18, Xuño 2023

O do Irixo recórdame a Salomón. Decía a lenda que dúas nais chegaron xunto o rei Salomón con dous fillos, un de eles xa morto e disputábanse ó vivo. Salomón dictaminou que cortaran ó fillo a metade e o repartisen entre as dúas nais. A verdadeira nai aterrorizada e por amor de nai,  díxolle o rei que non o matasen e renunciando a él díxolle que llo entregase a outra nai. O resto da historia xa é coñecida.

No Irixo pasou parecido pero partiron o fillo e ainda están con precisión milimétrica, repartindoo equitativamente. 
Non estiven na negociaciòn, escoitei a Iago, rogaría que publicase Xuntos polo Irixo as condiciòns exactas do que se ofreceu para que a xente o saiba, pero xa vos digo que hoxe por hoxe quedastes coma ruins, envidiosos, egoistas, desconfiados….quedastes coma un Lito e Gloria máis de turno.

Non se vos ocurra volver a encher a boca con decir que o facedes polas veciñas e  veciños de O Irixo e non se vos ocurra volver polas portas de O Irixo a pedilo voto, porque matastes o fillo de tanto repartilo.

Di Iago que ésta sò é unha etapa, que o señor Cerdeira se vota cando se poñan de acordo. Iago este feito vaiche quedar grabado a tí é o teu equipo para o resto da vida. 

Chegados a este punto e para finalizar, é tan surrealista que ten que ser mentira. Ten que se haber vendido alguién porque de todo, absolutamente todas as opcións posibles, era  a peor con diferencia das que podían facer, sò nunhas mentes cun coeficiente intelectual que tende a cero, ruíns, desconfiadas e egoístas se pode chegar a conclusión que chegaron  e que sò beneficia a unha persoa,  a Don Manuel Cerdeira.

17, Xuño 2023

Francisco Fumega foi elexido alcalde do Carballiño para un novo mandato, que será xa o terceiro para o candidato socialista, igual que durante o seu primeiro mandato 2015-2019, deberá facélo de inicio en minoría e buscando apoios dos grupos da oposición para garantir a gobernabilidade do concello carballiñés. A diferencia a respecto de fai 8 anos é que daquéla contaba con 8 concelleiros e agora ten 6 nunha coporación de 17 concelleiros.

Nesta sesión de investidura de 2023 todos os grupos políticos representados na corporación carballiñesa votaron ao seu cabeza de lista. Asi as cousas, Fumega recolleu os 6 votos do PSOE; Lino González os 5 do PP, Pachi Vázquez os tamén 5 de Espazo Común e Sofía García o do BNG, o seu propio.

As últimas horas foron frenéticas nas negociacións entre Partido Popular e Espazo Común e ata unhos minutos antes de iniciarse o pleno de constitución da nova corporación todo estaba por decidirse e nada se dada por descartado, aínda que finalmente esa falla de acordo entre as dúas formacións políticas favoreceu a investidura de Francisco Fumega, reelixido de novo como alcalde do Carballiño.

17, Xuño 2023

Non houbo sorpresa en Punxín e a sesión de investidura desenvolveuse según o guión previsto tras o pacto anunciado esta semana entre Partido Popular e Compromiso por Galicia.

Manuel Vázquez Casalta foi investido alcalde con 4 votos, e Eladio Fernández será tenente de alcalde único. Lorena Peleteiro, que obtivo os 3 votos do seu grupo, exercerá a oposición neste concello de Punxín.

17, Xuño 2023

O candidato do Partido Popular  conserva a alcaldia do Irixo, non alcanzou maioria absoluta na votación da sesión constitutiva da nova corporación, pero foi investido como alcalde do Irixo ao ser o máis votado nas eleccións do 28-M.

Cada grupo votou ao seu candidato. Manuel " Lito" Cerdeira obtivo os 4 votos do Partido Popular, Susana Iglesias os 3 votos de "Xuntos" e Iago Fariñas os 2 votos do PSdeG-PSOE. Os dous grupos que se quedan na oposición escenificaron non últimos dias as súas diferencias para chegar a un pacto de goberno alternativo ao do candidato popular nesta sesión de investidura.

Nas súas primeiras palabras tras ser reelixido como alcalde, Manuel Cerdeira ofreceu diálogo aos grupos da oposición, nunha situación que é inédita no concello do Irixo nos últimos 30 anos, xa que por vez primeira un alcalde estará en minoria no pleno do concello e veráse abocado a buscar apoios para garantir a gobernabilidade do concello.

17, Xuño 2023

O pueblo non ten a culpa, non cumplistes nada do que decides que estaba feito, tanto Xuntos como o PSoe. Parece que non sabedes que o pueblo o único que non quere ver diante e a Lito e Gloria, y demás chupipanda, no cal esas ideas eran xestionadas por a que ia ir de segunda e demais, e aceptadas por Lito, o cal o engañaron, porque non me creo eso do 2 posto , O Cañaveral de Pasión está de moda no Irixo. Que pasaría en esas noches locas de Madrid entre tanto viajito? Se conseguiría lo de pueblo mágico a través del Cañaveral? Porque eso de Mágico tiene varios significados...  

O pueblo falou , moveu Roma para un cambio. Non sabedes valorar nada do pueblo, simplemente intereses. Xa estades pensando nas siguientes legislaturas, nas concejalías etc... Que decepción sodes peor que o anterior Goberno!!! Iago asume que o pueblo non te quere, mais vale un abandono a tempo que facer un pacto encuberto con Lito. Porque queres obras? Pa encher os bolsillos? Porque claro non che vale calqera outra concejalía? A xente non te quere porque sabe que tendes intereses a medias.

Está claro que ambos os tres partidos decepcionantes o pueblo, movido pola marioneta a cal engañou a Lito estés 3 anos e medio, contandovos mentiras a uns e a outros. Esa persona que fai declaracións no Facebook de políticas a cal debería ter varios carnes de partidos políticos e enseñar según conveña!!!!!.

 

 

16, Xuño 2023

Vaia por diante que Eladio como persoa é un bo home, pero quero criticar a súa singladura política.

Pasa de ser o número dous PSdeG da provincia de Ourense pra fichar por Baltar junior. Cando rematan as eleccións esquéceno, e Baltar junior ni tan siquera o recibe (porque Roma non paga traidores).

Disfrázase dun partido galeguista chamado Compromiso por Galicia, e cando ten a oportunidade, volta a traicionar a Punxín, ao seu partido, e á súa propia traxectoria (non aprendeu nada da vida política) pra voltar á súa ansiada fonte o PP. Dende a peregrinaxe de Marco e o seu mono Amedio non se viu nada igual

16, Xuño 2023

Érika Paz, Sebastián Lamazares, Manuel Nogueira e Alberto Otero poñen o foco nas sesións de investidura para este sábado nos concellos do Carballiño, Punxín e O Irixo, comentando os últimos acontecementos nas negociacións entre as candidaturas, e dan as claves do que pode acontecer nestes concellos.

16, Xuño 2023

O Partido Popular do Carballiño afea a Espazo Común que "nos derradeiros días cambia de criterio cada pouco e non admiten, logo de 19 días das elección, ser a terceira forza por mandato do pobo".

A pesar de que nun principio os primeiros contactos entre ambas formacións para chegar a un posible pacto de goberno no concello do Carballiño parecía que podería avanzar, o certo é que as posibilidades quedaron practicamente descartadas polo Partido Popular, asegurando que Espazo Común esixiu a alcaldía para Pachi Vázquez, algo totalmente innegociable para os populares que, entenden, corresponderíalle a eles a alcaldía na súa condición de segunda candidatura máis votada tras a do Partido Socialista. Desta maneira, e xa a apenas 24 horas por diante para a sesión de investidura, todo parece indicar que Franscisco Fumega será investido este sábado como alcalde do Carballiño

Reproducimos íntegro o comunicado difundido polo Partido Popular a primeira hora desta mañá de venres:

"Lino González, candidato do PP á alcaldía do Carballiño xunto cos seus concelleiros e concelleiras reuniuse con Pachi Vázquez e o seu equipo, logo da chamada deste para falar de posibles acordos para a gobernabilidade do Carballiño, logo incluso de que el mesmo comentara que non existirían conversas.
A reunión foi cordial pero ao mesmo tempo foi corta, pois Pachi Vázquez esixe a alcaldía para empezar a falar de calquera outro avance, e aí, nin Lino nin os seus concelleiros/as e nin o Partido Popular do Carballiño, está en disposición de facilitar a alcaldía a Pachi Vázquez, sendo que ESCO a terceira forza política quedou a 271 votos por detrás do Partido Popular, e isto un tema non opinable pois é comprobable.
Ante isto, o Partido Popular fixo un chamamento ao apoio á investidura o vindeiro sábado para poder seguir falando de gobernabilidade.
O Partido Popular do Carballiño prestouse a estas eleccións con xente ilusionada en Cambiar a tendencia da política local e non a imos a perder negociando con quen sexa e menos a calquera prezo e desobedecendo o mandato do pobo, pois do resultado das eleccións o que se desprende e que dun acordo PP-ESCO a alcaldía debería de ser para os Populares.
Lino González, dixo en campaña e o di agora e que ademais os resultados o avala, que o Partido Popular votaríase a si mesmo pois é quen debe de pilotar o cambio de cara o futuro das melloras sociais e económicas do noso pobo.
O Partido Popular, estará onde o día das eleccións decida o voto do grupo de Pachi, pois é a terceira forza, será quen teña esa ocasión e non terá reparo o PP en que sexa na oposición si Pachi mesmo decide darlle a alcaldía ao PSdG -PSOE con Fumega ao fronte, espazo onde por afinidade"

15, Xuño 2023

Estamos a apenas 2 días del pleno de investidura el Concello de O Irixo y se habla de que el partido popular (PP) encabezamos por Manuel Cerdeira va a pactar con el partido socialista (PSOE) encabezado por Iago Fariñas (sería un escándalo monumental y pondría en evidencia a Iago Fariñas, despues de toda una campaña firme contra el partido popular) ya que Xuntos polo Irixo y PSOE tienen diferencias.

La verdad, es que por mi parte estoy muy muy DECEPCIONADA con el partido de Xunto Polo Irixo, liderado por Susana Iglesias y el PSOE de Iago Fariñas, debido a que me parece que los dos han mentido a los vecinos/as del Irixo, ya que ambos en sus declaraciones previas a las elecciones perjuraron que harían lo mejor por los vecinos/as de Irixo, ya que ahora el acalde en funciones Manuel Cerdeira junto a Gloria, no se nos olvide, no han gestionado bien el concello estos últimos 3 años. Por lo que se escucha por el pueblo y cuando el río suena agua lleva, a la hora de pactar Xuntos y Psoe parece ser que solo intervienen intereses personales de ambos, la principal discusión es la de saber como se reparten la silla entre ambos. Yo creo que tanto ellos como la gente que conforma ambos partidos, deberían pensar más en la gente que les confió su voto y a los que debido a ello representan.

Pase lo que pase este próximo sábado, espero que sea en pro de nuestro concello, ya que quedará marcado su futuro los próximos 4 años, es decir, el futuro de nuestros jóvenes, ancianos, empresas y resto de actividades...

Me despido con esta frase "que tus hechos hablen más que tus palabras"

15, Xuño 2023

A Asociación O Potiños segue contaxiando a paixón pola fotografía. Hai 15 días que a entidade organizou a iniciativa “Pon unha foto na rúa”, na que se fixeron 500 retratos que agora están expostos na Rúa Principal e que serán entregados aos protagonistas como agasallo. Agora o colectivo vén de presentar o Concurso Tema Libre, no que tamén colaboran o Concello do Carballiño e o Centro Comercial Aberto. Repartiranse case 1.000 euros en premios e valorarase a calidade técnica e estética.

A organización prevé que a participación aumente nesta edición, se ben na anterior xa foron máis dun cento os traballos presentados. Poderán enviar as súas obras todas aquelas persoas maiores de 14 anos, con un máximo de tres fotografías por cada participante. O tema das imaxes será libre, pero non poderán ter sido publicadas previamente, nin presentadas a outro certame. Poderase facer uso de material técnico de calquera tipo, así como do retoque fotográfico. As fotografías deberán enviarse á páxina web de O Potiños ata o 9 de setembro.

O Concurso Fotográfico Tema Libre foi presentado esta mañá no salón de plenos da Casa Consistorial e ao acto asistiu o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a presidenta do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, e o presidente da asociación, Manuel Blanco. O edil destacou a relevancia do certame, no que participan fotógrafos de diferentes puntos do país. Tamén agradeceu á entidade cultural a súa implicación coa vila. Noelia Mares afirmou que “a cultura tamén nos abre portas ao mundo” e felicitou a O Potiños pola súa traxectoria.

O presidente da entidade cultural, Manuel Blanco, agradeceu ao Concello e ao Centro Comercial Aberto a súa colaboración “para levar o nome do Carballiño por todo o país”. Asegurou que en pasadas edicións chegaron fotografías de moitos puntos, incluso de fóra de España. Coas 20 mellores imaxes que seleccione o xurado realizarase unha exposición.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS