9, Febreiro 2021

Hombre yo creo que es el sitio donde menos protocolos hay para la prevención del COVID. Lo que hay que pensar es que los casos tardan en aparecer y lo normal es que después de cerrar los bares los casos tarden aún en bajar un mes. Y aún la gente sigue estando a sus puertas bebiendo sin mascarillas, a pesar de los protocolos. Claro que esperemos también que no los abran de momento sino para abril volveremos a las mismas. Como mucho que los dejen solo en terraza. 
   Donde no hay contagios es en los parques infantiles gracias a nuestro amado líder que no los abre, una buena forma de que no se gasten. 

8, Febreiro 2021

Desde que se pechou a hostelería en interior a mediados do mes pasado os casos positivos non deixaron de medrar no Carballiño, despois tamén as terrazas, e os datos foron a peor, pero a culpa sigue sendo da hostelería, agora é dos que van coller o café ´porta e xa non digamos das "multitudes" que a diario poden verse arredor dos bares, como todos os dias algúns machaconamente proclaman utilizando o programa local de radio de cope Carballiño, Resulta que durante a ultima semana de xaneiro e primeira de febreiro producironse 109 novos positivos no Carballiño (datos oficiales do propio Sergas) máis seguramente outros tantos que non aparecen nos datos, pero a culpa sigue sendo da hostelería.

En Maside e Dacón, cos bares abertos durante meses non houbo contaxios, agora que os bares evan semanas pechados resulta que están en números de contaxios antes nunca vistos en Maside, e a culpa tamén é da hostelería. O que está claro é que o pechar as terrazas, que están o aire libre e polo tanto o risco de contaxio e moi inferior o que se no interior  dun local (eso din, non?) a xente reúnese nas casas e foi a partir de ahí onde aumentaron os contaxios, porque é ahí onde está o problema, nas reuniós familiares e de amigos, no ambito privado, onde non hai ningun tipo de protocolo e representan os espacios de maior risco. Pero nada, a culpa é da hostelería. 

8, Febreiro 2021

Observando os datos do coronavirus no carballiño, cunha evolución moito peor que no resto da comunidade onde os casos están caendo en picado e aquí aínda estamos no pico de contaxios e imos entre unha ou duas semanas por detrás, quería facer una reflexión sobre as consecuencias desto.

Estivéchedes semanas dicindo que nin tan mal, que comparado con outros sitios ainda que os datos non eran bos nin comparación, insinuando que as medidas que se puxeron eran excesivas para o carballiño, alentando os cometnarios dalgúns hosteleiros que as medidas eran inxustificadas....

Agora que xá pasaron 3 semanas.... despois de todas esas mensaxes que fan que a xente se relaxe, que pense que o virus no e para tanto... eses lamentos o que conseguiron e que vaiamos casi duas semanas por detrás do resto...

E aquelas protestas, que están moi ben.... o final o que nos van a levar e a ter restriccións unha ou dúas semanas máis co resto de sitios, cos bares (aqueles que protestaban e a duras penas cumplían) cerrados máis do que debería.

A reflexión ven de que, ¿realmente compensa dicir que no carballiño estábamos maltratados e cunhas medidas más duras do que deberíamos?
Dádesvos conta todos que da igual as protestas, que eso non vai conseguir que nos quiten as restriccións antes, senón todo o contrario.

O que en principio podería parecer unha defensa o comercio e a hostelería do pobo, ó final convírtese no seu peor enimigo

Esto é unha reflexión para vos como medio de información do pobo que xera unha opinión na xente que failles cambiar a suas actitudes, e que o final o que se consegue é empeorar a situación

Sair as rúas estos días es para votarse as mans a cabeza, rapaces xuntos, xente nas portas dos bares coas mascaras baixadas e a gritos, xente dicindo que xa non se cree nada, xente que incumple..... pero todas esas cousas, non van facer que nos quiten as restriccións, todo o contrario. E mentres a policía desaparecida coma sempre e os medios de comunicación quitándolle ferro o asunto pero o final todos cerrados, e a culpa e nosa, o virus e o mesmo en todos lados, o que non e o mesmo somos nos.

Espero que reflexionedes para o futuro de como as vosas opinións poden facer que a xente deixe de cumplir, como leva sucedendo todo o mes.

8, Febreiro 2021

A confirmación dun caso positivo por coranavirus dun traballador municipal do concello do Carballiño obriga a paralizar a actividade nos departamentos de Obras e Medio Ambiente.

Son 25 os traballadores adscritos a estes dous departamentos e doutros que son contacto estreito, polo que activouse o protocolo sanitario correspondente, están todos eles á espera de someterse as probas PCR e deberán gardar cuarentena durante 10 dias. Tamén unha concelleira con responsabilidades nestas áreas municipais do concello carballiñés.

O alcalde Francisco Fumega confirmou en COPE O Carballiño que a situación obriga a suspender toda a axenda prevista nas concellerías de Obras e Medio Ambiente "polo menos durante dúas semanas",subliñou. O concello leva a cabo traballos de desinfección nas dependencias municipais que utilizan os traballadores afectados.

8, Febreiro 2021

As cifras do coronavirus siguen practicamente inalterables na comarca carballiñesa. O Carballiño continúa cunha incidencia acumulada a 14 dias que suma 106 novos positivos diagnosticados neste intervalo de tempo, mentres en canto contaxios activos baixa de 108 de onte domingo aos 104 que rexistra hoxe lúns.

Nos municipios da comarca a relación de contaxios activos neste lúns dia 8 de Febreiro, queda asi: Maside (25) San Cristovo de Cea (17) Boborás (11) Punxín (6) San Amaro (3) Punxín (1) Beariz (0) O Irixo (0)

 

8, Febreiro 2021

Proba delo é que un mes despois das restriccións os números poñen en evidencia este modelo propagandístico. Proba delo é que por exemplo Maside, que non tivera apenas casos na segunda onda, e non se pechara a hostelería, hoxe despis de pecharse te o peor dato da súa historia de incidencias.

E é un fiascao porque máis alá de marear a perdiz coa propaganda , o único que se fixo é un cribado tarde mal e nunca.

E porque o virus non distingue entre 25 persoas que tomen algo nun bar e 25 nenos pechados nun aula, ou nun autobus. Porque o virus non distingue entre as dez da noite, as seis da tarde, ou as once, e contaxia por igual a calquera hora.

Auqueles que se queixan de que se decía que non estabamos tan mal cando nos aplicaban as medidas máis restrictivas, agora que estamos peor, son os que ven brotes verdes e outorgan carta de natureza á propaganda que ve brotes verdes por todas partes. Todo elo pra facer una relación causa efecto coas inútiles e pírricas medidas de Feijóo e os seus mariachis, o comité cínico de marcado perfil político e escaso perfil profesional.

 

7, Febreiro 2021

O indicador da incidencia de coronavirus que manexa o Sergas, o dos últimos 14 dias, sigue empeorando no Carballiño e alcanza hoxe a cifra dos 106 novos positivos diagnosticados no intervalo entre o 24 de Xaneiro pasado e onte dia 6 de Febreiro. En canto a contaxios activos baixa un caso, pasando dos 109 que rexistraba onte sábado aos 108 de hoxe domingo.

Tamén continúa sendo preocupante a evolución epidemiolóxica os concellos de Maside, con 25 contaxios activos, Cea con 17 e Punxín, con 6. Máis estable está a situación en Boborás, que continúa con 11 contaxios activos, Piñor con 2, e San Amaro con 3. Continúan libres de virus Beariz e O Irixo.

6, Febreiro 2021

O PSdeG-PSOE de Leiro trasladoulle ao grupo de goberno, mediante un escrito, a preocupación pola perigosidade que tanto para vehículos como viandantes nas estradas autonomicas, o seu paso polo concello, pola importante presenza de mimosal que se acumulada nas beirarrúas, xa que debido o peso que teñen que soportar, introducense en moitos tramos de ditas estradas no interior das mesmas, cos conseguintes perigos de visibilidad na conducción.

Por este motivo os socialistas reclamanlle ao alcalde para que se poña en contacto coa Xunta de Galicia, ou que a propia brigada do Concello faga a corta das mimosas, como si fixo noutro trazado da OU-504 o seu paso pola parroquia de Gomariz.

6, Febreiro 2021

Respecto ás actuacións anunciadas polo concello do Carballiño no rural mediante á empresa SEAGA, paréceme oportuno e correcto xa que hai que coidar o rural pero tamén me parecería correcto que se den unha volta polo paseo do parque e vexan como tes que agachar á cabeza en moitos sitios para non meter nun ollo algunha rama. Ademáis no propio centro do Carballiño hai árbores en solares que saen cara a rúa atravesando toda a acera, non estaría de máis que falasen cos propietarios e agora que estamos en TEMPO DE PODA lle fixeran a súa correspondente, para exemplo na rúa Enríquez Parrondo entre outras.

6, Febreiro 2021

O Carballiño é, agora mesmo entre as grandes poboacións da provincia de Ourense,  a única na que o coronavirus non retrocede e continúa en niveis de incidencia moi alto. Na actualización de datos deste sábado dia 6 de Febreiro, o municipio carballiñés manténse con 109 contaxios activos, os mesmos que rexistraba onte venres. Baixa levemente na incidencia acumulada nos últimos 14 dias, con 101 novos positivos diagnosticados, a un ritmo de 7,2 novos casos de media diaria.

Maside é, a dia de hoxe, o pior concello da comarca en incidencia acumulada, e rexistra hoxe 25 contaxios activos, 1 máis que o dia anterior. Tamén continúa sumando positivos o concello de San Cristovo de Cea, que alcanza hoxe os 17 contaxios activos. Boborás continúa con 11 persoas con infección activa, Punxín con 5, San Amaro con 4 e Piñor con 2. O Irixo e tamén hoxe Beariz están libres de virus, con cero contaxios activos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS