9, Xaneiro 2026

Outro venres máis a Tertulia de COPE O Carballiño non deixou indiferente á audiencia desta emisora de radio (a máis escoitada de lúns a venres na provincia de Ourense de 13:00 a 14:00 horas, según o último Estudio General de Medios -EGM-)

No capítulo deste venres dia 9 de xaneiro participan Sebas Lamazares, Fátima Gómez, Gonzalo Rodríguez e Manuel Nogueira.

Presenta, Xan Pinal. Escóitaa aquí:

9, Xaneiro 2026

Esto xa é inaguantable. O mercado inmobiliario no Carballiño é demencial. Xa son tres as persoas do meu entorno que coñezo que traballan no Carballiño sen ser orixinarias de aquí que teñen vivir en hoteis ou hostais ao non atopar pisos de aluguer no Carballiño. O que nun principio ía ser unha ser unha solución temporal convértese co tempo en definitiva. Xa non soamente non hai nada a precios asequibles senón que incluso a precios superiores á media tampouco se atopa nada. O pouco mercado de aluguer que existe circunscríbese a casas unifamiliares ou incluso chalés xa nas aforas ou noutros concellos de comarca pagando xa por riba dos 1500 euros mensuais. Pero pisos nada de nada. Bastante lamentable a situación. ¿Como imos a medrar como concello e atraer a xente nova se non hai vivenda de aluguer? 

8, Xaneiro 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega Piñeiro, e o primeiro tenente de alcalde Pepe Castro-Gil.

Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense e á que asistiu tamén a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Pilar Fernández León, a conselleira e os responsables municipais abordaron actuacións en materia de infraestruturas e urbanismo, de interese para o municipio.

En concreto, neste encontro abordouse o proxecto de humanización da Praza Maior e a súa contorna, e que convertería a este espazo en peonil tras unha actuación para a que o concello carballiñés precisa un investimento no entorno do millón de euros. A conselleira comprometeuse a apoiar esta obra a través do plan HURBE, destinado a financiar este tipo de acturacións de mellora dos ámbitos urbanos en vilas e núcleos rurais-

7, Xaneiro 2026

Subscribo completamente o comentario anterior.

Igual destes gobernantes que temos xa non agardamos grandes proxectos, pero un mínimo si que habería que esixirlles. As rúas son intransitables, xa é imposible esquivar os buratos. E supoño que eles terán coche e andarán por elas. Se non se pode asfaltar polo que sexa, pois non será tanto traballo botar uns sacos de chapapote e tapar os buratos, mais que nada para non quedar enterrados.

En xeral, o pobo da bastante pena en tódolos sentidos, da a sensación de que non se fai nada, rúas estragadas, aparcamentos sen regular, coches aparcados en calquera sitio, farolas rotas, etc. 

Hoxe vin unha publicación do Concello en Facebook na que se falaba da limpeza dunha fonte (cousa maravillosa e que debería continuar) pero si eso é noticia ou pretenden convencerse a si mesmos de que están traballando, apaga e vámonos. Déixense de autobombo e póñanse a traballar, que están a cobrar cartos que son de todos.

Saúdos

 

7, Xaneiro 2026

Este ano, o Concello do Carballiño estende a programación de Nadal durante o mes de xaneiro para que a veciñanza poda seguir desfrutando de actividades e propostas culturais para todos os gustos e idades.

O humor, o teatro e a maxia serán os protagonistas das próximas semanas na vila. “Despois do éxito de participación nas actividades das semanas de Nadal, convidamos á poboación do Carballiño e do resto da provincia a que se acheguen á vila a desfrutar do que temos preparado para este mes”, apunta Diego Fernández, concelleiro de Cultura.

Hoxe, último día previo ao inicio do curso escolar tralo parón de Nadal, as familias poden divertirse na pista de xeo da Praza Roxa, activa desde o pasado día 31. O horario é de 11,00 a 13,30 horas e de 16,00 a 20,00 horas. A entrada, de balde, inclúe patíns.

A programación continúa o próximo mércores, día 14, coa obra “A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica”, de Tanxarina títeres. Trátase da adaptación dunha novela de Carlos Labraña na que se combinan marionetas, narración e música, e se reflexiona sobre valores como a amizade ou o traballo en equipo. A actividade, impulsada desde o servizo de Normalización Lingüística, levarase a cabo no Auditorio Municipal para alumnado de Educación Primaria.

Xa o domingo 18 será a quenda do humorista Agustín Jiménez. O coñecido monologuista visita O Carballiño con “Generacional”, un show no que presenta con moito humor algunhas das diferencias actuais entre pais e fillos, desde o uso das redes sociais ata a música favorita. A cita terá lugar no Auditorio Municipal ás 19,00 horas. As entradas xa están á venda a través de giglon.com.

O Festival Máxico de San Juan Don Bosco porá o broche de ouro ao mes de xaneiro. A esperada cita, que cada ano congrega no Carballiño a centos de afeccionados á maxia, levarase a cabo os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro. Como é habitual, haberá obradoiros e actividades de maxia e ilusionismo para público infantil e adulto, ademais de galas e comidas de confraternización.

7, Xaneiro 2026

Bos días,

Quería deixar mensaxe para o rei do asfalto e os seus amigos do partido popular, que son ben coñecidos polas mesmas prácticas. As rúas do Carballiño semellan unha zona de guerra só apta para circulación de tanques, se non queres deixar os neumáticos e suspensións polo camiño. Ven sendo habitual na maioría das rúas do pobo pero xa chegamos ó punto que nin polas rúas do centro se pode pasar. Mismo en Martínez de Avellanosa, dende a rotonda da entrada ó pobo ata a rotonda do hotel Arenteiro é unha verdadeira partida de supervivencia na que no últrimo tramo como proba final tes que sortear tornillos das xuntas de ata 5-10cm de altura.

Agardo non ter que esperar a dentro dun ano, estratexia típica da dereita previa ás eleccións, para que empecen a extender chapapote ata os pés, que deso saben bastante.

Felices festas e aninovo a todo o mundo!

6, Xaneiro 2026

A programación do Cine-Club O Carballiño para este mes de xaneiro comeza o día 9 con On falling, unha película de cine social británica dirixida e escrita por Laura Carreira, cineasta portuguesa afincada en Escocia e que debuta como directora nesta longametraxe premiada no Festival de San Sebastián coa Concha de Plata á Mellor dirección e no BFI de Londres co Premio á Mellor opera prima.

Continúa o dia 16 con un filme francés dirixido por Emmanuel Mourat, Tres amigas, mistura de drama e comedia de enredos que obtivo un gran éxito nas salas do país veciño.

O día 23 de xaneiro proxectaremos Kontinental ´25, de Rado Jude, director rumano que con esta sátira política cargada de mala uva obtivo o Oso de Prata ao Mellor guión no Festival de Berlín.

O Cine-Club O Carballiño despedirá xaneiro o día 30 con unha das citas máis esperadas da tempada: Father, mother, sister, brother, o último filme de Jim Jarmusch, con actores tan coñecidos como Adam Driver, Ton Waits, Cate Blanchett ou Vicky Krieps entre outros. Foi a gañadora do León de Ouro á mellor película no Festival de Venecia e é unha auténtica ledicia.

Xa en febreiro, o día 6, proxectaráse o filme tunecino La voz de Hind, unha película impactante e necesaria que obtivo o Premio do Público en San Sebastián e o Gran premio do Xurado en Venecia, entre moitos outros galardóns internacionais.

Os filmes restantes deste mes son tres magníficas produccións nacionais que aínda estaban pendentes de proxectar para a entidade cineclubista: Maspalomas, de José María Goneaga e Aitor Arregui, e que conta con unha magnífica interpretación de José Ramón Soroiz, que gañou o premio en San Sebastián. A súa proxección será o venres 13.

O venres seguinte, o día 20, Los tortuga, que confirma á súa directora, Belen Funes como un dos mellores talentos do cinema español. A película gañou tres premios en Málaga: Premio especial do Xurado, Mellor dirección e Mellor guión.

E pecharáse o mes de febreiro o venres 27 con unha das grandes sorpresas deste ano, Jone,a veces, de Sara Fantova, mención especial do Xurado en Málaga.

4, Xaneiro 2026

Os Reis Magos chegarán este lúns dia 5 de xaneiro a O Carballiño entre maxia, lume, acrobacias e fantasía, nunha posta en escena pensada para sorprender a todos os públicos, pero en particular aos máis cativos.
As súas maxestades chegarán directamente de Oriente ao templo da Veracruz, onde o seu pórtico se transformará no escenario dun espectáculo de acrobacias aéreas. Maxia e lume acompañarán aos reis durante o su percorrido, así como unha ampla proposta de animación na rúa con maniquíes, cabalos inchables e patinadoras.

O Concello do Carballiño anima a grandes e, sobre todo, pequenos e pequenas a disfrutar da proposta artística que acompañará á cabalgata e que foi deseñada en parte pola empresa Especialistas Hípica Celta.

En canto á hora, a cabalgata partirá ás 18.00 horas da Igrexa da Veracruz, desde onde, despois do espectáculo, percorrerá as rúas Conde Vallellano, Principal e volta pola rúa Ribeiro ata o Concello, que será onde reciban á rapazada.

PERCORRIDO: Desde o templo da Veracruz ata o Concello, pasando polas rúas Conde Vallellano, Principal e Ribeiro ata o Concello.

HORA DE INICIO: 18.00 horas, na Veracruz, cun espectáculo aéreo previo ao percorrido.

RECEPCIÓN: Casa do Concello.

2, Xaneiro 2026

Fátima Gómez, Sebastián Lamazares, José Antonio Barge, Manuel Nogueira e Gonzalo Rodríguez comparten coa audiencia de COPE O Carballiño a súa "carta aos reis magos", na primeira tertulia de 2026.

Presenta, Xan PInal. Escóitaa aquí:

1, Xaneiro 2026

En O Carballiño, a 02 de xaneiro de 2026

 

Á atención de Francisco José Fumega Piñeiro e José Rafael Castro-Gil Seijas, ó que lle corresponda:

 

É NORMAL LEVAR 3 MESES SEN ALUMEADO PÚBLICO NUN POBO DO CONCELLO DE O CARBALLIÑO?

É frustrante que, en pleno ano 2025, agora xa 2026, leve 3 meses sen alumeado público diante da miña casa, sendo a estampa que nos atopamos ó saír á rúa durante a noite de total escuridade, agás nas noites de lúa chea que temos luz natural.

E non será por non avisar, tanto verbalmente coma mediante o rexistro electrónico do Concello.

Na tarde do 30 de setembro, sospeitamos que un vehículo de grandes dimensións, arrincou o tendido eléctrico e a “farola” do poste situado a altura do nº 46 de Mouriz. Unha vez avisados, axiña acudiu a Policía Local e persoal do Concello para proceder á retirada dos elementos caídos que se atopaban tirados na vía pública, manifestando o traballador municipal que acudirían no seguintes días para reparar a “farola”.

Pasadas varias semanas sen que ninguén acudise, presentamos instancia no rexistro do Concello solicitando que se reparase a “farola”, polo risco que supón para as persoas a súa ausencia, ó ser unha zona urbana de transito de viandantes e un elevado número de vehículos, carecendo de ningunha outra fonte de iluminación que proxecte algo de luz nesa zona.

Ante a inacción municipal, reiteramos a demanda, pola mesma vía, en sucesivas ocasións, sen que, a día de hoxe, se procedese ó arranxo da luminaria, nin se contactara dende o Concello cos veciños afectados para interesarse pola situación.

É incrible que, unha incidencia tan sinxela coma o arranxo dun farol da iluminación pública, se tome con tanto desleixo por parte do Concello de O Carballiño, e, como máximos responsables, do grupo de goberno municipal. Queda pouco máis de un ano para as vindeiras eleccións municipais. Supoño que as formacións políticas do grupo de goberno quererán manter ou mellorar o resultado electoral obtido no 2023, mais, como non empecen a prestar atención a estes pequenos detalles que afectan ós veciños, augúrolles un futuro moi negro, tan negro coma a escuridade que me atopo tódalas noites ó saír da miña casa.

Sen outro particular, desexarlles un bo inicio de ano.

Atentamente, Alfonso Vázquez

Un veciño de Mouriz

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS