utilizadas por centos de nenos e nenas.
A concelleira de Educación, Lorena Castro, asegura que desde o goberno municipal seguirán “traballando na mellora dos tres edificios do CEIP Calvo Sotelo”.

O Concello tamén agradece a colaboración da comunidade educativa e lembra que seguirá impulsando intervencións deste tipo para garantir espazos escolares de calidade.

7, Decembro 2025

O Partido Socialista de Leiro manifesta publicamente o seu profundo malestar e o da veciñanza ante a recente presentación do programa municipal de Nadal, un programa que volve ser practicamente idéntico ao de anos anteriores e que confirma, unha vez máis, a falta de iniciativa, creatividade e ambición do actual goberno local.

Un Nadal sen novidade e sen proxecto

A programación repítese ano tras ano: charla de ciberseguridade, visita de Papá Noel, actuación da Coral Polifónica Val do Avia e excursión a Pazolandia.
Este esquema, invariable e sen ningún tipo de renovación, transmite unha clara sensación de abandono cultural e falta absoluta de ideas.

Para o Partido Socialista, esta situación non é un feito illado, senón parte dun patrón que mostra un Concello acomodado, incapaz de presentar propostas novas, diversificadas e pensadas para todos os sectores da poboación.
O Nadal converteuse nun trámite, non nunha oportunidade para dinamizar o municipio.

Leiro queda atrás mentres outros concellos avanzan

Mentres os municipios da contorna ofrecen programacións diversas —mercados de Nadal, obradoiros creativos, espectáculos culturais, actividades familiares, rutas de iluminación ou iniciativas de dinamización comercial—, Leiro continúa conxelado no tempo.

Este inmobilismo provoca:

1.perda de atractivo turístico e comercial,

2.menor participación e vida social,

3.desmotivación da mocidade,

4.desaproveitamento de datas clave para activar o concello.

A mensaxe que o goberno municipal transmite, voluntaria ou involuntariamente, é que “con facer o de sempre chega”. Para o PSOE de Leiro, isto non está á altura das necesidades nin das expectativas do municipio.

Un goberno que non escoita nin dialoga

Desde o Partido Socialista de Leiro considérase especialmente preocupante a ausencia de diálogo do goberno municipal.
Non hai canles para escoitar á cidadanía nin ás asociacións, non hai procesos participativos nin vontade de incorporar iniciativas externas.

Esta desconexión entre institución e veciñanza deriva nunha planificación pobre, repetitiva e incapaz de responder aos intereses reais da poboación.

Esiximos un cambio de rumbo inmediato

O PSOE de Leiro reclama ao goberno municipal:

Un plan cultural anual estruturado, con obxectivos claros e programación variada.

A apertura de procesos participativos con veciñanza e asociacións locais.

A incorporación de actividades innovadoras que fagan de Leiro un concello vivo, dinámico e atractivo.

Transparencia total nos criterios, custos e metas das programacións culturais.

7, Decembro 2025

No se qué pasa con el alumbrado publuco en Carballiño, que ultimamebte no tiene intensidad y no se ve bien.Añadamos a esto la lluvia, y en zonas urbanas como en las carreteras de la periferia hay muy poca cvisibilidad, deficiente, con el pelugro que supone en pasos de cebra y cruces, o por ejemplo caminando por determinadas aceras. En las carreteras pasa lo mismo, como ejemplola que pasa por el cementerio de Señorin . 

Es un problema que deberia de solucionarse, ya que es muy peligroso, a pie y en coche . No esperemos a un percance . 

 

5, Decembro 2025

O Concello do Carballiño vén de recepcionar as obras de mellora da drenaxe de augas pluviais no aparcamento do Parque Municipal, unha intervención necesaria para resolver as acumulacións de auga que se producían puntualmente durante episodios de choiva intensa.

A concelleira de Medio Ambiente e Termalismo, Elvira Torres, salienta que “esta actuación permitiu solucionar un problema histórico no estacionamento, gañando en seguridade e comodidade para os veciños, veciñas e visitantes que utilizan este espazo a diario”. A obra foi financiada íntegramente por Augas de Galicia.

A intervención incluíu a mellora da recollida de augas pluviais mediante a construción dunha arqueta de reunión, a instalación dunha nova tubaxe de condución e dun sumidoiro na zona pavimentada, así como a colocación dunha canalización que leva a auga directamente ao río Arenteiro. Todos estes traballos completáronse dentro do prazo previsto.

“Desde o Concello seguimos apostando pola mellora dos servizos públicos e agradecemos a colaboración da cidadanía durante o desenvolvemento das obras”, engadiu Torres.

5, Decembro 2025

Sebas Lamazares, Fátima Gómez,  José Antonio Barge, Manuel Nogueira e Gonzalo Rodríguez participan nos estudos de COPE O Carballiño na tertulia deste venres dia 1 de decembro de 2025.
 

Presentada e moderada por Xan Pinal:

4, Decembro 2025

Madre mia, de nada vale queixarse,seguimos igual, este Alcalde e este teniente Alcalde ( mellor dito todos os que estan no Concello) levan hibernando dende hai anos e non dan espertado, menudo alumeado puxeron, catro luces xunto o FUCHELA pos turistas que veñen comer e cenar, e unhas poucas diante do concello e pouco máis.

Animo a todo o mundo que queira, a  visitar O Carballiño,  porque temos unhas luces marabillosas e abundantes case lle gañamos o ABEL CABALLERO.

HIBERNEMOS TODOS O IGUAL CO CONCELLO

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS