23, Maio 2022

O Alcalde Francisco Fumega encóntrase entre os 41 carballiñeses e carballiñesas que foron diagnosticados de Covid-19 no transcurso dos últimos 7 dias no municipio. O rexedor advertíu síntomas leves compatibles coa Covid o venres da pasada semana, e tras someterse a unha proba, ésta deu positivo.

Fumega encóntrase ben, sen apenas síntomas, gardando cuarentena no seu domicilio, agarda poder reincorporase ás súas funcións na alcaldía esta mesma semana, según manifestou a esta emisora de radio.

 

22, Maio 2022

A Xunta e o Concello do Irixo analizarán a posibilidade de poñer en marcha unha agrupación de xestión conxunta nesta localidade Comarca do Carballiño para impulsar a plantación de cereal destinado á gandaría. Así se acordou na reunión que mantivo o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, co alcalde do municipio, Manuel Cerdeira.

Así, o Concello do Irixo está interesado en aumentar as posibilidades de alimentación para o gando apostando pola plantación de cereal no lugar de Matelo,na parroquia de Corneda, en beneficio dos produtores da zona. Nesa dirección, o conselleiro instouno a apostar pola figura da agrupación de xestión conxunta, promovendo o acordo entre propietarios de cara a potenciar este aproveitamento de xeito conxunto.

20, Maio 2022

O colexio público Virxe da Saleta de San Cristovo de Cea acolleu esta mañá o acto de entrega do XVIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez, que por decisión do xurado tivo como gañadores nesta edición aos ourensáns Pablo Nogueira, polo seu libro O clube de coleccionistas de selos, e á ilustradora Eva Piay, que coas súas láminas puxo imaxes á obra galardoada. Ademais dos premiados, o acto contou coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; a deputada provincial de Cultura e Producións Audiovisuais e presidenta do xurado, Patricia Torres; o alcalde de Cea, José Luis Valladares; e a xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Judith Fernández.

Rosendo Fernández destacou que este acto se celebra “dous días despois de que a Xunta de Goberno da Deputación validara a proposta de Manuel Baltar para presentar a candidatura das irmás Pura e Dora Vázquez ás Letras Galegas de 2023”. Agora, dixo, “situamos o nome das autoras e autores contemporáneos ao carón de dúas xigantes das nosas letras”. Desde a Deputación, afirmou, “temos adquirido un firme compromiso coa promoción da nosa cultura incentivando a creación, máis importante se cabe na literatura infantil e xuvenil en galego, pois contribuímos a espertar o gusto pola lectura e defender o uso do idioma que nos dá identidade”.

Patricia Torres agradeceu o labor do xurado integrado por David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrio, Isabel Mociño, e Ana Malingre como secretaria, ademais da propia deputada como presidenta. Desexou que o alumnado goce dun libro “que ademais das diferenzas tamén fala de persoas moi importantes nas nosas vidas como os avós”.

Protagonista no seu colexio

Pablo Nogueira, ovacionado no seu colexio de Cea por máis dun cento de alumnos presentes no acto, explicou que desde as páxinas do seu libro tratou de artellar unha historia “onde aspectos como a inclusión, a diversidade e diferenza cobrasen unha grande importancia”, aspecto valorados e reflectidos por Eva Piay nas súas ilustracións, “que ademais da escrita tamén nos permiten expresarnos, falar do que somos e do que pensamos”.

O galardón, que convoca anualmente a Deputación de Ourense, está dotado con 1.500 euros para cada modalidade e ten como obxectivo fomentar a lectura no público máis novo, así como recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas.

Un mestre de audición e linguaxe e unha estudante de Belas Artes

Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, 1987) é mestre de Audición e Linguaxe no colexio de Cea. Licenciado en Psicopedagoxía pola USC, ten publicadas dúas novelas curtas para o público adulto: Banda Sonora Orixinal (Fervenza, 2019), obra ganadora do IV Certame Balbino de relatos, e Música para os días de inverno (Laiovento, 2020). O clube de coleccionistas de selos inclúe “unha perspectiva inclusiva que da visibilidade á diversidade funcional entre a infancia", destacou o xurado, salientando tamén "a posta en valor do medio natural e a necesidade do seu coidado, así coma a figura do avó e as relacións interxeracionais".

Eva Piay Fernández (Rubiá, 1999), que se presentou ao certame co pseudónimo "Auga doce", cursa o último ano de Belas Artes en Valencia. Compaxina os estudos co traballo como ilustradora en varias revistas e fanzines, e ten colaborado ademais con escritoras, concellos e organizacións en traballos de ilustración e cartelería. O xurado subliñou que as imaxes propostas para ilustrar o libro ofrecen "panorámicas e contextos diversos, e que representan perfectamente a idea da diversidade que ofrece a narración".

20, Maio 2022

Os socialistas rexistraron o pasado mercores un escrito, facendolle a petición o concello de que se procederá a rehabilitación e conservación do lavodoiro ubicado xunto a Biblioteca Municipal debido as numerosas queixas da veciñanza pola desidea e deixadez.

Leiro 20/05/2022: O grupo municipal dos socialistas, rexistraron un escrito, no cal plantexaban a recuperación e conservación do lavadoiro, ubicado en Leiro, xa que e unha obriga canto menos moral dos dirixentes, neste caso do grupo de gobernó, na actualidade esta obriga tradúcese en deixadez e abandono, xa que o concello como administración máis próxima ó cidadán. Debería traballar arreo polo futuro e o progreso do noso termo municipal e para proporcionar unha mellor calildade de vida e benestar dos veciñ@s, cousa que non esta acontecendo nestes intres, xa que se traduce nunha total deixadez e abandono do noso patrimonio, por parte de este gobernó.

Por todo elo o Partido Socialista de LEIRO solicita o arranxo dos desperfectos que ai no Lavadoiro que se encontra xunto a Biblioteca Municipal e que esta nun estado lamentable, xa que ten abundante perdida de agua no seu conxunto, tamen a suciedade que presenta dito lavodoiro tanto no seu interior con agua verdosa, como no exterior do mesmo e abundante, as luminarias das que dispon tanto no seu interior como no exterior non funcionan, por eso desde o noso grupo municipal pedimos unha actuación urxente por parte do Goberno Municipal para a sua reparacion e limpeza integral na sua totalidade, xa que da unha imaxen da abandono e falta de mantemento. Adxuntamos fotos para que se comprobe o seu estado, xa o ano pasado, lle propuxemos nun Pleno con data 28/6/2021 atraves dunha moción na solicitábamos A POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE REHABILITACION E CONSERVACION E POSTA EN VALOR DAS FONTES E LAVADOIROS DOS POBOS DE LEIRO para que se arranxara dito lavadoiro, como tamen outros e o rexidor e o seu grupo de gobernó, votaron en contra e neste caso concreto do lavadoiro de leiro textualmente e asi o corrobora o secretario municipal en acta "que o lavadoiro o lado da biblioteca tamen está ben" . Nos ratificamos en todo o manifestado anteriormente e que esta ano se acrecentou o problema do lavadoiro con respecto o ano pasado, por eso necesita con urxencia unha rehabilitación integral.

20, Maio 2022

Son  preto de 1.000 prazas as que oferta para este ano a Xunta na residencia carballiñesa, a publicación desta convocatoria fíxose este pasado xoves 19 de maio no Diario Oficial de Galicia, e o periodo para solicitar praza abríuse este venres 20 de maio e será de 10 días hábiles, é dicir, ata o próximo 2 de xuño. 

As quendas repártense entre os meses de xullo, agosto e setembro, e a convocatoria adiantouse este ano un mes, para darlle máis marxe ás familias para organizar as súas vacacións de verán.

As familias de especial consideración como as numerosas, as monoparentais, as acolledoras ou as vtimas de violencia machista terá prioridade no acceso a unha dsetas prazas. 

Este ano, a situación epidemiolóxica  permite recuperar os niveis de ocupación de anos anteriores á Covid-19, para permitir que máis familias vivan unhas vacacións nestas instalacións, que estiveron pechadas en 2020 e cunha ocupación moi limitada en 2021. 

 

19, Maio 2022

A xornada mundial "Pón unha foto na rúa" será este ano unha xornada xenuinamente carballiñesa, coas pulpeiras e pulpeiros do Carballiño-Arcos e o o pulpo á feira como protagonistas. Será este próximo domingo dia 22, en horario de 11 a 14:30 horas, na Praza Maior do Carballiño. 

A asociación pulpeira ubicará unha carpa coa súa caldeira para cocer o pulpo e os fotógrafos e fotógrafas da asociación "Potiños" farán unhas 200 fotografías aos voluntarios que se acheguen para colaborar con esta xornada, todos os que o fagan serán invitados a unhas talladas de pulpo á feira.

Manolo Blanco, presidente de Potiños, recordou que as fotografías serán despois regaladas ás persoas participantes, e en contraprestación a esta colaboración realizarán un traballo fotográfico de colaboración coa asociación de pulpeiros do Carballiño-Arcos, aportando fotografías de calidade de todos os seus asociados para configurar a nova páxina web deste colectivo.

19, Maio 2022

Trátase da 5ª edición da BTT en familia, que organiza con carácter anual o Club Ciclista do Carballiño, unha proposta para a tarde deste sábado dia 21 a partir das 4 da tarde, con saída e chegada no parque muniicpal do Carballiño.

Roberto "Peque" o presidente do club ciclista organizador, que estivo acompañado no acto de presentación desta actividade na casa do concello pola concelleira de deportes, Silvia Baranda, recordou que "é un paseo en bicicleta, que non ten carácter competivo, de dificultade baixa e que terá unha duración, sempre en pelotón, dunhos 10 quilómetros de distancia".

A participación está aberta a todos os ciclistas a partir dos 7anos en adiante e o percorrido será pola contorna do Carballiño, polo propio parque municipal, o camiño vello de Mesego, camiño dos arrieiros e a zona de Pena Cobertoira, na parroquia de Sagra.

18, Maio 2022

O portavoz socialista no concello do Irixo, Iago Fariñas, acompañado dos tamén concelleiros do grupo municipal Rosa María Dalama e Juan Pousada, mostraron no transcurso dunha comparecencia a súa postura crítica co proxecto promovido polo concello do Irixo, que se ubicará nas explanadas da estación de ferrocarril e tras a cesión regulada mediante convenio asinado entre a institución municipal e Adif.

O "Centro de actividades deportivas ao aire libre Arracada" precisará dun investimento de 314.753 euros, según os datos aportados polo portavoz socialista, que considera necesario "traballar na mellora dos servizos básicos en non facer este tipo de inversións que son un disparate, no Irixo falta moito por mellorar".

Iago Fariñas enumerou algunha das máis dun cento de mocións que presentou nos últimos anos ante o pleno da corporación municipal na que demandaba a mellora de servizos básicos "e que aínda están sen atender", como poden ser o saneamento en numerosos núcleos de poboacion ou o deficiente estado de mantemento da rede viaria municipal. "Non nos opoñemos a novas instalacións deportivas, pero é unha cuestión de prioridades, cántos veciños do Irixo xogan ao golf ou cántas raquetas de pádel temos no Irixo", preguntouse o portavoz socialista.

17, Maio 2022

O concello do Carballiño celebrou este mediodia un acto institucional conmemorativo do Día das Letras Galegas, celebrado na Praza Aquilino Sánchez, e con especial protagonismo para o alumnado do Conservatorio de Müsica do Carballiño que interpretaron o himno galego e outras pezas musicais representativas da música galega.

Membos da corporacion municipal e algúns veciños acompañaron este acto no que se inauguraron os murais dedicados a Florencio Delgado Gurriarán e Rosalía de Castro.

Nalgunhos concellos, os grupos da oposición criticaron a ausencia de actos conmerativos do Dia das Letras Galegas, como no concello de San Cristovo de Cea onde o BNG lamentou que o goberno municipal non teña en conta a organización de actividades nestas datas e anunciou a presentación dunha moción ante o pleno da corporacón na que instan ao concello a organizar "con anticipación suficiente, difunda e desenvolva un mínimo de actividades para unha celebración digna do dia das letras galegas, tamén que apoie as mobilizacións en defensa da linga galega convocadas como cada 17 de maio". No concello de Leiro, o grupo socialista critica que "o concello non faga ninunha alusión nunha data tan sinalada". 

17, Maio 2022

A novena da Santa Rita en Dacón é unha celebración moi concorrida por gran número de persoas que nestas datas van a pé dende O Carballiño ata a igrexa do pobo veciño.É unha tradición secular que ano a ano enche de xente os diferentes camiños que unen ambas localidades.

Este ano, os viandantes que fan o percorrido pola N-541, a máis habitual, atopanse cun problema moi desagradable do cal nos deron queixa aos membros deste Colectivo Veciñal: as beirarrúas ó pasar ó carón do poboado da Fontela están absolutamente intransitables.

Cheas de madeira, palés desfeitos e demáis chatarra, obrigan ós viandantes a ter que baixar á estrada durante un bo tramo da mesma, co perigo que isto conleva ó tratarse dunha nacional con moito tráfico.

Pedimos logo a quen corresponda que tome medidas para subsanar este problema e garantir a seguridade dos moitos veciños do Carballiño que desexan ir a Dacón ás misas da Santa Rita.

Asinado: Colectivo Veciñal O Carballiño.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS