
Para o BNG de Cea "vai sendo hora de eliminar do rueiro municipal aqueles nomes vinculados á ditadura franquista e substituilos por outros máis neutrais, que teñan implicacións positivas para a veciñanza". Este é o motivo polo cal o Grupo Municipal do BNG presenta para o seu debate, e agardan, aprobación, unha moción na que insta ao Goberno Local a iniciar o cambio de nome de varias rúas do concello. Segundo o BNG, "se queremos afondar na democracia é preciso buscar nomes que non provoquen o rexeitamento de ninguén, fomentando a neutralidade e o entendemento entre todas e todos, así como aproveitar esta circunstancia para enxalzar a Cea".
Tal e como afirma o portavoz nacionalista Manuel Pérez, "son merecentes de distinción aquelas persoas que levantaron o pobo co seu traballo e esforzo. Neste aspecto cabe destacar, sen menosprezo de ninguén, dous sectores que foron chave para levantar o concello, as panadeiras e a emigración". "As panadeiras cocían, levaban o pan e atendían o seu fogar. Así foron levantando pouco a pouco, co seu traballo diario, un sector que na actualidade e básico para Cea polo que ben merecen que unha das principais rúas leve o seu nome".
Por estes motivos, desde o BNG de Cea propoñen que as actuais rúas Calvo Sotelo e Jose Antonio muden o seu nome polo de "Avda das panadeiras", en clara alusión a un dos sectores referentes do concello ao tempo que solicitan que dita avenida comprenda o mesmo tramo que na actualidade corresponde ás dúas rúas modificadas.

A comarca carballiñesa entra na Semana Santa con 21 contaxios activos de coronavirus, que se reparten en catro concellos.
Á cabeza continúa O Carballiño, con 13 casos hoxe domingo, un menos que onte. Repiten dato Maside con 4 casos activos e O Irixo, que este pasado sábado entrou outravolta na relación de concellos afectados, con 3 contaxios. Pecha esta relación Boborás, onde queda unha soa persoa con infección actva. O resto de concellos mantéñense sen contaxios.

O cribado realizado polo Sergas nesta mañá de sábado no pavillón Paco Chao do Carballiño rematou cunha participación do 66,7%, a máis alta entre os 3 cribados feitos no Carballiño no que levamos de ano, acudiron 667 persoas do total das 1.000 que foran citadas. Os resultados serán comunicados ás persoas que participaron mediante SMS entre o domingo e o lúns.
Por terceiro dia consecutivo baixa a incidencia acumulada no concello do Carballiño, que se sitúa hoxe nos 120 casos por 100.000 habitantes, e tamén baixa o número de contaxios activos, que son hoxe 14 no municipio carballiñés. Tamén continúa a evolución favorable no concello de Maside, que baixa aos 4 contaxios activos, o próximo lúns dia 29 Maside abandona o máximo nivel de restricións e pasa a nivel alto, polo que recupera a mobilidade e a hostelería poderá atender en terraza.
A mala noticia desta xornada de sábado está no Irixo, onde se diagnosticaron 3 positivos nas últimas horas. Cea súmase ao resto de concellos da comarca, na relación de municipios libres de virus.

Segundo dia de leve melloría na incidencia acumulada a 14 dias no Carballiño, que se sitúa hoxe nos 127 casos por cada 100.000 habitantes, con 18 positivos diagnosticados neste periodo de tempo, que ademáis coincide hoxe cos contaxios activos no municipio carballiñés, tamén 18.
Maside resta outros dous casos, e quédase hoxe con 6 contaxios activos. Boborás e San Cristovo de Cea teñen unha única persoa enferma de Covid, e o resto de concellos continúan libres de virus, nesta última actualización correspondente a este venres 26 de Marzo, con datos das 18:00 horas deste pasado xoves dia 25.
Parece que algunos no les gusta que se digan las cosas, pero seguiremos diciendolas aunque a algunos les parezca mal. La incompetecencia que desarrolla nuestro amado lider desde su poltrona es cada vez peor, si si, parece que no tenia para donde, pero aun hay mas. Ahora vemos la desfachatez de permitir una terraza al Ernesto, que todos sabemos quien es, delante de la fachada del vecino y todos a reirle la gracia.
En cuanto a los demás pues como siempre, dejando que la gente haga lo que quiera, ahora ya estamos en nivel medio, a ver cuanto tardan en volver a cerrar. Despues la culpa a ver de quien es, fijo que de los bares no. Es de ir a misa de 10

As obras de reforma no centro de saúde de Maside, un convenio de colaboración entre o concello masidao e a Axencia de Turismo de Galicia e un proxecto de saneamento, foron os asuntos tratados na reunión que veñen de manter o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda co alcalde de Maside José Manuel Iglesias e o secretario municipal, José Antonio Abeledo.
O vicepresidente comprometeuse a unha subvención que ascende a preto de 50.000 euros para a rehabilitación da cuberta do edificio. O resto das obras contempladas –consistentes na substitución da carpintería exterior, construción dun aseo de minusválidos, a supresión de barreiras arquitectónicas e a sectorización da instalación de calefacción– serán asumidas polo Sergas, logo da visita dos técnicos de Ourense e Santiago, responsables do Departamento de patrimonio da Consellería de Sanidade do pasado 16 de marzo e na que inspeccionaron o edificio.
Nesta mesma entrevista confirmouse un convenio de colaboración entre o Concello de Maside e a Axencia de Turismo de Galicia, semellante ao asinado no ano 2020, para unha actuación arqueolóxica no castro de Santa Mariña consistente na súa revitalización e posta en valor, cun orzamento que ronda os 25.000 euros.
Por último, Rueda tamén se comprometeu a unha subvención de 60.000 euros para a obra de ampliación da rede de saneamento na zona de confluencia dos concellos de Maside e O Carballiño, no lugar de Corzos e con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2021. Co fin de solicitar esta subvención, o Concello de Maside ven de aprobar un convenio de agrupación co Concello do Carballiño.

Este sábado, día 27 de Marzo, a Insua dos Poetas acollerá ás 12 horas o primeiro espectáculo de gran formato que se adica, na provincia de Ourense, á homenaxeada polo día das Letras Galegas. Xela Arias, unha das grandes poetas galegas, será a protagonista dun evento musical, poético e circense, deseñado pola compañía de espectáculos culturais Especialistas Hípica Celta. No mesmo tamén participarán dúas mulleres de gran relevancia como son a poeta Yolanda Castaño ou a actriz Rosa Puga Dávila, nominada aos Premios Goya 2021, como mellor actriz de reparto.
O espectáculo, titulado “Xela Arias en Liberdade: auga,árboles,palabras…”, pon de manifesto a importancia que tivo na Galicia literaria da súa época, sendo un referente e provocando un cambio revolucionario, pero tamén busca captar a atención dos espectadores, dunha forma dinámica, durante os 30 minutos que dura, ao estar pensada para un público familiar. Para elo, se van utilizar diferentes expresións artísticas como a música,o circo, a danza, a poesía ou as artes escénicas.
O evento, organizado pola Fundación Insua dos Poetas, será de balde e contará coa colaboración do Concello do Carballiño, da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia. Dende a organización recordan que o espazo , que terá aforo limitado, estará adaptado á normativa vixente de seguridade e hixiene sobre o Covid e contará con persoal para facilitar a entrada e saída ao recinto.

Terceiro cribado selectivo no que vai de ano no polideportivo Paco Chao carballiñés, desta vez o Sergas cita mediante mensaxes SMS a 1.000 persoas veciñas do municipio do Carballiño, no rango de idade entre os 18 e os 55 anos. Tomaránselle mostras nasais para a realización de probas PCR e coa finalidade de detectar persoas asintomáticas entre a poboación.
O cribado será este sábado 27 de Marzo en horario de 9 a 14 horas no pavillón de deportes Paco Chao do Carballiño.
O incremento de casos de coronavirus nos últimos dias no Carballiño leva ao Sergas á convocotoria deste novo cribado, nos dous anteriores celebrados a finais de Xaneiro e principios de Febreiro detectáranse 17 casos de asintomáticos entre as 2.533 veciños e veciñas do Carballiño que participaran nos dous cribados.

A programación cultural de Semana Santa da concellería de cultura do Carballiño inclúe dous espectáculos de teatro infantil, asi como o espectáculo de danza, poesía e música programado na Insua dos Poetas dedicado a Xela Arias. Completan este programa cultural para as próximas datas as dúas proxeccións cinematográficas do Cine-Club Carballiño e varias exposicións de fotografía da asociación Potiños.
Venres 26 e domingo 28 de Marzo ás 19:00 horas: proxección da película "Las Niñas" no auditorio do Carballiño.
Sábado 27 ás 12:00 horas: "Xela Arias en liberdade: auga, árbores, palabras..." Espectáculo de danza, poesía e música na Insua dos Poetas.
Xoves 1 de Abril ás 12:30 horas: teatro infantil coa compañía "Punkdemia" Novo Espectáculo Viral con "Peter PUnk Pallaso". na Praza da Veracruz..
Sábado 3 de Abril ás 18:00 horas: Teatro Avento Producións coa comedia musical "UMMM", na Praza da Veracruz.
Venres 9 e domingo 11 de Abril ás 19:00 horas: proxección da película "Deseando amar", no auditorio do Carballiño.
Durante os meses de Marzo e Abril terémos as seguintes exposicións de fotografía da asociación carballiñesa O Potiños:
JOSÉ LUIS MONTES - Concello /PotiExpo 2020 - Asador Veracruz/ Yeray DEPORTE - Café Peñasco /Luis Baños... NEW YORK - Café Plaza /FOTO FORUM 1 - Hotel Arenteiro /FOTO FORUM 2 - Pazo Almuzara
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 268
- 269
- 270
- 271
- 272
- 273
- 274
- 275
- 276
- …
- seguinte ›
- última »