3, Agosto 2021

a mascota octavio...madre mía...quen tivo a idea de pasear unha mascota nun coche de cabalos? dende que teño uso de razón creo que é o máis patético que levo visto neste pobo....NUN COCHE DE CABALOS!! quen tivo esa idea? algúen neste pobo parécelle atractiva a idea? e mellor non saber os cartos que costou...non vaia ser que empreguen esos cartos en limpar as rúas que dan pena o sucias que están

2, Agosto 2021

O Carballiño quédase hoxe nos 101 contaxios activos, 4 menos en relación a onte domingo. Tamén restan 1 caso tanto Avión como Boborás, que siguen sendo os outros concellos máis afectados no ámbito intercomarcal O Carballiño-Ribeiro, Avión mantén 22 casos activos e Boborás 18.

No resto de municipios, os contaxios activos son os seguintes: Beariz (11) Maside (11) Piñor (4) O Irixo (3) San Amaro (3) Cea (3) Leiro (2) Punxín (2)

2, Agosto 2021

Union Fenosa ou como se chame, dando exemplo como todos os anos na Carreira, e o concello consentindo. ¿Cánto temos que esperar para que cumplan? ¿a qué esperan, a que non se poida pasar pola acera?

2, Agosto 2021

O Círculo Podemos no Carballiño vén de presentar unha proposta para traballar no desenvolvemento dos dereitos das persoas LGTBI e por unha vila libre de LGTBIfobia. Con isto pretende a implicación do conxunto de actores e veciñanza para frear a número crecente de agresións e vandalismo por motivos de LGTBIfobia.

“A loita contra a LGTBIfobia require do traballo conxunto das distintas institucións xunto a colectivos e veciñanza”, indica a enlace de feminismos do círculo, Alba González, quen continúa explicando que “por iso pedimos o respaldo da corporación a unha serie de medidas que van encamiñadas a dar unha resposta colectiva contra a LGTBIfobia”.

Esas medidas van dende o deseño dunha campaña para un ocio libre de LGTBIfobia, en colaboración coas asociacións de hostaleiros, ata a creación dun punto de información LGTBI municipal ou distintas iniciativas en colaboración cos centros de ensino posto que como sinala a enlace de feminismos, Alba González, “a educación é clave para erradicar a LGTBIfobia e máis cando falamos de que algúns destes actos violentos teñen como protagonistas a xente nova”.

Ademais, vimos de ter constancia de que entre a xuventude da vila se están a recibir ameazas nas redes sociais a certas mozos e mozas, ameazas que poñen como referente o ataque homófobo que se cobrou a vida de Samuel Luiz na Coruña, engade Manuel Nogueira voceiro local da agrupación morada, “ actitudes que son unha lacra e que repudiamos totalmente e contra as que a sociedade ten que loitar unida”.

Dende o círculo podemita poñerán en coñecemento das autoridades pertinentes as distintas capturas e mensaxes volcadas nas redes sociais das que teñen constancia, para que se actúe en consecuencia.

Finalmente, Podemos pide que a Xunta de Galicia se involucre poñendo os recursos para desenvolver de maneira axeitada a Lei 2/2014 pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais, que lle dea impulso ao Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero para que sexa unha ferramenta eficaz e que, en diálogo cos colectivos LGTBI, redacte unha Lei Trans Galega.

31, Xullo 2021

Si xente e festa para adiante. Non esquecer que estamos nun concello, o do Carballiño, libre de Covid, ou non?. 

Penso que si, ou eso parece a o ver as medidas de nivel alto que pon a Xunta, e as que fai respetar concello e fan os hosteleiros. 

Ainda a dia de hoxe non me pediron certificado de vacunacion en moitos locias, para que, reduccion de terrazas tampouco, o contrario, mais que e Agosto e hai que facer cartiños, total estamos libre de covid e restriccions. Respaldos pegados, fumando nas terrazas, si fumando que ninguen abra os ollos que os ten coma os meus e ven, actividades do concello como si non pasase nada axudando a ese empuxe  etc. 

Pois ben que mais da, eo mesmo. Veña festas ,veña pulpo, e veña saltar medidas, cada vez mais, total e barra libre. Os que incumplen aproveitan, o que cumple non di nada, no concello miran si chove , a oposicion xoga o desgaste....que diivertido todo. Pois o dito felicito o concello por un carballiño libre de covid.

Si e que o final o traballo ben feito notase.....

Saudos...sen mascara, so faltaba.

 

30, Xullo 2021

O PSdeG-PSOE de Leiro lamenta a actitude do presidente da Entidade Local Menor de Berán por non dar resposta as preguntas que por escrito formularon dende a formación socialista sobre a situación actual das instalacións do antigo Balneario, asi como outras cuestións relativas ás responsabilidades do presidente da ELM, ao que tildan de "antidemocrático".

En concreto, os socialistas pregúntanse en que situación está na actualidade o antigo balneario de Berán ¿aberto ou Pechado? E se están pechadas ¿por qué motivo están sendo utilizadas? ¿hai algún cartaz advertindo que non poden utilizarse? A piscina exterior está chea de auga, polo que o grupo socialista pregúntase quen se fará responsable no caso de rexistrarse unha incidencia nestas instalacións, que son propiedade da Entidade Local Menor de Berán.

Tamén se interesan os socialistas polo novo balneario e, de forma expresa, peguntan sobre se houbo algún roubo nas súas instalacións e se fose asi, se foi presentada denuncia ante a Garda Civil. Finalmente, o PSdeG-PSOE mostra o seu interese por saber qué xestións se están levando a cabo por parte da Entidade Local Menor de Berán para o recoñecemento e promoción do Camiño de Santiago da Geira e dos Arrieiros ao seu paso pola localidade.

30, Xullo 2021

Este novo servizo que pon en marcha o concello de Avión serve como canle directa de comunicación dos danos que se detecten no equipamento urbano do municipio. Para todos aqueles que non poidan ou non saiban empregar esta APP, seguiráse coas canles de comunicación habituais de avarías: vía telefónica ao 988 48 60 00 ou de maneira presencial nas oficinas municipais.

Para utilizar o servizo é necesario descargar a APP en Google Play ou APP store de forma gratuíta. O usuario debe seleccionar o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón "Nova Incidencia". O usuario selecciona o tipo de incidencia que quere comunicar, podendo engadir fotos ou algún comentario. Unha vez enviada, o persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado.

O cidadán recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma. O Concello de Avión anima aos veciños do termo municipal a utilizar o servizo Liña Verde. Grazas á participación cidadá preténdese lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.

30, Xullo 2021

Na liña dos últimos dias, os datos do coronavirus confirman a tendencia á baixa nesta quinta onda da pandemia, no Carballiño o número de contaxios activos baixa hoxe ata os 117, son 11 menos que onte.

Boborás quédase en 19 contaxios activos, que son 5 menos que antonte.Tamén baixan Cea (-2) (3) Piñor (-1) (4) Leiro (-3) (3) e Avión (-2) (30) Temos repetición de datos en Maside (13) O Irixo (4) San Amaro (3) Punxín (1)

O único concello da comarca que incrementa hoxe os contaxios activos é o de Beariz, que pasa dos 12 contaxios que notifica onte aos 14 que rexistra neste dia 30 de Xullo.

30, Xullo 2021

O escritor Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, 1987) é o gañador do XVIII Premio de literatura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez", na modalidade de narración, dotado con 1.500 euros e que convoca a Deputación de Ourense. O xurado, reunido esta mañá no Pazo Provincial, destacou da obra premiada, O clube de coleccionistas de selos (presentada baixo o pseudónimo "Catro latas"), "a súa perspectiva inclusiva e que da visibilidade á diversidade funcional entre a infancia", salientando tamén "a posta en valor do medio natural e a necesidade do seu coidado, así coma a figura do avó e as relacións interxeracionais".

O xurado sinala a grande calidade das obras presentadas, destacando do traballo de Nogueira que se trata dunha obra "cunha escrita moi coidada, na que emprega moitas referencias a personaxes históricos e literarios, o que promove a posibilidade de diversificar os itinerarios lectores e o fomento da lectura. Elo converte á obra nun bo recurso literario para mestres e o seu traballo na aula". O xurado, presidido por Patricia Torres, deputada de Cultura da Deputación de Ourense, estivo formado por David Canda, Antón Alonso, Xosé Antón Dorrio, Isabel Mociño, e Ana Malingre (secretaria).

Pablo Nogueira estudou Maxisterio na Universidade de Santiago e actualmente é mestre de Audición e Linguaxe no ensino público. É licenciado en Psicopedagoxía pola USC e posúe un mestrado en Investigación en educación, Diversidade cultural e Desenvolvemento comunitario" na mesma universidade. Publicou dúas novelas curtas para o público adulto: Banda Sonora Orixinal (Fervenza, 2019), obra ganadora do IV certame Balbino de relatos, e Música para os días de inverno (Laiovento, 2020).

29, Xullo 2021

O Consello da Xunta de Galicia, celebrado este 29 de xullo, autoriza a firma do convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Boborás por un valor de 180.000 euros para a humanización do núcleo singular de Astureses.

O concello de Boborás "agradece a Xunta de Galicia, e concretamente ao Vicepresidente primeiro e conselleiro de Turismo, Alfonso Rueda, e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia pola súa colaboración, sensibilidade, compromiso e por este convenio que sen dúbida transformará o entorno e núcleo singular de Astureses, cunha igrexa a románica a de San Xulián que conforma un dos templos do románicos máis relevantes de Galicia".

A actuación consistirá no levatamento do pavimento actual, a canalización das pluviais e a instalacións dos elementos para o posterior soterramento do cableado aéreo e logo a pavimentación con adoquín de taco de granito combinado en algunhas zonas con hormigón raiado, embecelendo se cabe ainda máis este conxunto de interese patrimonial.

Unha vez asinado o convenio, será o concello o encargado da licitación desta obra.

A alcaldesa Patrica Torres recorda que "con está xa son varias as obras de humanización que levará a cabo o grupo de goberno nos dous anos de mandato, a primeira e xa rematada a do núcleo de Boborás, e xa anunciadas e pendentes de licitación a de Xurenzás e A Vila. O Concello xa traballa para conseguir a financiación como é o caso de Moldes, e prepara proxectos para outras zonas de interese do municipio que se irán anunciando proximamente".

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS