
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia a renovación da sinalización vertical das autoestradas Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54).
Esta intervención, que conta cun investimento autonómico de 80.000 euros, forma parte das inspección realizadas o ano pasado polo departamento de Infraestruturas da Xunta no marco das actuacións de conservación e mellora da rede de estradas autonómicas.
Mediante esta actuación vaise substituír o 33% dos sinais, o que supón un total de 330 dos 980 elementos existentes nas autoestradas: placas complementarias, sinais e carteis.
Esta semana comezarán os traballos correspondentes á renovación de carteis, para o que será preciso realizar o corte dun dos carrís, manténdose a circulación polo outro. Con esta actuación renóvanse os sinais colocados na súa maioría en 2007, no caso do tramo da AG-53, Dozón-Cea, e no ano 2009 no tramo Cea-A-52, no enlace de Piñor e na AG-54. Non se renovarán aqueles que xa foron substituídos por presentar un maior desgaste, por accidentes ou as instaladas máis recentemente por cuestións específicas, como evitar entradas en sentido contrario.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN DONDE INSTA Ó CONCELLO Á CELEBRACIÓN DOS PLENOS CADA DOUS MESES SEGUNDO MARCA A LEI DA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE GALICIA E NO ULTIMO XOVES DE CADA DOUS MESES SEGUNDO SE APROBOU NO PLENO DE ORGANIZACIÓN DO PRESENTE MANDATO.
Os socialistas teñen achegado nos últimos meses media ducia de mocións que están a espera da convocatoria do pleno ordinario que fai mais de 4 meses que non se convoca cando o artigo 210 da Lei da Administración local de Galicia establece que; “a) El Pleno celebrará sesión ordinaria, como mínimo, cada dos meses...” Que ademais no pleno de organización do pasado 12 de xullo de 2019 no punto “3. Establecer a periodicidade das sesións plenarias...” aprobouse por unanimidade convocar/celebrar os plenos do Concello de O Irixo o último xoves de cada dous meses como data fixa para a celebración dos plenos ordinarios que marca lei da Administración local de Galicia.
Lamentan os socialistas que o alcalde de O Irixo que vive e cobra do Concello de O Irixo, non teña o mínimo respeto pola corporación municipal, pola democracia e a lei e non convoque os plenos en tempo e forma CERCENANDO O DEREITO DOS CONCELLEIROS DA OPOSICIÓN A DENFENDER A AS SUAS PROPOSTAS PENDENTES E FACER A SUA FUNCIÓN DE CONTROL DO GOBERNO.

Maís de 150 veciños e veciñas do Carballiño concentráronse nesta mañá de sábado na Praza maior detrás dunha parcarta na que podía lerse "O Carballiño en defensa do asilo".
Respondían asi á chamada feita en redes sociais, que foi públicamente apoiada polas asociacións veciñais "Camiño" e "Colectivo veciñal O Carballiño", entre os asistentes encontrábanse extraballadoras do xeriátrico carballiñés e tamén algúns representantes dos grupos políticos da oposición municipal no concello, entre eles os portavoces de Partido Popular e Espazo Común, Ricardo Perea e Adolfo Nogueira.
A manifestación foi convocada para expresar as "inquietudes" entre a veciñanza carballiñesa tras a marcha en 2020 das "Hermanitas de los ancianos desamparados", a congregación de relixiosas que exercían como administradoras do asilo dende a súa creación a principios do século pasado. Dende a súa marcha do Carballiño, o xeriátrico está xestionado directamente polo padroado da Fundación Irmáns Prieto, que puxo ao fronte do asilo a un novo equipo directivo. Unhos cámbios que suscitaron controversia en amplos sectores da cidadanía carballiñesa, preocupados polo presente e futuro dunha institución moi querida no Carballiño, como é o asilo.
En clave política, os grupos da oposición veñen esixindo expliacións ao alcalde Francisco Fumega, na súa condición de patrono do padroado que rexe a Fundación. No pleno de xaneiro, a corporación carballiñesa acordou por unanimidade a creación dunha comisión de traballo na xunta de portavoces para aclarar a situación actúal no asilo e tamén sobre diversos aspéctos que teñen que ver tanto coa Fundación Irmáns Prieto Pereira como o padroado que a dirixe.

O concelleiro de Compromiso por Galicia no concello de Punxín, pídelle ao alcalde da localidade Manuel Vázquez "Casalta" que convoque un pleno extraordinario da corporación e dea información e explicacións sobre un asunto que Eladio Fernández considera "é de especial gravidade".
O concelleiro de CXG demanda "a aclaración pública da responsabilidade do alcalde na xestión da Licenza que se concedeu para reformar un inmoble propio no lugar da Castiñeira, que leva a que esté sento investigado pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia.
Que explique esta denuncia, que se instrúe na APLU, parte de unha plataforma denominada Bastión Cidadán.
Que explique os motivos que levan ao Arquitecto, contratado polo alcalde, D. Loreto Valles Catalaín para negarse a firmar o Fin de Obra, por non seguir as súas instrucións.
Que explique si o alcalde solicitou unha licenza para rehabilitar a construción antiga ou para derribala, como fixo, e non aterse o Proxecto de Obra. Que explique cómo se permite vostede ignorar , como máximo responsable en Urbanismo, a prohibición de derribo de inmobles tradicionais no núcleo rural da Castiñeira, que ven claramente determinado no artigo 26 da Lei 2/2016 de 10 de Febreiro do Solo de Galicia, así como no artigo 40 do Decreto 143/2016, de 22 de Setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/ 2016 do Solo de Galicia.
Que explique a cantos despachos de arquitectos visitou implorando que lle fixera un Informe para legalizar a edificación do caso.
Que explique, ante un caso tan grave, por qué no último Pleno de fai escasos días, non da conta a Corporación Municipal da apertura dun expedinte sancionados contra vostede, Alcalde de Punxín, por a Axencia de Protección da Legalización Urbanística da Xunta ( APLU).
Finalmente, o concelleiro de Compromiso por Galicia advierte ao rexedor municipal que "no caso de non convocar o pleno no prazo dunha semana" faráo él mesmo.

Este mércores, foron recibidos, na casa do Concello, os integrantes da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios da Área Industrial polo alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Industria, D. Manuel Dacal, co fin de abordar os asuntos de especial relevancia para a boa marcha das 52 empresas que integran dita asociación na actualidade, e conforman o tecido empresarial mais importante da comarca do Carballiño xerando emprego para 1.150 traballadores.
Primeiramente a representación empresarial detallou a relación de inquedanzas e proxectos a emprender para facer viable a actividade empresarial así como o mantemento e mellora do emprego da area empresarial.
A representación da asocición empresarial presentoulles aos responsables municipais a demanda dun Viveiro de Empresas, expuxéronlle os beneficios de contar cun viveiro de empresas, para facilitarlle a emprendedores e emprendedoras o inicio da súa actividade na Area Empresarial, mediante o aluguer de naves a un prezo moi reducido, e así impulsar o asentamento de novas empresas na futura ampliación do parque empresarial.
Polo que respecta ás vias de comunicación, falouse da futura autovía que unirá Ourense con Lugo e a posibilidade de contar cun enlace que conecte a área empresarial do Carballiño coa A-56, algo que sería moi beneficioso, non só para os empresarios e traballadores do polígono, senón para o conxunto da comarca en xeral. O equipo de Goberno mostrouse completamente a favor desta proposta, manifestando o seu apoio, e comprometéndose a establecer diálogo con aqueles axentes e institucións pertinentes.
En materia de seguridade, outro dos principais asuntos que se abordaron, e polo que se mostrou gran preocupación, foi o relativo a seguridade das persoas e as empresas, despois de terse producido diversos roubos en empresas da área industrial nas últimas semanas. Ambas partes estiveron de acordo, en que é primordial ter un entorno seguro, polo que é indispensable adoptar todos aqueles mecanismos para erradicar este tipo de sucesos. Deste xeito, acordaron aumentar as rondas de vixilancia dos corpos de seguridade durante a noite e celebrar unha reunión coa Garda Civil. Tamén se propuxo revisar o actual sistema de vídeo vixilancia instalado no polígono, co obxectivo de mellorar a sua eficacia para a sua contribucion ao fin desexado.
Finalmente, abordouse o acondicionamento de viais, tratouse a necesidade urxente de acondicionar e asfaltar o tramo final do vial 6 en dirección á antiga feira do gando, demanda que se ven reiterando en últimas reunións. En relación a isto, acordouse arranxar aquelas zonas máis deterioradas na maior brevidade posible.

A Xunta continúa a impartir o primeiro Plan de Formación para persoal de servizos sociais no que se aborda, entre outras materias, as novidades normativas en materia de discapacidade. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe os participantes que asistiron a esta sesión formativa sobre a Lei 8/2021 de atención ás persoas con discapacidade na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.
Entre os asistentes encóntranse profesionais de 16 entidades sociais de Galicia como a Asociación Atox, a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, C.T.V.A. A Valenzá, o Centro de Inclusión María Nazarena e persoal implicado na Fundación Pública para a Tutela de Persoas Adultas (Funga).
O Plan de Formación Continuada iniciouse o pasado mes de novembro e está dirixido a máis de 10.000 profesionais e conformado por 300 actividades e máis de 6000 horas. Este plan permite atender as dúbidas e formar os profesionais dos diferentes centros nas técnicas máis avanzadas. Os contidos deles irán desde novidades normativas ata aspectos máis tecnolóxicos ou sociais.

A casa do concello de Beariz acolleu un acto simbólico no que a deputada de Igualdade e Reto Demográfico da Deputación Provincial, Luz Doporto, acompañada do alcalde, Manuel Prado, fixo entrega da última das tarxetas do programa de axudas de 2021 a Leticia Domínguez, nai dunha bebé nacida o 31 de decembro.
O programa ChegOU da Deputación ourensá inclúe unha tarxeta con 300 ou 500 euros, segundo a clasificación de prioridade demográfica do municipio no que resida a familia, para gastos relacionados con produtos hixiénicos, alimentarios ou de saúde do bebé.
Luz Doporto lembrou que o programa se puxo en marcha en 2016 e que, desde entón, repartiu un total de 2,3 millóns de euros en axudas a 7.799 beneficiarios.
A Deputación de Ourense destina este ano 300.000 euros ás subvencións para o fomento da natalidade do programa ChegOU, que xa se poden solicitar.
Estas axudas están dirixidas ás persoas que, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro deste ano, teñan un fillo, adopten ou accedan á tutela de menores.

Fai catro meses que comunicamos no concello esta avería no alumeado público na rúa Conde Vallelano, unha das arterias principais do Carballiño, e asi seguimos cos negocios ás escuras.Por favor...

A Policia Local do Carballiño incorpora dende hoxe dia 1 de Febreiro a 3 novos axentes, que unha vez rematado o seu periodo en practicas tanto na Academia Galega de Seguridade como na propia Policia Local carballiñesa, tomaron xa posesión das súas prazas en propiedade, comezando a exercer a súa labor profesional como axentes do Corpo da Policia Local.
Coincidindo coa incoporación dos novos efectivos, a Policia Local do Carballiño tamén conta dende hoxe, neste caso con carácter temporal durante os próximos 6 meses, de catro auxiliares de policia, que prestarán labores de apoio aos axentes.
As 7 incorporacións veñen a cubrir o deficit de efectivos da Policia Local, consecuencia das xubilacións, as baixas por enfermidade, e por un concurso de mobilidade ao que se acolleu un axente que se incorporou á Policia Local de Ourense.

O Sergas volve organizar un novo cribado con test de antíxenos para a poboación da comarca do Carballiño, que se levará a cabo este próximo mércores dia 2 de Febreiro entre ás 15:30 e as 20:30 horas no auditorio do Carballiño. Un cribado que tén como finalidade detectar posibles positivos que son asintomáticos.
Será mediante autocita, unha vez que se solicite a mesma, as persoas recibirán unha mensaxe de confirmación.
Apúntate neste enlace: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 214
- 215
- 216
- 217
- 218
- 219
- 220
- 221
- 222
- …
- seguinte ›
- última »