
Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde de Avión, Antonio Montero, subliñando que "trátase dunha necesidade que non veñen manifentado moitos veciños, non so da capitalidade municipal senón do resto das parroquias".
Para levar a cabo a construcción deste cemiterio municipal, o concello de Avión ten previsto desenvover unha área de reparto do PXOM nas inmediacións da igrexa dos Santos Xusto e Pastor, que deberá urbanizarse "xa temos o compromiso do presidente da Deputación para cofinanciar este proxecto que ten un coste de 280.000 euros, farémolo mediante un convenio de colaboración entre ambas administraccións, Deputación e Concello".
O rexedor municipal tamén avanzou diversas obras de mellora da rede viaria municipal, que tamén se fará coa colaboración da entidade provincial, e que -entre outras- incluirá as estradas entre Vilariño e Espiñeiro, Taboazas-Couso, asi como os accesos a Vilar, Pascais e Valderías.
Los vecinos de este pueblo estamos cansados, hoy otro brote en un pub de Carballiño, no puede ser, sus dueños pasan inmunes a esto, las mascarillas brillan por su ausencia, y después de lo que paso en navidades, siguen igual , sin que Nadie tome medidas, y este sábado se volvieron a contagiar.
cuando uno entra en el súper, en una tienda, en una panadería, etc lo primero que te dicen pon la mascarilla, y ahí qué pasa que nadie va tomar medidas, sólo se pide que sus dueños obliguen a todo el mundo a poner la MASCARILLA, será tanto pedir que cumplan la ley, se publican vídeos y fotos de mucha gente sin nada . VERGÜENZA!!!

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe o compromiso do Goberno para paliar a exclusión financeira do rural galego. Nunha visita ao concello ourensán de Cenlle, presentou e supervisou as novas medidas implementadas a través de Correos, como a instalación de caixeiros automáticos nas oficinas da empresa pública postal e os novos servizos que prestan os carteiros rurais, “un servizo público qué é importante difundir e que a cidadanía saiba que está á súa disposición, especialmente as persoas maiores”.
Así o sinalou durante a visita que realizou esta mañá, xunto co alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez; o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o xerente de Produtos e Servizos para a Área Noroeste de Correos, Xosé Chorén, á oficina postal de Barbantes, en Cenlle, onde se instalou un dos tres primeiros caixeiros multitarxeta que Correos xa colocou en Galicia, xunto con Cortegada e Samos. Esta iniciativa do Goberno estenderase a 80 localidades máis de Galicia nos vindeiros meses.
José Miñones sinalou que “o obxectivo desta medida é contribuír á loita contra a exclusión financeira”, especialmente nas zonas rurais, ofrecendo á cidadanía a posibilidade de dispoñer de efectivo en poboacións onde non hai oficinas bancarias, como é o caso de Cenlle, pero si puntos de atención de Correos. “Trátase dunha mostra da aposta do Goberno e de Correos para ofrecer no rural servizos financeiros para que os veciños e as veciñas e tamén as pequenas empresas dispoñan das mesmas condicións que aqueles que residen en áreas urbanas para desenvolver os seus proxectos vitais e laborais”, subliñou.
Na mesma liña, trabállase coa oferta de novos servizos no domicilio por parte dos carteiros rurais, que facilitan aos veciños e veciñas do rural realizar na súa propia casa moitos dos servizos que se prestan nas oficinas ou na tenda en liña de Correos, grazas aos novos dispositivos electrónicos portátiles (PDAs) cos que contan os carteiros e carteiras desde finais do pasado ano. Este plan de carteiros rurais comezou como proxecto piloto na provincia de Lugo, e dados os bos resultados o Goberno xa o está a estender no resto de provincias.
“A cidadanía atendida por estes profesionais poderá, desde a porta da súa casa, ingresar e retirar diñeiro en efectivo; enviar e recibir paquetería; pagar recibos e tributos; adquirir embalaxes, sobres e selos; xestionar servizos de luz, gas e telefonía; comprar os distintivos ambientais da DXT e moitos servizos máis que se prestan nas oficinas de Correos”, destacou José Miñones. A pesar de ser un servizo recén estreado, os carteiros rurais xa realizaron 144 servizos a domicilio na provincia de Ourense en decembro e 163 no mes de xaneiro.
“Estas medidas son reflexo da aposta do Goberno e de Correos para achegar os servizos desde as administracións públicas á cidadanía da contorna rural, facilitando a vida dos cidadáns en en toda Galicia e contribuíndo na loita contra o reto demográfico, para que vivir no rural non sexa unha carga, senón un privilexio”, expresou o delegado.

A ONCE instalou no Carballiño un dos seus novos quioscos, un modelo máis accesible para todos os axentes vendedores con discapacidade, máis ecolóxico pola tipoloxía de produtos de construción e os seus consumos e con máis facilidade de comunicación co público.
Este novo quiosco, que se atopa na rúa Rosalía de Castro, foi presentado polo director da ONCE en Ourense, Jesús Sánchez García, e a concelleira de Servizos Públicos de Carballiño, Rosa Fuentes.
O novo deseño de quiosco da ONCE conta cunhas dimensións que non só non obstaculizan o paso nas beirarrúas senón que permiten unha maior accesibilidade para a persoa que exerce a venda e para quen se achega a compartir uns minutos co axente vendedor.
Boas tardes, o Goberno crea unha axuda po alquiler de 250 euros mensuales durante dous anos, para os xóvenes de ata os 35 anos, e non se lle ocurre outra cousa ós propietarios das vivendas vacias que : SUBIRLLE O PREZO Ó ALQUILER. Non se dan conta que facendo así estamos como ó principio, a xente segue sen poder alquilar, é como se non nos deran a axuda. Queridos propietarios estes cartos son pos que alquilan xq se antes pediades 370 euros ó mes, e eranos imposible pagalos, e ahora coa axuda pedides 470 euros mensuales seguimos sen poder alquilar, e que non o vedes. PIDOLLE O GOBERNO QUE NON DÉ AXUDAS PO ALQUILER, O QUE HAY É QUE COBRARLLE MAIS IMPOSTOS AS VIVIENDAS VACIAS, LIMITACION DO ALQUILER, VIVIENDA ASEQUIBLE, ETC,.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron o concello de San Amaro, onde a Xunta colaborou na reforma e mellora do alumeado público cunha axuda de 27.700 euros.
O Goberno galego apoiou ao municipio na reparación e mellora da iluminación do núcleo urbano de San Amaro coa substitución e reforma dos cadros de mando e protección, a revisión e o cambio dos tramos de cableado, así como a renovación das luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED con óptima asimétrica de alta potencia e eficiencia e a execución de tomas de terra. Estas actuacións leváronse a cabo en pistas, camiños e estradas no núcleo de San Amaro e permitiron un importante aforro enerxético, tanto desde o punto de vista económico como na preservación do medio ambiente.
No transcurso desta visita dos mandatarios autonómicos ao concello de San Amaro, acompañados pollo alcalde da localidade, Fernando Redondo, trasladáronse á parroquia de Eiras, onde o rexedor municipal demandou colaboración para a obra de acondicionamnto do camiño entre A Reguenga e o pobo de Eiras, asi como a mellora da accesibilidade ao centro social desta parroquia, onde se ubica o velorio parroquial.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, na que lle trasladou a vontade da Xunta de colaborar na mellora do abastecemento de varios núcleos do municipio co fin de paliar os problemas de arsénico e asegurar a calidade da auga.
Durante o encontro celebrado en Santiago, Vázquez Mourelle confirmoulle ao rexedor que Augas de Galicia atenderá a solicitude municipal para desenvolver, a nivel construtivo, as actuacións necesarias para solucionar os problemas que xera o arsénico na auga e asegurar a calidade do abastecemento os veciños destes núcleos da parroquia de San Tomé de Serantes.
A Xunta apoiará así ao Concello no desenvolvemento das súas competencias municipais, redactando o proxecto construtivo de cara á mellora do sistema de abastecemento nos núcleos de Serantes, de Sa e de Paredes desde o depósito municipal de Lebosende.
Na reunión, a conselleira e o alcalde tamén abordaron a evolución dos traballos do proxecto de iluminación da ponte Esperela sobre o río Avia, situada no punto quilométrico 3+280, na estrada de titularidade autonómica OU-209, ao seu paso polo municipio. A Xunta contratou a redacción deste proxecto por algo máis de 18.000 euros.
Vázquez Mourelle informoulle dos avances nos traballos de análise e valoración da situación actual da ponte, así como do seu valor como elemento no entorno para o deseño das distintas actuacións de iluminación.
Segundo confirmou a titular de Infraestruturas, a previsión da Xunta é licitar as obras este ano, no marco do novo programa que o Goberno galego está a impulsar de posta en valor e mellora da iluminación de pontes, co que tamén vai actuar na ponte do Pedrido, sobre a ría de Betanzos, ou na Ponte Sampaio, no concello de Soutomaior.
Cómpre lembrar que a ponte Esperela ten 180 metros de lonxitude, un ancho de 6 metros nos estribos e 4,8 metros nos arcos. Está construída enteiramente con perpiaños de granito, consta de cinco arcos rebaixados e catro tallamares. A calzada ten unha rasante plana e os peitorís son de cantería maciza. As luces dos arcos son de 15 metros e as pilas teñen 2 metros de ancho.
A conselleira concretou que o proxecto que se está a redactar avaliará as diferentes alternativas de iluminación: taboleiro, petril, dovelas e laterais, intradós ou pilas, primando, en todo momento, a integración paisaxística da ponte na contorna.
Esta nova intervención do departamento que dirixe Ethel Vázquez dará continuidade aos traballos de acondicionamento xa realizados pola Xunta na ponte en 2020, dirixidos a favorecer a súa conservación e á mellora da súa imaxe. A actuación supuxo un investimento autonómico de preto de 30.000 euros.
Por el titulo ya se sabe a quien me refiero. El lamentable estado de calles como Carreira se junta con el comienzo de otras como la de Mesego y que se deja a medio acabar, aunque el señor del trailer no le molesta para dejarlo aparcado en la zona sin asfaltar, no sé por donde entrará para evitar la señal de prohibido 15t, pero eso que mas da en Carballiño. En este lugar los peatones solo están seguros un cuarto de calzada para cruzar, es para lo que dio el bote de pintura que traían consigo.
En otro lugar seguimos con las cacas de los chuchos que siguen esparciéndose por todo el pueblo, y con unas calles llenas de vasos rotos, vómitos y demás porquería los días después de juerga. Lo de fumar en terrazas y que todo el mundo mire para otro lado es también algo que no se menciona. En fin, otra denuncia con más de lo mismo que pasará sin pena ni gloria, cuando en las tertulias que se llevan a cabo aquí deberían de tratarse, por lo menos algunas.
A disfrutar de lo votado.
Volvemos insistir nas peticións que facemos para que se repoñan as luces na praza do balneario, que non funcionan, e tamén que repoñan os bancos que están que dan pena, que nos fagan caso, que os impostos pagámolos igual que os do centro.

O grupo municipal de Espazo Común defende que "apenas se executou un 10%" do plan de obras de mellora das infraestructuras públicas tanto no ámbito urbano como nas parroquias da zona rural e lembran que foi "entre finais de 2020 e comezos do 2021 cando vimos que se ían anunciando infinidade de proxectos para a súa execución no ano que vimos de rematar".
Culpan deste retraso "ou a inoperancia do goberno ou un descarado tacticismo electoralista" aínda que non sorprende a Espazo Común porque "o goberno do Carballiño xa nos ten a todos máis que acostumados a grandes anuncios que resultan ser, co paso do tempo, grandes nubes de fume", manifestan.
"As idas e vindas coa xestión do millonario remanente aforrado nos últimos dez anos no concello do Carballiño e a pouca seriedade á hora de facer anuncios lévannos a pedir un pouquiño de rigor aos membros do grupo de goberno, o balance é bo de facer, apenas ningún compromiso se levou a termo", aseveran dende Espazo Común.
E fan repaso dalgunhos dos proxectos que están pendientes de execurtarse como "reformar e humanizar a rúa Carreira, abrir a rúa Costa Rica, Faustino Santalices, arranxo das rúas da Saleta, Castelao e Ourense, ou mesmo da casa consistorial, e a inversión de 140.000 euros en cada unha das parroquias".
Finalmente, conclúen manifestando que "o cortopracismo de Fumega que so procura investir onde pensa que pode obter rendemento electoral e que actúa en formato cacique con pequenos favores que agarda cobrar o dia das eleccións, está levar a este pobo por un camiño moi perigoso e de difícil retorno".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- 220
- 221
- …
- seguinte ›
- última »