29, Decembro 2024

Xa pasaron os do punto limpio a recoller os restos do moble. 

Gracias a cope carballiño por axudar a os veciños do noso ben querido pobo a solucionar estos problemas.Parabens e boas festas.

 

27, Decembro 2024

Os catro concelleiros do grupo do Partido Popular e a concelleira do grupo socialista Dolores Fariñas -que ven de sustituír a Iago Fariñas tras a recuncia déste, veñen de asinar unha moción de censura que xa foi rexistrada no concello do Irixo para a destitución da actúal alcaldesa Susana Iglesias, do grupo Xuntos polo Irixo, que gobernaba en solitario xunta á concelleira Tamara Civeira.

Desta maneira, o concello do Irixo terá tres persoas á fronte da alcaldía en apenas ano e media, e dúas mocións de censura, a que desaloxou da alcadía a Manuel Cerdeira o candidato do Partido Popular que fora o máis votado nas eleccións municipais de 2023 e agora unha segunda que propiciará un novo cámbio na alcaldía do Irixo, que pasará a obtentar a socialista Rosa María Dalama.

Para acceder ao escrito da moción de censura preme no seguinte enlace:

https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:76401f72-f966-4be1-996d-5337...

27, Decembro 2024

A noticia avanzada esta mañá por COPE O Carballiño, o acordo entre PP e PSOE no Irixo, que veñen de asinar unha moción de censura que destituirá da alcaldía o próximo dia 13 de xaneiro á actúal alcaldesa Susana Iglesias, e nomeará á socialista Maria Rosa Dalama como nova alcaldesa do concello do Irixo, foi o máis comentado nesta tertulia do venres dia 27 de decembro.

Xunto a Xan Pinal, estiveron nos estudios de COPE O Carballño José Antonio Barge, Maria Luisa Rodríguez, Sebas Lamazares e Fátima Gómez.

Escóitaa aquí:

 

25, Decembro 2024

O Carballiño recupera para a súa oferta de ocio unha sala que foi todo un simbolo e e lugar de culto para varias xeneracións desde a súa apertura a principios da década dos anos oitenta do século pasado, aínda que con varias reformas posteriores que foi transformando e modernizando as súas instalacións orixinais.

Agora, tras unha nova "posta a punto" a nova xerencia de Maxims aposta por unha oferta variada adaptada aos tempos actuais e pensada para todos os públicos. Asi, a idea é ofrecer os venres sesións con música dos 80 e 90 e concertos en vivo, os sábados sesións para un público máis xoven con DJs e Festas "Remember", e para completar as fines de semana a intención e recuperar os míticos "domingos de Maxims", que marcara unha época tanto para miles de persoas do Carballño e O Ribeiro, como de máis alá.

A reapertura da que xa se anuncia como "a sala máis carismática de todos os tempos" será este sábado dia 28 de decembro, ademáis xa están a venda as entradas para a gran noite de "fin de ano", que poden adquirirse a través do Whatsapp 649 622 270 ou o propio dia na taquilla da discoteca.

25, Decembro 2024

O outro dia petoume a porta a una señora moi botada para adiante, si a Sra alcaldesa do Irixo, viñan cun calendario por a porta e moito conto dese que trae ela, como se as que a vimos nacer non souperamos ben quen e a Susana iglesias e compañía… di vostede moitas cousas que non debería, o problema e que non se escoita, e todos lle sorrimos e nadie lle contesta a esas cousas que di pero estamos desexando que volte voste a farmacia porque nese posto era no que realmente podía facer por un sueldo algo sincero e dende logo non decía as cousas que di, donde esta ahora solo fai poñer unha cara cando sabemos que ten outra. A xente do Irixo non se convence por un calendario ou una libra de chocolate  e menos por uns cafes nos bares, esta vostede facendo o contrario do que pensa, faga e diganos o que queira, sabe e sabemos que non foi capaz de ocupar ese posto con humildade e xenerosidade, esperamos moita xente, incluida a que lle sorrimos e falamos o caso que volte voste a farmacia ou se ali non a queren xa para a sua casa… so lle din que a queren ahí os que din unha cousa e pensan outra ou os que estanlle a mamar do teto do concello directa ou indirectamente porque son coma vostedde xente interesada. feliz nadal a boa xente do Irixo no que non se incluie a sua actual alcaldesa e compañía….

 

24, Decembro 2024
23, Decembro 2024

Dende fai unhas semanas, atópase mal estacionado un vehículo na rúa dos Carboeiros, xusto antes do cruce coa estrada de Pontevedra. A localización do vehículo é especialmente problemática,de feito, xa se produciu un accidente entre dous vehículos. Este mal estacionamento obriga aos condutores que se dirixen á autoestrada a invadir o carril contrario, poñendo en perigo os vehículos que circulan correctamente polo seu carril e que proceden desta.

Quero tamén denunciar a deixadez de funcións por parte das autoridades. Este é un punto polo que pasan diariamente a policía local e a Garda Civil e ignoran completamente esta situación. Parece que a súa única preocupación son os vehículos mal estacionados os días de feira.

 

 

23, Decembro 2024

Escoita aquí a entrevista a entrevista a Francisco Fumega, na que o alcalde carballiñés fai balance de 2024 na xestión municipal e avanza os principais proxectos do concello carballiñés para 2025.

21, Decembro 2024

Peeo que es esto de un sakudito "mami", donde estamossss.

Y un coche de proteccion civil con sirenas acompañando y haciendo el tonto. 

D everdad a este nivel llegamos? 

20, Decembro 2024

José Antonio Barge, Maria Luisa Rodríguez, Sebas Lamazares e Manuel Nogueira estiveron xunto a Xan Pinal nos estudios de COPE O Carballiño nunha nova entrega da Tertulia dos Venres, a correspondente a este 20 de decembro de 2024.

Escóitaa aquí:

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS