30, Outubro 2023

Os veciños de Pazos de Arriba encontráronse esta maña co derrubamento dunha das paredes da capela de San Roque, neste lugar da parroquia de Pazos de Arenteiro. Trátase dun ben patrimonial de orixe medieval que está catalogado como ben patrimonial no PXOM do concello de Boborás, e que ten un alto valor emocional para a veciñanza desta localidade.

A alcaldesa de Boborás manifestou en COPE O Carballiño que "a capela estaba en bo estado de conservación e nada indicaba que pudera pasar esto". Según os primeiros indicios, as intensas choivas da pasada semana terían filtrado auga nunha cantidade importante que finalmente provocaron o derrubamento da parede.

Foron os propios veciños, o cura que leva esta parroquia e o concello de Boborás os que se encargaron de retirar do interior da capela todo o mobiliario e imaxes relixiosas., quedando tan so o retablo, pendiente da chegada de persoal cualificado. A alcaldesa anunciou que mañá mesmo persoal do concello de Boborás encargaráse de apuntalar a estructura e perimetrar a súa contorna, a efectos de seguridade tanto para a estructura da capela como para as persoas.

Ademáis, Patricia Torres tamén avanzou que a institución municipal, en colaboración coa Igrexa, tramitará a petición de axudas para facer posible a obra de rehabilitación desta capela de San Roque de Pazos de Arenteiro, e mesmo salientou o compromiso veciñal "xa houbo veciños que se ofreceron para colaborar coas obras que se fagan".

 

29, Outubro 2023

Do TOP 5 das empresas da comarca que mais facturan, tres delas están asentadas no parque empresarial do Carballiño, e as outras dúas nos  concellos de Piñor e San Cristovo de Cea, éstas dúas últimas relacionadas co sector da madeira. Asi se desprende dos últimos datos do ranking de empresas da provincia que publica o portal "El Economista.es", e que se corresponden co ano fiscal de 2021.

En cabeza continúa outro ano máis GRI TOWERS GALICIA S.L., a empresa que fabrica torres eólicas no parque empresarial do Carballiño é, con diferencia a que ten máis empregos directos, 350, e unha facturación de 45.452,000 euros. A empresa, que este ano aprobou un ERTE para a totalidade da súa plantilla, reducíu a súa facturación nos últimos exercicios recollidos neste rankig, xa que nos dous anos precedentes declarou vendas por importe de 55,6 e 68,5 millóns de euros nos anos 2020 e 2019, respectivamente.

A segunda mercantil  tanto en facturación como en número de traballadores da comarca e tamén con sede no parque empresarial do Carballiño é SOGAPOL -Sociedad Gallega de Polímeros S.A.- que desenvolve a súa principal actividade na xestión integral  de residuos plásticos. Incrementou a súa facturación en algo máis de 12 millóns de euros en relación ao ano anterior, ata acadar os 43.509,205 euros, cunha plantilla de 174 traballadores.

No terceiro posto do ranking comarcal de empresas figura MADEIRAS PACO CACHAROLO S.L., a empresa do concello de San Cristovo deCea tamén incrementou as súas vendas anuais en preto dos 3 millóns de euros, ata os 15.047,930 euros, e ten unha plantilla de 22 empregados. A súa actividade e a compra venda de madeira.

E tamén relacionada co sector forestal é a cuarta empresa que máis factura da comarca do Carballiño no ano de referencia, "MADERAS GOMEZ S.L.",  a madeireira de Loeda, no concello de Piñor tamén incrementou as súas vendas, ata sumar unha facturación de 13.953,410 euros, e unha plantilla de 102 traballadores.

Finalmente, pecha este TOP 5 das empresas con máis facturación na comarca FRIGORIFICOS ARCOS S.L., a mercantil con sede no parque empresarial do Carballiño tamén logrou aumentar siñificativamente as súas vendas tal como se recolle neste ranking, ata acadar según os datos deste último ano publicado, os 9.302,717 euros. Conta con 23 empregados para comercializar a súa marca estrela "A Pulpeira" e desenvolver a súa actividade centrada no comercio o por maior de peixe e mariscos.

As cinco primeiras empresas en vendas da comarca en 2021 sumaron unha facturación de 127,2 milóns de euros, dando emprego directo a un total de 671 persoas.

28, Outubro 2023

Seica xogábase o "clásico" do fútbol español, ese Barsa-Madrid do que se ten dito que pouco menos paraliza España, e desde logo á futbolística, todos os equipos escapan desa coincidencia horaria porque según din os estadios estarían baleiros, todos non, hai unha excepción. 

Este sábado cunha diferencia horaria de apenas un cuarto de hora que o Barsa-Madrid (16:15 h.) , o Arenteiro recibía en Espiñedo (16:00 h.) ao Unionistas de Salamanca, desde media hora antes de comezar o partido a grada de Espiñedo xa colgara o cartel de "completa". Pouco importaba que  estivese a caer o diluvio universal, nin o excepcional horario de sobremesa, e tampouco o "clásico".

Desta vez a coincidencia horaria foi por imperativo televisivo, pero fai seis tempadas atrás co Arenteiro en terceira división tamén coincidira un Arenteiro-Céltiga cun Barsa-Madrid, e daquéla por convicción, porque era o horario habitual dos partidos como local  do Arenteiro aquela tempada. E a grada tamén estivera chea. Fora o único partido que se xogara en toda Galicia á mesma hora do "clásico", o que chamara a atención de numerosos medios de ámbito galego e estatal.

Porque no Carballiño, se falamos de fútbol e paixón, que pode haber máis clásico que ir a Espiñedo unha tarde de choiva, vento e frio animando ao Arenteiro. Merece a pena sempre, se perdes ou empatas, e mesmo cando gañas 4-0. Ou non ?

 

 

28, Outubro 2023

O Arenteiro saíu en tromba ao municipal de Espiñedo neste partido correspondente á 10ª xornada do campionato de liga de Primeira RFEF e aos 3 minutos Miku marcaba o primeiro dos catro goles dos verdes ante o equipo charro, xa na segunda parte chegou a goleada cos tantos de Álvaro Ramón, Manín e Vicente Esquerdo.

Mellor inicio imposible para unha semana de máxima esixencia para os verdes, con 3 partidos en 7 dias, xa que o mércores dia 1 ás 16:30 horas xogará a primeira eliminatoria da Copa do Rei a partido único no Suárez Puerta co Avilés, mentres que tres diás despóis, o sábado 4 de novembro ás 19:00 h. volverá o Arenteiro xogar en Espiñedo en partido de liga ante o Fuenlabrada madrileño.

Video-resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=J_R6o_brBx8&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en "La Voz de Galicia"
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/10/29/arenteiro-alard...

27, Outubro 2023

CINE. O Cine-Club Carballiño proxecta a película francesa "Las dos caras de la justicia", venres 28 ás 20:00 e 22:30 horas no auditorio do Carballiño. O Novocine de Leiro estrea a película de animación "Trolis 3", en pases diarios ás 16:00, 18:00 e 20:00 horas.

TEATRO. Na Mostra de Teatro Amador que organiza Tiruleque chega a O Carballiño a compañía "Fauna 113" de Vigo coa súa comedia "Os veciños do lado". Sábado 28 ás 20:00 no auditorio.

LITERATURA. A tenda OZOCOgz do Carballiño acolle a presentación do libro de Rochi Nóvoa "Diagnóstico poético, os versos que levas dentro", sábado 28 ás 12:00 horas.

EXPOSICIÓNS. A  artista carballiñesa MAYEYA inaugura a súa exposición de pintura, 50 obras de monoimpresión con acrílicos, sábado 28 ás 19:00 horas no auditorio. E toda a fin se semana permanece aberta a sala de exposicións do Arenteiro Fotográfico, que a asociación O Potiños instalou no local da rúa Evaristo Vaamonde nº 26.

ANDAINA E TRAIL DO OUTONO. Actividades organizadas polo concello de Piñor, na matinal do domingo 28, con punto de concentración, saída e meta na Praza do Arenteiro, a andaina sae ás 10:00 horas e o Trail ás 11:00 horas.

XTREMO MESEGO. 150 pilotos participan nesta competición, o sábado 28 no monte do Penedo-Partovia de 11:00 a 14:30 horas, e o domingo 29 a partir das 9:00 horas en Pena Cobertoira. Suspendeuse debido o mal tempo o espectáculo-exhibición  de Enduro que estaba programado para a tarde do sábado na Avenida do Arenteiro.

FUTBOL DE 1ª RFEF: Na décima xornada do campionato de liga o Arenteiro recibe en Espiñedo ao Unionistas de Salamanca, sábado 28 ás 16:00 horas.

FESTA DE SAN XUDAS TADEO. A parroquia de Vilela, no concello de Punxín, celebra a festividade de S. Xudas Tadeo este sábado dia 28 de outubro, con misa solemne ás 13:00 horas, con sesión vermú e festa coa animación musical do Dúo Explosión, pola tarde actuarán as pandereiteiras e cantareiras "As Bolboretas" do Carballiño.

27, Outubro 2023

Os asuntos mais relevantes da semana protagonizan unha nova tertulia do venres en COPE O Carballiño. Podes escoitála no audio adxunto.

27, Outubro 2023

Outra vez o novo concelleiro. O recién chegado o goberno municipal ou desgoberno millor dito, todos vemos como teñen Ó Carballiño abandonado total, pois ben iste novo concelleiro outra vez preocupándose si os da

 Oposición van os medios de comunicación, q si así pretenden chegar o goberno q non seo q. Pero iste señor de q vai? Quen se cree? Non fai moito tempo q protagonizou outra liorta coa voceira do bloque chamándolle ignorantes a oposición ou algo así.Non se da conta q a xente do Carballiño premiou o traballo da oposición pois subiron todos os grupos. O q castigaron foi o goberno quitándolle tres concelleiros. Polo tanto Sr concelleiro deberíasoe preocupar máis de traballar e preocuparse e meterse menos coa oposición, q ela si fai ben o seu traballo o q o fai mal son vostedes. E gracias a oposición o PP q é partido da oposición Anque non o parezca vostedes mantéñense no poder por desgraza Po Carballiño. Céntrese no seu traballo

 

 

 

 

 

 

26, Outubro 2023

A Xunta impulsa prácticas formativas de xente moza entre os 18 e 30 anos na panadería ‘Aboamigalla’ situada no polígono municipal de Cea, a través do programa Xuventude Mentoring na Empresa. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou as instalacións desta firma, que é unha das dez que colaboran no proxecto presentado por Valoresc Innovation a este programa autonómico, e que permite que 12 mozas e mozos teñan o seu primeiro contacto co mundo laboral.

Cristina Pichel, que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, coñeceu a experiencia das dúas rapazas que están a desenvolver a súa estadía formativa nesta panadería de San Cristovo de Cea, unha na parte administrativa e outra no obradoiro. Tras a visita destacou que o Xuventude Mentoring na Empresa supón un paso máis na formación e asesoramento á xuventude para facilitar a súa transición entre a etapa formativa e laboral.

Ademais, a directora xeral salientou a boa acollida que esta ter esta iniciativa, xa que nesta primeira edición está a permitir un primeiro contacto co ámbito profesional a 170 mozos e mozas. O Goberno galego destina 1,2 millóns de euros a esta nova proposta, financiada nun 80% polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020.

Interese de entidades locais e de compañías
Cristina Pichel subliñou o interese que levantou esta primeira edición do Xuventude Mentoring na Empresa entre as compañías, as entidades locais e a xente nova. Así, o programa conta co apoio de máis de 70 entidades do sector privado nas que a mocidade realiza prácticas formativas; e tamén conseguiu a implicación dos concellos, xa que que nesta edición participan tres municipios da Costa da Morte: Camariñas, Muxía e Vimianzo.

Xunto con este programa, a Xunta impulsou no 2021 o Xuventude Mentoring, que este ano vai pola súa cuarta edición e que permitiu acompañar a preto de 500 mozos no seu paso de estudantes a profesionais.

25, Outubro 2023

O xeodestino O Carballiño-Ribeiro presentouse na Casa de Galicia en Madrid a prensa especializada en Turismo e Gastronomía. O director da mesma, Javier Vázquez, foi o anfitrión deste evento que amosou as bondades do xeodestino, pero tamén da provincia en xeral. O xeodestino turístico O Carballiño-Ribeiro está integrado pola práctica totalidade dos concellos de ambas as dúas comarcas.

O encargado de presentar a riqueza turística que ofrecen os diferentes municipios adheridos ao xeodestino foi o seu presidente, Francisco José Fernández, quen afirmou “que se trata do territorio máis termal da provincia termal española de referencia. Ademais todo aquel que se achegue a nosa comarca será recibido cos brazos abertos”. O presidente do xeodestino e alcalde de Leiro, trasladou aos prescriptores especializados no ámbito turístico e gastronómico as bondades que ofrece a provincia de Ourense, sinalando que precisamente este xeodestino “representa á perfección os atributos cabeceira da nosa marca turística e que pivotan en catro recursos: o patrimonio, a natureza, a enogastronomía e o termalismo”.

No acto interveu tamén, Manuel Dacal, Concelleiro de turismo de Carballiño, que fixo referencia ao polbo, cunha Festa ao redor del, que está declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

Por último José Luis Valladares, alcalde de San Cristovo de Cea, falou sobre as bondades do “Pan de Cea”, recoñecido coa Indicación Xeográfica Protexida recoñecida pola Orden de la Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

O acto consistiu en escenificar unha romaría polbeira no pleno corazón de Madrid con gaiteiros, polbo á feira, viño do Ribeiro e pan de Cea para dar a coñecer todas as potencialidades do territorio. Tamén houbo unha proxección dun documental sobre o polbo do Carballiño, a súa orixe, a súa historia, a súa preparación e toda a súa tradición que leva detrás e a estirpe de todas as polbeiras que percorren todos os pobos de Galicia, levando o seu saber facer polos diferentes lugares.

A estrela do acto foi a polbeira Aurora Baranda, terceira xeración de polbeiras que segue percorrendo Galicia, de feira en feira, demostrando que o polbo non soamente é un prato para feiras, senón que se pode presentar ao máis alto nivel gastronómico porque é un produto perfecto. A sala quedou pequena polo gran poder de convocatoria.

Todos os xornalistas que acudiron ao acto marcharon encantados e con moi bo sabor de boca tras unha presentación diferente, de pé, mentres degustaban estes produtos de calidade, do sabor do polbo, do viño e dos acompañamentos. Fernando Valmaseda, director da Agencia de Comunicación Turística RV Edipress e do programa de radio Miradas Viajeras (Radio Capital) e Miradas Viajeras TV en Movistar efectuou a presentación do acto.

25, Outubro 2023

Quero pedirlle o Señor Alcalde que por favor nos asfalte tamén a aldea  ó igual que fixo con Partovia e Refoxo, nós tamén somos do concello do Carballiño, e temos o pobo todo abandonado, por ter,  nin temos alumeado público, e que decir dos fuchancos, e dos camiños en mal estado.

Non quero pensar que cantos más pobre  e humilde é unha aldea menos se mira por ela, e canto máis rica e pudiente é,  máis  cousas se lle fan.

Os veciños somo todos iguais ahora de votar , o voto dos de Partovia e Refoxo contaron o mesmo cós nosos, e polas nosas portas viñestes todos. Moito prometernos e nada de nada, e que decir das aceras.

_ ALUMEADO PÚBLICO

- ASFALTO DOS CAMIÑOS DA ALDEA

- ACERAS

 

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS