Ante as queixas recibidas no día de hoxe, por veciñ@s, o que considerábamos unha excelente noticia, polo motivo de que se adxudicaba a praza vacante no noso Centro de Saude en días pasados por parte do Sergas, resultou ser un espexismo, xa que nos quedamos durante toda esta semana sin unha das duas medicas, ata o Luns, con conseguintes agravios para os pacientes e sobre todo, que somos unha poboación, moi envellecida e son necesarias as duas medicas tanto pola veciñanza, como polo xeriatico e o Centro de dia, e si a única doutora, se ten que ausentar para acudir a unha urxencia domiciliaria, que pasaría, pois que o Centro de Saude se quedaría sin atención medica, por eso que volvemos as andadas e que padecíamos anteriormente, de que se cubrirá a vacante, por este motivo o queremos facer publica esta atropelia na nosa sanidade publica, que parece non preocupar os nosos gobernantes municipais.
Nos comentaba unha veciña, que ela necesitaba ser atendida por a sua medica, nesta semana, por ser unha paciente de risco, e resulta que lle dan vez para o próximo luns 17 para ser atendida, polo que se ve perxudicada e ten que acudir a urxencias e desplazarse a outra localidade, polo que esto e un sen sentido, “a quen trata de engañar o Sergas” con este tipo de actuaciones.
Por iso desde o Grupo Socialista de Leiro lle queremos decir alto e claro “que ca saude dos veciñ@s e a ciudadanía en xeral, non se xoga” por eso facemos esta denuncia pubrica.
Asdo: Manuel Rodríguez, portavoz do PSdeG-PSOE no concello de Leiro.

Tras tres días de ponencias, debates, coloquios, proxeccións audiovisuais e visitas culturais, clausururábe na Adega Pazo Tizón de Moldes o XII Congreso do Centro de Estudios Chamoso Lamas, que se caracterizou polo elevado interese e nivel das investigacións presentadas, a diversidade temática e, sobre todo, pola alta participación, cunha media de asistencia de cincuenta persoas, chegando nalgunha xornada ao global dun centenar de asistentes.
O profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago, o carballiñés David Chao Castro pronunciou a conferencia de clausura, na que puxo de manifesto a necesidade de preservar aqueles elementos de interese arquitectónico e paisaxístico máis emblemáticos da vila do Carballiño.
Ao termo da exposición, e coa presencia dos alcaldes do Carballiño e Maside, así como da alcaldesa de Boborás, realizouse un breve balance deste encontro bianual multidisciplinar, destacando as aportacións das conferencias e comunicacións ao coñecemento e divulgación do patrimonio cultural e medioambiental das terras do Carballiño e do Ribeiro, que se considera de alto valor, e que serán publicadas o próximo ano nunha edición dedicada a este congreso da revista Argentarium, que promove o Centro de Estudios Chamoso Lamas.

O PSdeG-PSOE de Punxín denuncia que o grupo de goberno do Partido Popular oponse a unha iniciativa socialista na que lle solicitan ao Concello que inste á Xunta de Galicia a continuar coas labores de escavación no castro de Lás, a deixar de desmantelar os servizos que se viñan prestando e a realizar un mantemento adecuado do lugar. As concelleiras socialistas censuran a postura do alcalde, Manuel Vázquez Fernández, e do seu equipo de goberno e acúsanos de “mirar para outro lado”, namentres se descoida o patrimonio e se suprimen servizos básicos no municipio.
O Grupo Municipal Socialista levou ao último pleno da corporación municipal dúas iniciativas que tiñan por obxectivo “impulsar a mellora do municipio, ofrecendo unha mellor calidade de vida á veciñanza e traballar no coidado do patrimonio e dos recursos turísticos de Punxín”. O PP votou en contra de ambas propostas “amosando, unha vez máis, a falla de interese por Punxín, polos seus recursos e pola súa veciñanza”, afirman as concelleiras socialistas.
No relativo a moción na que o PSdeG-PSOE de Punxín pedía a continuación das escavacións no castro de Lás, a voceira socialistas, Lorena Peleteiro Vázquez, subliña que “nos últimos tempos, a Xunta de Galicia vén desmantelando os servizos que se viñan prestando no castro de Lás”. Unha situación, que en palabras da voceira socialista, “súmase ao total abandono por parte do goberno galego destas instalacións”, circunstancia que segundo Peleteiro “agrávase co silencio cómplice dos gobernos municipais de Punxín e San Amaro, que continúan calados e sen reclamar, o que é un dereito da nosa veciñanza e un deber da administración autonómica, como é realizar investimentos para o coidado, mellora e mantemento do noso patrimonio”.
Peleteiro Vázquez afirma que “non entendemos que tendo un dos castros máis grandes do noso país, cunha extensión aproximada de 10 hectáreas, e que debería ser un referente turístico da comarca, atopémonos co abandono e co desleixo e a oposición do goberno municipal”. A voceira socialista fai fincapé en que o PP “oponse a traballar para converter Las nun referente turístico e para rematar co desmantelamento e o abandono que está a sufrir nos últimos anos”.
Dende o PSOE de Punxín amosan a súa “decepción e tristeza” pola oposición do goberno municipal a esta iniciativa, e máis cando este ano, “cúmprense 100 anos do comezo das primeiras escavacións, dirixidas por aquel entón por Florentino López Cuevillas”. As e os socialistas tamén lembran que a día de hoxe “só se escavou un 15% do total da superficie do Castro”, motivo polo que consideran “moi importante” que se prosiga con estes traballos.
O PP tamén se opuxo a outra iniciativa socialista na que instaban ao Concello a realizar un plan de legalización e acondicionamento das diferentes fosas sépticas do municipio. As socialistas explican que no municipio “existen unha serie de fosas sépticas que se atopan en situación irregular, sen legalizar e con vertidos que van a diferentes ríos, regatos e terreos colindantes”. Neste senso, tamén destacan que o Concello de Punxín “carece dun plan de baleirado das mesmas, o que causa que non se realice a limpeza e o mantemento das mesmas, ata que están rebordando e a veciñanza alerta da situación”.

A Deputación de Ourense prestará soporte aos autónomos ourensáns para a implantación dunha ferramenta dixital gratuíta -Serviautónomo- que facilita o contacto con clientes en toda España e ofrece un amplo abano de servizos para a xestión diaria dos seus negocios. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, comprometeu o apoio da Deputación a esta iniciativa durante o encontro que mantivo no Pazo Provincial coa directiva da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos (AEPA) de Ourense, representada polo seu presidente, David Martínez, e o tesoureiro, Julio Vila, ambos acompañados polo director da firma responsable da aplicación, Ricardo Herrera.
Manuel Baltar aplaudiu un proxecto que "ofrecerá atención personalizada aos 23.000 autónomos da provincia, un sector empresarial e de emprendemento de gran importancia no noso territorio como así o reflicten os datos do Observatorio Económico Ourensán, e como tamén se puxo de manifesto durante un momento tan difícil como foi a pandemia".
O presidente do goberno provincial afirmou que hoxe, máis que nunca debido á situación económica e aos elevados custos de produción, "a Deputación ten que estar aí apoiando e colaborando cos autónomos na posta en marcha dunha nova ferramenta dixital que facilita a interconexión, o contacto cos clientes, a xestión económica e información permanentemente actualizada". Nesta liña, Manuel Baltar resaltou a "estreita colaboración" do goberno provincial con este colectivo, con fitos como a implantación de axudas directas para aliviar o primeiro impacto da crise derivada da pandemia.
Un soporte con perspectiva provincial para toda España
Para difundir esta nova ferramenta, o obxectivo é realizar accións formativas por toda a provincia de Ourense, favorecendo a capilaridade dun instrumento que busca acercar os servizos dos autónomos ourensáns a clientes de toda España.
Como presidente de AEPA Ourense, David Martínez agradeceu a cooperación da Deputación nun proxecto "que nos vai axudar moito, pois somos un dos colectivos máis afectados pola crise que atravesamos". Esta aplicación, dixo, "facilitará en todo momento o acceso aos servizos de calquera profesional, transformándose nun medio de gran utilidade para situar aos autónomos da provincia en calquera punto de España". Martínez resaltou a posta en marcha "no berce dun dos primeiros autónomos da historia: O afiador".
Serviautónomo cubre tres aspectos fundamentais no traballo dun autónomo, explicou Ricardo Herrera: a presenza en Internet; a creación dun rede de contactos con clientes; e a xestión diaria do seu negocio. A plataforma conecta dun xeito rápido e sinxelo ás persoas que buscan un determinado produto ou servizo cos profesionais máis próximos que lles poden axudar. Ademais de dispoñer dun espazo web propio para promocionar os seus produtos ou servizos en internet, o autónomo tamén pode xestionar desde o seu móbil a axenda de traballo, elaborar facturas, controlar operacións ou acceder a información sobre axudas ou normativas.
Fai uns días celebrouse o día mundial contra a meninxite e no Carballiño puidose ver o monumento da plaza do Emigrante e o concello iluminado de verde. Persoalmente non me gustan ese tipo de celebracións pero o respeto, xa que considero que tódolos días debe ser o día da Nai ou Pai, contra o cancro, contra os maltratos... Non me gustan porque a maior parte destas conmemoracións van carentes de actividade alguna ven sexa educativa ou cultural, tanto custa facer unha charla na casa da cultura ou donde sexa para informar e concienzar e dar notoriedade a conmemoración. Prender unhas luces de cores non é mais ca postureo político, a saber canta xente viu a cor verde no concello ou na praza do Emigrante este mércores e pensou que era para celebrar a victoria do CD Arenteiro na copa. Esa é a triste realidade!
Por certo, xa que estamos a celebrar os días internacionais. Onte que foi 8 de Outubro, conmemorábase o día internacional do pulpo. Ningunha soa mención por parte do concello en medio algún. Cero actividades. Presumimos de ser a capital do pulpo a feira, da tapa xigante, de festa de interés internacional, gastamos 40000 euros no mini-monumento do pulpo na Casa Azul e nos esquecemos de conmemorar o día. Tampouco creo que sorprenda a ningúen, se somos capaces de esquecernos do festivo local do patrono a hora de facer o calendario laboral que podemos agardar.
Tamén quero deixar claro que os partidos da oposición tampouco se enteran de nada, ningún partido político nas suas redes ou por outro medio se fixeron eco do día. Ägora que pasou o día, pasou a oportunidade.

Es vergonzoso que desde una red social de una institución como es el ayuntamiento de O Irixo se promociona a la familia Baltar y al Pp. Desde luego se ve la poca profesionalidad, pluralidad y objetividad que hay desde los trabajadores del ayuntamiento, cuando esta red social no representa la pluralidad de las diferentes ideologías que tienen todos los vecinos sino que representen un único objetivo partidista del señor alcalde. Las redes sociales del ayuntamiento representan a los vecinos señor alcalde, y por cierto algunos llevamos una semana esperando a que nos entregue los presupuestos.
Helena Iglesias Rodriguez - Vecina de O Irixo
Neste intre que escribo, lémbrome dun comentario público que fixo un máis que coñecido político local no seu día; cando dixo presumindo do Carballiño dixo que se podía sair de España dende o Carballiño sen sair dunha Autovia. Que gran titular electoralista; si será certo como tamén o é que non se pode ir traballar ou estudar a Ouresne sen ir no teu propio coche.
O do transporte no Carballiño non se entende, a mín que non me falen de porcentaxes (como si falan que aumentou un 100%, se antes o empregan 2 persoas agora son 4), que me falen de números de usuarios que empregan os escasos servizos que hai. Suscribo todos os comentarios anteriores, non se entende que un estudante en Ourense a 30km da casa non teña para e ir e volver de estudar nun centro educativo en Ourense e teña que buscarse a vida para quedar na capital, cos gastos que iso poida supor. Tampouco se entende que ca cantidade de traballadores públicos que traballan en Ourense nas distintas administracións da Xunta, dos distintos Ministerios ou enfermeiros/as no hospital... non haxa uns horarios do servizo público de transportes que permita deixar o coche na estación de FF.CC. e desplazarse a Ourense ben en coche ou en tren. As políticas debense facer para a xente de a pé e a vida real.
O triste e vergoñento resumo desta situación é que é máis doado ir a Madrid e volver no mesmo día a ver un partido de fútbol, obra teatro.... ca ir estudar ou traballar a Ourense. E por riba inda nos venden a noticia de que agora tamén se pode ir en AVE a Alicante dende Ourense: hai 20 anos xa se podía ir en Tren Talgo dende O Carballiño a Alicante os sábados, claramente non a velocidade de agora, pero podíase ir.
Falamos de ecoloxía, sustentabilidade, eficiencia, pero non facemos nada para promover o uso dos transportes públicos adaptando os horarios a vida cotiá da xente.
