
O concello carballiñés resolverá nos próximos dias o novo contrato anual para o servizo de limpeza viaria baixo un novo concepto "pasando dunhos recursos dunha vila a os de unha pequena cidade, que é hoxe O Carballiño", afirmou a concelleira de Servizo Públicos, Rosa Fuentes.
Desta maneira, o servizo pasará de 3 a 7 barrredores e pasará a contar con recursos técnicos e de maquinaria que darán un salto importante na calidade do servizo.
Son dúas as empresas que presentaron a súa oferta para facerse con este contrato, que pasa dos 150.000 euros aos 350.000 euros anuais, polos que se licitou o novo contrato.
Escoita aquí a entrevista a Rosa Fuentes:

Nun comunicado difundido tras presentar a documentación no rexistro municipal, manifestan que "a pesares de que pode que esteamos ante o maior escándalo na historia democrática do Concello do Carballiño ao quedar demostrado que algúns representantes públicos pretendían manipular o contrato dos 60 millóns de euros da auga, tanto o goberno PP-PSOE do Carballiño coma a Deputación de Ourense seguen sen dar unha soa explicación á cidadanía".
Recordan que "xa pasaron 6 días dende a denuncia de Espazo Común acreditando que hai técnicos nomeados polo alcalde do Carballiño a proposta do presidente da Deputación que teñen intereses compartidos cunha empresa que participa no concurso".
Espazo Común considera "dunha gravidade extrema que, a estas alturas, ninguén saíra a dar respostas aos veciños sobre o que semella unha trama organizada para teledirixir este proceso".
"Os membros do Grupo Municipal de Espazo Común vimos de rexistrar a documentación que acredita estes feitos para que se tomen as medidas oportunas con urxencia", subliñan. E advirten que "de non ser así, valoraremos outras alternativas. Entre elas, acudir aos xulgados".

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu na Deputación á presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Concepción Iglesias Pousa, acompañada polo vicepresidente e secretario do organismo, Carlos Basalo e Luis Manuel Vázquez, respectivamente.
Luis Menor puxo en valor o proxecto de dixitalización do rexistro vitivinícola na D.O Ribeiro, unha iniciativa que recibiu a axuda da Deputación e que resulta “estratéxica para o desenvolvemento da actividade nesta histórica zona”, dixo o presidente. Grazas a esta colaboración, o Consello Regulador pode obter información actualizada das máis de 7.000 parcelas que conforman a denominación de orixe.
Por outra banda, tratáronse accións de promoción realizadas ata agora en cooperación coa Deputación e que obtiveron, en palabras de Menor, “extraordinario éxito”.
A Deputación non só aposta por esta denominación de orixe, senón polo resto das existentes na provincia, tendo en conta que o sector do viño é, dixo Menor, “un área estratéxica” para o noso territorio.

O pleno de reorganización, primeiro que celebra a corporación do Irixo tras a moción de censura do pasado mes de xaneiro que destituíu a Susana Iglesias e proclamou como nova alcaldesa a Rosa Mª Dalama, puxo de manifesto unha nova maioría á hora das votacións dos puntos da órde do dia, e que é a que suman as dúas concelleiras do grupo de non adscritos, o grupo popular -catro concelleiros- e o concelleiro Juan Manuel Villanueva.
Asi, a corporación aprobou a modificación da periodicidade das sesións plenarias, que pasan a ter carácter trimestral no concello do Irixo.
Quedaron nomeados os representantes da corporación en distintos Órganos Colexiados, en concreto para Mancomunidade de Concellos do Carballiño, ademáis da alcaldesa foi elixido o concelleiro Juan Manuel Villanueva.
Finalmente, o punto relativo á composición dos grupos políticos suscitou controversia no que respecta ao grupo de Xuntos polo Irixo, que integran Susana Iglesias e Tamara Cibeira, pero que tamén reivindica pertenecer ao mesmo Juan Manuel Villanueva. Onde non hai dúbidas é nos outros dous grupos, o do Partido Popular, e o grupo das non adscritas integrado polas dúás concelleiras apartadas do grupo socialista, Rosa María Dalama e Dolores Fariñas.

As sentencias do Xulgado do Mercantil de Ourense declara un feito probado, que entre 2007 e 2013, o 93% das empresas fabricantes e distribuidoreas de marcas de automóbiles intercambiaron información comercialtmente sensible e estratéxica no mercado español da distribución e dos servizos de postventa de coches das marcas do chamado "Cártel de Coches".
De non haber existido este "Cártel", non se tería pagado un sobreprezo durante eses anos, tal como acreditou e sancionou a "Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia".
Agora, con estas primeiras sentencias na provincia, a Audiencia Provincial de Ourense fixa os criterios das futuras indemnizacíóns aos que reclamen polo sobrecoste que pagaron no comento da compra, polo que o prazo para as reclamacións expirará no ano 2026.
Escoita aquí a información e manifestacións do avogado Juan José Pérez Barreiro:
Estamos en Febreiro, tempo de sobra , antes de que chegue a voragine terracera, de poñer orden .
Numero de mesas, donde si, donde non, frenar abusos, que o peaton poida moverse, e os hosteleiro non pelear entre eles.
E decir o concello ten esa responsabilidade e tempo para facelo agora. Non vir no veran co "po ano,
Por certo e un tema, sunto con outros que se comentan aqui que seria ideal para a tertulia, existen mais cousas que ver quen goberna ou quen pelexa con quen .
Saludos
Pola rua Caravel non se deberia pasar con coches agas os que vivimos no barrio para aparcar, a empresa que colocou dito pavimento xa o deixou claro non esta feito para circulacion de vehiculos por eso rompen todas e os veciños non durmimos co ruido das pedras.E gastou o Concello mais 150.000 € en algo que xa da pena ver, o fin de semana o concello puxo unhas sinales de prohibido o paso pero todo coche que pasa ten a ben retirar.. Por que? Quen pon as normas?
hai que saber de que se fala... ou e que o de ser mentirosos e contaxioso no irixo... o viernes non se celebrou ningun xuizo, enterate ben e despois fala que de mentiras xa chegan ben as da alcaldesa ben destituida... menos mal q non se che deu por decir que tiñas tu tamen unha sentencia favorable... menuda tropa de mentirans e manipuladores da xente....

De gran relevancia poden considerarse os achádegos inéditos da que foi a primeira campaña de escavacións en Pena Corneira, no concello de Leiro.
En apenas dous meses de traballos arqueolóxicos, os mesmos desvelaron a existencia dun poboado tardorromano, outro do calcolítco, asi como a existencia dun castelo medieval da época da revolta irmandiña e no que apareceron muros, cerámicas, moedas, ármas, xoias, útiles domésticos e o estribo dun cabalo, entre outros achádegos, como un sarcófago con caixa de pedra cuberto con tégula da época romana.
Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal ao arqueólogo Jorge Lámas Bértolo, que dirixíu as escavavións:
Non calamos, simplemente somos respectuosos co proceso xudicial iniciado unilateralmente por dona Susana (non polo seu partido)
Un saúdo dende O Irixo aos veciños do Irixo
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- …
- seguinte ›
- última »