
O concello do Carballiño pon en marcha un novo proxecto, financiado polo "Plan de Sustentabilidade Turística en Destino", que está financiado con fondos europeos NextGeneration-
Trátase dun proxecto arredor do pulpo, o viño do Ribeiro e o Pan de Cea e para o que será preciso a colaboración de todos os sectores relacioanados co turismo.
Escoita aquí a Entrevista a Martín Outomuro, que explica as claves do "Club de Producto Enogastronómico".
Podemos ver en las redes sociales, esta foto del Ayuntamiento de Irixo , Creo que la prepotencia de Susana Iglesias está muy lejos de representar a esas mujeres que han vivido o viven la violencia machista, ella que decía sentirse penalizada por ser mujer, esta foto tendría que ser un acto institucional de la corporación (y todos los ediles del ayuntamiento) tiene que entender que esto no es el balcón de su casa y la violencia de género no es una broma , cosa que viendo esta forma de actuar desde una institución pública usted se lo toma a risa, un día como hoy debemos mostrar unión, ante esta lacra de nuestra sociedad. Una foto muy poco oportuna por lo menos para esta causa. No sé si para sus causas particulares, Susana Iglesias le servirá de algo , esta claro que no tiene ni idea de lo que representa un día como hoy.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, avaliaron nunha reunión novas vías de colaboración para mellorar o servizo de saneamento no municipio.
Máis polo miúdo, analizaron o proxecto municipal para construír unha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR). Nesa liña, o rexedor informou á conselleira de que a previsión municipal é poder remitir a Augas de Galicia o proxecto desta actuación antes de fin de ano para que poida ser avaliada polo persoal técnico da entidade autonómica e establecer fórmulas de cooperación.
Pola súa banda, Ángeles Vázquez reiterou que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza.
De feito, o orzamento de Augas de Galicia sobe o vindeiro ano 2025 preto dun 5%, ata os 144 M€, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora de infraestruturas, a formación e divulgación e a execución de políticas activas de resposta ao cambio climático.
O obxectivo principal será facer un uso eficiente da auga e reducir a pegada hídrica na comunidade mediante investimentos nas redes de saneamento, depuración e abastecemento así como no apoio aos concellos, o deseño de mapas de riscos climáticos ou a creación de corredores verdes para reducir os asolagamentos.
Unha familiar foi á entrevista para o obradoiro de emprego e pídenlle un certificado de que non ten estudos para poder acceder. E resulta que ese certificado non llo fan en ningún sitio porque solo certifican os estudos que ten, non os estudos que non ten. É increible que unha persoa sen estudos quede fóra do obradoiro de emprego porque non pode presentar un documento imposible de conseguir. E o peor: entrarán no obradoiro persoas con formación e os encargados da selección de candidatos quedarán tan tranquilos. Lamentable que non sexan capaces de redactar unhas bases que polo menos sexan legais, porque pedir requisitos imposibles moi legal non parece.

A Banda de Gaitas e Danzas O Irixo estivo presente no acto celebrado en Ribadavia para presentar o proxecto de declaración do baile e música tradicionais como Ben de Interese Cultural
Nun encontro celebrado no Museo Etnolóxico de Ribadavia, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou o inicio dos trámites coa publicación no Diario Oficial de Galicia deste luns 25 de novembro, da declaración do noso patrimonio inmaterial como BIC.
A agrupación xestionada pola Asociación de Gaiteiros do Irixo, cunha pequena representación de once integrantes, presentou unha mostra da súa música e bailes tradicionais como colofón do evento. Nun formato de cuarteto tradicional e tres parellas de baile, membros desta escola puxeron en valor o gran traballo de formación que se leva na Banda de Gaitas e Danzas O Irixo, que con máis de 50 alumnos segue apostando pola formación de xeracións futuras, contribuíndo así á divulgación e defensa da nosa cultura e manifestacións artísticas propias.

Os verdes mereceron máis que un punto e ao final, e menos mal, tiveron que conformarse co empate ante o equipo navarro que sen facer apenas merecementos lograron adiantarse no minuto 84 de partido, catro minutos despóis Martin Solar lograba o 1-1 definitivo.
O Arenteiro, que con este empate acumula 12 xornadas cunha única derrota, pudo e debeu gañar este partido, pero no fútbol non sempre gaña sempre o que máis o merece, e o partido de hoxe foi un bo exemplo.
Tanto na primeira como, sobre todo na segunda parte, o Arenteiro foi claro dominador do encontro ante un Osasuna que achicaba como podia, a veces con bastante fortuna, as acometidas do Arenteiro sobre a portería navarra. Pero non era a tarde e non pudo ser.
Agora, toca xa pensar na próxima xornada na que o Arenteiro volve xogar en Espiñedo, recibindo desde as 17:30 h. do domingo 1 de decembro ao filial do FC Barcelona, o Barsa Atlectic.
Video resumen do partido:
https://www.youtube.com/watch?v=c4pEjnobyjE
Cronica do partido:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/11/24/arenteiro-rebel...

O concello do Carballiño executou o proxecto de reforzo da iluminación do Estadio de Fútbol Municipal de Espiñedo, a través dunha achega económica de 60.000 euros da Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes.
A nova iluminación xa luciu no partido do campionato de liga da Primeira Federación que xogaron na tarde-noite deste sábado Arenteiro e Osasuna Promesas, desde as 19:30 horas, con luz artificial.
A iluminación instalada con tecnoloxía LED, permite tanto a mellora lumínica que poideron comprobar a afección que seguíu o partido no propio estadio, como os que o fixeron a través da G2 ou FEF TV, que retransmitiron en directo o partido. Ademáis, tamén obtén agora unha maior eficiencia e aforro enerxético.
O Club Deportivo Arenteiro cumpre asi as esixencias federativas, que viñan advertindo da deficiente iluminación, non apta para a actúal categoria na que está a competir por segundo ano consecutivo, a categoria de bronce do fútbol español e antesá da Liga de Fútbol Profesional.
Xa bastante filtro teñen feito dende a Cope..., senon esto arderia... pero tu empeza por aplicarte o conto... e firma xa tu co teu nome e apelidos... e non veñas dar aqui leccións de nada, e menos tu.... non se viu aqui nada escrito de ningun traballador... non mintas que tu xa te delatas... se che escoce rascate que ainda che vai escocer moito mais....

Na tertulia deste venres 22 de novembro acompañan a Xan Pinal nos estudios de COPE O Carballiño, María Luisa Rodríguez, Manuel Nogueira, Fátima Gómez e José Antonio Barge.
Entre os asuntos tratados está o interés do alcalde de Ourense, Gonzálo Jácome, por emitir a súa televisión Auria no Carballiño, tras o cese nas súas emisións de Badal Novas fai unhos meses atrás.
Escóitaa aquí.

O persoal da residencia pública de mairoes do Carballiño, que xestiona a empresa GESMEDICAL DIS SL, concentrouse este xoves ás portas do centro convocado polo Comité de Empresa, para demandar melloras tanto nas condicións de traballo como na atención asistencial.
O Comité de Empresa valora moi positivamente o apoio a esta primeira protesta, asegurando que "tivo o apoio de preto do 100% dos traballadores e traballadoras" desta residencia pública, que ten unha capacidade asistencial de 80 prazas, a maioría de persoas dependentes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »