19, Marzo 2022

O camíón coa axuda humanitaria que saíu do Carballiño a principios desta semana foi descargado nesta mañá de sábado na localidade de Przemysl (Polonia) para, noutro camión, trasladar todo o material ata a cidade ucraína de Busk.

Trátase do segundo envio que chega a destino xestionado por Cáritas Parroquial do Carballiño, recollendo as aportacións de parroquias, colexios, institucións e centos de persoas tanto das comarcas do Carballiño-O Ribeiro como do resto da provincia de Ourense.

Na expedición viaxaron ata a fronteira entre Polonia e Ucrania, os párroco do Carballiño Jorge Juan Pérez, e Santa Lucía de Rairo, Alberto López, que participaron activamente nos traballos de descarga e cara. Pola tarde, achegánse á fronteira para levar persoalmente outras axudas reciibidas froito desta campaña solidaria co pobo ucraíno.

18, Marzo 2022

Feminsitas da Asociación de Mulleres pola Igualade do Carballiño  e do colectivo "Feministas de Galicia" concentráronse na tarde deste venres ante o club Ninfas de Listanco, en Maside, en sinal de repulsa pola morte de Mila Marchetti,  a muller brasileira que foi encontrada morta en extrañas circustancias na madrugada do pasado domingo na planta de tranferencia do lixo do Carballiño.

A manifestación feminista tivo lugar horas despóis de trascender nos medios que as conclusións da investigación da Policia Xudicial sobre este suceso apuntan á morte accidental desta muller, polo que se descarta unha morte homicida, unha versión que non convence as convocantes do acto desta tarde, no que tamén famifestaron a condena á explotación sexual das mulleres.

18, Marzo 2022

Espazo Común valora moi positivamente o desenvolvemento a covocatoria feita por este grupo político na casa da cultura para tratar a situación actúal e futura do Asilo do Carballiño e a Fundación Irmáns Prieto, un éxito de convocatoria avaliada "pola masiva presencia, na charla de onte, de cidadáns preocupados por todo o que está a acontecer no Asilo do Carballiño e na Fundación Irmáns Prieto que o dirixe, deixa ben clara a inquedanza que sinte este pobo polo presente e o futuro desta institución benéfica".

Durante case unha hora de intervención, Pachi Vázquez explicou con detalle todo o que o grupo de Espazo Común foi quen de acreditar e documentar "a pesares do escurantismo e as constantes mentiras do alcalde Fumega que se nega incluso a facilitar documentos asinados por el mesmo no seu cargo de dirixente do Padroado", manifestan.

Dende Espazo Común incidiron particularmente na responsabilidade do alcalde do Carballiño "por ser o defensor dos intereses do pobo na directiva que dirixe a Fundación xunto co Bispo e o Arcipreste da comarca, sen embargo, leva dous anos enganando a todo o mundo e ocultando información vital sobre o que está a acontecer".

Pachi Vázquez mostrou documentos "sobre o valor das propiedades sitas no centro de Madrid, que se mide en millóns de euros e das que se negan a amosar contas nin documentos de titularidade actualizados".

Entre a documentación presentada, Espazo Común asegura que "evidenciaronse graves irregularidades en certificacións e modificacións estaturias que alteran por completo o espirito da Fundación".

Tamén se informou aos presentes "dos cambios de cargos na administración destes bens e do resto con que conta a entidade, sendo nomeados, ás escuras, nos tres últimos anos, un económo de Zamora e un avogado de Vigo para postos esenciais no coidado da herdanza deixada polos Irmáns Prieto",salientan.

Outro dos temas tratados foi o modelo de xestión que entenden desde Espazo Común "pasou a ser o mesmo de calquer xeriátrico privado, obviando a vontade amosada nos estatutos fundacionais, onde as propiedades e os seus rendemento quedaban consignados para dar acubillo aos anciáns sen recursos desta comarca. Algo que se está a incumprir cobrando tarifas ás que ninguén en situación de desamparo podería tan siquera achegarse, obviando a condición de entidade sen ánimo de lucro e deixando moitas dúbidas sobre o destiño das rendas dos inmobles mencionados na capital de España".

Comentouse ademáis que "preocupa e moito a gran conflitividade laboral do centro despois da decisión do Padroado de nomear unha directora externa que puido ser o detonante da marcha das Irmáns dos Anciáns Desamparadas despois de case 120 anos de traballo ininterrompido e doutra congregación posterior que apenas estivo un ano e marchou tamén por diferencias no xeito de xestionar o Asilo".

Nas intervencións do público quedou patente o compromiso social e a disposición de todo un pobo para loitar por manter intacta unha institución que forma parte do ADN dos carballiñeses. Así, falouse da creación dunha Comisión Cidadá para a Defensa do Asilo "que se encargue de esixir ao alcalde que amose toda a documentación que oculta e que él e os outros dous responsables respecten a historia e a esencia dunha entidade centenaria sen convertela nun negocio", remarcan dende Espazo Común.

18, Marzo 2022

O prezo da gasolina polas nubes. Agora ademais pretenden poñer peaxes e viñetas por circular por autovias ata agora gratuitas. O centro das cidades proximamente pechado a vehiculos antiguos polo seu nivel de contaminación (o 80% do parque movil total). Todo co proposito de dicirnos que non usemos o coche particular. Pero entón, ¿en que nos movemos? Porque no Carballiño seguimos sen trens.

17, Marzo 2022

A Deputación de Ourense integrarase como socia en cada unha das asembleas dos seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) existentes na provincia, achegando a capacidade técnica e xurídica dos seus servizos, así como tamén abrindo unha liña de colaboración económica para contribuír á realización dos proxectos que levan a cabo por todo o territorio. Este é o resultado da reunión que esta mañá mantivo no Pazo Provincial o presidente, Manuel Baltar, cos representantes dos seis GDR ourensáns (Ourense-Adercou, Carballiño-Ribeiro, Limia-Arnoia, Monteval, Sil Bibei Navea, e Valdeorras) e que supón o cumprimento dunha das propostas aprobadas pola corporación no debate sobre o estado da provincia de novembro pasado.

A iniciativa partiu dunha proposta trasladada polos GDR á Deputación, referendada posteriormente no debate sobre o estado da provincia, no que aprobouse esta colaboración para “impulsar diferentes vías de colaboración cos seis GDR da provincia de Ourense (…) Solicitaremos a adhesión en cada un dos GDR e poder integrarnos nas respectivas asembleas en calidades de socio”. Un punto cumprido agora con este acordo. Manuel Baltar lembra que a iniciativa para impulsar vías de cooperación con estes grupos aprobouse “por acordo unánime” e implicará a adhesión da Deputación como socia a cada GDR “para achegar todo de nós non só como goberno provincial, senón tamén a través do Inorde”. Así, e xunto cos servizos técnicos e xurídicos que se porán a disposición destas entidades, a Deputación “realizará unha primeira achega económica que este ano será de, aló menos, 10.000 euros, que se aprobarán na modificación de crédito prevista para o pleno do mes de abril”, anunciou o presidente.

“O noso discurso é de acompañamento e apoio nas reivindicacións e proxectos que formulen os GDR”, dixo Manuel Baltar, destacando que a Deputación de Ourense “é a primeira institución provincial en participar en todos e cada un dos grupos que operan no seu territorio e que engloban a todos os concellos da provincia”. Unha alianza que toma forma nun momento no que a defensa do rural ten un gran protagonismo, en particular para unha provincia que “xunto con Lugo, foi clave na chegada a Galicia de tantos fondos europeos durante tanto tempo, fondos que non van deixar de vir, pero sobre os que, en pe de igualdade con outras provincias, temos que falar en termos de equilibrio territorial”.

Apoio da Deputación e o horizonte dos fondos europeos

A proposta de colaboración dos GDR á Deputación avanza futuras liñas de traballo coma a promoción dos “produtos de calidade agrarios e artesáns da provincia”, o traballo conxunto na promoción turística da provincia ou a colaboración co Inorde. No encontro desta mañá con Manuel Baltar estiveron Manuel Seoane, alcalde da Peroxa e presidente do GDR Ourense-Adercou; Manuel Dacal, tenente alcalde do Carballiño e representante do GDR Carballiño Ribeiro; Gumersindo Lamas, alcalde de Sarreaus e presidente do GDR Limia-Arnoia; Luciano Rivero, alcalde de Cualedro e vicepresidente de Monteval; Francisco Magide, tenente alcalde de Parada de Sil e presidente do grupo Sil Bibei Navea e María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda de Valdeorras e presidenta da GDR Valdeorras.

Como voceiro dos GDR ourensáns, Francisco Magide cualificou a reunión como “moi positiva”, tanto pola achega económica comprometida como polo feito de que a Deputación se implique nas súas actividades, “o que significa entender na práctica o importantes que son os GDR promovendo moitos proxectos de desenvolvemento e en contacto moi próximo co territorio”. Para Francisco Megide, tenente alcalde de Parada de Sil, está é “unha idea excelente porque é unir esforzos na consecución dun mesmo obxectivo que ten como beneficiario o mundo rural”.

Magide expresou a preocupación dos grupos polo próximo programa financeiro plurianual da Unión Europea (201-2027), subliñando a necesidade “de que se dote a Ourense con máis fondos dos que ten agora, xa que a maior parte dos concedidos a Galicia veñen polas provincias de Lugo e Ourense, unha demanda que tamén asume o presidente o que nos parece moi importante”.

Grupos de xestión de fondos europeos para o medio rural

Os GDR teñen como principal función xestionar fondos europeos para desenvolver programas de dinamización local, contando para este fin coa colaboración de organismos públicos e colectivos de representación empresarial, social e veciñal nos territorios que abarca cada grupo. Están dotados cun equipo técnico (xerencia, técnicos e administrativos), ademais de órganos decisorios como unha asemblea xeral, xunta directiva ou equivalentes. Cada un dos grupos, dos que en Galicia existen 24, elabora una estratexia de desenvolvemento para o seu territorio, dentro dos criterios establecidos no Plan Leader da Unión Europea, programa que ten como obxectivos axudar ás pemes agrícolas no medio rural a mellorar a súa produtividade e competitividade, financiar novas iniciativas económicas e medioambientais e formar á poboación en labores específicas e sostibles.

16, Marzo 2022

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou hoxe as obras de pechamento, formigonado e humanización do soportal do local social da Asociación de Veciños Partovia no Carballiño, que recibiu o ano unha axuda de preto de 5.500 euros.

A organización foi unha das 41 entidades beneficiarias da provincia de Ourense o ano pasado, que recibiron máis de 600.000 euros no marco da convocatoria de axudas do Plan específico de Acción Comunitaria. No conxunto da comunidade, o Goberno galego destinou 2,5M€ para apoiar as iniciativas e 173 asociacións.

Natalia Prieto, lembrou que a Xunta vén de renovar esta orde, na que o Goberno galego incrementa o orzamento nun 20%, ata acadar os 3 millóns de euros, na súa aposta polo asociacionismo veciñal e a xestión conxunta de bens e servizos por parte da poboación galega.

A orde de subvencións para este ano inclúese no plan específico de acción comunitaria, destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Os investimentos van destinados ao acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e a compra de equipamentos básicos para o seu funcionamento, como mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou material non básico específico para levar a cabo determinadas actividades. Ademais, son subvencionables proxectos de mellora, reforma e reparación das instalacións das traídas de auga promovidas por comunidades de usuarios de augas para garantir o abastecemento

16, Marzo 2022

BOAS. POR DICIR ALGO.....

OU SEXA, NON FAN NADIÑA PARA SOLUCIONAR OS GRAVES PROBLEMAS QUE HAI A ALTURA DA RUA PIÑOR, DE INUNDACIÓNS CANDO CAEN TRES GOTAS, E POR RIBA VAN OS ILUMINATI E ENGADEN UN COLECTOR MAIS DE PLUVIAIS  DESA RÚA Ó ALCANTARILLADO DA AVD. DE COMPOSTELA.....GRACIAS A TODOS POLO VOSO ESFORZO MENTAL.....CANTAS NÓMINAS TIRADAS.....

16, Marzo 2022

Queria manifestar o meu malestar pola decision da Xunta de Galicia de querer ubicar o futuro centro de saude na actual estacion de autobuses. Pareceme un desacerto de gran magnitude. Digan o que digan os do PP do Carballiño ahi non colle o que estan facendo en Lalin e noutros puntos de Galicia. Por non falar dos problemas de aparcamento e conxestion do trafico que ocasionaran na contorna. Eso para os vaian en coche. Para os que vaian a pe teran que subir costas pronunciadas nas ruas que baixan cara a avenida do balneario. Algo que para a xente maior pode ser un suplicio. Por non dicir que os dias de feira ou cando haxa un evento no auditorio aquelo sera peor ca un festival. Ademas hai dos negocios coma a cafeteria ou a reparteria de paqueteria que salerian perxudicados xa que terian que marchar de ali. A casa da xuventude que? Non estaba comprometido que iria para ali. En fin. Todo un despropósito. Que asesora aos da Xunta?  Parece todo unha decision partidista xa que era a proposta do partido local que goberna en Galicia. Pero aqui ninguen pensou nas consecuencias.

