4, Xuño 2021

Preguntan si es legal poner una terraza obstruyendo el paso en Carballiño? Aquí si, y lo que haga falta, sobre todo si son amigos de nuestro amado líder o de su concejal. Hace poco un bar del centro invadía la fachada de su vecino y no pasaba nada, hace más tiempo pasar por la calle del ayuntamiento es imposible por las terrazas de cierto bar y ahora tampoco en coche. No pasa nada, nuestro amado líder va a convertir a Carballiño en un Magaluf solo que cutre. Las piscinas ya las va a poner en el balneario interiores y exteriores junto con su colega Baltar, (me imagino que le pondrán una suite por aquí también). Ala, a disfrutar lo votado, aunque los de PP no se si serán peores, y Patxi parece que está de vacaciones. 

3, Xuño 2021

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acordaron hoxe estudar o encaixe da reforma integral do balneario nos fondos europeos Next Generation. Un proxecto que cun investimento de 4 millóns de euros “suporá un paso máis na estratexia de apoio a un sector fundamental para a provincia como é o termal, neste caso ademais cunha longa tradición na comarca carballiñesa”, declarou Baltar trala reunión co rexedor na que tamén estivo presente o xerente do balneario, José Figuera.

O acordo entre a Deputación e o Concello do Carballiño, que inclúe a convocatoria de reunións técnicas a próxima semana, “inscríbese no ámbito da colaboración pública y privada -dixo o presidente provincial- pois nesta iniciativa tamén terá cabida a empresa que xestiona as instalacións”. Baltar situou este proxecto de relanzamento do balneario “non só no sector termal e na promoción turística, senón tamén nas iniciativas que desde o goberno provincial estamos a adoptar fronte ao reto demográfico, ofrecendo ao conxunto da comarca novas oportunidades de desenvolvemento, tan necesarias neste tempos”.

Un campo de actuación que, lembrou, “tamén estamos a impulsar na propia capital ourensá coa captación termal protexida que se realiza no Pazo provincial, coa intención de converter a este edificio no futuro gran balneario da cidade”. Por estas razóns é tan importante, engadiu, “que exploremos a posibilidade de presentar o plan de reforma integral do balneario do Carballiño aos fondos Next Generation, para os que a Deputación ten posto en marcha unha estratexia de planificación e cooperación que permita achegar a Ourense o diñeiro procedente de Europa para reactivar canto antes a economía provincial".

Dos 4 millóns de euros orzamentados para o proxecto, preto de 1,6 millóns estarán destinados á unha piscina cuberta climatizada no soto do edificio, cos seus respectivos servizos e instalacións, destacando tamén outras actuacións, entre elas na urbanización e peche exterior do recinto, nas tres piscinas descubertas e nos seus respectivos vestiarios, e no edificio que acolle a cafetería e o restaurante.

3, Xuño 2021

Estamos acostumbrados a que las terrazas de los bares invadan las aceras por las que transitan los peatones. Que ocupen plazas de aparcamiento de los arcenes. Pero que vayan más allá y ocupen e inhabiliten todo un carril de circulación en una carretera de doble sentido no lo habíamos visto nunca. Porque en la calle vicente risco hay una terraza de un bar que ocupa un carril de la circulación y la calle en ese punto es de doble sentido. ¿Por qué se consiente esto?

2, Xuño 2021

O vindeiro sábado 19 de Xuño o campo de fútbol de Espiñedo acollerá unha das seis verbenas piloto que a Xunta de Galicia quere facer para comprobar se estas celebracións son seguras coas medidas sanitarias oportunas. A encargada de amenizar esta verbena será a orquéstra Cinema.

Os asistentes poderán estar de pé e bailar, aínda que só con conviventes. Será unha verbena con límite de asistencia ata 1.000 persoas e con uso obrigatorio da máscara. O público terá que estar a cinco metros do escenario. Ademais, pedirase un rexistro previo para poder entrar no recinto, que terá un control de acceso.

O concello do Carballiño propuxo o estadio de Espiñedo para a celebración desta verbena piloto por tratarse dun recinto pechado, tal como se pedía, e porque unha vez celebrado este evento o recinto será obxeto dunha reforma integral do terreo de xogo, no que celebra os seus partidos o Club Deportivo Arenteiro.

2, Xuño 2021

O sábado día 5 de xuño ás 20:00 h na Praza da Veracruz terá lugar a actuación da compañía teatral Chévere ca súa obra As fillas bravas e o mito de Casandra. Esta produción está dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios e na súa creación colaborou o Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental-SEPA, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

As Fillas Bravas son tres pandereteiras (as actrices Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar) do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, Concello de Trabancas, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.Nesta nova peza, usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar a súa singular conversa cantada. As Fillas Bravas e o mito de Casandra é unha obra na que tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural dende unha perspectiva de xénero á procura de personaxes femininas empoderadas, colocando o foco nunha muller afirmativa, autónoma,creativa e implicada na colectividade.

O domingo, 6 de xuño, continuará a actividade cultural da mán do Conservatorio e da Escola de Música Municipal do Carballiño, que realizará o Concerto de Fin de Curso ás 13h no anfiteatro da Veracruz. A xornada comezará cunha actuación ao remate da misa das 11:15h no Templo da veracruz, a cargo dun alumno de canto. Despois, ás 13 horas comezará o concerto do alumnado e profesorado do CMUS e ESMU, no que o público poderá desfrutar das diferentes especialidades instrumentáis. Dende a Concellería de Educación animan á veciñanza a asistir á actividade e tamén a matricularse nas diferentes disciplinas que se imparten no centro municipal.

Os dous espectáculos contarán cun aforo limitado e será de obrigado cumprimento a normativa en materia de seguridade e hixiene do Covid.

1, Xuño 2021

O concello de San Cristovo de Cea traballa para poñer a disposición da cidadanía un espazo virtual para acceder a información, os servizos e trámites electrónicos de carácter municipal, unha vez que se remate a implantación do plan de dixitalización do concello, tal como avanzou o concelleiro de novas tecnoloxias José Dalama.

Desta maneira, cidadáns, empresas ou profesionais poderán establecer relación oficial co concello de San Cristovo de Cea a través da rede "desde o seu teléfono móbil poderán ter acceso a a calquera trámite que precisen  a través do certificado electrónico, calquera certificado que necesiten, notificacións, pagar unha taxa un imposto", explicou Dalama.

En definitiva, o concello de Cea pasará  ter unha xestión virtual integral, que agora terá un novo impulso a través dunha achega económica por importe de 20.000 euros que para esta finalidade ven de conceder ao concello ceense a Deputación de Ourense.

1, Xuño 2021

A Deputación de Ourense abriu hoxe o prazo de presentación de solicitudes para as axudas do programa ChegOU, unha iniciativa do goberno provincial coa que se presta apoio á natalidade a través de axudas económicas relacionadas coa saúde dos recén nados. “Un exemplo máis da política con perspectiva demográfica que aplicamos na provincia de Ourense, agora apoiando ás familias no momento que máis o precisan”, afirmou o presidente provincial, Manuel Baltar.

O programa ChegOU “é único entre as deputacións galegas e cumpre agora seis anos xusto cando, neste contexto de pandemia, é a nosa obriga concretar en apoio económico unha colaboración que entendemos imprescindible”, dixo Baltar. O presidente subliñou a importancia deste programa, dotado con 300.000 euros “pois é compatible con outras axudas e recolle un apoio máis intenso para os nacementos que se rexistran nos concellos con menor taxa de natalidade, é dicir, nos municipios de reto demográfico de grao 3, onde as axudas serán de 500 euros”.

As axudas do programa ChegOU poderán ser solicitadas por todas aquelas persoas que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 teñan un fillo, adopten ou constitúan a tutela dun menor. Para todos aqueles nacementos, adopcións ou tutelas que se rexistren en decembro, o prazo amplíase ata o 15 de xaneiro de 2022.

Os beneficiarios das axudas recibirán a tarxeta electrónica ChegOU de 300 euros - agás como xa se citou nos municipios de reto demográfico de grado 3, onde esta cantidade ampliarase ata os 500 euros- que unha vez activada permitirá a súa utilización en farmacias e parafarmacias da provincia de Ourense para a adquisición de produtos hixiénicos, alimentarios ou de saúde.

Presentación de solicitudes

A área de Benestar poñerá en marcha un plan especial de atención durante o mes de xuño, reforzando o cadro de persoal para garantir o servizo ao cidadán, esperando unha importante afluencia de solicitantes durante o próximo mes.

As solicitudes deberán presentarse telemáticamente a través da plataforma ChegOU. Se optan por presentar a solicitude desde a súa casa poderano facer a través de certificado dixital, o ChaveOU, un novo sistema de clave concertada que facilita ao cidadán un mecanismo de identificación para a utilización dos servizos electrónicos ofrecidos pola administración provincial. Todas as instrucións para pedir a ChaveOu están tamén dispoñibles na web da Deputación de Ourense. As persoas con dificultades para a presentación telemática da solicitude poderán acceder a un sistema presencial de atención ao cidadán para concertar unha cita.

31, Maio 2021

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense reunida este lúns dia 31 de Maio aprobou a concesión de achegas económicas por un investimento que suma 326.300 euros e que axudarán a financiar diversas actuacións promovidas polos concellos do Carballiño, PIñor, Leiro e San Cristovo de Cea.

En concreto, no concello do Carballiño a Deputación concede unha achega de 186.600 euros para a renovación das instalacións do campo municipal de fútbol de Espiñedo, no que xoga os seus partidos o Club Deportivo Arenteiro, que na próxima tempada debutará na 2ª División RFEF, como máximo representante do fútbol provincial. A obra consistirá, fundamentalmente, na reposición do terreo de xogo, que ten unha superficie de 105X67 metros, e que se encontra moi deteriorado, ata o punto que nos invernos dos últimos anos obrigou ao club carballiñés a trasladarse a Barbantes para xogar os seus encontros como local.

Para o concello de Piñor a Deputación concede unha subvención de 12.000 euros e con destino á organización do 5º Rallymix de Piñor, unha competición automobilística que terá lugar os dias 26 e 27 deste mes de Xuño.

O Concello de Leiro contará cunha aportación de 92.700 euros para as obras de humanización da rúa Casanova, na propia vila de Leiro. Pola súa parte, o concello de San Cristovo de Cea beneficiaráse dunha achega por importe de 20.000 euros para contribuir a financiar o plan de dixitalización do concello.

Finalmente, a Deputación concede 15.000 euros para a elaboración dun documental sobre o camiño Miñoto-Ribeiro.

30, Maio 2021

O feito sucedeu no lugar de Cotelas, na parroquia da Canda, ás seis da tarde deste domingo 30 de Maio. A esa hora, un particular contactou co 112 Galicia para solicitar axuda debido ao afundimento de parte da estructura dunha granxa. A persoa afirmaba que a nave albergaba arredor de 200 porcos, que se atopaban soltos pola estrada e baixo os restos da edificación.

De cotío, desde o 112 mobilizouse aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil, aos servizos sanitarios e aos membros de Protección Civil de Piñor. Unha vez chegados ao lugar do suceso, os medios desprazados confirmaron que o tellado e as paredes da granxa estaban derrubadas pero que non había persoas feridas. O Seprona abríu unha investigación para aclarar as causas do sinistro, no que preto de medio cento de animáis resultaron mortos.

Logo de horas de traballo conxunto dos Bombeiros, persoal do concello e o apoio da veciñanza, lográronse rescatar varios animais para trasladalos nun camión, dándose a situación por controlada. 

30, Maio 2021

O Carballiño chega ao derradeiro dia de Maio con 11 contaxios activos, a cifra máis alta durante o mes que agora remata, que estivo caracterizado pola incidencia máis baixa dende o verán do ano pasado. A cifra diaria máis baixa durante o mes de Maio foi de 3 contaxios activos.

Nos concellos da Comarca, O Irixo permanece con 4 contaxios activos, comezou con 1 caso o dia 14, logo incrementouse  a 3, e finalmente despide o mes mantendo 4 casos, que ven notificando dende o pasado dia 26. 

San Cristovo de Cea ten 2 contaxios activos, a cifra máis alta do mes, mentres que con 0 casos chegan a final de mes os concellos restantes da comarca: Boborás, Beariz, Piñor, Punxín, Maside e San Amaro. Deles, catro concellos, que son os de Beariz, Piñor, Punxín e Maside non rexistraron ningún caso durante o mes de Maio. Outros dous concellos, Boborás e San Amaro notificaron un único caso.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS