
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e os alcaldes de Leiro e de Boborás, Francisco José Fernández e Ana Patricia Torres, respectivamente, asinaron esta mañá nas dependencias da delegación territorial da Xunta en Ourense, o convenio de colaboración para a mellora do sistema municipal de abastecemento do municipio de Leiro, cun investimento de 360.000 euros.
Mediante este acordo, impúlsase a execución das obras de renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro, co fin de resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se producen neste treito de condución que abastece á potabilizadora e ao depósito de Leiro.
No mesmo acto, Vázquez Mourelle e a alcaldesa de Boborás selaron tamén o acordo de cooperación para executar as obras de mellora das redes de abastecemento, saneamento e pluviais neste municipio, no núcleo de Brués, que suporán un investimento de 385.000 euros.
O departamento que preside Ethel Vázquez apoiará aos concellos no desenvolvemento das súas competencias municipais cofinanciando as actuacións previstas en ambos os dous concellos no 80% do seu orzamento total.
Para as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento do municipio de Leiro, Augas de Galicia reserva un investimento de 308.000 euros; e para as actuacións de mellora das redes municipais de abastecemento, saneamento e pluviais en Boborás a entidade hidráulica da Xunta destinará un orzamento de 308.000 euros
Pola súa banda as entidades locais achegarán o 20% restante do importe das actuacións que corresponden cos seus respectivos servizos municipais. Ademais, os concellos de Leiro e de Boborás asumen a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, posta en servizo, mantemento, explotación.
As intervencións serán financiadas pola Unión Europea, no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.
Actuacións en Leiro
O Concello de Leiro abastécese dunha captación situada no concello de Boborás, na canle de derivación do encoro de Albarellos. A auga trátase nunha estación de tratamento de auga potable existente no municipio de Leiro e distribúese a través dunha condución cunha lonxitude aproximada de algo máis de 7 quilómetros de lonxitude, dos cales máis de 4,7 se sitúan no termo municipal de Boborás e preto de 2,4 no municipio de Leiro.
Debido á antigüidade da condución que conecta a captación coa potabilizadora, son moi frecuentes as roturas, o que provoca faltas no subministro de auga á poboación.
Coas actuacións proxectadas desde Augas de Galicia, o convenio asinado hoxe permite impulsar a renovación da rede municipal mediante a substitución da tubaxe existente e a instalación de ventosas para a eliminación do aire que se acumule na rede e válvulas de baleirado nos puntos baixos, coa finalidade de garantir o abastecemento á poboación.
As obras darán servicio a unha poboación fixa de 1.568 habitantes para o ano horizonte 2045.
A intervención en Boborás
As redes municipais de abastecemento e saneamento no entorno da estrada N-541, no núcleo de Brués, teñen máis de 50 anos de antigüidade, presentando numerosas deficiencias derivadas do vencemento da súa vida útil. Isto tradúcese na existencia de fugas e perdas de auga e filtracións que derivan en ineficiencias no uso da auga.
Ademais, practicamente non existe rede de pluviais, polo que as entradas de auga de chuvia nos colectores está dificultando a depuración das augas residuais.
Mediante o convenio asinado hoxe impúlsanse as actuacións necesarias para a solución destas deficiencias, a través da renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais na travesía da estrada nacional N-541.
As obras consisten na construción dun novo tramo de rede de augas pluviais e na renovación das instalacións vinculadas á auga na travesía da N-541 ao seu paso polo núcleo de Brués.
A Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar os servizos de saneamento e abastecemento, de competencia municipal, aos seus veciños de xeito eficiente.

Estase a executar por parte do Concello de O Carballiño un tramo de beirarrúa na esquina entre Camiño Aquilino Sánchez e a Rúa de San Cibrao. En dito tramo existe un paso de peóns. Como se pode observar a simple vista, o novo bordo non conta co rebaixe necesario para facilitar a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida. Existe tamén unha entrada/saída de vehículos que, unha vez executada a beirarrúa coas características actuais, non poderá ser empregada.
Informo ó Concello que existe normativa de obrigado cumprimento sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas dende hai máis de vinte anos, que especifica as pendentes lonxitudinais e transversais, as alturas de bordo e as características dos rebaixes que deben ter as beirarrúas, que deberían coñecer e aplicar íntegramente en todas as obras do Concello.
Para maiores imos todos.

O concelleiro de Espazo Común dixo en COPE O Carballiño que "o alcalde ten unha virtude, ten unha habilidade especial para contar medias verdades, que acaban sendo a maior mentira", lamentou o tempo perdido para a posta a disposición da Xunta a parcela que se precisa para a construcción do novo Centro Integral de Saúde "levamos con esto dende novembro de 2019 e os técnicos do concello aínda esta mañá non sabían qué espazo demanda Sanidade ao concello do Carballiño".
Pachi Vázquez considera que a decisión anunciada onte nesta emisora de radio polo alcalde Fumega de trasladar á Xunta varias propostas "é unha forma de escurrilo bulto e que decidan outros de fora que nunca van vir ó medico a O Carballiño, ésta é unha decisión de vital importancia para O Carballiño do futuro que nos esixe responsablidade a todos".
En canto ás dúas posibles localizacións das que falou o alcalde, ningunha das dúas convence a Pachi Vázquez, a que menos a do actúal centro de saúde "qué facemos durante os dous ou tres anos que duren as obras, quedámons sen centro de saúde?", plantexou, "ademáis o concello perdería a gran oportunidade de facerse cun edificio ao que podería dar novos usos".
Sen descartar ningún das posibles ubicacións que poden propoñerse, Pachi Vázquez apunta dúas que non lle parecerían mal "unha parcela que ten 10.000 m2 coñecida como a do Reque, nas inmediacións da rúa Alberto Vilanova ou o solar da estación, onde están as antigas casas da Renfe".
Espazo Común anuncia que en breve organizará unha convocatoria aberta a toda a veciñanza carballiñesa para abrir un debate público sobre esta decisión e recoller a opinión da cidadanía.
A entrevista íntegra a Pachi Vázquez pódese descargar no PODCAST dispoñible nesta mesma WEB, en "Programa" do dia 10 de Novembro de 2021.
Miren como me ponen los gatos todo delante de mi casa, eso es de dos que están enfermos con el trasero en carne viva que os parece, esto es una infección en mi barrio de Flores, andan así.
Y miren también que pena la fuente sin limpiar, estas ojas son dentro del agua, que penita de barrio, además de todos los escrementos de los gatos y los olores que hay, hasta la gente que viene x el agua lo dice, deberían de cuidar más y arreglar este barrio de Flores que es un barrio precioso y es una pena y bien triste.

O alcalde Francisco Fumega declarou en COPE O Carballiño que é partidario de trasladar á Xunta varias propostas de posibles parcelas e que sexan os técnicos de urbanismo de Sanidade os que decidan a que mellor se adapta o proxecto de construcción do futuro Centro Integral de Saúde do Carballiño.
"De momento temos dúas opcións, a proposta do Partido Popular que é a estación de autobuses e a que facemos desde o grupo de goberno que é onde está o centro de saúde, que conta coa ventaxa de que ten xa unha superficie de 2.074 metros, que lle sairía gratis ó concello, que se completaría coa compra dos terreos da contorna para cumplir coa parcela que se solicita", explicou o rexedor municipal.
A maiores destas dúas propostas, Fumega espera que Espazo Común e BNG fagan as súas "terémos unha reunión de portavoces a finais desta semana ou principios da que ven para ver as aportacións que fan Espazo Común e BNG, e logo que escollan a ubicación máis idónea" subliñou.

O Liceo de Ourense acolle a exposición filatélica que cada ano, dende hai máis de trinta, organiza a Sociedade Filatélica Miño con motivo da celebración do San Martiño, patrón da cidade de Ourense.
Tamén como acontece en cada convocatoria a Miño presentou este luns o selo dedicado a unha das igrexas da provincia que están vencelladas á devoción polo santo de Tours. Neste 2021 a elexida foi a igrexa de San Martiño de Sagra, en O Carballiño, e o Concello non pode por menos que agradecer a decisión da Sociedade Filatélica Miño pola escolla.
O selo, o sobre co retablo de San Martiño de Sagra e o mataselos correspondente, no que se fai constar a data, servirán para espallar a imaxe da parroquia de Sagra, e do Carballiño por extensión, a través do correo postal.
A exposición anual do San Martiño da Sociedade Filatélica Miño, que neste 2021 celebra a súa trixésimo primeira edición, está aberta ao público no Liceo de Ourense ata o día 21 de novembro e na mesma amósanse interesantes propostas de filatelia, numismática e coleccionismo, ademais de organizar actividades formativas e visitas para asociacións culturais e centros educativos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ven de remitirlle unha carta ao alcalde Francisco Fumega na que formalmente demanda do concello do Carballiño a posta a disposición da Xunta "dunha parcela viable para axilizar o proceso adminstrativo de licitación do proxecto e obra e posta en funcionamento do novo Centro Integral de Saúde".
A misiva, igual que ao alcalde do Carballiño, tamén foi enviada desde a Consellería de Sanidade aos outros 27 alcaldes e alcaldesas dos concellos incluidos nas fases 1 e 2 do Plan de Infraestructuras Sanitarias recentemente anunciado pola Xunta. Neste plan, tanto O Carballiño como Boborás foron inluídos na fase 1, que outorga prioridade na execución dos proxectos para os dous próximos anos.
Para facilitar a localización das parcelas e que cumpran os requisitos necesarios, o conselleiro xa lle indicou a cada concello os metros cadrados de edificabilidade necesarios para o centro proxectado en cada municipio, no caso do Carballiño son 4.500 metros cadrados. Ademáis, o Sergas comunicou ao alcalde do Carballiño a colaboración do persoal técnico dos servizos de obras deste departamento autonómico "con total disposición para visitar e avaliar aquelas parcelas que o concello considere e determinar se cumpren ou non coas necesidades requeridas desde o punto de vista técnico".

Trátase dunha liña de axudas da Deputación de Ourense da que poden beneficiarse xóvenes emprendedores que teñan entre os 16 e os 30 anos de idade, e que inicien a súa actividade e teñan o seu domicilio en calquera concello da provincia de menos de 5.000 habitantes.
Para todas as persoas interesadas, terá lugar unha charla informativa este martes día 9 de Novembro ás 19 horas, no Centro Sociocultural Manuel Chamoso Lamas de Boborás. O programa EmprendOU contén medidas de apoio á nova actividade empresarial nos municipios rurais afecados polo declive demográfico.

O Concello do Carballiño dotarase dun cemiterio civil para dar resposta á demanda deste tipo de enterramentos por parte dos cidadáns da vila carballiñesa. As previsións coas que se traballa dende o concello pasan por desenvolver as obras ao longo do vindeiro ano e por crear este novo espazo funerario no recinto orixinal do cemiterio de Señorín.
O proxecto para a creación do cemiterio civil do Carballiño está a ser redactado polo arquitecto municipal e as características do novo recinto pasan por crear preto dun cento de columbarios para que sexan usados polos carballiñeses que desexen optar por facer un acto destas características cos seus familiares. A dotación orzamentaria que se baralla fixa o investimento no entorno dos 100.000 euros.
A corporación municipal carballiñesa acordou no seu día crear un cemiterio civil, ante a ausencia do mesmo, para dar resposta ás demandas prantexadas polos cidadáns. O Concello decantouse por promover este espazo no recinto orixinal do cemiterio de Señorín, na zona verde existente no mesmo. Alí será onde se constrúa o recinto co cento de columbarios que formarán o referido cemiterio civil da vila. As previsión municipais pasan por ter operativo o futuro cemiterio civil ao longo do vindeiro ano 2022.

Tiruleque Teatro clausura esta fin de semana a Mostra de Teatro Afeccionado que organizou e veu desenvolvendose no transcurso do último mes no auditorio do Carballiño, sábado e domingo ás 20:30 horas, esta agrupación teatral carballiñesa estrea novo espectúculo "Soutelo Enterprise", unha traxicomedia de risas e prantos.
Doutra parte, comezas esta fin de semana os sábados de arrepío en San Bartolomeu da Freixa que terán continuidade todos os sábados deste mes de novembro, organizados polo concello de Boborás. Dar Trela Teatro invítanos a unha arrepiante visita teatralizada a este pintoresco lugarciño sito na parroquia de Cameixa. Haberá 3 pases cada sábado, a patir das 20:30 horas e cunha duración aproximada de media hora.
A carteleira do NOVOCINE de Leiro ofrécenos 3 películas dende o venres 5 ao domingo 7, cos seguintes horarios e títulos: Ás 16 horas "Ron da error", ás 18:15 horas "La Familia Adams 2, October", e finalmente, ás 20 horas "El último duelo".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- 236
- …
- seguinte ›
- última »