En fin, que todo seguirá igual, nin vexo a oposición con ideas sinxelas e sensatas para gañar a confianza de votantes, nin o grupo de goberno facendo medrar e mellorar o pobo.
Así iremos a pior en todo. Despois so queda a resignación.

Din que as estadísticas son como os prisioneiros, se as torturas o suficiente cantan o que ti queiras. E todo o mundo cando lle vemos os c****** sabemos que era macho. Pola outra banda, as opinións son como os pandeiros, cada un ten o seu.
Pero o que nunca enganan son os números.
Temos un feito irrefutable que nos sinalan os números. A maioría absoluta de Fumega.
E na tertulia da Cope existe un corpo doctrinal dominante que sinala que a causa é a aparición en escena de Espazo Común. Permítanme discrepar enérxicamente e con números e feitos obxectivos.
Como podemos ver, a equipa de Fumega obtén 404 votos máis dos que tiña nas anteriores eleccións, e OLLO AVIZOR!!! O PP perde 853 votos, e o BNG 455. Estes son os catro partidos que obteñen representación, porque as mareas desaparecen do maa. O PP desplómase e perde un tercio do seu electorado. O BNG perde máis da metade do seu electorado, E Espazo Común pasa de cero a 1500.
Se outorgáramos certa credibilidade á teoría da irrupción de Espazo Común, teríamos que convir que é o que máis se beneficia da debacle tanto do PP como do BNG, como das mareas, e a pesar deso, Fumega con solo 404 votos máis obtén unha maioría absoluta, o que constitue unha paradoxa coa teoría da polaridade do voto, e a maioría absoluta de Fumega.
O único feito empírico que explica a maioría absoluta de Fumega é a sangría de voto de PP, BNG, e a desaparición do mapa das mareas. E ninguén será capaz de convencerme que a maioría dese voto foi para Espazo Común, que é o que máis crece pasando de 0 a 1500 frente a unha menor suba da equipa de Fumega.
Polo tanto o que habería que buscar, son as causas da sangría do voto tanto do PP, como do BNG, como das mareas. Entendo que tanto Lamazares como Manuel, busquen a teoría menos dolorosa, e Barge, ante un resultado que lle gusta busca explicación máis minimalista (o que é lexítimo e comprensible).
A partir de aquí, vai a miña opinión das causas da sangría. O PP comparece cun candidato novo que sae dun proceso de selección dubidoso, pouco transparente e con excesiva tutela do anterior candidato. E o novo, aínda que é un profesional de gran valía, e un perfecto tecnócrata, non é capaz de transmitir ilusión (de momento). O BNG, concurre tamén con outra excelente candidata, pero nova. E aquí vou rizar o rizo e entrar nunha contradición. E o gran fallo das mareas, é non haber concurrido con Manuel Nogueira. Opinión, pura opinión. Pero os números din que Fumega obtén a maioría absoluta polo desplome de PP, BNG e as mareas.

Fin de semana con destacados acontecementos festivos na comarca do Carballiño, esta segunda do mes de outubro, que se presenta con tempo e temperaturas típicamente do outono, e cun aumento das nubes cara o domingo.
A veciñanza da Pereda, no concello de San Cristovo de Cea, recupera na noite deste venres 7 de outubro a tradición da ruta das adegas, con invitación a viño, licores e pinchos, que ofrecen de balde e coa animación musical do grupo de acordeóns "Lereto". O Sábado 8 en Pereda haberá festa e verbena no grupo Master e as 23:30 h. a actuación estelar da cantante galega Pili Pampín. O domingo 9 celebraráse ás 13:00 h. a misa solemne na honra á Virxen do Rosario, á que seguirá unha sesión vermút amenizada cun grupo musical.
O domingo 9, a paraxe natural do Puzo do Lago acolle a XXXII Festa do Cabalo do Concello de Maside. Pola mañá, dende as 10:00 horas haberá ruta cabalar, e tamén competicións de andadura chapeada e trote montado. Xa pola tarde, celebraránse os concursos de andadura serrada, trote enganchado, galope e burros.
E tamén, o domingo 9, no campo da festa do Arenteiro terá lugar a V Festa dos Callos do Concello de Piñor, cun xantar por 15 euros para un menú con empanada, xamón, callos, postres, bebida e café. Un grupo musical animará o evento, que contará ademáis cunha concentración de motos clásicas e hinchables gratuítos para o público infantil.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- …
- seguinte ›
- última »