
O feito sucedeu no lugar de Cotelas, na parroquia da Canda, ás seis da tarde deste domingo 30 de Maio. A esa hora, un particular contactou co 112 Galicia para solicitar axuda debido ao afundimento de parte da estructura dunha granxa. A persoa afirmaba que a nave albergaba arredor de 200 porcos, que se atopaban soltos pola estrada e baixo os restos da edificación.
De cotío, desde o 112 mobilizouse aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil, aos servizos sanitarios e aos membros de Protección Civil de Piñor. Unha vez chegados ao lugar do suceso, os medios desprazados confirmaron que o tellado e as paredes da granxa estaban derrubadas pero que non había persoas feridas. O Seprona abríu unha investigación para aclarar as causas do sinistro, no que preto de medio cento de animáis resultaron mortos.
Logo de horas de traballo conxunto dos Bombeiros, persoal do concello e o apoio da veciñanza, lográronse rescatar varios animais para trasladalos nun camión, dándose a situación por controlada.

O Carballiño chega ao derradeiro dia de Maio con 11 contaxios activos, a cifra máis alta durante o mes que agora remata, que estivo caracterizado pola incidencia máis baixa dende o verán do ano pasado. A cifra diaria máis baixa durante o mes de Maio foi de 3 contaxios activos.
Nos concellos da Comarca, O Irixo permanece con 4 contaxios activos, comezou con 1 caso o dia 14, logo incrementouse a 3, e finalmente despide o mes mantendo 4 casos, que ven notificando dende o pasado dia 26.
San Cristovo de Cea ten 2 contaxios activos, a cifra máis alta do mes, mentres que con 0 casos chegan a final de mes os concellos restantes da comarca: Boborás, Beariz, Piñor, Punxín, Maside e San Amaro. Deles, catro concellos, que son os de Beariz, Piñor, Punxín e Maside non rexistraron ningún caso durante o mes de Maio. Outros dous concellos, Boborás e San Amaro notificaron un único caso.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe en rolda de prensa o protocolo e os detalles das oposicións do ensino correspondentes á Oferta Pública de Emprego docente de 2020, que se iniciarán entre o 19 e o 25 de xuño. A segunda proba desenvolverase con posterioridade, nas datas marcadas polos tribunais. O Carballiño é unha das sedes designadas pola Xunta.
Román Rodríguez sinalou que estas oposicións, as primeiras do ensino realizadas en pandemia, son unha gran oportunidades para a consolidación das plantillas de profesorado, dado que permitirán tanto o ingreso de novos profesionais do ensino como a estabilización de persoas que xa traballan nel. Así mesmo, explicou que a convocatoria favorece a promoción interna desde o propio corpo docente ou o cambio de especialidade, reforza a Inspección educativa e impulsa a carreira docente, con 1.300 prazas de catedráticos.
Os exames desenvolveranse, por primeira vez, máis aló das sete cidades galegas. Serán un total de 23 as localidades que os acollan. Deste xeito, na provincia da Coruña haberá probas na Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Narón, Oleiros e Santiago de Compostela; na de Lugo, en Monforte, Lugo e Viveiro; na de Ourense, no Carballiño, Ourense, Ribadavia e Vilamarín; e na de Pontevedra, na Estrada, Cangas, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vigo.
Especialidades por concello
Tal e como explicou o conselleiro, que estivo acompañado polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, as localidades con máis exames van ser as cidades. Así, a da Coruña acollerá probas de 27 especialidades, Vigo de 18, Santiago de 17, Pontevedra de 14, Lugo de 13 e Ourense de 12. Pola súa parte, en Culleredo e Ferrol haberá exames de cinco especialidades; en Monforte, Ribadavia, Lalín, O Porriño e Vilagarcía de dúas especialidades e no resto de localidades dunha soa especialidade. Na distribución das probas, sinalou, aproveitaranse as sinerxías cos ciclos de FP impartidos en cada lugar, de tal forma que "en Vilamarín examinaranse os aspirantes a profesor de Secundaria en Hostalaría e Turismo e na Estrada os de Procesos e Produtos en Madeira e Moble", dixo. Nos próximos días indicarase a localización exacta das probas en cada concello.
70 persoas por tribunal
O incremento de localidades é a principal medida da Xunta de Galicia para acadar as máximas garantías de seguridade sanitaria nas oposicións, de xeito complementario ao incremento de número de tribunais, ata un total de 368. “Isto supón – explicou Román Rodríguez– nove máis dos que anunciamos inicialmente e, o que é máis importante, supón máis que duplicar os 163 tribunais que houbo nas oposicións do ensino do ano 2019”.
“Deste xeito, e tendo en conta que temos inscritas nestas probas un total de 25.710 persoas, estamos a falar de 70 opositores de media por cada tribunal, fronte aos 109 opositores por tribunal do ano 2019”, destacou.
Distancia e máscara
As devanditas medidas van acompañadas dun completo protocolo de adaptación á covid, que hoxe foi presentado na mesa sectorial, e que inclúe entre os seus puntos fundamentais que aos recintos só poderán acceder as persoas opositoras, gardar unha distancia de 1,5 metros, o uso obrigatoria de máscara cirúrxica ou hixiénica, a hixiene de mans con xel hidroalcohólico á entrada e saída, a limpeza e a desinfección das superficies, a ventilación dos espazos e o uso exclusivamente persoal de materiais como os bolígrafos, entre outros.
“Así mesmo –recordou o conselleiro–, suprímese o acto de presentación e será cada tribunal o que comunique a través do Portal Educativo a aula concreta na que se examinará cada persoa e todas as cuestión que sexan necesarias; e a identificación das persoas opositores realizarase na propia mesa, cando xa estean sentadas, para evitar aglomeracións”.
O protocolo responde tamén “a dúas cuestións de vital importancia no actual contexto”, explicou o conselleiro. Por unha banda, contémplase que se unha persoa non pode acudir ao exame por estar en corentena por un contacto estreito relacionado coa covid, por ter a covid ou por estar embarazada, poderá realizar a proba o día 10 de xullo de 2021, aportando a xustificación médica necesaria.
Por outra banda, se alguén presenta síntomas da covid no propio exame, a persoa será trasladada á zona reservada de illamento. Neste espazo o persoal aspirante poderá continuar desenvolvendo o exame, se lle é posible, baixo a vixilancia dunha persoa membro do tribunal que manterá a máxima distancia de seguridade posible e, de cando menos, 1,5 metros.
Máis de 10.600 prazas
“Desde o primeiro momento o noso obxectivo foi asegurar a máxima garantía sanitaria nestas probas e creo que o imos conseguir a través de todas estas medidas”, salientou o conselleiro, que sinalou que “despois do de sacar adiante o curso escolar 2020/21 con éxito e máxima presencialidade, este é un novo reto no que estamos a traballar intensamente”.
“Falamos da oferta de emprego público docente máis ampla da historia, 3.894 prazas en 97 especialidades, e é importantísimo sacala adiante con garantías” afirmou o representante da Xunta de Galicia, que apuntou que “temos preparada unha nova OPE de 1.604 prazas que se desenvolverá no 2022, e que eleva a 10.655 o número de prazas convocadas polo Goberno galego no eido educativo nos últimos cinco anos”
Por fin parece que se aproxima el buen tiempo y me pregunto cuando se le ocurrirá a nuestro amado líder abrir este año la piscina. Para Agosto o quizás para septiembre? Quizás haga como con los parques infantiles y más aún con el tobogán que para que no se gaste tardo más aún en abrirlo. En parte mejor es que no se estropeen las cosas porque ya sabemos lo que le cuesta arreglarlas, solo hay que ver las calles. En fin, pronto saldremos de dudas, esperemos que nuestro amado líder no nos defraude.

A científica María Teresa Miras Portugal faleceu este pasado xoves dia 27 de Maio en Madrid, aínda que por desexo expreso será enterrada no Carballiño, onde nacera fai 73 anos. O Velorio terá lugar dende as 19:00 deste venres dia 28 no Tanatorio Veracruz Centro ata a tarde deste sábado dia 29 de Maio, que será cando as 16:00 horas se celebre o funeral no Templo da Veracruz e posteriormente recibirá sepultura no panteón familiar do cemiterio de Señorín.
Miras Portugal, catedrática emérita de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense de Madrid ( UCM), e presidenta de honra da Real Academia Nacional de Farmacia, tiña 350 obras recoñecidas de nivel internacional e recibiu multitude de premios, no ano 2016 a Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.
A carballiñesa foi no ano 2007 a primeira muller elixida para presidir a Real Academia Nacional de Farmacia de España. As áreas de investigación nas que se centraba estaban fundamentalmente dirixidas ás neurociencias: funcionamento sináptico, neurotransmisión mediada por nucleótidos e interacción de neurotransmisores, segundo recolle a web da Real Academia Nacional de Farmacia.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar o anuncio da Consellería do Medio Rural polos que se someten a información pública os procedementos de inscrición de varios montes situados no municipio de Leiro no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.
Segundo informa o departamento autonómico, o proceso afectará aos montes de A Costa, Xirimelos, Val Escuro, Coto do Santo e Amidonda, dos que é titular a comunidade de montes veciñais en man común de Valboa e O Casar, neste concello de Leiro, dunha extensión de 50,93 hectáreas poboadas de carballos, castiñeiros e bidueiros.
Calquera persoa física ou xurídica poida examinar durante os dous próximos meses os documentos correspondentes a este expediente de inscrición no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Medio Rural en Ourense e presentar alegacións, se fose o caso. Coa inscrición neste rexistro os titulares poderán acceder de forma preferente a subvencións e axudas públicas, e mesmo ventaxes fiscais.

A maioria das farmacias da comarca súmanse á campaña da Consellería de Sanidade coa finalidade de contribuir a detectar positivos en coronavirus entre a poboación en xeral, neste caso a iniciativa vai dirixida na franxa de idade entre os 12 e os 64 anos de idade, que conten con tarxeta sanitaria do Sergas.
Na farmacia entregaráselle a cada persoas un Kit para levar ao seu domicilio, proporcionándolle a información de cómo debe realizar a proba e a súa posterior entrega na farmacia, que será a encargada de enviar o test ao laboratorio de microbioloxía. En caso de dar positivo, sería contactado por parte do Sergas, mentres que os negativos recibirán o resultado via SMS no seu teléfono móbil.
No caso do concello do Carballiño participan desta iniciativa catro das cinco farmacias existentes, en concreto realizan os test de saliva as farmacias de Mª Dolores Campos, Fontaíñas, Mönica Muradas e Jesús Fontaíñas. No resto de concellos do noso ámbito, están adheridas a esta campaña as farmacias dos concellos de Avión, Beariz, Boborás, Leiro, Maside, O Irixo, Piñor, San Amaro, Cea e Cenlle.

O Delegado Territorial da Xunta na provincia de Ourense, Gabriel Alén, espera que pronto o concello do Carballiño, co que dixo estar en contacto, se pronuncie sobre as dúas posibilidades que agora mesmo se contemplan: a ampliación do actúal centro de saúde ou ben a construcción dun novo edificio sanitario no Carballiño, para o que a institución municipal debe poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios para acometer este proxecto.
En todo caso, o representante do goberno autonómico mostrouse partidario de promover un novo centro de saúde, un edificio de nova cosntrucción que cubra as necesidades asistencias do Sergas para O Carballiño e a súa comarca.
Son manifestacións que o Delegado Territorial fixo no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño, na que repasou diversos proxectos da Xunta no ámbito das comarcas do Ribeiro-O Carballiño. Unha entrevista que pódese escoitar íntegra nesta mesma páxina WEB, no apartado PROGRAMA, correspondente a este martes dia 25 de Maio.

Os responsables municipais déronlle á benvida nun acto celebrado esta mañá no salón de sesións do concello carballiñés. Son os 3 futuros axentes que logo se incorporarán á Policia Local do Carballiño, unha vez que completen nos próximos meses a súa formacion na Academia Galega de Seguridade e o periodo de prácticas que realizarán na propia Policia Local Carballiñesa, estando prevista a súa incorporación definitiva a finais de ano.
O Concelleiro de Seguridade, Manuel Sotelo, explicou que a chegada dos novos axentes retrasouse no último ano por culpa da pandemia e recordou que estas 3 incorporacións cubren as 14 prazas que fixa a Relación de Postos de Traballo -RPT- do concello do Carballiño, " a nosa idea é seguir incorporando novos axentes, na medida do posible", subliñou.
Francisco Valeiras, actúal Xefe da Policia Local do Carballiño, incidíu unha vez máis na escasez de efectivos "xa que somos a única Policia Local da provincia de Ourense, a maiores da capital, que conta con oficina de denuncias e presta o servizo as 24 horas ao dia". Valeiras salientou a implicación da Policia Local coa sociedade carballiñesa "ata o punto de que os propios veciños cando se produce algúnha incidencia de seguridade cidadán sempre apelan directamente á Policia Local".

Dende esta Plataforma manifestan o seu disgusto pola retirada por parte de persoa descoñecida da pancarta reinvindicativa instalada a pasada semana por membros desta Plataforma á entrada da estación de ferrocarril do Carballiño.
"A conclusión que que hai persoas ou entidades que non están dispostas a cambiar a situación actúal do transporte público do Carballiño, e non so eso, senón que lles molesta que se reivindique a mellora de servizos, calificamos este ano como vergoñento e noxento", manifestan dende este colectivo nun comunicado difundido esta mañá.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262
- 263
- 264
- 265
- 266
- …
- seguinte ›
- última »