
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o presidente da Federación de Cineclubs de Galicia (Feciga), Manuel Precedo, mantiveron unha reunión na que acordaron renovar o convenio de colaboración entre as dúas entidades para continuar a garantir a proxección de películas durante todo o ano nas 13 localidades galegas, entre elas O Carballiño, da man do Cine-Club Carballiño que ofrece unha programación estable durante boa parte do ano, agás en verán.
Serán 30.000 euros os que se disporán desde a Xunta para que esta asociación sen ánimo de lucro, que traballa desde hai case que 40 anos a prol da cultura cinematográfica en xeral e con especial atención á defensa e apoio á produción galega, poida seguir ofrecendo ofrecendo o seu apoio a 13 entidades cineclubistas galegas, entre elas o Cine-Club Carballiño, que proxecta con carácter semanal a súa programación no auditorio do Carballiño, aínda que tamén organiza ciclos cinematográficos coincidindo cos datas concretas como o nadal, ou "Flores de Cine" durante o mes de xullo.

A casa da cultura do Carballiño acolleu o acto de presentación deste novo servizo de reparto de comida a domicilio, un acto que contou coa colaboración do Centyro Comercial Aberto do Carballiño. Roombo chega a Carballiño, os bares e restaurantes da localidade comezan a traballar coa súa aplicación de reparto a domicilio para pequenas cidades. Moitos dos locales xa decidiron sumarse a esta aplicación que ofrecerá servizo nun rango de 7 kilómetros dende o restaurante.
A súa aplicación é de uso fácil e intuitivo, onde inclúe os pratos dos conciñeiros dos restaurante de confianza de cada cliente. A app está pensada para un uso de acotío e está dispoñible para iOs e Android. No primeiro pedido, Roombo ofrece un desconto do 15% no primeiro pedido co código "carballiño" e, ademais, dende as redes sociais de @roombogalicia lanzan promocións semanais para os seguidores. Esta empresa naceu en plena pandemia no 2020, pensando nas necesidades dos pequenos establecementos das cidades e vilas de menor poboación.
O seu modelo de negocio está "comprometido co comercio local e os seus hostaleiros" e demostrou neste tempo a súa eficacia á hora de contribuír no aumento da facturación. Na filosofía de Roombo está "defender o ámbito local, apostando polas pequenas empresas e o fomento do traballo digno". Dende este compromiso, a empresa defende as condicións laborais dos seus repartidores, así coma as do resto de empregados da organización.
O seu compromiso pasa tamén polos proveedores, os bares e restaurantes, cos que negocian porcentaxes moito menores aos da competencia. As grandes franquicias traballan con beneficios que superan o 40% do prezo do pedido, mentres que Roombo manteno nun 18%. Estes datos supoñen un atrativo para empresarios da hostalaría, que se posicionan a favor da implementación deste modelo que xera riqueza nas comunidades grazas á redución dos "marxes abusivos".

Nas fotografias, unha mostra do estado no que se encontra o barrio de Flores. Sobran as palabras.
Por se é de utilidade,
Hoxe, xoves 26 de xaneiro as 17:30 acabo de pedir cita para o dentista no ambulatorio do Carballiño sen ningún tipo de problema.
Saúdo.

O concello do Carballiño -a través as concellerías de cultura e turismo- destinará este ano preto de 40.000 euros para as actividades do entroido e a Festa da Cachucha, que se desenvolverán entre os dias 14 ao 26 de febreiro. Os titulares de ambas concellerías, respectivamente, Diego Fernández e Manolo Dacal deron a coñecer a programación festiva que terémos no Carballiño.
Martes, 14
AUDICIÓN DO CMUS e ESMU DO CARBALLIÑO ás 20.00 h no Auditorio Manuel María
Venres, 17: CHARANGA CLK a partir das 20 horas S
Sábado, 18 ENTROIDO INFANTIL. De 11:30 á 13:30 h Obradoiro infantil de máscaras e complementos de entroido A partir das 16:30 Festa-Concurso infantil de disfraces . Animación DJ MELO . A partir das 19.00 h: - Batucada PERCUCAR. A partir das 21.00 h: - Doctor Anchoa
Domingo, 19. De 11:30 a 14 h Animación do Grupo TOKAIDE. A partir das 19:00 h na Praza Maior: - OS LIBORIANOS - Coplas de Entroido 2023
Luns 20. De 20 a 23 h polas rúas da Vila: FANFARRIA FARRUXA. De 23.00 h a 01.00 h: - GIN TONI´S
Martes, 21: GRAN DESFILE-CONCURSO DE COMPARSAS E CHARANGAS. A partir das 19:00 h Actuación da ORQUESTRA ALKAR
Mércores, 22. ENTERRO DA SARDIÑA. A partir das 19:30 Representación do ENTERRO por ASPADISI – “QATARLLIÑO” Animación CHARANGA CASTRO BELLO e CHOCOLATADA
Domingo, 26 XXVIII FESTA DA CACHUCHA
Ás 11:30 h DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS - Comparsas de Amoeiro - Arrieiros de Petín - Folión de Fradelo - Folión de Tameirón - Asoc. Cult Son da Pedra Meiga Ás 14 h XANTAR DA CACHUCHA - Charanga Feitizo de Pau - Charanga Doctor Anchoa - Charanga Europa - Charanga CLK - Charanga Castro Bello As 17:30 h GRAN DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS - Comparsa Os da Caña - Comparsas de Amoeiro - Folión Arrieiros de Petín - Folión de Fradelo - Folión de Tameirón - Comparsa Os Solfamidas - Asoc. Cult Son da Pedra Meiga - Comparsas gañadoras do Martes de Entroido. Ás 19.30 GRAN BAILE na Praza Maior ORQUESTRA GRAN PARADA
Dende fai unha semana hai algún tipo de incidencia técnica que impide pedir cita a través de internet, ben sexa na url do sergas ou a través da app sergas móbi, obrigándote a ir presencialmente ao centro de saúde a pedila. Estaría ben que o solucionasen o antes posible.

Lamentan os socialistas que "mentres os pobos do Irixo esmorecen coa falta de servizos básicos o alcalde do Irixo salte de festa en festa como o xogo da oca e cada día festexa porque lle toca".
Manifestan que "o alcalde do Irixo se especializase en festas e propaganda que nada aportan a calidade de vida da veciñanza e dos pobos do Irixo pero si gastos que poderían ser destinados a outras actuacións, sobre todo a cubrir a falla de servizos básicos nos pobos".
O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia ademáis "a falta de transparencia do goberno municipal non dando acceso os expedientes e as facturas do concello dende fai mais de 5 meses".
Mentres o alcalde anda de festa en festa nega o acceso para que os socialistas coñezan como se gastou ou despilfarrou o diñeiro público do concello.
O grupo socialista afirma que non ten acceso a os xustificantes efacturas da conta xeral do ano 2021. A Compra/venta de castañas e comercialización, fabricación de fariña, a Feira do Tellado” e “Festa do Cabalo” 2022. Tampouco da “Marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”, asi como da programación e concertos, actuacións e actividades verán 2022. Asemade, demandan información da contratación de persoal do concello e do obradoiro de emprego.
Finalmente, conclúen, que todo elo é "unha mostra máis do desgoberno, do despilfarro e a mala xestión deste alcalde e o seu grupo de goberno".

Abanca e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR12) Carballiño-Ribeiro veñen de asinar un acordo de colaboración que busca responder ás necesidades do tecido produtivo da comarca e da creación de emprego, ao tempo que sitúan a sostibilidade no foco principal. O convenio foi rubricado en Leiro polo director de zona de Abanca en Ourense oeste, Carlos Alberto Díez Campo, e o presidente do GDR Carballiño-Ribeiro, Francisco José Fernández Pérez.
O convenio súmase ás recentes ofertas e convenios financeiros que Abanca suscribe practicamente a diario con colexios profesionais, empresas, asociacións e outras entidades presentes nos territorios nos que o banco ten presencia. Un dos obxectivos fundamentais deste acordo é a reactivación económica da comarca a través do impulso de novos proxectos e da mellora da competitividade e sostibilidade medioambiental dos actuais a través do crédito.
Con isto, os adheridos ao GDR poderán acceder a condicións vantaxosas na contratación de produtos e servizos como as pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións e avais. Así mesmo, o texto detalla unha oferta con créditos e préstamos específicos para o sector agrogandeiro, liñas de comercio exterior, desconto comercial e confirming. Os membros do GDR tamén terán acceso ás vantaxes do Programa Servizos Abanca, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.
Así mesmo, o banco ofrece xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica para os interesados. A maiores, desde as oficinas facilitarase información relativa ás opcións de financiamento mediante os convenios oficiais que o banco ten subscritos con diversos organismos públicos.

A Xunta outorgoulle 655.000 euros a Aspadisi, asociación de pais de discapacitados psíquicos da comarca do Carballiño, para a creación dunha residencia de atención á discapacidade. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Administración autonómica en Ourense, Gabriel Alén, visitou as instalacións desta asociación, no Carballiño
Aspadisi é unha das dez entidades de Galicia que se beneficiará da nova orde de axudas para a construción ou remodelación de centros para a atención a persoas maiores e con discapacidade de titularidade social, dotada de 13 millóns de euros. Con este apoio económico por parte do Goberno galego, Aspadisi creará un novo centro residencial con 24 prazas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- …
- seguinte ›
- última »