
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ata a Residencia de Tempo Libre do Carballiño para supervisar as obras de acondicionamento das instalacións que acollerán as familias a través dos diferentes programas convocados pola Consellería de Política Social.
Acompañado da xefa territorial, María José Fernández, o delegado da Xunta subliñou a oferta de lecer que ofrece este centro, indicando que “os usuarios da Residencia de Tempo Libre do Carballiño poderán combinar a súa estadía en pensión completa con actividades lúdicas programadas pola propia residencia con visitas turísticas e culturais a diferentes puntos da vila, da provincia e mesmo da comunidade autónoma, o que sen dúbida repercutirá na economía da zona”.
A Residencia de Tempo Libre do Carballiño recuperará a actividade de novo tras o ano 2020 marcado pola covid, no que, aínda así, se desenvolveron actividades de lecer para a mocidade no marco da Campaña de Verán durante os meses de xullo, agosto e setembro, e que este ano volverán a repetirse nas mesmas datas.
Deste xeito, a oferta da RTL inclúe a posibilidade de actividades dirixidas a entidades que soliciten reserva de estadías coa finalidade de desenvolver diferentes programas de convivencia e que farán posible a apertura das instalacións. Nos vindeiros meses tense previsto desenvolver actividades dirixidas a asociacións de mulleres, a grupos de xoves, a maiores ou a colectivos de persoas afectadas por algún tipo de discapacidade.
As obras, a piques de rematar e nas que a Xunta investiu preto de 80.000 euros, nos últimos dous anos consistiron na reparación parcial do tellado do comedor, o acondicionamento do aparcadoiro, a poda das árbores e o pintado interior da planta baixa, pasillo e habitacións. En 2020, o Goberno galego xa acometera o arranxo da calefacción, a instalación dun sistema antiincendios, a rede wifi e a construción dun novo valado do parque infantil.
Hombre no me hagas reir, por favor. Que calles has arreglado? Carreira, por ejemplo? O quizás Xaquín Losada que tiene una plancha de acero tapando un bache desde hace un año? O también puede ser a rúa de Ourense. Vete a vender "Fume" a otro lado anda. Eres el peor alcalde de la historia y el más vago, un año sin abrir los parques infantiles y después de abrirlos aún dejaste el tobogán sin abrir tres meses más. A ver cuanto tardas en abrir las piscinas, donde en algun sitio de Galicia ya las han abierto. Nuestro amado lider vendiendo la moto como siempre. Pachi espabila y ponle las pilas que tampoco es tan dificil.
Y encima querer vender el derribo de un atico ilegal como obras para el pueblo ya es demasiado, habría que mirar quien consintió esa construcción, si fue el ayuntamiento (casi fijo) el responsable a la calle y si fue el constructor multa al canto y el responsable de controlar las construcciones en el ayuntamiento a la calle con él.
También el querer vender el arreglo del suministro de aguas como obra estrella le diré que cobra por ese servicio, así que es su obligación tenerlo en buen estado.
En definitiva, nuestro amado lider sigue como siempre, vendiendo "Fume" a precio de oro.

Aforo completo, as mil entradas gratuítas que se ofrecían dende o pasado sábado, esgotáronse nas útlimas horas, e para esta verbena piloto que amenizará a orquestra Cinema entre as 21 ás 23 horas deste sábado dia 19 de Xuño, na finca das Barcias, na zona do parque municipal do Carballiño.
Finalmente, no recinto tan so haberá zona de bailes, sen atraccións de feira e servizo de pulpeira, tal como estaba programado inicialmente. Con este evento, a Xunta pretende avaliar o protocolo de seguridade anti-covid para implantar este verán nas verbenas galegas.

O Concello de Beariz entregou hoxe ó profesorado do CEIP de Beariz material didáctico-lúdico relacionado coa Campaña contra a violencia de xénero que será destinado a todo o alumnado, así como aos seus pais baixo o lema “Xunt@s somos máis fortes”.
O fin desta actividade consiste en incentivar e colaborar na educación en igualdade así como na prevención da violencia de xénero, dende tódolos ámbitos, especialmente o escolar e o familiar, e dende a etapa máis temperá dos nenos.
Esta actividade foi organizada polo Departamento de Servizos sociais do Concello e está financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

O Carballiño abrirá ao público ese día 16 de Xuño, as instalacións do cámping municipal. O entorno do cámping xa foi acondicionado nos últimos días de cara á temporada e para este ano está previsto potenciar o recinto con novas iniciativas e recursos.
O cámping do Carballiño ten nas súas pallozas o seu sinal de identidade e está integrado nunha área de recursos turísticos que integra instalacións como a zona de autocaravanas, o parque etnográfico xunto ao río Arenteiro -o conxunto de muíños que lembran como era a actividade deste tipo de instalacións e como era a vida dos muiñeiros- dous restaurantes, a antiga fábrica de papel da Lavandeira -que se está a acondicionar para acoller o Museo do papel de Galicia- ou a Pena dos Namorados. Nas proximidades tamén podemos atopar a praia fluvial xunto ao río Arenteiro e a Piscifactoría do Carballiño. Todo elo vencellado coas máis de trinta hectáreas do pulmón verde da vila, o parque municipal.
As instalacións do cámping do Carballiño teñen unha excelente valoración por parte dos usuarios das mesma, como se recolle no recente informe sobre o turismo na vila editado polo grupo de traballo do Eixo Atlántico e presentado hai uns días.
Este ano potenciarase o recinto coa instalación dunha oficina de información turística. Funcionará durante os meses de verán e para atendela contarase con personal vencellado ao sector. Na mesma ofrecerase toda a información relativa aos recursos turísticos do Carballiño e a comarca, do xeodestino no que está integrado a vila e de Galicia en xeral. Tamén se poden facer desde o cámping varias das rutas de senderismo creadas polo Concello do Carballiño.
Ao restaurante en funcionamento na zona do cámping sumarase nas próximas semanas o que foi o primeiro restaurante da zona, o Muíño das Lousas. Logo duns anos pechado o Muíño das Lousas está sendo reformado polo seu novo concesionario, a empresa propietaria do coñecido restaurante O Barazal. As previsións da mesma pasan por contar co establecemento en funcionamento na primeira quincena do mes de xullo.

O grupo municipal de Espazo Común manifesta ter a sensación "de que non teñen tempo de atender a outra cousa ca verbenas" en relación ao procedemento de modificación de bases para a segunda convocatoria das axudas COVID para autonómos e microempresas do Carballiño.
Recordan como na anterior convocatoria "non se cumprira nada do acordado e se deixara fora das liñas de axuda a moitos pequenos negocios e autonómos por unhas bases mal feitas" e tamén como xa no mes de Xaneiro Espazo Común levou a pleno unha moción "que foi aprobada or todos para a modificación das mesmas de cara a facer chegar a máis xente este apoio no ano 2021".
Afean ao goberno municipal que pasaron cinco meses "e aínda non foron quen de sacar adiante a nova convocatoria", unha situación que perxudica ás pequenas empresas do Carballiño "que ven como son enganados e maltratados por unha administración que debera estar para axudarlles nuns momentos tan complexos".
Espazo Común remata concluíndo que "de novo estamos inmersos na inoperancias e as falsidades, xa no pleno de febreiro afirmouse por parte do goberno que xa estaban listas, asemade no pleno de abril fíxose a mesma afirmación e, dende aquela, o únoco que vimos foron titulares e anuncios diversos".

A Unidade Orgánica de Policai Xudicial da Garda Civil, nunha operación conxunta coa Unidade de Pontevedra e no marco da operación "Veracruz-Miradoiro" ven de culminar coa desarticulación dun grupo delictivo dedicado a cometer roubos con forza en vivendas do Carballiño, Vigo, Lalín e Porrriño.
A operación de investigación tivo como resultado o esclarecemento de ata un total de 40 roubos con forza en vivendas habitadas das citadas localidades, a investigación púxose en marcha a mediados do mes de Abril e culminaba esta pasada fin de semana coa detención de 5 persoas, 2 veciños de Madrid e 3 de Ourense capital, aos que se lles imputa roubos con forza, e tamén delitos de tráfico de drogas e blanqueo de capitais.
No marco da operación, realizáronse 2 rexistros domiciliarios no Carballiño, onde se incautaron diversos obxetos roubados relacionados cos roubos, asimesmo intervíronse 3 vehículos que eran utilizados para os desprazamentos para cometer os roubos.
Os detidos pasaron xa nas últimas horas a disposición xudical, no Xulgado de Insrucción nº 2 do Carballiño, que decreou o ingreso en prisión de catro deles. A operación continúa aberta.

A Xunta de Goberno da Deputación acordou na súa reunión deste lúns 14 de Xuño unha achega económica para o concello de Avión, no apartado de cooperación cos concellos, por importe de 200.000 euros, e con destino á obra de ampliación da residencia de maiores.
Desta maneira, o obxetivo é crear 12 novas prazas para persoas residentes, dada a demanda existente, xa que as prazas dispoñibles -32 na actualidade- están cubertas e existe lista de agarda. A residencia de maiores forma parte do centro de Centro de Servizos Sociais Alvetus, que xestiona a Fundación Anduriña, creada polo concello de Avión para a xestión de todos os servizos de carácter social que son depedentes da institución municipal.
Así se atopan os nenos de infantil , nenos de 3,4 e 5 anos con herbas màis altas ca eles no patio.
Semella que òs que mandan neste pobo non lles pareceu suficiente castigo que tiveran que soportar o frio nas clases , o mal tempo sen poder sair ò patio, as mascarillas todo o tempo ou o parque infantil pechado.
Ahora que fai bo tempo tampouco poden disfrutar nin da 1/2 h de recreo.

Xa está dispoñible o enlace da páxina WEB de incrición para a verbena piloto coa orquestra-espectáculo Cinema, que se celebrará o próximo sábado 19 deste mes de Xuño a partir das 21 horas, que será finalmente na finca das Barcias -na zona do parque municipal- en sustitución do estadio de Espiñedo, onde fora anunciara inicialmente.
Para incribirte, preme na seguinte ligazón:
https://www.woutick.es/evento/1483/entradas-prueba-piloto-carballino?pla...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 256
- 257
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262
- 263
- 264
- …
- seguinte ›
- última »