11, Febreiro 2021

Continúa a tendencia á baixa na incidencia acumulada (IA) nos últimos 14 dias, neste indicador no que o Sergas recolle os novos casos de coronavirus que se confirman con probas diagnosticas, vemos que O Carballliño pasa dos 100 novos positivos de onte aos 93 de hoxe.

En canto a contaxios activos aínda non se reflicte este descenso da IA, xa que so baixa un caso no Carballliño, dos 93 de onte aos 92 de hoxe. No resto de concellos as persoas con infección activa son as seguintes: Maside (22) Cea (15) Boborás (11) Punxín (8) San Amaro (2) Piñor (1)  O Irixo (0) Beariz (0)

11, Febreiro 2021

Ignacio "Nacho" Campo González é o novo presidente provincial de Novas Xeneracións, a organización xuvenil do Partido Popular. Foi elixido nunha asemblea celebrada este pasado mércores á ultima hora da tarde, substitúe no cargo a José Antonio Parente.

Campo -natural e veciño de Dacón- é un dos concelleiros máis xóvenes da comarca do Carballiño, nas eleccións de 2019 con 22 anos foi elixido concelleiro da corporacíón municipl do concello de Maside na lista do Parido Popular. Asume a presidencia provincial de NNXX "como un reto persoal, con moitas gañas de facer cousas por esta comarca e provincia, e agradecendo o apoio recibido con esta elección, espero non defraudar a ninguén", remarcou nunha entrevista en COPE O Carballiño.

11, Febreiro 2021

O segundo cribado realizado polo Sergas no Carballiño e no que participaron o pasado martes dia 9 un total de 1.229 persoas dos concellos do Carballliño, Maside e Punxín sáldase finalmente detectando 3 casos asintomáticos que deron positivo na PCR.

No anterior cribado, o do 31 de Xaneiro, daquéla realizado a 1.304 persoas todas elas do Carballiño, detectaránse 14 positivos. En cada un deles estaban citadas 2.000 persoas.

10, Febreiro 2021

Na actualización de datos correspondente a este mércores dia 10 de Novembro sae da relación de centros afectados por coranvirus o CPR Sagrado Corazón do Carballiño, mentres entra nesta mesma relación o CEIP do Irixo, que rexistra un caso positivo.

Os demáis centros educativos da comarca e os contaxios activos que permanecen  nos mesmos son os seguintes: IES Chamoso Lamas (7) CIP Terras de Maside (5) CPR Vila do Arenteiro (4) IES nº 1 (4) CEIP Calvo Sotelo (3) CEIP Boborás (1) IE Trastes (1)

Tres centros manteñen aulas pechadas, 1 no CPR Vila do Arenteiro, 1 no CEIP Boborás e 1 no CIP Terras de Maside.

10, Febreiro 2021

As altas medicas superan os novos positivos no Carballlio, que pasa dos 102 que notificaba onte aos 93 que ten hoxe. Pero o que non mellora é o indicador da incidencia acumulada a 14 dias, que continúa -igual que onte- nos 100 novos positivos diagnosticados durante ese intervalo de dias.

No resto de concellos os datos do dia son os seguintes: Maside (-1) (22) Cea (-1) (16) Boborás (+1) (12) Punxín (-) (8) San Amaro (-) (2) Piñor (+1) (1) O Irixo (0) Beariz (0) 

9, Febreiro 2021

Asi foi como me encontrei esta tarde a rúa Serra Martiñá, sin ningún tipo de señalización e imposible para transitar, asi que non quedou outra que recuar co furgón marchas atrás máis de 400 metros ante a imposibilidade de poder maniobrar. E asi levaba todo o dia, non sei se é moito pedir algo máis de señalización o concella de turno  en vez de tanto cono, que parece que van baratos, tampouco estaría mal que a policia local se percatese destas situacións. Moitas gracias.

9, Febreiro 2021

Os contaxios de coronavirus continúan en aumento nos centros educativos da comarca, según a última actualización de datos da Consellería de Eduación, son 29 os casos positivos, ademáis son 3 as aulas pechadas.

Os centros afectados e os casos notificados son os seguintes: IES Chamoso Lamas (7) CEIP Calvo Sotelo (4) CPR Sagrado Corazón (4) IES nº 1 (4) CPR Vila do Arenteiro (4) CIP Terras de Maside (4) IE Trastes (1) CEIP Boborás (1). Os centros que teñen unha aula pechada por culpa do coronavirus son, respectivamente,  CPR Vila do ArenteiroCIP Terras de Maside e CEIP Boborás.

9, Febreiro 2021

 Acudiron a esta chamada 1.229 persoas, o que representa o 61,4% do total das 2.000 que foron convocadas mediante SMS para participar neste segundo cribado realizado nun intervalo de 9 dias  polo Sergas no Pavillón de Deportes Paco Chao do Carballiño. No celebrado o pasado 31 de Xaneiro a participación fora do 65,2%, daquéla acudiran a esta mostraxe 1.304 persoas, todas elas veciñas e veciños do Carballiño, mentres que neste segundo tamén foron citadas persoas veciñas dos concellos de Maside e Punxín.

Os resultados serán remitidos, tamén via SMS, no caso dos negativos, mentres que os positivos serán comunicados dende o respectivo centro de saúde.

9, Febreiro 2021

O Carballiño descende hoxe na incidencia acumulada (IA) a 14 días, e tamén baixan os contaxios activos (-2) quedandose en 102. Tamén descenden hoxe os contaxios activos en Maside (-2) (23) San Amaro (-1) (2) e Piñor (-1) (0). O único concello que aumenta os contaxios activos é Punxín (+2) (8).

Non hai variacións nos contaxios activos no resto de concellos: San Cristovo de Cea (17) Boborás (11) Beariz (0) O Irixo (0)

9, Febreiro 2021

Foi o primeiro alcalde da democracia do concello de San Amaro, exerceu a alcaldia neste municipio entre os anos 1977 e 1991, ven de falecer aos 86 anos de idade.

Durante a súa traxectoria política estivo vinculado á Unión de Centro Democrático, Coalición Galega e PSOE. De forma simbólica, pechou a candidatura "Xuntos por San Amaro" nas eleccións municipais de 2019, encabezada polo seu fillo Carlos Paz, actúal tenente alcalde e concelleiro de cultura de San Amaro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS