El otro día íbamos mi hijo y yo y al intentar cruzar desde Evaristo Vaamonde hacia Monxardin en conde Vallellano un sin vergüenza por no llamarlo de otra manera casi nos pasa por encima sin respetar el paso de peatones y a una velocidad que no superaba los 30 obligatorios, sino que superaba con mucho los 50 antiguos. Después de recriminarselo aún tenía más que decir que es lo peor. Al cruzar después ya sin peligro una señora se puso a cruzar en el paso siguiente siendo casi atropellada por otro vehículo que salía de Evaristo Vaamonde hacia Conde Vallellano.
Ahora me pregunto yo, tanto supone para los presupuestos de este ayuntamiento el colocar unas bandas reductoras de velocidad? He mirado en internet y valen 50€. Es mejor gastar el dinero en una calesa para pasear un pulpo de pega? Y de paso un radar tampoco venía mal a la altura del Gadis, así sacaba unos duros el alcalde para unos bolsillos nuevos.
Vexan as fotos e comprenderán porque estou farta de limpar, dentro e fora da miña vivenda, estou desespera. Non sei a quen corresponde actuar, pero supoño que algún responsable municipal, policia local ou a quen lle corresponda debía facelo. Esto ocurre todos os dias na baixada a flores, antes do forno. Desde logo que a culpa non é das palomas, esta construcción inacabada é un criadeiro de palomas ¿quén ten que actuar para que esto se solucione?

O coronavirus continúa desacelerando nesta quinta onda da pandemia na totalidade dos nosos concellos, no do Carballiño quedan 37 contaxios activos según a última actualización de datos que se corresponde con este martes dia 17 de Agosto.
O segundo municipio máis afectado continúa sendo o de Avión, que notifica 12 casos activos. Maside rexistra 5 casos, e Beariz e San Amaro teñen 4 contaxios activos, respectivamente. Con un único caso figura San Cristovo de Cea, e xa sen ningún contaxio activo están os concellos de Boborás, Leiro, O Irixo, Punxín e Piñor.

O PSdeG-PSOE de Punxín reclama o “inmediato arranxo” do alumeado público de Vilela, tras “dúas semanas coa veciñanza sumida na escuridade absoluta”, por culpa da total desidia e o completo abandono do goberno local. A voceira do grupo municipal socialista, Lorena Peleteiro, critica que a veciñanza “está a sufrir importantes trastornos” sen que o executivo municipal deste municipio ourensán “faga absolutamente nada para devolver a situación á normalidade”.
As concelleiras do PSOE explican que, desde que se procedeu ao cambio das vellas bombillas por novas luminarias tipo led, a veciñanza está sen ningún tipo de alumeado público noite tras noite. Apunta Peleteiro que “desde o noso grupo entendemos que poidan existir problemas puntuais no momento da instalación”, pero “o que non entendemos baixo ningunha escusa é que a veciñanza de Vilela leve dúas semanas ás escuras, polo que esiximos que se resolva o problema sen máis demora”.
As socialistas denuncian que “o rexedor ignora por completo as reivindicacións e necesidades reais dos veciños e veciñas” porque “é incomprensible que, tras máis de dúas semanas sen alumeado público, aínda non se dea por enterado”. “Estar sen ningún tipo de luz pública en plena noite durante tanto tempo pode incrementar o risco de vandalismo e prexudicar a seguridade”, salientan.
“A falta de iluminación debido a que unhas luminarias completamente novas e recentemente instaladas estean abandonadas é esperpéntica”, resaltan as edís socialistas antes de aseverar que “a situación que están padecendo as persoas de Vilela por culpa do alcalde e os seus concelleiros é vergoñenta e impropia”. Desde o PSdeG-PSOE conclúen sinalando, unha vez máis, que este goberno municipal “amosa a súa total incapacidade para traballar activa e eficientemente por Punxín”.

Coa posta en escea de Circo Galaico, por Títeres Alakrán, comenza esta tarde unha nova edicion deste festival, que organiza a concellería de Cultura coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, e que se desenvolverá esta semana na explanada do Parque Municipal.
Todas as representación comezarán ás 19,00 horas
Programa
Luns, 16: Circo Galaico, por Títeres Alakrán.
Martes, 17: Cousas de Casa, mais Obradoiro de Títeres, por Micromina Títeres.
Mércores, 18: Os Novos músicos de Bremen, por Animar Títeres.
Xoves, 19: Onde vai o vento, por Animar Títeres.
Venres, 20: Obradoiro de Títeres, mais Novos lobos, por Fantoches Baj.
A traves desta liñas quero denunciar, publicamente, as malas prácticas que leva a cabo o conductor do camión de reparto do Mercadona, xa que este bo señor ten dende fai bastantes anos o perigoso costume de entrar dende a rotonda que hay en fronte da Casa Azul en dirección aos almacens deste supermercado, situados na Avenida do Balneario, circulando en dirección contraria para facilitar así a descarga do camión.
Este irresponsable costume non é novo, pois este conductor xa o leva facendo alomenos dende fai máis de 10 anos, pois daquela xa me topei a primeiras horas da mañá co camión de reparto de Mercadona circulando en dirección contraria vindo de fronte ao meu coche provocándome varios sustos.
Agora o conductor do camión de reparto non contento con madrugar para incumprir as normas de circulación tamén fai reparto polas tardes facendo exactamente o mesmo: circula en dirección contraria para estacionar diante da entrada do almacén do Mercadona para facilitar a descarga das mercadorias.
Penso que é hora de que as autoridades tomen cartas no asunto para evitar que este camioneiro siga circulando en sentido contrario antes de calquer día pola súa culpa haxa un accidente provocado por este conductor.

O concello do Irixo vai adxudicar durante este mes de Agosto varios proxectos por un importe superior aos 600.000 euros, entre os que destaca pola súa contía a segunda fase da reforma das iluminacións públicas nas localidades do municipio, unha actuación que se eleva ata os 412.000 euros.
O alcalde Manuel Cerdeira asi o anunciou no transcurso dunha alocución nesta emisora de radio, e ademáis destacou o feito que esta actuación non vai supoñer gasto algún para o concello do Irixo"dos 412.000 euros, o Ministerio para a Transición Ecolóxica apórtanos o 80% mentres que para cubrir o 20% restante contamos co compromiso da Deputación de Ourense, xa fixemos no seu dia esta mesma obra de mellora dos alumeados públicos en catro parroquias, e agora acometemos esta segunda fase que chegará ás parroquias de San Cosme de Cusanca, O Campo, A Ciudá e Parada de Labiote". Desta maneira, o rexedor municipal espera xa completar na súa totalidade a implementación da tecnoloxía LED nas iluminacións públicas nas outras catro parroquias restantes, son 12 as que ten o concello, acollendose a unha nova convocatoria de subvencións prevista para este mesmo ano.
Coa colaboración da Xunta de Galicia, o concello do Irixo adxudicará esta semana o plan HURBE deste ano, e no que se incluíu a obra de humanización da travesía do concello, unha actuación que consistirá fundamentalmente na construcción de beirarrúas nesta travesía urbana da capitalidade municipal.
Por último, tamén de aquí a final de agosto, o alcalde irixense agarda poder adxudicar os proxectos de mellora no abastecemento de auga potable ás localidades de Fabeiros e A Eirixe, que incluirá a instalacións de depositos distribuidores para garantír o suministro de auga a estes dous núcleos.
Pola ubicación da miña vivenda, tránsito a diario pola rua Margarita Taboada, - deixenme dicir, para quen non o sepa, que é un rua PEATONAL, comercial.... e o aparcadoiro privado duns cantos sinvergonzas-.
Vou deuxar ó semi-marxe, o estado no que se encontra, só con dar un paseo, sobran as verbas, ainda que o maís groso, vouno mencionar, buratos, ratas, escasa luz, parches, vomiteras, mexadas, coches presionando tras de tí para que apartes (repito é peatonal), coches aparcados na porta entrada negocios....... é dicir a RUA DO OLVIDO, debería chamarse.
E esta semana leo que unha muller foi atropelada por unha furgoneta.... ¿ Será un aviso, ou ten que pasar algo mortal?,.
Sres. responsables ( CONCELLO, VECIÑOS, FORÁNEOS....), agora que as festas non ocupan tanto as suas xornadas laboraís e de ocio, adecenten, cumpran e fagan cumprir as normas!

Actividades para todos os públicos e sen sair da nosa comarca para esta fin de semana de agosto, na que ademáis de piscina e prais fluviais temos outras propostas para o ocio e o tempo libre.
O Irixo
Humor e Clown con "Isla Letriska", venres 13 ás 21 horas na praia fluvial.
Concerto de música para un público familiar con Pakolas e o seu "Rockeando con Ramona Órbita", domingo 15 ás 18 horas na praia fluvial.
Boborás
Visita teatralizada a Pazos de Arenteiro, venres 13 ás 22:30 horas.
Espectáculo de maxia "As aventuras de Marco Polo" do mago Le Grand Martin. Sábado 14 ás 19 horas no campo da festa de Laxas e domingo 15 ás 19 horas na eira de Vilachá.
Leiro
O Novocine ofrece dúas películas en carteleira: "Bebé Jefazo, negocios de familia" en sesións ás 16 e 18,15 horas; e "A todo tren, destino Asturias" en sesión ás 20:30 horas.
O Carballiño
O domingo dia 15 chega outra vez a O Carballiño o humorista galego "Touriñan" co seu novo espectáculo "Aquí Tou", na programación de verán do concello do Carballiño. O aforo está xa cuberto.

Membros do PSOE de Leiro achegámonos ata a zona de baño o lado do Río Avia en concreto no Misieiro e podemos comprobar, que sigue tendo carencias e así no lo comentaban veciñ@s e visitantes que se encontraban no lugar. Falta de aseos públicos. Contenedor de vidro que non aí, e para mostra a foto xa que aí contenedores lixo ( verde) envases de plástico, latas o envases tipo brik( amarelo). mantemento do césped, está en moi mal estado.
Que o Concello se poña as pilas de unha vez por todas se solicite e faga os trámites ante Sanidade, para que sexa declarada a zona de baño do MISIEIRO EN PRAIA FLUVIAL( censo oficial de sanidade )e poder contar con unha serie de servizos dos cales se carece nestes momentos e que son tan necesarios, se crearían postos de Traballo ( socorristas, mantemento da zona ect....)para a nosa veciñanza, tan necesarios nestes momentos, e por suposto un aliciente mais dos moitos que temos no noso Concello para o Turismo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 245
- 246
- 247
- 248
- 249
- 250
- 251
- 252
- 253
- …
- seguinte ›
- última »