24, Agosto 2021

Ahi vai outro día! E todo segue igual. 

Os do Concello de Carballiño soen atender bastante axiña cando se publican este tipo de cousas. 

Habrá que darlle algo de tempo máis os de Maside, que esta semana están de Festas. 

 

23, Agosto 2021

Deixo estas imaxes tomadas a primeira hora da maña de hoxe cando ía pra piscina de Corzos. Unha imaxe vale máis que mil palabras. Ainda que se podería dicir que é un noxo e unha vergonza esta situación. Tal mal fai quen tira esa cantidade de papeis onde non hai contenedor de cartón, coma quen os bota fora do contenedor, coma quen non fai nada para frear esta situación. Xa fai tempo que esta zona e un auténtico vertedoiro sen control fora dos contenedores. Compadezo os veciños da casa que está o lado.

 

23, Agosto 2021

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse con veciños de Leiro para animalos a aproveitar os instrumentos que contempla a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para poñer en valor os predios en desuso ou infrautilizados. Neste caso concreto, propóñense a creación dun polígono agroforestal neste municipio, orientado preferentemente cara a produción de viñedo, pero contemplando a posibilidade de diversificar os seus usos ao combinar cun aproveitamento mixto de gandería extensiva cun uso forestal con árbores de especies autóctonas. O obxectivo é complementar as rendas dos titulares destes terreos aos que se quere implicar no proxecto.

Trátase, tal e como explicou o conselleiro aos veciños, de recuperar terra para xerar actividade económica e crear postos de traballo, contribuíndo a fixar poboación no rural e, ao tempo, avanzar na prioritaria anticipación aos incendios, mediante ese aproveitamento agrogandeiro ou forestal dos predios. Así, José González explicou que ao combinar varios usos nun mesmo polígono, debido principalmente a que o terreo é variable e non é homoxéneo, conséguese un aproveitamento sostible de toda a zona sen modificar as características do propio terreo.

Neste caso avalíase a posibilidade de poñer en valor preto de 100 hectáreas que, entre outras finalidades e @teniendo en cuenta a súa situación estratéxica, poderían contribuír ao aumento da superficie e da produción vitivinícola dentro da denominación de orixe Ribeiro.

O conselleiro explicou que a iniciativa pode ser da Administración ou de particulares, requirindo o acordo de propietarios (ou representantes dos dereitos de uso) de cando menos o 70% da superficie do perímetro do proxecto. De aí, dixo, “o chamamento que facemos aos veciños de Leiro, para que participen desta iniciativa dinamizadora do territorio”.

A maiores, o titular de Medio Rural trasladou que dentro desta figura dos polígonos establécese tamén a das denominadas devasas, que procuran a xestión do territorio agroforestal co fin de anticiparse aos incendios. Así, achegan novas solucións á prevención convertendo as dehesas en polígonos agroforestais nos que a prevención de incendios combinarase coa posta en valor destas zonas, promovéndose a actividade agrícola, gandeira e forestal, en todos os casos mediante criterios sostibles e, no caso dos usos forestais, utilizando especies que reduzan o risco de propagación de lumes.

23, Agosto 2021

Porto Pereiras ( BOBORAS ) un pueblo alejado de la mano del ayuntamiento  donde el  agua que se bebe es NO APTA para consumo humano ,Donde los amigos del poder pueden poner cercos electricos donde se les da la gana e inclusive donde NO se deben colocar, Autoridades que no responden como marca la ley a denuncias,quejas  o pedidos realizadas por registro en nuestro GRAN AYUNTAMIENTO un pueblo donde tambien  se cuecen habas. Realmente causa tristeza y enfado ver como a quienes les corresponde hacer algo, se lavan las manos sin importarles para nada la salud del pueblo. INVITO POR ESTE MEDIO A LOS PERIODISTAS QUE LES INTERSE REALMENTA QUE LAS COSAS SE HAGAN BIEN O AL MENOS DESTAPAR ALGUNAS CARAS A LA REUNION DE VECINOS (los que son menos vecinos que otros)  QUE SE REALIZARA EL DOMINGO 29 DE AGOSTO DEL 2021   A LAS 18 HS. EN LA CASA DEL PUEBLO  EN XENDIVE BOBORAS  ruego que acudan periodistas que nos ayuden a ser escuchados.

22, Agosto 2021

Que bonito es ver ambiente y gente en Leiro.  La satisfaccion y ego que me produce, debe pensar para si su alcalde, al realizar ese evento en la captiladidad del concello 

Bien cierto es, que como para obras y avances, el resto de las parroquias no existe. Todo se queda en Leiro. 

Pues bien, como en el cross de esta villa y otros eventos deportivos, se le ocurre cerrar TODOS los accesos a gran parte del resto de pueblos de dicho concello, cerca de 9 horas.

Si quiere entrar, salir, como si estuvieses en libertad , no puedes,  a no ser q bordees km por concellos limitrofes.

Hay que pensar un poco en todos los vecinos, en los perjuicios que causan tantos cortes a lo largo del año, porque cada vecino tiene su vida, sus prioridades , y esta bien un corte minimo, pero tanto tiempo como indicaban los carteles es inaceptable. Van siendo horas de pensar que el concello de leiro esta formado por mas parroquias, a las que le importa un bledo promocionar un nucleo a costas de otros. 

Saludos

22, Agosto 2021

Outro San Vitorio sen verbenas, pero a pandemia non impide que o concello de Maside programase un programa diario con actividades para todos os públicos durante toda esta semana, coas xa tradicionais sesións de cine ao aire libre , e unha variada oferta musical para amenizar estas datas tan especiais para toda a veciñanza de Maside. Aquí tes os horarios de toda a programación desta semana:

Luns 23:  17:00 h: "Festivaliño on the road", nas piscinas municipais da Rañoa.

Martes 24: 22:00h: Cine na rúa: "Scooby" (Praza Maior)

Mércores 25: 22:00 h: Cine na rúa: " Los Pitufos: la aldea escondida" (Praza Maior)

Xoves 26: 22:00 h: Cine na rúa: "Padre no hay mas que uno 2: la llegada de la suegra"(Praza Maior)

Venres 27:

10:00 h: Bombas de palenque e Pasarrúas coa Banda de Música A Lira de Ribadavia.

12:00 h: Misa e Procesión.

13:30 h: Concerto da Banda A Lira na Praza Maior.

18:00 h: Feira-Mostra de Artesanía infantil na Alameda.

20:00 h: Tarde de Folc e Troula co grupo "Tanto nos Ten" e a charanga CLK, na rúa Principal e no exterior dos bares.

24:00 h: Sesión de fogo.

Sábado 28:

10:00 h: Bombas de palenque e Pasarrúas coa Banda de Musica de Boborás.

12:00 h: Misa e procesión.

13:30 h: Concerto coa Banda de Müsica de Boborás, na Praza Maior.

18:00 h: Feira-Mostra de Artesanía infantil, na Alameda.

19:00 a 22:00 h: Animación musical coa Charanga Castro Bello.

22:30 h: Noite de Concerto cos grupos "Le Blank", "The Impossiblues", e "Malditos Pendejos", na rúa principal.

24:00 h: Sesión de fogo.

Domingo 29:

16:00-18:00 e 19:00 a 21:00: Animación co DJ Tibu na piscina municipal da Rañoa.

21, Agosto 2021

Os socialistas de Leiro maniféstanlle ao equipo de goberno que "esta pandemia está a demostrar a importancia da Cultura e por que a Cultura e o acceso á mesma é un dereito que deben garantir os gobernos das diferentes administracións, e a de Leiro non é menos".

Resaltan que a cultura é unha fonte de benestar e saúde para a cidadanía "é algo tan esencial como a auga para o ser humano, sostennos nos momentos difíciles, acompáñanos na celebración, posibilita el encontro cidadán, a vida sen Cultura é menos vida".

O PSdeG de Leiro pon en valor o traballo dos artistas e profesionais da Cultura "sendo coñecedores desta necesidade mostraron a súa xenerosidade facéndonos chegar a Cultura de maneira altruísta durante os meses do confinamento. Un sector fráxil e precarizado; formado no seu maior parte por autónomos e pequenas empresas, pero que supoñen unha parte importante da economía e dinamiza outros sectores como son o Turismo ou a Hostalería e que non podemos deixar caer".

Reflexionan sobre o feito de que "a non celebración das festas que non debe supoñer en ningún caso a limitación das actividades culturais e con iso un novo castigo ao tecido cultural".

Tamén remarcan que "a cultura demostrou que é segura, non se reportaron casos de contagios en actividades culturais.
Por iso é necesario que o noso Concello teña unha alternativa cultural coma se teñen outros municipios da nosa contorna e que realizan todo tipo de actividades culturais, con programacións culturais diversas con danza, música, teatro, circo…. E todo o contrario fai o equipo de goberno do Partido Popular cun total pasotismo pola súa banda e deixamento de funcións".

En cambio os socialistas propoñen que se realice unha oferta cultural dotada con recursos económicos e técnicos suficientes, "que sí os hai, outra cousa é que queira facelo o equipo de goberno co Alcalde á cabeza, con ampliación dos escenarios ao aire libre que se os hai en Leiro, poñemos por exemplo a zona do Salgueiral e mais actividades nos nosos parroquias e pobos. Unha programación para todos os públicos, que teña especialmente en conta aos nosos nenos e novos, ofrecéndolles, o acceso á cultura como unha alternativa de lecer saudable en lugar de criminalizarlles".

Finalmente, os socialistas de Leiro proclaman que "os nosos veciños merecen un Concello que faga unha aposta firme e decidida pola Cultura, comprometéndose a manter aberta a Biblioteca Municipal todos os días dos meses de verán e dotar de programación rica e diversa e non como esta sucedendo agora de brazos caidos e haber que pasa".

"Leiro e as súas xentes merecen un trato digno, ter á súa disposición uns servizos de calidade e que o municipio presente un aspecto vivo, limpo e coidado. os socialistas seguiremos a loitar por Leiro, porque cremos que o noso Ayuntamieno ten un gran potencial a pesar da negativa do alcalde e o seu equipo de goberno a destacalo, os socialistas non imos rendernos e seguiremos dando batalla por mellorar Leiro", subliñan dende o Partido Socialista.

21, Agosto 2021

Un incendio declarado nunha casa no concello ourensán de Beariz mobilizou aos servizos de emerxencia na madrugada de hoxe. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume deixou a vivenda calcinada por completo, quedando soamente a estrutura da edificación, tal como pode apreciarse na foto dos Bombeiros do Carballiño.

Os feitos sucederon no lugar da Abeleira preto das tres horas da madrugada.

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia para informar dun incendio que consumía unha casa na parroquia de Xirazga. De acordo cos datos facilitados polos veciños da localidade, a vivenda estaba deshabitada no momento do incidente.

Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Carballiño, os membros do GES de Avión e os axentes da Garda Civil. Por precaución, tamén pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ademais, os xestores do 112 informaron tamén aos efectivos de Protección Civil de Beariz.

Unha vez extinguido o incendio, os equipos de intervención confirmaron ao 112 que a vivenda ardeu por completo. Igualmente, comunicaron que na casa había animais, pero que ningún deles foi afectado polo lume.

20, Agosto 2021

Música e deporte acaparan desta vez a axenda de actividades para a fin de semana na comarca, con diversas propostas para todos os públicos

Rali do Lacón

Volve despóis de 15 anos un clásico do automobilismo galego, que arranca na tarde do venres -20 horas- co primeiro tramo da Saleta. O Sábado 21 o rali madruga co primeiro tramo Cenlle-San Amaro a partir das 8 da mañá. Despois, no transcurso da xornada, correránse os tramos Piñor-O Irixo, Leiro-Boborás e Amoeiro-Maside, con dúas pasadas en cada tramo. 134 equipos participan neste recuperado Rali do Lacón.

O "Show de Fifo" en Maside

Presentará o seu espectáculo "Soño" con moito humor, que combina con música e baile, este venres dia 20 ás 21 horas na pista deportiva da Alameda de Maside.

"Monumenta, andar con arte" en Cea.

Dende as 10 da mañá do sábado con punto de encontro na Praza Maior de Cea, un programa de promoción do camiño xacobeo, un roteiro para coñecer o patrimonio monumental e natural do concello de San Cristovo de Cea.

"Feito no Carballiño"

Sábado e domingo dende as 19:30 horas na pista roxa do Carballiño subiránse ao escenario un total de 9 grupos musicais do Carballiño, como artistas invitados chegarán dende fora artístas invitados como o guitarrista de "Los Suaves " Fernando Calvo ou o popular Ce Orquesta.

"Odaiko" no Irixo

Concerto familiar no que o grupo Odaiko trae a O Irixo o seu espectáculo "Setestrelo Camiño", ás 21 horas deste sábado dia 21 na praia fluvial do Irixo.

"Carapaus" en Boborás

O grupo de música tradicional galega "Carapaus" ofrece un concerto no campo do Santuario da Saleta, en Astureses, desde as 19:30 horas do domingo 22.

4ª BTT Concello do Carballiño

O Club Ciclista Carballiño reúne a 300 xóvenes ciclistas entre os 4 e os 16 anos, que competirán nesta cuarta edición desta competición a partir das 10 da mañá do domingo nun circuíto no parque municipal

19, Agosto 2021

Os traballos na organización do arquivo véñense desenvolvendo dende 2018 froito das axudas que concede a Consellería de Cultura en materia de arquivos para a actuación e organización dos arquivos municipais, un proxecto cofinanciado entre fondos do Concello e a Consellería de Cultura para a contratación de persoal técnico que emprenda as tarefas na mellora do arquivo para o desenrolo da xestión e organización do fondo documental. Grazas a estas axudas o Concello de Avión é unha boa mostra dun traballo ben feito e un exemplo de concienciación arquiveira en prol da preservación e conservación do seu patrimonio documental, cun arquivo funcional e operativo na súa totalidade.

O tratamento arquivístico da documentación consistíu en organizar, clasificar, ordenar, instalar e describir os seus fondos documentais a nivel de microdescrición por expedientes. Os resultados nestes anos na organización do arquivo poñen en valor documentación de singular importancia histórica, parte dela atópase dixitalizada e pode ser consultada en Galiciana, no Arquivo Dixital de Galicia, como son os Libros de Actas de Plenos, das Comisións de Goberno, Comisión Permanente, Xunta de Goberno Local, etc. Tamén neste ano de 2021 atopouse documentación histórica de quintas e milicias, como libros rexistro a familias dos combatentes voluntarios en 1937, libros de actas da Xunta Municipal de subsidios a familias combatentes en
1937, expedientes de prestación social de subsidios o excombatentes en 1938.

Outra documentación de especial relevancia que será obxecto de proxectos de dixitalización futuras son:
-Libros rexistros de salvocondutos de 1939-1948 que permitían a saída do Concello da veciñanza, sendo autorizadas estas saídas polo Gobernador Civil da provincia, libros de singular valor que mostran non so o punto de destino senón tamén o obxecto da viaxe, datos que nos permiten reconstruír a vida cotiá dos veciños de Avión.
-Expedientes de Sesións da Xunta pericial correspondente a 1872, o expediente mais antigo conservado no arquivo.

A intención dende o Concello de Avión é dar continuidade a estas axudas na organización do seu arquivo a través das futuras axudas cun arquivo funcional e operativo descrito na súa totalidade a nivel de expediente co que se facilita a localización da documentación dun modo rápido, axilizando os trámites e consultas por parte non so dos usuarios senón tamén da propia entidade produtora como é o Concello de Avión, custodio de documentación administrativa e histórica xerada no exercicio das súas competencias dende principios do século XIX, organizando e dixitalizando a documentación para dar a coñecer e preservar deste modo o seu patrimonio documental.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS