
Asi o anunciou en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega. A Xunta concentrará todos os servizos autonómicos que presta no Carballiño no chamado Centro Comarcal, na zona do Cornubal, a carón da estrada N-541.
O edificio, que data dos anos 90 do século pasado e que fora concebido como sede da desaparecida Fundación Comarcal, concentrará a partir de 2023 todos os servizos que a Xunta presta no Carballiño, algunhos de nova creación, como será o futuro Polo de Emprendemento impulsando pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, un proxecto incluído nos orzamentos autonómicos de 2023. Trátase dun novo modelo impulsando pola Xunta que pretende contribuír ao dinamismo laboral e ofrecendo, entre outros, servizos de información e asesoramento para o emprendemento, de forma personalizada e adaptada ao territorio comarcal, espazos fisicos para o traballo temporal, captación de inversións e financiación, e outros recursos para a modernización do ecosistema emprendedor.
A este edificio, de titularidade autonómica, xa se trasladou fai unhos anos a Oficina Agraria Comarcal. Unha vez executadas as obras de adecuación e reforma que a Xunta levará a cabo, tamén se procederá ao traslado da Oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego, na actualidade na rúa Otero Pedraio.
O alcalde Fumega tamén anunciou en COPE O Carballiño que o concello vai levar a cabo un proxecto para a mellora da comunicación do Carballiño con esa zona do Cornubal, as piscinas e o pabillón de deportes, que consistirá na construcción de beirarrúas e unha zona de acceso peonil, para mellorar o tránsito peonil e a seguridade en toda esa zona.

O Concello do Carballiño e o Servizo Galego de Saúde, Sergas, asinaron hai unhas semanas un protocolo inicial de colaboración para facer realidade o proxecto do que será o novo Centro de Saúde do Carballiño. O acto desenvolveuse o día 2 de agosto no edificio da Estación de Autobuses, espazo que será destinado a acoller o futuro centro sanitario de referencia para a vila e a comarca.
Para poder materializar a actuación e desenvolver o proxecto faise necesario, segundo se lle trasladou dende o Sergas ao Concello, que se introduzan unha serie de modificacións no PXOM. As mesmas teñen que ver coa modificación da protección da parcela onde se atopa o servizo, facéndose necesario mudar o cambio de uso, pasando do referido ao transporte (cualificación que ten na actualidade) a ser de uso sanitario.
Ademais, tamén se incluirá na proposta puntual sobre o PXOM que será levada a pleno a modificación referida ao volume de edificabilidade. Un aspecto que se fai necesario para que o Sergas poda desenvolver o proxecto que se quere construír no Carballiño. Coa actual normativa urbanística non se poderían crear o número de plantas, tres, que se fai necesario para poder acoller os servizos e instalacións que está previsto crear no Carballiño.
O novo Centro de Saúde do Carballiño contempla ocupar os máis de 4.000 metros cadrados da parcela para acoller as dotacións do novo centro e contar con máis espazo ao dispoñer dun maior volume de edificabilidade. As actuais dársenas serán transformadas para instalar alí os servizos que necesitan un acceso mediante ambulancias ou transporte sanitario e destinarase parte da mesma a crear un aparcamento. A consultas repartiranse polas tres plantas do futuro edificio. As previsións do Sergas pasan por contar co proxecto ao longo do que resta de ano e sacalo logo a licitación.

O Concello do Carballiño acometerá o proxecto de acondicionamento e mellora da pista que comunica os pobos de Godás e Longoseiros. O trazado que vai dende a N-541, en Godás, ata a estrada de Astureses por Longoseiros. Á obra destinarase un investimento de 127.136 euros. O prazo de execución dos traballos será de dous meses.
O proxecto "Asfaltado da pista Godás-Longoseiros" foi redactado polo arquitecto municipal, Sergio Mascareñas Nogueiras, e a zona de actuación comprende tres tramos ben diferenciados. A intervención principal será o asfaltado da pista que une Godás coa estrada de Astureses, un trazado de 1.753 metros.
Tamén se procederá a acometer a mellora da pista de Godás da Cima, que vai dende o vial principal á N-541 (con saída na zona da Isis Pharia, fronte á que vai da N-541 á fábrica do papel da Lavandeira). Neste caso actuarase sobre un trazado de 600 metros. A terceira zona que se mellorará con cargo a este proxecto é un vial do propio pobo de Longoseiros, de 174 metros.
En conxunto, sumando as tres zonas de actuación incluídas, o proxecto "Asfaltado da pista Godás-Longoseiros" contempla a mellora de 2.527 metros. É dicir, máis de 2,5 quilómetros.

A empresa carballiñesa "Frigoríficos Arcos" e a súa marca de polbo cocido envasado ao baleiro "A Pulpeira" están presentes na SIAL 2022, a maior feira de alimentación do mundo, que estáse a celebrar na capital francesa. A empresa ubicada no parque empressarial do Carballiño forma parte do continxente galego que está presente en París no stand da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
SIAL constitúe o mercado global da industria da alimentación cunha oferta completa e representativa de todos os axentes do sector e de todos os alimentos e bebidas, procedentes do mundo enteiro, trátase da cita mundial máis importante do sector alimenticio, concentra en París a mellor oferta agroalimentaria.
A feira representa 19 sectores de produtos e recibe máis de 140.000 visitantes e 5.500 expositores, celébrase cada dous anos, unha mostra mundial agroalimentaria que presenta unha oferta exhaustiva e multisectorial no centro de exposicións Paris-Nord Villepinte.

Recuperada a normalidade logo de superada a pandemia, volve o programa O Carballiño Cardiosaudable. Unha actividade que se desenvolverá durante toda a semana, do 17 ao 22 de outubro, e que está organizada polo personal do Centro de Saúde, colaborando con eles o Concello do Carballiño. As sesións celebraranse no segundo andar da Casa do Concello (no salón de xuntas).
Durante toda a semana haberá encontros de grande interese que achegarán información, prácticas, hábitos e outros coñecementos para levar unha vida máis cardiosaudable. Tamén se resolverán todas aquelas dúbidas que as persoas asistentes desexen plantexar.
Tras a pimeira xornada celebrada na matinal deste lúns e no que se incidíu na "importancia de dar vida as anos con hábitos de vida saudables, o programa continúa o martes dia 18 ás 10.30 horas no salón de xuntas do Concello do Carballiño. O tema proposto é . Contarase coa presenza dos enfermeiros Pablo Taboada Pampín, Leticia Carral Otero e Vanesa Núñez Gil (dos centros de saúde do Carballiño e Valle Inclán e A Cuña –de Ourense-) e a médica Cristina Álvarez Gordo.
A farmacéutica Montserrat Fernández Montenegro será a encargada de coordinar a sesión do mércores 19. Comezará ás 11.30 horas e centrarase nas .
O coñecemento e coidado do solo pelviano por parte das mulleres centrará o encontro do xoves, día 20. A sesión comezará ás 11.00 horas e será conducida polas matronas Laura Vila Ferreiro e Isabel de la Torre Sas, dos centros de O Carballiño e Ribadavia.
A do venres 21 será unha xornada cunha ampla oferta de asuntos de interese. Marta Fernández del Río (do Centro de Saúde da Valenzá) impartirá a conferencia . A cita está programada para as 10.30 horas. Sobre , falarán Sabela Losada Diéguez e Melania Fraga Deus ás 12.30 horas. Pola tarde, 17.00 horas, chegará a quenda dos máis novos. Verónica Civeira, Beatriz Blanco e Melania Fraga falarán sobre .
A terceira edición do Carballiño Cardiosaudable pecharase o sábado cunha sesión en clave de xogo, un obradoiro para toda a familia dirixido a aprender en materia de primeiros auxilios. O obradoiro comezará ás 11.00 horas.
A entrada aos obradoiros é libre, aínda que PARA O OBRADOIRO DO SÁBADO É NECESARIO ANOTARSE. Pode formalizarse a inscrición nas consultas de Pediatría (Vanesa) ou na consulta 006 (Melania) do Centro de Saúde do Carballiño. Tamén se pode realizar por internet, a través do enderezo electrónico heroes@pupas.org.

Quería enviar esta denuncia dado a que na zona de o Baron de Seoane donde está a antiga fábrica EMBEN de estructuras de hormigón para pontes pasa unha carretera a sua beira e o lado dereito da coas suas intalacions e ali casi todos os dias ven alguen da propiedade a mirala ou facerlle algún mantemento pero aunque xa os avisei seguen na misma e con isto quero decir que cando pasamos cos coches para casa pegannos as silvas nos coches porque non limpan nada e chegan ata o medio do camiño e do outro lado pola parte do concello parece que esa carretera non existise porque tampouco a desbrozan case nunca e cando asfaltaron pola zona de seoane asfaltaronlles todas as carreteras e esta que estou a falar nada e eso que e a que mais usamos os do pobo, tamen aproveito a decir que no fondo de esa carretera que hay que ceder os que veñen de donde o Ojea hai un espello polo cal non se ve nada xa que esta moi vello o cristal e e imposible ver algo.

Na carteleira cinematográfica da fin de semana temos 4 películas, a do Cine-Club Carballiño "Teneis que venir a verla" de Jonás Trueba este venres 14 no auditorio do Carballiño, en pases ás 20:00 e 22:30 horas. E 3 películas para estes dias no Novocine de Leiro: "Tadeo-ons 3 La Tabla Esmeraralda" ás 16:00 horas, "No te preocupes querida" ás 18:15 horas e "Los renglones torcidos de Dios" ás 20:30 horas.
O sábado temos teatro dentro da programación da mostra de teatro afeccionado que organiza Tiruleque, ás 20:00 horas no auditorio coa actuación da compañía valdeorresa "Gargallada" e o seu espectáculo "Un desastre de función", teatro de comedia.
Dende as 9:30 horas do sábado e durante once horas, cun pequeno receso para o xantar, o pavillón Paco Chao acolle a 3ª Fase de Niveis do 1 ao 3, unha competición de patinaxe artística da Federación Galega que organiza o club carballiñés Aehde, e que reunirá no Carballiño a 180 patinadoras dun total de 26 clubes das provincias de Pontevedra e Ourense.
O sábado, dende as 20:30 horas, no Templo da Veracruz, o festival musical "Outros países, outras músicas" coas actuacións dos anfitrións e organizadores do Coro de Cámara de Müsica Viva do Carballiño, e como agrupación invitadas a Coral de Agolada, e a Coral "Estelas do Mar" de Mugardos.
Para a matinal do domingo temos o "Dia da Bici" do Carballiño, can saída dende a Praza da Veracruz ás 11:30 horas, cun percorrido de 8 quilómetros polo Carballiño e arredores, a gran festa familiar da bicicleta organizada pola concellería de deportes, e que repartirá premios e agasallos entre os participantes.
Ademáis, a Asociación Fotográfica O Potiños, co apoio do Concello, converte ao Carballiño na capital da fotografía de Galicia durante este outono. Desta volta o festival anual da fotografía galega incorporou como espazo expositivo un céntrico local da Rúa Principal para amosar as súas exposicións. Trátase do baixo situado no número 6 (onde antigamente estaba a tenda deportiva Hobby Sport (abrirase ao público durante a fin de semana).
Na actualidade o Arenteiro Fotográfico 2022 ten abertas ao público as seguintes mostras: -Asociación Fotográfica O Potiños. . Casa do Concello. -IES Chamoso Lamas. . Rúa Principal, Edificio Ramón García. -Asociación F. O Potiños..Antigo Hobbit Sport. -Teté D. Estate.
Antigo Hobbit Sport. -José Miguel Martín Ordoño. . Antigo Hobbit Sport. -A. F. O Potiños. . Antigo Hobbit Sport. -Beatriz Cabanelas. . Antigo Hobbit Sport. -Marcelo Caballero. <4 movimientos>. Antigo Hobbit Sport.
As mostras do Antigo Hobby Sport estarán abertas ao público durante a fin de semana, cos seguintes horarios: -Venres e sábado. De 18.30 a 21.00 horas. -Domingos: De 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 21.00 horas. O Arenteiro Fotográfico renovará a súa oferta expositiva no mes de novembro.
De los creadores de "E imposible emprender no Carballiño" ahora llega "En Carballiño la gente no quiere trabajar". Todo a raíz del letrero colgado por un famoso local de hostelería de la rúa Curros Enríquez que rezaba: "Cerrado por falta de personal. Que vergonza". Muchos criticar a los empresarios pero luego la gente no se quiere bajar del pedestal en el que están subidos. Entre cosas como ésta y la huelga del siderometal donde los sindicatos piden subidas abusivas de sueldo en muy poco tiempo que ya ha hecho perder casi 1 millón de euros a una famosa empresa del polígono carballiñes. Pronto en Carballiño no va a quedar ni un trabajador. Seremos un erial. Todos quieren cobrar millonadas.
Noraboa por constituir unha mancomunidade co Carballiño, para a captacion da agua. Nos poñemos o 85% do investimento, e vos o 15% edecididos ao 50%. Pasades a ser veciños de primeira fronte a nos. Ogalla tivesemos aquí no Carballiño técnicos e un alcalde tan agudo. Sabendo que o noso e tan curto non entendo ben como non lle puxestes as mismas condicions para o consumo. Igual consumo, os masiados pagan o 15% e nos o 85%. Agardo que non abusedes do 50% de decisión pero parabens por ter xente que si loita polos intereses de Maside . O noso anda más pavias

Por segundo ano consecutivo O Carballiño viivirá un festa recibindo no municipal de Espiñedo a un equipo da primeira división, agás os catro equipos que desputarán a Supercopa de España, que son R. Madrid, Barcelona, Betis e Valencia. Será os dias 12 ou 13 de novembro cando se xogue o partido na que sen dúbida volverá vivirse unha xornada histórica no Carballiño.
O Rival do Arenteiro sairá por sorteo entre os outros 16 equipos da máxima categoria do fútbol español. A eliminaria será a partido único, igual que foi o ano pasado o Valencia CF. Ademáis, o Arenteiro clasifícase para as semifinais da Copa Federación, tamén en eliminatoria a partido único que se xogará o próximo mércores dia 19 deste mes de outubro en Espiñedo ante o histórico equipo do Real Unión de Irún, que milita na actualidade na Primeira Federación.
E todo elo, grazas ao triunfo ante os canarios do Panadería Pulido San Mateo de As Palmas de Gran Canaria, ao que o Arenteiro derrotou por 3-0 nunha gran tarde de fútbol nun Espiñedo que viviíu un gran ambiente, con máis de 1.600 afeccionados que festexaron esta nova proeza dos verdes.
Vídeo-resumen do partido na TVG: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-estara-no-bombo-da-copa-do-rei
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- …
- seguinte ›
- última »