16, Marzo 2022

Fin ao culebrón dos últimos meses na vida municipal do concello do Carballiño, os técnicos da Xunta consideran que a parcela que ocupa a actúal estación de autobuses na avenida do balneario é opción máis viable entre as propostas remitidas por parte do concello carballiñés.

Desta maneira, ademáis, o concello do Carballiño aforra o gasto que tería que afrontar para comprar caquera das outras parcelas de titularidade privada que foran propostas polos grupos políticos de Espazo Comun, BNG, Podemos ou o propio grupo de goberno socialista. A ubicación agora considerada polos técnicos do Sergas fora proposta dende un principio polo grupo municipal do Partido Popular.

Agora, concello e Xunta deberán levar a cabo os trámites para a cesión da propiedade, e mesmo resolver algunhas cuestións como a concesión da explotación da cafeteria da estación de autobuses que está en vigor, e tamén deberá o concello prever a creación dunha zona de aparcamento para vehículos tanto para os profesionais como para os usuarios do futuro centro sanitario carballiñés. Ademáis, concello, Xunta e Adif, terán que concretar o convenio para a reconversión da actúal estación de ferrocarril en futura estación intermodal do Carballiño.

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, manifestou en declaracións a COPE O Carballiño que Xunta e Concello están dacordo nesta decisión e que agora toca avanzar na formalización do protocolo para axilizar as xestións e que o proxecto poida executarse dentro da fase 1 do plan de novas infraestructuras sanitarias da Xunta, que fixou unha previsión de 8 millóns de euros para este novo centro no Carballiño.

En canto ao proxecto de futuro Centro Integral de Saúde para O Carballiño, Sanidade propón un edificio de 4.500 metros cadrados de superficie, que estará dividido en 22 consultas de adultos, área bucodental, despacho de traballador social, área de infecciosos, 4 salas polivalentes, toma de mostras, e área pediátrica con 4 consultas, área da muller con 2 consultas, área de fisioterapia, sala de docencia. No PAC: 6 consultas. No COF: 3 consultas. Na área de saúde mental: 3 consultas e despacho de saúde pública. Con respecto ao centro de saúde actual increméntase: en 8 consultas na área de adultos, sala de educación sanitaria, área bucodental con 2 consultas, sala de xuntas No PAC: 2 consultas e sala de críticos e de observación.Un área de saúde mental con 3 consultas.

15, Marzo 2022

Boas tardes, estou farta de ver o analfabeta que é a xente, e unha vez máis acabase de demostrar, co aceite de girasol, a xente escoitou nos telediarios que o aceite ia encarecerse, e que  cada vez haberia menos, que non se lles ocurriu otra cousa, que ir en masa os supemercados  e mercar canto máis acetite mellor( o prezo daba igual o importante era ter moiiiito aceite na casa, aida que non se necesitase) esto que provocou, que o aceite que tiñan e teñen de sobra nos almacens os supermercados as grandes superfices comerciales, os proveedores,  o subiran de precio,  cando eles o mercaron moito antes da guerra a un precio moito máis baixo, e ahora subennolo a nós por IDIOTAS, BORREGOS, ANALFABETOS, E EGOISTAS. En resumidas cuentas o aceite de girasol está tan caro,  pola culpa da XENTE, NON DA GUERRA, nos mesmos tiramos as pedras no noso tellado. Aqui os grandes beneficiados son os que venden o aceite de girasol que viron un gran negocio pa encher as suas sacas a conta dos BURROS/AS  DE DUAS PATAS.

O SER HUMANO É O ANIMAL MÁIS BURRO DO PLANETA

O SER HUMANO É O ANIMAL QUE TROPEZA SEMPRE  NA MESMA PEDRA

O SER HUMANO É O NIMAL MAIS EGOISTA  DO PLANETA

ETC

ETC

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS