4, Maio 2021

por que sempre son os mesmos locais? por que? haberíase que preguntar se no concello ou policía local teñen parentesco amizade ou negocio cos 3 locais de sempre por que non se pode entender que estando no centro do pobo e vendo todo o mundo ninguén faga nada...logo pagan todos por estes 3 que todos sabemos quenes son....o sábado pola tarde parecía a festa do pulpo en abril....e sempre os mesmos...o da rúa principal dos soportais....e os dous que rondan o concello....que como se poñemos nomes non se publican....pero vamos que calqueira que ande pola rúa sabeo perfectamente por que os ve....salvo os que poden facer algo claro que por algunha razón non se enteran

4, Maio 2021

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director de cine Alfonso Zarauza asinaron hoxe un convenio de colaboración para a rodaxe do filme Malencolía, unha produción de Maruxiña Film Company realizada integramente en galego e que comezará o vindeiro 17 de maio en escenarios do concello do Irixo e localizacións dos concellos do Carballiño e Boborás. "Seguro que un novo éxito de Alfonso Zarauza, logo deses nove galardóns conseguidos nos premios Mestre Mateo, que nos permitirá seguir coa aposta que desde o goberno provincial fixemos hai tempo para converter a Ourense nun inmenso plató para producións audiovisuais, potenciando tamén o Festival Internacional de Cine no que esperamos se poda estrear esta longametraxe", destacou Baltar no acto desenvolvido no Liceo.

O presidente provincial e o director estiveron acompañados polo produtor executivo, Martín Calviño, e pola meriande parte dos actores que integran o reparto, entre eles Melania Cruz, Xulio Abonjo, Diego Anido, Ledicia Sola e Tito Asorey.

Manuel Baltar subliñou que Ourense "ten moitos lugares que encaixan en todas as historias posibles, como a Ribeira Sacra que será patrimonio da Unesco e unha cidade histórica e literaria tamén vencellada ao cinema, dándose así todos os requisitos necesarios para que esta produción sexa unha das grandes estreas do ano". Celebrou tamén que Zarauza "pousara os seus ollos na comarca do Carballiño, iniciando unha alianza que agardo sexa a primeira de moitas, xa que tamén estivo a ver outras localizacións que seguro que serán perfectas para novas historias que podan xurdir", felicitando á produtora e ao director pola gran aposta que están a facer polo audiovisual galego.

Alfonso Zarauza, que tamén destacou "o talento galego que se está a visibilizar tanto a nivel nacional como internacional", agradeceu pola súa banda "o acertado apoio que a Deputación de Ourense presta ao cinema porque apostar pola cultura non so enriquece espiritualmente, senón que tamén xera riqueza económica, e iso tamén fai poderoso a un país".

O director e produtor gabouse por sacar adiante unha produción "netamente ourensán xa desde o seu propio título, pois a malencolía é un concepto do poeta ourensán Curros Enríquez que define un estado de ánimo fermoso que é a felicidade de estar triste".

Engadiu que o filme, no que se mesturan os xéneros do terror e a comedia, abordará "temáticas que se utilizaron moito na literatura e na cultura galegas, pero que teñen pouco uso no cine actual, como é a nosa rica tradición literaria e cultural dos contos de medo, que queremos retratar nesta película nunhas paisaxes marabillosas".

Cunha produción integramente galega, con técnicos e actores do país, Malencolía comezará a súa rodaxe o 17 de maio e prolongarase ata finais de xuño, na súa meirande parte en escenarios do Concello do Irixo e con localizacións en Boborás e O Carballiño. O filme narra a historia dunha parella galega (Xulio Abonjo e Melania Cruz) que logo de dez anos de residencia en Berlín deciden dar un novo rumbo a súa vida regresando a Galicia, onde mercan unha casa nunha aldea que cren abandonada pero na que vive unha señora (Iolanda Muíños) coa que manterán unha relación un tanto curiosa.

4, Maio 2021

A concellería de Cultura do Carballiño ven de presentar a programación cultural do mes de maio na que destaca o eido literario. Podemos salientar a exposición sobre a Revista Nós que se pode visitar na Praza Maior da vila ata o día 14 de maio, as actividades sobre Emilia Pardo Bazán polo centenario do seu pasamento ou a homenaxe a Xela Arias nas Letras Galegas.
Tal como anunciou o Concello do Carballiño, este ano Emilia Pardo Bazán será a figura que protagonizará unha serie de actividades que buscan dar a coñecer a súa vida e obra, pero tamén o seu vínculo co Carballiño. Logo da reedición do Cisne de Vila Morta, neste mes a concellería programou unha exposición fotográfica no concello en colaboración con Potiños sobre aqueles espazos do Carballiño nos que transcurriu unha parte da vida e obra da escritora que se inaugurará o día 11 de maio. Tamén está programada unha ofrenda floral na Praza Emilia Pardo Bazán no mesmo día que se cumpre o centenario do seu pasamento, o 12 de maio, e o sábado 22 pola mañá terá lugar un roteiro na zona rural do Carballiño sobre a escritora da mán do Instituto de Estudios Chamoso Lamas, este terá as prazas limitadas e @s interesad@s poderán anotarse no enderezo electrónico oixcultura@carballino.gal . Ademais, o alumnado de 4º da ESO do Carballiño poderá disfrutar dunha visita teatralizada da escritora.

En canto ás Letras Galegas, a programación comezará ca actuación de Peter Punk na Praza da Veracruz o sábado 14 ás 12h ca súa obra infantil “novo espectáculo viral” e continuará na Insua dos Poetas o día 17 de maio ás 19h con 4mal Quartet Jazz con “musicando versos por Xela Arias”. Ademais, por parte da concellería de Educación e Normalización Lingüística vai a realizarse un mural adicado á poeta nun espazo céntrico, obradoiros nos centros escolares e actuacións por parte do Conservatorio Municipal.

Ademáis, os colectivos culturais do Carballiño continúan cas actividades, como é o caso do Cineclub, que proxectará ao longo do mes en sesión de tarde os venres e os domingos, as películas “Olvido y León, “ Cuñados”, “Nación “ e “El horizonte”. O colectivo fotográfico Potiños, que conta con varias exposicións espalladas por locais da vila, celebrará o domingo 23 a actividade “pon unha foto na rúa: retratos con máscara” e o Instituto de Estudos Carballiñeses presentará a edición número 37 da Revista Agora do Orcellón o sábado 29 ás 12h no Auditorio Manuel María.

3, Maio 2021

O concelleiro de cultura do concello carballiñés Diego Fernández e o presidente da asociación fotográfica Potiños, Manolo Blanco, presentaron hoxe dúas novas iniciativas para este mes de Maio, organizadas pola asociación fotográfica carballiñesa e coa colaboración da concellería de cultura. Fernández recoñeceu a labor dos colectivos culturais "que como no caso de Potiños manteñen viva a cultura nestes tempos tan complicados", agradecendo o traballo que desenvolven.

Coincidindo coa conmemoración neste 2021 como o ano de Emilia Pardo Bazán, o concello do Carballiño programou unha serie de actividades que se desenvolverán nos próximos meses, poñendo en valor a relación da escritora co Carballiño. Precisamente, esta exposición fotográfica  preparada por Potiños recollerá algúns dos lugares da vila e comarca de finais do século 19 nos que a escritora ambientou a novela "O Cisne de Vilamorta". Esta exposición ubicaráse na casa do concello e poderémos vela a partir do martes da semana que ven.

Doutra parte, Poiños celebra o próximo dia 23 deste mes de Maio -domingo- a xornada mundial "Pon unha foto na rúa", unha actividade na que os fotografos e fotógrafas de Potiños veñen realizando unha media preto das 300 fotografias, a todas as persoas que se suman a esta invitación na Praza Maior do Carballiño, este ano avanzou o presidente de Potiños que serán fotos "con máscara, que nos recordarán cando pasen anos este tempo de pandemia no que vivimos".

3, Maio 2021

 Creo que está usted equivocad@. Seguro que si pasa algo le echan la culpa a las reuniones el domingo en la misa de 12 o en la comida del domingo con sus hijos. En los bares de CARBALLIÑO, se cumplen extrictamente las normas, jajajajaja, (perdón no he podido evitar reirme). 

   También me reiria de lo del gobierno local, pero por desgracia es para llorar por tal incompetencia y solo queda echarlo cuando lleguen las siguientes elecciones. Opciones hay, no hay disculpa para no cambiar de corporación, está claro que al PP no, porque ni siquiera cuestiona ninguna de las acciones ( o no acciones) de nuestro amado lider, pero hay más y bastante mejores.

   Lo que salvará es que en una semana se acaba el estado de alarma y ya se desbocará todo sin remedio y el alcalde aprovechara para cogerse unas pequeñas vacaciones.

2, Maio 2021

Asi, sin control, estan algunos bares, repito, algunos, bien conocidos ya por todos, sin mascarilla, de pie, en grupos numerosos, y un cumulo de detalles que en circunstancias normales serian aceptables, pero en una pandemia y con normas que lo prohiben no. 

Riesgo de contagios, impotencia y enfados entre el resto del sector que si cumple y asombro de vecinos y visitantes, son motivos para el boca a boca y los comentarios sobre imagenes que circulan por las redes.

Quiero pensar, que en este ayuntamiento gobierna alguien,  algun partido politico que fue votado por la mayoria de los vecinos para gobernar, si, si tambien en estos casos. Porque esto no es apoyar la hosteleria ni el pueblo. Esto es...el pueblo sin ley y sin gobierno. 

Es facil hacerse una foto cuando las cosas vienen de cara y dificil tomar decisiones firmes ...sin foto. 

Siempre nos quedara ver peliculas del Oeste, para aprender eso de ...la ley del mas fuerte. 

      Saludos 

 

1, Maio 2021

A comarca do Carballiño entra no mes de Maio na mellor situacion epidemiolóxica dende practicamente os inicios da pandemia. O concello do Carballiño, que mantén 5 contaxios activos, é o único que notifica casos de coronavirus, xa que o resto de municipios están todos eles limpos de virus, en condicións de nova normalidade.

Ademáis, no caso do concello do Carballiño non se diagnosticou ningún novo positivo dende fai máis dunha semana, asi o reflicte a incidencia acumulada, sen ningún caso nos últimos 7 dias.

 

 

30, Abril 2021

O concello de Maside acaba de estrear un novo servizo de punto limpo móbil financiado grazas a unha subvención de preto de 60.000 euros concedida pola Xunta de Galicia.

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, asistiu esta mañá ao acto de presentación desta nova infraestrutura municipal, un camión pequeno dotado con caixa e chasis con varios compartimentos para clasificar os diferentes tipos de residuos que lle permitirá ao concello achegar este servizo a todas as súas parroquias e núcleos de poboación do municipio

Tras lembrar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convocou o ano pasado unha orde de axudas para proxectos municipais destinados a implementar novas medidas de xestión dos residuos, Sagrario Pérez explicou que, en total, o seu departamento destinará preto de tres millóns de euros a financiar 69 actuacións e iniciativas neste eido entre as anualidades 2020 e 2021.

De feito, o punto limpo móbil de Maside foi un dos proxectos seleccionados ao abeiro da devandita orde. Así, o Goberno local recibiu unha axuda da Xunta de 57.670 euros para adquirir un camión e unha grúa pequena para cargar grandes electrodomésticos e residuos voluminosos. O orzamento total do proxecto presentado polo concello ascendía a 73.000 euros, incluíndo tamén unha campaña de comunicación e sensibilización para promocionar o servizo, polo que o Goberno local achegou os 15.330 euros restantes.

Neste sentido, Sagrario Pérez felicitou ao alcalde pola iniciativa, que permitirá ofrecer á súa veciñanza, por primeira vez, un servizo gratuíto de recollida a domicilio de mobles vellos, restos de madeira, electrodomésticos, chatarra ou metais, entre outros.

Así, entre as vantaxes derivadas da implantación dun punto limpo móbil, subliñou que se mellorarán as ratios de recollida de residuos, evitaranse os puntos de vertido incontrolado e darase un novo servizo á cidadanía, tanto no rural como na zona urbana, establecendo unha ruta regular por varios puntos previamente seleccionados para que poidan ter acceso a un sistema cómodo e itinerante para o depósito de voluminosos e residuos perigosos.

29, Abril 2021

Despois da entrada en vigor do Real Decreto que limita o uso das bolsas de plástico, os hábitos están cambiando e mesmo obrigando á industria a dar un xiro nas súas liñas de negocio.

Asi o entendeu o grupo Valtalia, que utilizará as instalacións da antiga Laminor no parque empresarial do Carballiño, unhas instalacións que adquiríu fai unhos anos atrás, para iniciar un novo proxecto industrial que centrará a súa actividade na fabricación de envases e bolsas de papel. Cando estea a plena producción, creará 50 postos de traballo.

O Grupo Valtalia mantén dende fai anos a súa presenza no parque empresarial do Carballiño, a través de "Sociedad Gallega de Polímeros" (SOGAPOL) outra das empresas que forman parte deste grupo empresarial galego.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS