
O Concello do Carballiño colabora co Orfeón do Carballiño no XXXI Festival de Habaneras, unha das citas musicais máis queridas da programación estival. O Auditorio Manuel María acolle este sábado, 26 de xullo, as actuacións musicais de catro agrupacións: Coral Souto da Igrexa de Meirás (Sada), Coral Polifónica A Cañiza, Rondalla Alfaia de Cenlle e o propio Orfeón. O repertorio inclúe cancións habaneras e latinoamericanas, que recordan a música que trouxeron os moitos veciños da comarca que cruzaron o charco en busca dunha vida mellor.
En palabras de Diego Fernández, concelleiro de Cultura, esta data “homenaxea aos emigrantes e a cultura que foi e volveu, e tamén nos permite escoitar músicas doutros lugares sen movernos do Carballiño”. O edil puxo en valor esta mañá, durante a presentación do Festival, o traballo e esforzo levado a cabo polo Orfeón, que cada ano convida ás mellores corais. “Facemos un chamamento aos veciños para que vaian con tempo para poder coller sitio e desfrutar dunha xornada que xa forma parte da programación da Festa do Pulpo”, engadiu.
Pola súa parte, Rogelio Rodríguez, presidente do Orfeón, agradeceu a boa resposta da poboación, que cada ano “enche o auditorio”. Nesta trixésimo primeira edición, a organización homenaxeará ao músico e docente ourensán Carlos Núñez. Christian Casas, director do Orfeón, puxo en valor a traxectoria profesional de Núñez, así como a súa faceta de impulsor de eventos musicais como o Ourencanto.
Casas asegurou que as cancións interpretadas o sábado serán “fermosas” e adiantou que o Orfeón e a Rondalla Alfaia presentarán unha obra “moi especial, bonita e pegadiza”.
A entrada é gratuíta, polo que as entradas se adxudicarán en orde de chegada ao Auditorio.
Hoxe declara oficialmente e pola radio esa "organización" de tránsfugas de PSOE e enchufados que O Carballiño ten que condenar no pleno as supostas manifestacións racistas e xenófobas que percorren o Estado nestes días. Como bos ignorantes, balbucean que a inmigración é necesaria para manter os servizos públicos (cando só os precariza, inunda, degrada a educación, a sanidade, a seguridade etc) e CON TODA A CARA DO MUNDO afirman que se basean nos datos!
Obviamente a un partido de enchufados e mediocres non se lle pode pedir capacidade de lectura,
Pero claro, cando a xente se manifesta, son racistas e malvados.
Pero ademáis, se tanto queredes aos inmigrantes, porqué os condenades a ser os vosos escravos nos vosos negocios, fábricas, campos etc? Porque os queredes como meros servos, malpagados, esfameados, vivindo en infravivendas, como servintes que vos limpen o cú. Decideo claro, non queredes traballadores, queredes escravos que fagan o que queirades por 4 duros, ese é o motivo real da inmigración tercermundista, e por eso están tanto os socialistas e comunistas a favor de ela como os empresarios, o PP e ata a Igrexa Católica. Queredes escravos, e nin nós nos merecemos a destrucción da nosa sociedade occidental supostamente desenvolvida nin eles, os inmigrantes merecen ser os servos de preas coma vos que AÍNDA por riba din defendelos!!
E moitos diredes, ¿Pero sen inmigrantes quen me vai coidar, quen me vai recoller as uvas ou os tomates, quen me vai limpar as rúas? Pois mirade, eso mismo dixeron no sur dos EE.UU. na década de 1860, sen escravos quen me vai recoller o algodón? Pois unha máquina, porque cando deixas a unha sociedade desenvolverse sen empregos PRECARIOS, a investigación e o desenvolvemento das sociedades fai milagres como o foron o tractor, a IA, os robots, as hidrolavadoras etc. Non necesitamos inmigrantes e eles non nos necesitan a nós. Un señor de Mali, de Colombia, da India ou de Burkina Faso non necesita malvivir nun piso de alquiler con outros 6 inmigrantes máis.
Xa está ben de ESCLAVISTAS!

O Concello do Carballiño vén de inaugurar un novo espazo verde de lecer do que xa pode pode desfrutar a poboación e os visitantes, o xardín aromático da Piscifactoría. Este novo enclave, que conta cunha ampla variedade de plantas, arbustos e flores, ademais dun reloxo analemático (solar), foi realizado nos últimos meses polo alumnado do módulo de xardinaría do Programa de Emprego de Persoas Mozas.
Nesta liña, a concelleira de Comercio, Diana González, destaca a implicación dos participantes: “Realizaron un gran traballo, tanto os alumnos e alumnas como o equipo docente e directivo”. A edila de Comercio e a concelleira de Medioambiente, Elvira Torres, convidan á poboación a achegarse ao espazo, que nesta época se convirte nun perfecto refuxio climático fronte ás elevadas temperaturas.
Restauración da pasarela do Arenteiro na zona de Toscaña
Estes días, o Concello tamén inaugurou a pasarela do Arenteiro, restaurada e acondicionada nos últimos meses polo alumnado do módulo de carpintaría do Programa de Emprego de Persoas Mozas.
Diana González tamén pon en valor o traballo realizado, xa que a pasarela é moi frecuentada pola poboación do Carballiño. A intervención non só renova a súa imaxe, senón que mellora a seguridade dos peóns e facilita a mobilidade na zona.
En pleno verán, mentres a maioría dos concellos da contorna enchen as súas rúas de actividades culturais, festivas e deportivas para todos os públicos, Leiro continúa sen unha programación digna para a súa veciñanza. Un ano máis, a realidade é que só contamos cunha Carreira Popular e coa Festa da Vendima como únicas actividades de verán, dúas citas que existen grazas ao esforzo, á colaboración e ao diñeiro que poñemos os propios veciños e veciñas, xa que o Concello limítase a aparecer na foto sen implicación real nin planificación, sen asumir a responsabilidade de impulsar unha programación ampla, diversa e estable que dea vida ao verán en Leiro.
A veciñanza de Leiro volve quedar sen opcións de lecer nin alternativas culturais para a rapazada, a mocidade ou as persoas maiores. Non hai cine ao aire libre, nin música, nin teatro, nin actividades deportivas alternativas, nin rutas culturais que poñan en valor o noso patrimonio e o noso entorno natural. O noso paseo fluvial e o conxunto de San Clodio seguen infrautilizados, o Balneario de Berán permanece pechado e sen actividade cultural ou termal que reactive a súa contorna, e o noso comercio e hostalaría ven pasar o verán sen ningunha iniciativa municipal que xere dinamismo, actividade económica e oportunidades.
Desde o PSdeG-PSOE de Leiro consideramos que esta falta de iniciativa e esta lei do mínimo esforzo do alcalde e do seu grupo de goberno supoñen un lastre para o noso concello. Temos potencial, temos patrimonio, temos ubicación e temos veciñanza con ganas de participar, pero non temos un goberno que escoite nin que planifique con tempo, nin que teña vontade de crear un verán con vida en Leiro.
Programar actividades non é cuestión de improvisación. Precísase vontade, traballo e diálogo coas asociacións, coas comisións de festas e coa veciñanza. Non se trata só de grandes eventos, senón de manter unha axenda cun mínimo de actividades durante o verán: cine ao aire libre, rutas de sendeirismo, concertos de bandas locais, obradoiros creativos, contacontos, teatro, torneos deportivos, festivais de música ou actividades para a mocidade e as persoas maiores.
Leiro merece máis, e a súa veciñanza tamén. Dende o PSdeG-PSOE de Leiro seguiremos reclamando esta programación nos plenos e diante da veciñanza, con propostas realistas e claras, porque non nos resignamos a ver como Leiro se apaga cada verán mentres outros concellos avanzan e medran.
Leiro pode e debe ser un lugar vivo, atractivo e con oportunidades para todas as idades. Para iso, só precisamos vontade, traballo e compromiso, algo que o actual goberno municipal segue sen demostrar, limitándose a vivir do traballo alleo e da implicación dos veciños e veciñas que son, ao final, quen manteñen as poucas actividades que aínda se celebran.
Estimado lector,
Antes de correxir a alguén hai que pensar dúas veces ben o que se di ou escribe. Grazas a Deus vexo ben, mellor cos que pisan liñas continuas.
A miña mensaxe foi publicada o venres 18, e as liñas estaban discontinuas no Mercadona porque as pintaron de madrugada. Foi a primeira hora da tarde cando foron chamados de segunda para repintar. Fixese ben vostede, que nótase ben o repintado porque non casan a perfección as liñas e nótanse os empates.
A sua mensaxe por certo, foi publicada no día de hoxe.
Nesa mesma tarde que viñeron repintar o do Mercadona, mandáronlle pintar tamén liña continua dende o Fraguas ata a Rotonda da Fontela. Agora este cruce si vai superar o do Mercadona en infraccións: non me parece mal de todo que para entrar a Corzos te manden ir dar a volta a rotonda, como tamén me parecía perigoso xirar a esquerda para baixar dirección o Alcampo. O que non acabo de ver. e que toda a xente de Corzos non poder sair dirección Ourense, Maside, Dacón.

O Concello do Carballiño e Sustinea, entidade sen ánimo de lucro de ámbito galego, comezan hoxe unha nova andaina conxunta. O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, pon en valor este convenio de colaboración a través do que se impulsarán no municipio novos proxectos dinamizadores da vida cultural e social.
“Agradecemos moito que unha entidade como Sustinea escolla O Carballiño para realizar proxectos, para nós é un auténtico orgullo”, asegurou esta mañá, na presentación do programa “Galicia con alma”. Paulo Vázquez, coordinador de Sustinea, animou á mocidade do Carballiño a sumarse a esta iniciativa, financiada pola Xunta con fondos europeos.
O programa consiste na formación no estranxeiro de seis mozos e mozas desempregadas e beneficiarias de Garantía Xuvenil. “Sustinea promove prácticas laborais non remuneradas durante dous meses na cidade de Cork, Irlanda, e en Lisboa, Portugal. Encargámonos de buscar empresas adecuadas aos perfís, e facemos unha formación previa e un acompañamento de busca de emprego á volta”, apuntou Vázquez. Neste caso, a colaboración co Concello do Carballiño permitirá dar a coñecer este programa entre a mocidade do municipio.
A inscrición realízase a través das redes sociais de Sustinea, e o período para facelo remata o 31 de xullo. Os gastos da viaxe, a busca de aloxamento e os gastos de luz, auga e aluguer están cubertos. A persoa beneficiaria percibirá 500 euros ao mes. O programa levarase a cabo de setembro a novembro deste mesmo ano.
Diego Fernández convidou á mocidade do Carballiño a non perder a ocasión de formarse e vivir no estranxeiro: “Que a xente poida ir facer prácticas a espazos como Irlanda ou Portugal e enriquecerse do uso de linguas estranxeiras aporta ferramentas moi útiles para o eido profesional.
Estimado lector: antes de publicar algo, hai que fixarse ben... Invítolle a que o faga... Sigue a liña continua en dirección Ourense e prohibido o xiro ó Mercadona. As liñas discontinuas son ó revés, vindo de Ourense ó Carballiño...
Pero opino o mesmo, seguirán cruzando igual, sen importar as liñas nin as sinais
Hai un par de meses, tódolos veciños do Carballiño poidemos ver unha foto coa presenza de membros do desgoberno PPSOE anunciando unha revolución na limpeza viaria do noso pobo.
Certamente resultaba algo necesario pois as queixas veciñais pola falla de limpeza eran xeralizadas.
O elevado importe do contrato adxudicado a unha empresa, arredor de 350.000 € ao ano, levounos a pensar que, á fin, veríamos o pobo limpo.
Nada máis lonxe da realidade, a foto resultou ser unha fantasía máis e toda aquela maquinaria coa que se retrataron na Praza Maior nunca máis se voltou a ver polas rúas.
Así, a triste e crúa realidade da nefasta xestión destes once magníficos quedou en evidencia este pasado domingo 13 de xullo.
Sendo o día posterior ao entroido de verán, con desfile incluído e unha importante afluencia de xente, todo o dispositivo de limpeza consistiu en tres operarios, dous con vasoira e un cun simple soprador de mán.
Estes tres traballadores non serían suficientes nin sendo superheroes de Marvel polo que non procede máis ca pedir explicacións aos irresponsables gobernantes que gastan ese diñeiral dos cartos de todos e, aínda así, non son capaces de garantir un servizo de calidade.
Tristemente, un ano máis, turistas e veciños seguen a queixarse amargamente da imaxe lamentable que ofrecen as nosas rúas. A diferencia é que este ano, aínda por riba, pagámoslle 350.000 € a unha empresa.
Asdo: Espazo Común, concello do Carballiño.
ESTA NOITE PINTARON AS MARCAS VIAIS NA 25 DE XULLO E TAMÉN POR ONDE O MERCADONA
ANTES HABIA LIÑA CONTINUA E SINAL DE PROHIBIDO O XIRO A ESQUERDA EN DIRECCIÓN OURENSE.
AGORA HAI LIÑA DISCONTINUA PERO A SINAL VERTICAL SEGUE AHÍ (TEN PRIORIDADE DE SEMPRE)
XA ANTES NON FACÍAN MOITO CASO AS SINAIS CANDO PROHIBIAN O MESMO, AGORA CON CONTRADICCIÓNS A COUSA NON VAI IR A MELLOR.
DE VERDADE HABÍA NECESIDADE DE FACER AS COUSAS ASI?

O Concello de Carballedo está situado entre a serra do Faro e o encoro dos Peares, entre a montaña e a Ribeira Sacra, no suroeste da provincia de Lugo, e ten a súa capitalidade municipal na Barrela.
Mantén unha gran interrelación económica e social coa comarca do Carballiño, trátase dun municipio no que se sitúa un dos primeiros testemuños do cristianismo en Galicia, xa que nunha pequena igrexa na parroquia de Temes foi localizado un sarcófago tardorromano datado no século IV.
As pegadas da idade media tamén deixaron a súa impronta, por exemplo, na igrexas románicas de San Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova. Ademáis, Carballedo destaca pola súa gran riqueza natural e paisaxística.
Escoita aquí o programa especial de verán de COPE O Carballiño dedicado ao concello de Carballedo:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »