27, Marzo 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou  na reunión do pleno do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, que o pasado ano certificou 411.133 pezas de pan, cun valor estimado de case 1,15 millóns de euros, e elaboradas nos 12 fornos que actualmente están operando.

A área de elaboración do pan amparado por esta IXP é o termo municipal de San Cristovo de Cea e a súa produción segue un modelo artesanal, vinculado á tradición. Así, o de Cea defínese como o pan que se elabora con fariña de trigo, con adición de auga potable e sal comestible, ao que se lle engade, para a súa fermentación, masa nai procedente dunha elaboración anterior. O amasado realízase en varias etapas, seguindo as técnicas ancestrais da zona. Por último, a masa cócese en fornos de pedra granítica de deseño característico do lugar que son previamente quentados con leña.

26, Marzo 2026

O Concello do Carballiño colabora coa Escola Galega de Clown na segunda edición do Clowncurso, un encontro que se vai consolidando como unha das principais citas galegas no ámbito do humor e a creatividade.

“É unha proposta diferente na que as risas están aseguradas, e nun momento de confrontación como o actual, ben merece a pena rir e gañar saúde”, sinalou esta mañá Diego Fernández, concelleiro de Cultura, na presentación do festival. O edil, que destaca o traballo e esforzo dos organizadores, convida á veciñanza a desfrutar dunha completa programación que arranca o luns 30 de marzo e finaliza o sábado 4 de abril.

Jouse García, director do festival, puxo en valor a variada oferta desta segunda edición do Clowncurso e deu conta do crecente interese por participar de compañías de fóra de Galicia. “Estamos sorprendidos de que nos contacten doutras zonas de España e mesmo a nivel internacional, o que significa que as cousas van avanzando e o festival vai consolidándose”, apuntou.

A función inaugural corre a cargo dun invitado de luxo, o recoñecido pallaso e actor Pepe Viyuela, cunha longa traxectoria na arte do clown. O seu espectáculo “Encerrona” abrirá o Clowncurso o luns 30 de marzo, ás 20,30 horas, no Auditorio Municipal. “Aínda hai entradas dispoñibles que se poderán adquirir o propio luns, a partir das 19,00 horas, na taquilla do Auditorio”, indicou Jouse García.

O concurso de espectáculos, no que o público decidirá co seu voto a peza gañadora, comeza o martes 31 de marzo coa obra “Soka” de Nomadak, de Navarra. O mércores será a quenda do galego Fredi Muiño, quen presentará “Circanelo”. O xoves, a navarra Laura Puertas subirá ao escenario con “SuperEla” e, xa o venres, será a compañía galega A Vela Circo quen actúe coa peza “O último que apague a luz”. Todas as representacións comezan ás 20,30 horas no Auditorio Municipal.

As entradas teñen un custo de 3 euros e pódese adquirir un bono de 10 euros para todos os espectáculos do concurso. A actuación máis votada polo público recibirá un premio dotado con 1.500 euros.

Formación internacional

O Clowncurso tamén conta cunha parte formativa dirixida a profesionais e a persoas interesadas na linguaxe clown. Desde o martes 31 ata o sábado 4, a recoñecida clown estadounidense impartirá un curso no que se explorará a liberdade creativa, a vulnerabilidade escénica e as ferramentas da comicidade física.

“É unha gran mestra e estamos moi contentos de que participe no festival, desde que contactamos con ela amosou moita predisposición”, destacou Jouse García. O curso xa está case completo, pero aínda hai tres prazas dispoñibles. O prezo da inscrición é de 285 euros.

O sábado 4, como colofón do curso formativo, haberá unha mostra final a cargo de Chaplain a partir das 20,30 horas no Auditorio Municipal. Ademais, realizarase a entrega do premio do público. A entrada é de balde.

25, Marzo 2026

Xa non é a primeira vez que o tertuliano Manuel Nogueira da a súa valoración sobre algunha cuestión de caracter político e deixa constancia de que non fala por falar. Outra vez máis volve dar no clavo cun tema como o da tasa do lixo. Que sorte telo comentando e dando a súa máis que acertada valoración sobre moitos temas nos que os politicos prefiren deixar máis opacidade e sombras que ter que explicalos.

https://www.eldiario.es/madrid/somos/justicia-anula-tasa-basuras-aprobo-...

.

25, Marzo 2026

A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego oficializará este venres 27 de marzo a Manuel Chan Muñoz como o seu candidato á alcaldía do Carballiño para as eleccións municipais de maio de 2027.

Durante o prazo previsto, Chan -que desde 2024 ven exercendo como responsable do Consello Local do BNG- foi o único candidato que se presentou ao proceso aberto na formación nacioanlista para optar a esta designación por parte da asemblea do BNG carballiiñés.

Este proceso coincidíu coa decisión de Sofia García, que foi a portavoz do BNG nos últimos anos no concello do Carballiño, de darse de baixa no Bloque Nacionalista Galego, que desta maneira queda sen representación na corporación carballiñesa. García presentou un escrito no rexistro municipal no que comunica a baixa do BNG e pide continuar como concelleira non adscrita no concello do Carballiño 

25, Marzo 2026

O PSdeG-PSOE de Leiro impugna o pleno de orzamentos e retribucións a tres concelleiros celebrado o pasado luns ante o que consideran unha “indefensión absoluta” e un “fraude de lei” por parte do alcalde e o seu equipo de goberno. As e os socialistas, ante a gravidade dos feitos, xa presentaron un escrito de denuncia ante o Consello de Contas.

O grupo municipal socialista de Leiro, representado polo seu voceiro, Manuel Rodríguez Vázquez, e polo voceiro adxunto, Pedro José González, explica que durante o pleno celebrado o pasado luns “optamos por abandonar a sesión extraordinaria tras denunciar unha manobra ilegal do goberno municipal para ocultar información esencial sobre o orzamento 2026 e a aprobación de retribucións para tres concelleiros do equipo de goberno”.

Ocultación de informes

O PSOE de Leiro denuncia que, a pesar de que o pleno foi convocado o pasado 13 de marzo, o alcalde negou “sistematicamente” o acceso ao expediente á oposición durante toda a semana previa. Tal e como apuntan “de forma inaudita, a documentación técnica e os informes xurídicos clave non foron facilitados ata o sábado 21 de marzo ás 8:18 horas da mañá, mediante un correo electrónico enviado en día inhábil”.

Rodríguez e González consideran que esta situación "é un atropelo democrático sen precedentes en Leiro” e apuntan que o goberno local “pretende que fiscalicemos os soldos de tres concelleiros e as contas municipais con apenas unha hora e media de tempo de oficina, que foi o único prazo real que tivemos antes do pleno ".

Un pleno en "fraude de lei" e denuncia ante o Consello de Contas

Dende o PSdeG-PSOE de Leiro destacan a “gravidade” de que o pleno fora convocado oficialmente como extraordinario, pero que ao inicio da sesión o alcalde “intentara emendar a falta de documentación sometendo a votación unha ratificación da urxencia que non figuraba na orde do día”. Segundo as e os socialistas, esta manobra “constitúe un fraude de lei para intentar validar un expediente que incumpriu os prazos legais de exposición pública”.

Ante esta situación o grupo municipal socialista xa rexistrou unha denuncia formal ante o Consello de Contas de Galicia, achegando as probas gráficas do envío de documentación fóra de prazo e a impugnación rexistrada ás 09:15 horas do luns no rexistro municipal. "Non imos ser cómplices deste teatro”, afirman Manuel Rodríguez e Pedro José González, que tamén sinalan que o goberno de Leiro “amosou un desprezo absoluto pola legalidade e polos dereitos de representación dos veciños”. Os concelleiros socialistas conclúen sinalando que “defenderemos a transparencia en Leiro ante as instancias que sexa necesario”.

25, Marzo 2026

O grupo municipal de Espazo Común traslada ao debate do pleno da corporación do concello do Carballiño dúas mocións para a sesión ordinaria mensual, que se iniciará ás 9:30 horas deste xoves 26 de marzo.

Nas mesmas, abordaránse as situacións actuaís  do termalismo e o transporte público no Carballiño.

Escoita aquí a entrevista a Adolfo Nogueira en COPE O Carballiño:

 

24, Marzo 2026

A corporación municipal do Carballiño aprobará no pleno a celebrar este próximo xoves dia 26 o novo modelo de xestión a implantar no camping e os apartamentos vacacionais, o concello apostará pola adxudicación a unha empresa privada deste equipamento turístico.

Asi o anunciou en COPE O Carballiño o concelleiro de turismo, Manolo Dacal.

Escoita aquí a entrevista:

24, Marzo 2026

Tal y como ves los acontecimientos te van dando la razón.

https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Noticias-Judiciales/...

lunes, 23 de marzo de 2026

El TSJ de Madrid anula la tasa de basuras municipal por defectos sustanciales en su tramitación

La Sección Novena de la Sala de lo Contencioso Administrativo concluye que la omisión de documentación esencial en la información pública vulneró el derecho de participación y determina la nulidad de la ordenanza

Autor

Comunicación Poder Judicial

La Sección Novena de la Sala de lo Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Madrid ha estimado los recursos interpuestos por varias instituciones y organizaciones contra la Ordenanza Fiscal 8/2024 del Ayuntamiento de Madrid y ha declarado la nulidad de pleno derecho de la tasa por la prestación del servicio de gestión de residuos.

La resolución analiza el procedimiento de aprobación de la ordenanza y concluye que se produjo una infracción sustancial de las normas que lo rigen, al haberse omitido durante el trámite de información pública parte esencial del informe técnico-económico que servía de base para la determinación de la tasa.

En concreto, no se incorporaron ni publicaron los anexos relativos al estudio de generación de residuos por actividades económicas, documentos que, a juicio de la Sala, resultan imprescindibles para comprender y fiscalizar la cuantificación del tributo.

Como refiere la sentencia, la ordenanza fue aprobada en el contexto de la obligación legal impuesta por la Ley 7/2022 de residuos y suelos contaminados, que exige a las entidades locales implantar sistemas de financiación basados en el principio de “quien contamina paga”. No obstante, subraya que dicha finalidad no exime del cumplimiento estricto de las garantías procedimentales ni de la obligación de motivar adecuadamente los elementos esenciales de la tasa.

En este sentido, la sentencia recuerda que el informe técnico-económico constituye una pieza esencial en el establecimiento de tasas municipales, al ser el instrumento que permite justificar tanto el coste del servicio como los criterios utilizados para la determinación de la cuota. De acuerdo con la doctrina consolidada del Tribunal Supremo, este informe no puede limitarse a ofrecer datos numéricos o resultados finales, sino que debe contener una explicación razonada y completa de la metodología empleada, de modo que permita verificar la adecuación de la tasa a los principios de legalidad, proporcionalidad y equivalencia.

La Sala examina el contenido del informe publicado y concluye que, aunque incluía determinados resultados y cifras, no permitía conocer el proceso mediante el cual se habían obtenido, especialmente en lo relativo a la atribución de los residuos a las distintas actividades económicas y a la configuración de las denominadas zonas homogéneas. Esta información, esencial para entender la estructura de la tarifa por generación, se encontraba exclusivamente en los anexos omitidos.

El tribunal rechaza el argumento del Ayuntamiento de Madrid de que dichos anexos tenían carácter meramente auxiliar o complementario, considerando que contenían el núcleo metodológico del sistema de cálculo de la tasa, incluyendo los estudios estadísticos, los criterios de segmentación y las técnicas empleadas para estimar la generación de residuos. La ausencia de esta información impidió conocer la trazabilidad entre la actividad económica y la carga tributaria, lo que compromete la transparencia del sistema y la posibilidad de control por parte de los ciudadanos.

La resolución pone especial énfasis en la función del trámite de información pública como garantía del derecho de participación ciudadana. Según señala la Sala, este trámite no puede concebirse como un mero formalismo, sino como un instrumento que permite a los interesados examinar el expediente en su integridad y formular alegaciones fundadas. Para que este derecho sea efectivo, la Administración debe poner a disposición del público toda la documentación relevante, sin excepciones ni limitaciones.

La falta de publicación de los anexos -dicen los magistrados-, privó a los ciudadanos de la posibilidad de conocer los fundamentos técnicos de la ordenanza y de cuestionar, en su caso, la corrección de los criterios utilizados. Esta situación generó una indefensión material que, conforme a la jurisprudencia, constituye causa de nulidad de pleno derecho.

Por último, la Sala recuerda que no resulta suficiente que la Administración alegue la posibilidad de acceso a la documentación a través de solicitudes individuales, ya que la exigencia legal es la publicidad íntegra del expediente durante el periodo de información pública. Tampoco considera admisible sustituir la explicación metodológica por la mera exposición de resultados, al entender que ello impide verificar la racionalidad del cálculo de la tasa.

La sentencia es susceptible de recurso de casación.

23, Marzo 2026

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, estivo na comarca do Carballiño onde visitou primeiramente o establecemento do Carballiño da froitaría Amoras, recoñecida co Premio Comercio Emprende 2025, e deseguido o obradoiro artesán o Reberete, en San Cristovo de Cea. González aproveitou para poñer ambos proxectos como exemplos do potencial da artesanía e do comercio de proximidade para a dinamización económica do rural e para a vertebración do territorio coa conseguinte fixación de poboación.

Primeiro, no Carballiño, os representantes autonómicos visitaron Amoras -iniciativa da emprendedora, Ana Rodríguez-un dos negocios galardoados cos Premios do Comercio Galego 2025, polo seu proxecto que partiu de coller o testemuño dunha froitaría familiar tradicional para converterse nun auténtico exemplo de emprendemento innovador. Nesa liña, José González salientou que a empresa conte con tres establecementos situados no Carballiño e en Maside, que incorporase servizos como cestas de froita personalizadas, almorzos a domicilio e arranxos ou composicións de froita para celebracións e eventos, así como a venda a través da internet e unha fruit truck onde se dá unha segunda vida á froita transformándoa en produtos como zumes.

En segundo lugar, en San Cristovo de Cea, o conselleiro agradeceu o labor do obradoiro O Reberete, do artesán Roberto C. Pérez —inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia— por garantir a remuda xeracional na fabricación e reparación de instrumentos musicais tradicionais e populares galegos. Tras aprender o oficio nun taller local, hoxe consolídase —destacou— no seu propio como referente en fabricación manual e artesá de instrumentos de vento ou percusión característicos da nosa tradición, sen renunciar á investigación e necesaria innovación desenvolvendo prototipos e melloras técnicas no deseño ou no son das pezas, co fin de adaptarse ás esixencias da clientela.

20, Marzo 2026

Fátima Gómez, Manuel Nogueira e Gonzalo Rodríguez acompañan a Xan Pinal nunha nova entrega da Tertulia dos Venres en COPE O Carballño.

Escóitaa aquí:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS