Quería denunciar a través de este medio a existenza deste perigo frente a barandilla da estación de tren do Carballiño. Ditos ferros están en vertical clavados no suelo e dende varios están desprovistos do capuchon que evitaba sustos. Ainda que o seu sería que os cortasen dunha vez xa que a obra rematou fai un montón de meses. A quen poida interesar sexa Renfe, Adif ou o concello do Carballiño.
Llevo meses escuchando con mucha insistencia por parte de la concelleira del BNG sobre la conciliación familiar y los niños, creo que las ANPAS deberían ser ellas las que se ocupen de estas cuestiones. Me explico: Durante años hubo una campaña muy grande para conseguir la jornada continua en la Uceira, esta campaña fue promovida por maestros y ANPAS, y los resultados fueron aplastantes, màs de 90% de los padres que votaron lo hicieron en favor de la jornada contínua, y claro la jornada contínua tiene sus inconvenientes...., entonces no comprendo él por qué ahora tenemos que pagar con dineros públicos estos servicios, por la mañana, comprendo que exista el servicio Bo Día Familia. Al tener jornada contínua, claro està los chavales a las tres estàn en casa, y si los padres trabajan por la tarde, pues claro que existen problemas graves para conciliar, pero no podemos cargar con los impuestos de todos, decisiones voluntarias de padres y maestros, es decir la comunidad educativa, además existen otras consideraciones a tener en cuenta como por ejemplo que los chavales pueden estar muchas horas solos o sin los padres con los riesgos y peligros que ello conlleva a día de hoy, y por otro lado la Xunta de Galicia en la Uceira en cualquier momento puede suprimir el servicio de comedor, ya que al existir jornada continua, no tiene mucho sentido tener el servicio de comedor, y las familias con menos recursos seràn las màs perjudicadas sobre estas decisiones.
La jornada continua tiene cosas positivas y también cosas negativas. Todo no se puede tener. Y con todo el respeto del mundo hacia todas las posiciones en este aspecto, me parece injusto, como defiende la concelleira del BNG, cargar al ayuntamiento con estas responsabilidades.

O mosteiro de Santa María A Real de Oseira acolleu este sábado o acto de entrega do título a Marisa Crespo Leiro como Filla Predilecta do concello de San Cristovo de Cea, a doutora é todo un referente internacional no ámbito da insuficiencia cardíaca e do transplante de corazón.
A corporación municipal de San Cristovo de Cea aprobou no pleno celebrado en xuño de 2020 o inicio do expediente para nomear á Marisa Crespo como Filla Predilecta do Concello, “tendo en conta –sinala a acta- os valores persoais, os méritos profesionais e o recoñecemento xeral que obtivo a doutora, ligada ao concello coa súa vivenda familiar no lugar de Santrós". Unha traxectoria que para o alcalde, José Luis Valladares, “cumpre sobradamente as calidades para o seu recoñecemento pola corporación municipal”.
Marisa Crespo, que ademais de lembrar aos seus pais fixo na súa intervención “un exercicio de gratitude, que a nai de todas as virtudes, dirixe a Unidade de Insuficiencia Cardíaca e Transplante de Corazón no servizo de cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Profesora titular de Medicina na Universidade da Coruña, forma parte do Comité de Educación da Sociedade Europea de Cardioloxía e ten publicados máis de 250 traballos científicos. Elixida pola revista científica Circulation como unha das mulleres líderes no mundo en transplante cardíaco, en 2020 recibiu a medalla de Ouro e Brillantes do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, que destacou as súas calidades humanas e a súa entrega e dedicación aos pacientes, así como a súa contribución á mellora da organización da asistencia da insuficiencia cardíaca, tanto en Galicia como no resto de España.
Na súa intervención, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar,referíuse a“un máis que merecido recoñecemento a unha traxectoria profesional de indubidable proxección mundial, pero tamén a unha muller que destaca polo seus valores persoais e a súa calidade humana”, asegurou Baltar. Tralo acto, ao que ademais do alcalde, José Luis Valladores, e membros da corporación tamén asistiron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o presidente provincial felicitou ao concello e á veciñanza de San Cristovo de Cea “por unha homenaxe que contribúe a visibilizar a enorme riqueza humana e profesional de mulleres que, ben por nacemento ou por ascendencia, levan o nome de Ourense e dos seus distintos territorios polo mundo”.

O concello do Carballiño emitíu un comunicado no que chama á cidadanía a "unha concentracion de consternación e repulsa polo grave suceso de violencia acaecido na nosa vila". A convocatoria é para este sábado dia 11 de Setembro ás once da mañá na Praza Maior.
A convocatoria chega unhas horas despóis de ir transcendendo as circustancias que rodean ao dramático suceso que mantén conmocionado a O Carballiño, e máis conforme co paso das horas se foron coñecendo os detalles do sucedido, aínda que son varios os aspéctos que deberá aclarar a investigación policial.
Permanece en estado crítico na Unidade de Cuidados Intensivos do Complexo hospitalario de Ourense a rapaza de 14 anos, veciña do Carballiño, que resultou ferida de extrema gravidade tras precipitarse á rúa dende un segundo piso dunha edificación da rúa Astureses, anteriormente foi golpeada cunha barra de ferro e presentaba unha lesión na cabeza. O agresor, outro rapaz tamén veciño do Carballiño, de 13 anos de idade, presentaba unha ferida superficial nun brazo producida por arma branca, foi él mesmo quen chamou ao 112 para comunicar o macabro suceso.
A Fiscalía de Menores abríu un expediente para avaliar a situación persoal e familiar do rapaz e mesmo se observa algunha anomalía no seu entorno, para adoptar as medidas sobre o seu futuro inmediato, que no caso de confirmarse, pasarían por unha tutela da Xunta de Galicia e o seu ingreso nun centro de protección de menores. En ningún caso, e dada a súa idade de 13 anos, poderá ser acusado ou xulgado por causa penal.

O concello do Carballiño, a través da concellería de cultura, programou un variado "Setembro Cultural" con actividades todas elas gratuítas que se desenvolverán no transcurso das próximas semanas, e concentrando boa parte deste programa coincidindo cos tradicionais dias das Festas do Setembro.
Día 10 ás 20:00 h na Praza da Veracruz
RECREACIÓN HISTÓRICA CAMIÑO DE NÓS
Día 11 ás 20:30 h na Praza da Veracruz
CONCERTO “OUTROS PAÍSES, OUTRAS MÚSICAS”- CORO DE CÁMARA DE MÚSICA VIVA
Día 12 ás 19:00 h na Praza da Veracruz
ODAIKO “RITMO NO CAMIÑO. O LEGADO DO TIBU” ESPECTÁCULO FAMILIAR. (Cultura no Camiño)
Día 14 ás 20:00 h na Praza da Veracruz
ORQUESTA BIG BAND. GARUFA BLUE DEVILS BAND
Día 15 ás 18:00 h na Biblioteca Municipal
CARAMUXO TEATRO
Día 16 ás 19:00 h na Praza da Veracruz
GRUPO AMÉRICA DE VIGO “AMÉRICA REMENBER TOUR 2021”
Día 17 ás 19:00 h na Praza da Veracruz
LA OCA BAND “CAMIÑANTES E CANTANTES. MÚSICA GALEGA”
Día 18
XORNADA POLA IGUALDADE
- ás 10:00 h. ROTEIRO CULTURAL POLO RURAL “EMILIA PARDO BAZÁN”. ( Organiza Centro de Estudios Chamoso Lamas e o Concello do Carballiño) Saída ás 10:00 h na Praza Maior inscripción no departamento de cultura do concello do Carballiño ou a través do enderezo electrónico oixcultura@carballino.gal
-Ás 11:30 h Praza Emilia Pardo Bazán
TITERES “FANTOCHES BAJ”
-Ás 12:30 h na Praza da Veracruz
BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO “O PAÍS DAS BANDAS”
-Ás 19:00 h na Praza da Veracruz
CORIBANTES BANDA FOLCK E ÁS PANDERETEIRAS DO DORRÓN
Día 19 ás 22:00 h na Praza da Veracruz
ACTUACIÓN MUSICAL DE FANNY COUCHEIRO, MARTA FERNÁNDEZ E VICKY RUIZ
Día 25 ás 11:00 h. Roteiro Cultural Insua dos Poetas
RECREACIÓN HISTÓRICA 1926 CAMIÑO NÓS, da Ponte Veiga á Ponte do Eixán.
Inscrición no departamento de cultura do concello do Carballiño ou a través do enderezo electrónico
oixcultura@carballino.gal
EXPOSICIÓNS
Concello... MIRADAS SOBRE EMILIA PARDO BAZÁN
Cafe Peñasco ....Inspiración 1 de A.F. O Potiños
Café Plaza ....... Inspiración 2 de A.F O Potiños
Rua Principal , edificio Ramon ......Descrenza da A.F. O Potiños
Hotel Arenterio ......Foto Forum de Santiago
Asador Veracruz .....Viaxes de Luis Baños
Pazo da Almuzara .... Poti Expo 2020
Casino do Carballiño ....Yeray e oseu deporte
Día 13 de Setembro e ata fin de mes, exposición no Asilo do Carballiño celebración do 120 aniversario da súa creación .
PROGRAMACIÓN DEPORTIVA
Día 12 ás 12:00 h Campo de Fútbol Espiñedo
ARENTEIRO CF- UNIÓN DEPORTIVA LANGREO (2ª DIVISIÓN B)
Día 14 ás 20:30 h no Pabellón Paco Chao
CARBALLIÑO FS-RIBEIRA FS
Día 15 ás 20:30 h no Campo de Fútbol da Uceira
SPORTING CARBALLIÑO-RAIO ALARICANO
Día 18 no Pabellón Paco Chao
-Ás 18:00 h no Pabellón Paco Chao
CARBALLIÑO FS-TROULA FS BENTANZOS
-Ás 9:30 h a 20:30 h no Pabellón Paco Chao
V TROFEO PATINAXE VILA DO ARENTEIRO
Día 19 ás 19:00 h na Praza da Veracruz
I CAMPIONATO DE SUMO DO CARBALLIÑO
OUTRAS ACTIVIDADES
Día 10 no Auditorio presentación programación de curtas Festival de Cans
Día 17
Ás 11:30 h procesión na honra de San Cibrao
Ás 12:30 h Misa Solemne San Cibrao 2021
Banda de gaitas Terras do Arenteiro
Día 22 ás 13:00 h na Praza de Abastos Sorteo Conéctate coa Praza de Abastos
A voceira do BNG do Carballiño, Sofía García, volta denunciar a situación de precariedade do actual contrato do servizo de conciliación, dito contrato atópase prorrogado e sen atender ás necesidades que demandan as familias.
O BNG do Carballiño trasladaba en abril a necesidade urxente de actualizar o servizo “Bo día familia” e atender as queixas e demandas que as familias puxeron de manifesto e que o propio BNG trasladou ao concello. Porén pasados xa cinco meses aínda non hai constancia de que exista nin un borrador.
Comeza o novo curso escolar e o concello do Carballiño segue sen dar sinais de solucionar a situación, cando a voceira do BNG advertía no mes de abril da urxencia de sacar un novo prego cunhas novas condicións, porque o servizo estábase dando exclusivamente nas horas previas á entrada das nenas e nenos nas aulas e era preciso un servizo de conciliación integral que permitise unha verdadeira conciliación.
A voceira nacionalista considera que o actual desleixo da administración local do Carballiño para presentar un proxecto reflicte unicamente o desinterese que suscita esta problemática para o actual grupo de goberno.
Para o BNG é imprescindible que este servizo se amplíe para que inclúa o servizo de comedor ao medio día e que se preste tamén pola tarde, para que sexa posible unha verdadeira conciliación entre o ámbito familiar e laboral de nais e pais.

A evidente mellora da situación epidemiolóxica leva ao concello do Carballiño a organización de diversas actividades que terán lugar durante a semana que ven, coincidindo cos dias de tradición festiva no Setembro carballiñés, cando se celebran cada ano as festas patronais de San Cibrán.
Precisamente para o que será o dia festivo de carácter local no municipio, o venres dia 17, terémos no Carballiño en sesión de tarde o espectáculo "Camiñantes e cantantes", da orquestra La Oca Band, un espectúculo pensado para o ano xacobeo, e no que a formación conta coa colaboración de Manuel Manquiña, Pepo Suevos, Eva Iglesias, Pili Pampín ou Lucía Pérez, entre outros artístas invitados que participan do repertorio que ofrece a orquestra.
Non será a única actividade para un San Cibrao aínda en tempos de pandemia, xa que o concello do Carballiño traballa contra reloxio para programar outros enventos compatibles coa seguridade ante o coronavirus. Asi, terémos outras actuacións musicais e outras máis espefícas para o público infantil, que se desenvolverán tamén nestes dias nos que O Carballiño recupera este ano o ambiente festivo das celebracións na honra do patrón.

O Festival, que este ano chega a súa sexta edición, xuntará a tres agrupacións polifónicas este sábado dia 11 de Setembro, a partir das 20:30 horas no Templo da Veracruz.
Ademáis dos anfitrións e organizadores, o Coro de Cámara Müsica Viva do Carballiño, actuarán as agrupacións "Coral Allegro de Vigo" e a "Schola Gregoriana Lucensis de Lugo". Cada agrupación ofrecerá un repertorio composto por seis pezas musicais, entre as que escoitarémos temas moi coñecidos representativos de diversos países do mundo.
O Festival conta co patrocinio de FECOGA, Deputación de Ourense, Concello do Carballiño e Consellería de Cultura. O presidente do Coro de Cámara de Música Viva, Antonio Rei, e o concelleiro carballiñés de cultura, Diego Fernández, invitaron a todos os afeccionados á música a non perderse esta xornada musical.
Desde 2017 os socialistas do Ribeiro vimos denunciando as dificultades que os nosos concellos teñen para atender as necesidades dos nosos veciños por falta de recursos económicos, cando estes saen da caixa do Concello e van parar á Mancomunidade, co único fin de mantela aberta e non por facilitar máis servizos, mellores e máis económicos .
Nas súas declaracións o Alcalde de Piñor recoñecía, que do mesmo xeito que no Ribeiro, as liquidacións a finais de cada ano, sempre eran maiores que as previstas a principio e que o custo dos servizos prestados pola Mancomunidade do Carballiño “resultaba máis caro que cando os prestaba o Concello de forma directa”, exactamente igual que ocorre na Mancomunidade do Ribeiro, a pesar das manipulacións e mentiras nas súas declaracións por parte do seu Presidente Fco José Fernández Pérez.
Consideran os socialistas que a Xunta de Galicia debería tomar boa nota para fiscalizar, como di o alcalde de Piñor, a xestión dos recursos económicos na Mancomunidade, pois tanto nunha mancomunidade como na outra máis do 50% do orzamento das mesmas finánciao a Xunta de Galicia.
Desde o Ribeiro lembrar á Xunta a opacidade da información e documentación por parte da Mancomunidade non só para a oposición senón tamén a gran dificultade que supoñen esas contas para o traballo dos interventores dos Concellos, ninguneados desde o primeiro día.
A pesar de todo iso lembrarlle á Xunta, ao Presidente da Mancomunidade e aos alcaldes, o trato de favor que se dá a un Concello na repartición dos custos do servizo de lixo e desde hai anos, a recadación en taxas de lixos por encima do custo do servizo nalgúns concellos, o traspaso de custos de gastos xerais a custos do servizo de recadación, o baixo número de horas de servizo que prestan as maquinas da mancomunidade fronte ao custo de mantemento das mesmas.
Despois de todo isto só queda esperar que os concellos sigan incrementando as súas achegas á Mancomunidade e esperar que en épocas de eleccións a Xunta incremente considerablemente as súas subvencións ao capítulo “Servizos Varios Cultura”.
A Mancomunidade do Ribeiro, neste momento, mantense aberta por interese político e persoais, que con gran probabilidade fosen a causa de que cinco dos máis importantes concellos fundadores da mesma abandonárana.

Apenas catro anos vai durar a pemanencia do concello de Piñor na Mancomunidade de Concellos do Carballiño, nesta segunda etapa que se iniciaba co seu ingreso en 2017, agora o pleno do concello ven de acordar a súa saída da entidade supramunicipal, que se fará efectiva a final de ano.
Asi o confirmou o alcalde piñorense José Luis González en COPE O Carballiño "a nosa decisión que xa é firme é apartarnos da Mancomunidade, levamos tempo tratando este asunto co presidente da Mancomunidade pero o non poder solucionar os problemas económicos que representa permanecer para o concello de Piñor, decidimos marcharnos", subliñou.
O rexedor municipal explicou que "o que sucede é que a final de ano á hora de facer fornte á liquidación coa Mancomunidade, descádranos sempre as contas anuais do concello" e engadíu "foi unha decisión difícil, todos somos compañeiros, e o presidente é unha gran persona, pero nos temos que defender os intereses do concello e os veciños de Piñor", dixo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 238
- 239
- 240
- 241
- 242
- 243
- 244
- 245
- 246
- …
- seguinte ›
- última »