12, Febreiro 2025

O pleno de reorganización, primeiro que celebra a corporación do Irixo tras a moción de censura do pasado mes de xaneiro que destituíu a Susana Iglesias e proclamou como nova alcaldesa a Rosa Mª Dalama, puxo de manifesto unha nova maioría á hora das votacións dos puntos da órde do dia, e que é a que suman as dúas concelleiras do grupo de non adscritos, o grupo popular -catro concelleiros- e o concelleiro Juan Manuel Villanueva.

Asi, a corporación aprobou a modificación da periodicidade das sesións plenarias, que pasan a ter carácter trimestral no concello do Irixo.

Quedaron nomeados os representantes da corporación en distintos Órganos Colexiados, en concreto para Mancomunidade de Concellos do Carballiño, ademáis da alcaldesa foi elixido o concelleiro Juan Manuel Villanueva. 

Finalmente, o punto relativo á composición dos grupos políticos suscitou controversia no que respecta ao grupo de Xuntos polo Irixo, que integran Susana Iglesias e Tamara Cibeira, pero que tamén reivindica pertenecer ao mesmo Juan Manuel Villanueva. Onde non hai dúbidas é nos outros dous grupos, o do Partido Popular, e o grupo das non adscritas integrado polas dúás concelleiras apartadas do grupo socialista, Rosa María Dalama e Dolores Fariñas.

11, Febreiro 2025

As sentencias do Xulgado do Mercantil de Ourense declara un feito probado, que entre 2007 e 2013, o 93% das empresas fabricantes e distribuidoreas de marcas de automóbiles intercambiaron información comercialtmente sensible e estratéxica no mercado español da distribución e dos servizos de postventa de coches das marcas do chamado "Cártel de Coches".

De non haber existido este "Cártel", non se tería pagado un sobreprezo durante eses anos, tal como acreditou e sancionou a "Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia".

Agora, con estas primeiras sentencias na provincia, a Audiencia Provincial de Ourense fixa os criterios das futuras indemnizacíóns aos que reclamen polo sobrecoste que pagaron no comento da compra, polo que o prazo para as reclamacións expirará no ano 2026.

Escoita aquí a información e manifestacións do avogado Juan José Pérez Barreiro:

11, Febreiro 2025

Estamos en Febreiro, tempo de sobra , antes de que chegue a voragine terracera, de poñer orden . 

Numero de mesas, donde si, donde non, frenar abusos, que o peaton poida moverse, e os hosteleiro non pelear entre eles. 

E decir o concello ten esa responsabilidade e tempo para facelo agora. Non vir no veran co "po ano, 

Por certo e un tema, sunto con outros que se comentan aqui que seria ideal para a tertulia, existen mais cousas que ver quen goberna ou quen pelexa con quen .

Saludos

10, Febreiro 2025

Pola rua Caravel non se deberia pasar con coches agas os que vivimos no barrio para aparcar, a empresa que colocou dito pavimento xa o deixou claro non esta feito para circulacion de vehiculos por eso rompen todas e os veciños non durmimos co ruido das pedras.E gastou o Concello mais 150.000 € en algo que xa da pena ver, o fin de semana o concello puxo unhas sinales de prohibido o paso pero todo coche que pasa ten a ben retirar.. Por que? Quen pon as normas?

10, Febreiro 2025

hai que saber de que se fala... ou e que o de ser mentirosos e contaxioso no irixo... o viernes non se celebrou ningun xuizo, enterate ben e despois fala que de mentiras xa chegan ben as da alcaldesa ben destituida... menos mal q non se che deu por decir que tiñas tu tamen unha sentencia favorable... menuda tropa de mentirans e manipuladores da xente.... 

10, Febreiro 2025

De gran relevancia poden considerarse os achádegos inéditos da que foi a primeira campaña de escavacións en Pena Corneira, no concello de Leiro.

En apenas dous meses de traballos arqueolóxicos, os mesmos desvelaron a existencia dun poboado tardorromano, outro do calcolítco, asi como a existencia dun castelo medieval da época da revolta irmandiña e no que apareceron muros, cerámicas, moedas, ármas, xoias, útiles domésticos e o estribo dun cabalo, entre outros achádegos, como un sarcófago con caixa de pedra cuberto con tégula da época romana.

Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal ao arqueólogo Jorge Lámas Bértolo, que dirixíu as escavavións:

10, Febreiro 2025

Non calamos, simplemente somos respectuosos co proceso xudicial iniciado unilateralmente por dona Susana (non polo seu partido)

Un saúdo dende O Irixo aos veciños do Irixo

9, Febreiro 2025

Nadie fala do xuicio do viernes.....parece que lles rasca o tema.jajjaj.

Haber que sale de todo esto ainda que a prensa non comente nada.

Comentamos segun nos vai a feira ...

Un Saudo desde Pais Vasco veciños do Irixo.

8, Febreiro 2025

   Na rúa Colombia xa estamos afeitos a que o Concello do Carballiño nos desprece. Non hai mais que ver as fochancas, o alumeado, a maleza, as deposicións dos cans... pero desta vez o tema xa supera o soportable.         

Resulta que Herminia tirou unha farola colgada nun pau de madeira podre. Xa se tiña avisado varias veces do estado do poste, pero... Pois ben, desta foi. E dende ese día e xa van alá máis de quince días, estamos a escuras.  Dalles igual que sexa verán ou inverno. UNHA VERGOÑA E UNHA FALCATRUADA MAIS OS VECIÑOS desta rúa.

  O alumeado novo leva un ano coas bases colocadas e sen farolas. Nin que fora a obra da Veracruz. UN SINSENTIDO.

  Penso que non é moito pedir. Repoñer unha farola. Que haxa que ir a un medio de comunicación facer unha denuncia para que che repoñan unha farola, di moito deste concello. E logo falan de facer un estadio de fútbol. Vaiche boa 

8, Febreiro 2025

Quero denunciar o estado da rúa Caravel (entre a San Cibrao e Aquilino Sánchez), recentemente pavimentada con lousa de pedra moi bonita. Non ten moito máis dun ano coa obra rematada. Pois ben, a maioría das lousas están soltas, algunhas rotas e outras levantadas. Cando pasas co coche parece que vas tocando o tambor.

Non estaría de mais que os nosos gobernantes esixiran á empresa contratista e os técnicos encargados do proxecto a reparación deste desastre, antes de que remate a garantía. Igual ese pavimento non é o máis idóneo para a circulación de vehículos (e eso que por alí non pasan moitos).

E senón, se é moita molestia, deixar correr o tempo e anotar unha máis no libreto das chapuzas realizadas últimamente no Carballiño, e en dous anos máis botámoslle asfalto por enriba e listo.

Saúdos

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS