
Os incendios forestais declarados na tarde deste domingo 31 de xullo no municipio de Boborás, xa estabilizados ao caer a noite, chegaron a poñer en risco vivendas na localidade de Moreiras, e tan so a rápida e afortunada intervención dos servizos de extinción de incendios da Consellería de Medio Rural evitaron unha catástrofe.
No operativo mobilizado neste lume en Moreiras participaron ata 6 brigadas, 4 motobombas, unha pala, 8 hidroavións e 5 helicópteros, coordenados por un mando integrado por 3 axentes forestais.
Éste de Moreiras foi o segundo incendio forestal rexistrado no concello de Boborás na tarde deste domingo, xa que anteriormente o lume afectou a montes da parroquia de Xurenzás, onde realizaron as labores de control 5 birgadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e un axente. Ademáis, tamén foi requerida a intervención dos bombeiros do parque intercomarcal O Carballiño-Ribeiro, toda vez que o lume amenzaba a vivendas nas localidades de Prado e Balboa.
Está pendiente a avaliación da superficie queimada en ambos lumes, aínda que neste caso máis que a extensión dos incendios, o principal motivo de preocupación foi a próximidade do lume ás vivendas.
Llevo años oyendo que se va a poner en cada bar un cartel con el numero de mesas en la terraza que puede poner.
Mi pregunta es porque no se pone.
Los bares pueden hacer los que les da la gana y los demas tenemos que respetar las normas.

Con motivo da celebración dun evento promovido por Abanca, que reuníu a 500 clientes este pasado sábado, desde o BNG denuncian "unha nova agresión cometida co consentimento e correspondente autorización do equipo de goberno do Concello".
O BNG do Carballiño "pon unha vez máis en cuestión a utilización do parque municipal como lugar idóneo para a celebración de macro eventos que conlevan unha gran infraestrutura, co perxuizo que iso ocasiona para o mantemento do espazo e a conservación do ecosistema".
Segundo relatan os nacionalistas, é sabido que na cidadanía do Carballiño o parque municipal e máis concretamente o seu uso e mantemento, segue a ser motivo de preocupación e de debate, "algo que parece non importar ao actual Goberno Local", subliñan.
Para o BNG trátase dun episodio no que se pon de manifesto como "un espazo públicoé cedido neste caso a unha entidade privada coa autorización e aprobación do goberno municipal. O sábado, 30 de xullo do 2022, cando se celebrouse un evento, de carácter privado, nun espazo público".
Esta celebración levouse a cabo na entrada principal do parque, na explanada en torno ao monumento dos irmáns Prieto. No BNG pregúntanse se non hai outros espazos onde se minimizasen as agresións ao entorno. O asfaltado da avenida do Arenteiro ou as Barcias son algunhas das alternativas propostas polos nacionalistas ao tempo que denuncian de novo que unha vez máis non se regula o uso dos espazos.
Consideran os nacionalistas que existe descontrol nos usos do entorno, transito de camións, instalación de grandes carpas e eventos masificados.
Critican que seegue sen existir un proxecto sustentable para co medio ambiente. Neste caso un proxecto que regule o uso do espazo natural no parque e que sexa respectuoso para co medio.
No BNG Denuncian pois, "a agresión que se esta a cometer coa natureza e demandan do equipo de goberno o respecto e a dedicación necesaria para o mantemento e coidado do parque".
Finalmente, manifestan que "apostan decididamente pola conservación e polo mantemento do espazo e do ecosistema, así como da súa posta en valor, para uso e desfrute da cidadanía".

A Festa do Pulpo do Carballiño medra cada ano que pasa, ao mesmo tempo que o fai o interese da programación cultural que a acompaña. Estréase este ano a declaración de interese turístico internacional e a Semana Grande para Pequenos inaugurará os festexos. Do 1 ao 5 de agosto ofreceranse actividades en dous escenarios: de luns a xoves na a Praza Maior e o venres na Praza Veracruz. Será en horario de 19.00 a 21.00 horas e nesta edición agárdase un éxito de participación, xa que a acollida por parte das familias vai en aumento.
O programa foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, que estivo acompañado por Hugo Suárez, representante de empresa Avatel Telecom, operadora de fibra óptica.
O edil anunciou que haberá inchables, obradoiros, maxia e música, entre outras propostas. Ademais, programouse unha festa da escuma para a última xornada. Tamén subliñou que “a Semana Grande para Pequenos colleitou un gran éxito nos últimos anos e así será nesta nova edición”. Fernández tamén agradeceu á empresa a súa colaboración para que os nenos e nenas poidan participar nun amplo programa de actividades.
O programa detallado é o seguinte:
Luns, 1 de agosto: Inchable, obradoiro.
Martes, 2 de agosto: Inchable, coches a pedais, mini obradoiro.
Mércores, 3 de agosto: Obradoiro de maxia.
Xoves, 4 de agosto: Inchable, obradoiro.
Venres, 5 de agosto: Festa da escuma.
Os socialistas de Leiro vimos de presentar un escrito, ante o que consideramos unha discriminación en toda regra, por parte do Goberno Municipal do Partido Popular, a unha veciña que leva reclamando ante as autoridades municipais durante tres meses, que se cambie unha bombilla, de un punto de luz que ten o lado do seu domicilio, e que o grupo de goberno pasa de cambiala ante por desidea e pasotismo que todo lles da igual, e mais si depende da condición politica de cada veciñ@, si e das ideas do Partido Popular ou si e da oposición neste caso do PsdeG-PSOE ou BNG, se lle fai ou non, e triste decilo, pero a realidade e esta no noso termo municipal.
Por desgracia e utilizamos este termo porque non todos os veciñ@s son iguais, xa que ai de primeira categoria e segunda categoría como e este caso que nos ocupa, que un veciño teña que esperar que lle cambien unha bombilla despois de avisar no Concello, e pasen mais de tres meses, despues de varias reiteracions, de que foran arranxalo, debido a perigrosidad pola noite, xa que non se ve nada de nada, e cando son sabedores que teñen a obrigación de prestar este servicio, xa que o dice a propia ley e que un dereito que temos como ciudadans e non unha obrigación de pedir como un favor, esto e o que ten o cacisquismo que temos instaurado no noso Concello, e que esperemos os socialistas que adique nas proximas eleccions municipais, que se van a celebrar o proximo ano 2023.

Espazo Común asegura que "dous anos despois de levar unha moción ó pleno do Concello de Piñor, na que se demandaba a limpeza e tratamento inmediato das sépticas do Concello que se atopaban nun estado lamentable a situación non deixa de empeorar. Cada vez son máis as fosas que se atopan nunha situación deplorable: invadidas pola maleza, rodeadas de xurros de augas fecais, vertendo para ríos, camiños e fincas particulares, cun cheiro fedorento nas inmediacións e rodeadas de mosquitos e outros insectos posibles transmisores de enfermidades".
Engaden dende este grupo da oposición no concello piñorense que "a situación calamitosa non ten máis ca un responsable o alcalde de Piñor, que coñece perfectamente o problema, pois ademais de ser a súa obriga, son numerosos os veciños que relatan que o avisaron dos vertidos das fosas sépticas sen que fixera máis ca poñer escusas, cada vez máis difíciles de entender".
Espazo Común manifesta ademáis que "a imaxe non pode ser máis deplorable para un concello que gasta importantes cantidades de diñeiro en organizar numerosos e variados eventos que seica teñen a intención de promover ó Concello de Piñor coma un destino do turismo de natureza".
Consideran que con ser grave o da imaxe que ofrece ese abandono, moito peor son os problemas de contaminación que están causando nas augas e no entorno medioambiental do municipio, xerando focos de infección que constitúen un risco severo para a saúde pública.
“Esixímoslle que limpe as fosas sépticas sen máis espera. Xa estamos fartos de escusas peregrinas, a xestión do saneamento é unha competencia municipal, e xa leva máis de sete anos de alcalde dicindo que lle dedica ó concello as 24 horas ó día dos 7 días da semana; pero non é quen nin de manter as fosas sépticas como é debido” sinala o voceiro do grupo municipal de Espazo Común Francisco Fraga, ó tempo que engade que non pararán ata que estean as fosas limpas e co mantemento axeitado. Indica que “ se o alcalde non o soluciona de xeito inmediato este problema de contaminación e de saúde pública acudiremos á Confederación Hidrográfica, ós organismos de sanidade, medioambientais, e onde faga falta.”

Accidente onte, e posterior precintado de unha das principales atracions da Alameda. Non é a primeira vez que esto sucede.
Desconocese o estado do neno que sufreu o percance.
Esperemos que tendo en conta as fechas nas que nos encontramos asi como a triste historia deste parque primeiro por as iterminables obras e posteriormente coa pandemia, os responsables do Concello solucionen este problema o antes posible... antes de que acabe o verán.

O sector turístico toma alento no Carballiño, proclaman dende o concello carballiñés, ao facer un balance dos meses de xuño e xullo e unha previsión para o próximo agosto, que é por excelencia o gran mes vacacional tamén no Carballiño.
Non obstante, recoñecen dende o concello que "a vaga de calor provocou a cancelación de reservas a última hora, as cifras de ocupación hoteleira recupéranse e superouse o 80 % de media entre os meses de xuño e xullo, se ben chegouse puntualmente ao 90%. A previsión é acadar ao 100% en agosto, mes de vacacións por excelencia e cando a Festa do Pulpo estrea a denominación de interese turístico internacional".
Cífrase en preto de 20.000 o número de persoas que xa participaron nas actividades culturais das últimas semanas, destacando pola gran afluencia de público a Feira Medieval, o Entroido de Verán e o concerto de Heredeiros da Cruz. As propostas culturais incrementaranse nos próximos días, non só ao redor da celebración gastronómica senón ata finais do mes de setembro con diferentes iniciativas.
No relativo ao número de persoas que se achegaron a Oficina de Turismo, a cifra a día 27 de xullo superaba os 200 visitantes e seguirá medrando esta fin de semana, o que xa supón un incremento en relación ao 2021 e o dobre en comparación co 2020. A maioría procedían doutros puntos da comunidade galega e do territorio nacional, se ben tamén destacan os turistas de Francia e México. No cámping Arenteiro foron un total de 60 os turistas españois rexistrados, fronte ao medio cento de estranxeiros chegados de diferentes puntos do mapa como Holanda, Alemania, Reino Unido, Estados Unidos, Francia, Italia, Portugal ou Bélxica.
O retorno de emigrantes faise patente nas cifras de turismo do Carballiño, convertendo a vila nun dos destinos preferentes para pasar os meses de verán na Galicia interior.

As localidades de Ribadavia e Boborás acollerán desde o xoves, día 28, e ata o sábado, día 30, ás 500 mozas e mozos que chegados desde Portugal e diversos puntos de España participan na Peregrinaxe Europea da Xuventude a través do Camiño Miñoto-Ribeiro. Esta iniciativa, xunto coas actividades previstas para recibir aos peregrinos, foi presentada esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación e responsable da cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Miñoto-Ribeiro e alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco; as alcaldesas de Ribadavia e Boborás, Noelia Rodríguez e Patricia Torres; e o presidente da Asociación de Amigos do Camiño, David González.
O apoio da Deputación de Ourense a esta iniciativa, sinalou César Fernández, “é unha mostra máis da estratexia que desenvolve o goberno provincial, xunto cos concellos implicados, para que esta ruta obteña a oficialidade por parte da Xunta de Galicia, destacando neste sentido que xa conta co recoñecemento da Igrexa, o permite conseguir a Compostela”. En termos semellantes expresouse Avelino de Francisco, afirmando que “este camiño xa é unha realidade”, ao tempo que repasou os pasos dados desde os inicios deste proxecto, en 1999, ata a constitución da asociación de concellos en 2014. Unha entidade que hoxe integran os 16 concellos polos que discorre o camiño, “perfectamente documentado e que esperamos que obteña despois do verán o recoñecemento oficial como Ruta Xacobea”.
Noelia Rodríguez agradeceu a elección de Ribadavia como “punto cero” desta peregrinaxe, “unha oportunidade única para poñer en valor o noso concello”. Patricia Torres, que agradeceu o apoio da Deputación, engadiu que esta ruta “ten unha gran riqueza natural, pero aínda máis importantes son os seus recursos patrimoniais, que fan que este camiño sexa único”. David González explicou que a Peregrinaxe Europea da Xuventude a través do Camiño Miñoto-Ribeiro comezará en Ribadavia, xa que desde este punto poderán percorrer os cen quilómetros que os separan de Santiago de Compostela e que dan dereito a obter a Compostela.
Desde Ribadavia sairán en dúas quendas os días 29 e 30, chegando na mesma xornada a Boborás. Nesta etapa ourensá e para agasallar aos peregrinos, procedentes de Portugal, Cataluña, Baleares, Valencia e Galicia, a asociación de amigos organizou unha serie de actividades. En Ribadavia, mañá xoves, día 28, poderán asistir ás 21.30 horas na praza maior a un festival de danzas tradicionais a cargo do grupo Castro Floxo da Deputación. A continuación, no auditorio do castelo celebrarase unha recepción oficial que incluirá a proxección do documental sobre o camiño Miñoto-Ribeiro, cuxa produción tamén contou co apoio da Deputación. Xa en Boborás, as mozas e mozos que participan nesta peregrinaxe poderán gozar dun espectáculo musical.
Ademais, a asociación de amigos desta ruta decidiu organizar un concurso fotográfico na rede social Instagram, onde baixo o título A foto do camiño distribuirán 1.000 euros en premios ás tres fotografías que reciban máis “me gusta”.

O Carballiño volverá a vivir un verán de película. Será da man das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia, que se celebrarán do 27 ao 31 de xullo e que nesta edición, a número 38, amplíase a programación con máis dunha decena de proxeccións e dúas máster class. Os nenos gozará de gran protagonismo e a eles diríxense os seguintes títulos: “Lunáticos”, “Ainbo: o espírito do Amazonas” e “Valentina”. Ofreceranse en horario de mañá, a partir das 11.00 horas, no Auditorio Manuel María.
O xoves 28 de xullo proxectarase “Lunáticos”, baseada nun dos libros infantís máis populares de Alemania, “Moonbound”. Para o venres 29 agárdase a película “Lunáticos”, “Ainbo: o espírito do Amazonas”, sobre unha nena que vive no máis profundo da selva amazónica, mentres que o sábado 30 ofrecerase “Valentina”, que trata dunha nena que soña con ser trapecista, pero que cree que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. Ofrecerá unha lección sobre a integración social.
O público adulto poderá disfrutar do cine en dous escenarios: no Auditorio Manuel María e no entorno da Veracruz. Este é o programa detallado con horario e os diferentes espazos do Carballiño nos que se desenvolverá:
Mércores 27:
“El buen patrón”. 19.00 horas. Auditorio Manuel María.
“Espíritu Sagrado”. 23.00 horas. Entorno da Veracruz.
Xoves 28:
“Tres”. 19.00 horas. Auditorio Manuel María
“¿Qué hicimos mal?”. 23.00 horas. Entorno da Veracruz.
Venres 29
“La Voluntaria”. 19.00 horas. Auditorio Manuel María
“Jacinto”. 23.00 horas. Entorno da Veracruz.
Sábado 30
“Cinco lobitos”. 19.00 horas. Auditorio Manuel María.
“Melancolía”. 23.00 horas. Entorno da Veracruz.
Ademais, ofreceranse dúas master class na Casa da Cultura a mediodía. A primeira delas terá lugar o xoves 28 e será impartida por Chema García. A segunda, programada para o venres 29, será dirixida por Liiana Torres.
O domingo proxectaranse no auditorio as curtas no nominadas do concurso, a partir das 18.30 horas. A entrega de premios será as 22.30 horas no entorno da Veracruz e, seguidamente, haberá os concertos de Abuela te quiero e de Eme DJ.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- 194
- …
- seguinte ›
- última »