
A confirmación dun caso positivo por coranavirus dun traballador municipal do concello do Carballiño obriga a paralizar a actividade nos departamentos de Obras e Medio Ambiente.
Son 25 os traballadores adscritos a estes dous departamentos e doutros que son contacto estreito, polo que activouse o protocolo sanitario correspondente, están todos eles á espera de someterse as probas PCR e deberán gardar cuarentena durante 10 dias. Tamén unha concelleira con responsabilidades nestas áreas municipais do concello carballiñés.
O alcalde Francisco Fumega confirmou en COPE O Carballiño que a situación obriga a suspender toda a axenda prevista nas concellerías de Obras e Medio Ambiente "polo menos durante dúas semanas",subliñou. O concello leva a cabo traballos de desinfección nas dependencias municipais que utilizan os traballadores afectados.

As cifras do coronavirus siguen practicamente inalterables na comarca carballiñesa. O Carballiño continúa cunha incidencia acumulada a 14 dias que suma 106 novos positivos diagnosticados neste intervalo de tempo, mentres en canto contaxios activos baixa de 108 de onte domingo aos 104 que rexistra hoxe lúns.
Nos municipios da comarca a relación de contaxios activos neste lúns dia 8 de Febreiro, queda asi: Maside (25) San Cristovo de Cea (17) Boborás (11) Punxín (6) San Amaro (3) Punxín (1) Beariz (0) O Irixo (0)
Proba delo é que un mes despois das restriccións os números poñen en evidencia este modelo propagandístico. Proba delo é que por exemplo Maside, que non tivera apenas casos na segunda onda, e non se pechara a hostelería, hoxe despis de pecharse te o peor dato da súa historia de incidencias.
E é un fiascao porque máis alá de marear a perdiz coa propaganda , o único que se fixo é un cribado tarde mal e nunca.
E porque o virus non distingue entre 25 persoas que tomen algo nun bar e 25 nenos pechados nun aula, ou nun autobus. Porque o virus non distingue entre as dez da noite, as seis da tarde, ou as once, e contaxia por igual a calquera hora.
Auqueles que se queixan de que se decía que non estabamos tan mal cando nos aplicaban as medidas máis restrictivas, agora que estamos peor, son os que ven brotes verdes e outorgan carta de natureza á propaganda que ve brotes verdes por todas partes. Todo elo pra facer una relación causa efecto coas inútiles e pírricas medidas de Feijóo e os seus mariachis, o comité cínico de marcado perfil político e escaso perfil profesional.

O indicador da incidencia de coronavirus que manexa o Sergas, o dos últimos 14 dias, sigue empeorando no Carballiño e alcanza hoxe a cifra dos 106 novos positivos diagnosticados no intervalo entre o 24 de Xaneiro pasado e onte dia 6 de Febreiro. En canto a contaxios activos baixa un caso, pasando dos 109 que rexistraba onte sábado aos 108 de hoxe domingo.
Tamén continúa sendo preocupante a evolución epidemiolóxica os concellos de Maside, con 25 contaxios activos, Cea con 17 e Punxín, con 6. Máis estable está a situación en Boborás, que continúa con 11 contaxios activos, Piñor con 2, e San Amaro con 3. Continúan libres de virus Beariz e O Irixo.

O PSdeG-PSOE de Leiro trasladoulle ao grupo de goberno, mediante un escrito, a preocupación pola perigosidade que tanto para vehículos como viandantes nas estradas autonomicas, o seu paso polo concello, pola importante presenza de mimosal que se acumulada nas beirarrúas, xa que debido o peso que teñen que soportar, introducense en moitos tramos de ditas estradas no interior das mesmas, cos conseguintes perigos de visibilidad na conducción.
Por este motivo os socialistas reclamanlle ao alcalde para que se poña en contacto coa Xunta de Galicia, ou que a propia brigada do Concello faga a corta das mimosas, como si fixo noutro trazado da OU-504 o seu paso pola parroquia de Gomariz.
Respecto ás actuacións anunciadas polo concello do Carballiño no rural mediante á empresa SEAGA, paréceme oportuno e correcto xa que hai que coidar o rural pero tamén me parecería correcto que se den unha volta polo paseo do parque e vexan como tes que agachar á cabeza en moitos sitios para non meter nun ollo algunha rama. Ademáis no propio centro do Carballiño hai árbores en solares que saen cara a rúa atravesando toda a acera, non estaría de máis que falasen cos propietarios e agora que estamos en TEMPO DE PODA lle fixeran a súa correspondente, para exemplo na rúa Enríquez Parrondo entre outras.

O Carballiño é, agora mesmo entre as grandes poboacións da provincia de Ourense, a única na que o coronavirus non retrocede e continúa en niveis de incidencia moi alto. Na actualización de datos deste sábado dia 6 de Febreiro, o municipio carballiñés manténse con 109 contaxios activos, os mesmos que rexistraba onte venres. Baixa levemente na incidencia acumulada nos últimos 14 dias, con 101 novos positivos diagnosticados, a un ritmo de 7,2 novos casos de media diaria.
Maside é, a dia de hoxe, o pior concello da comarca en incidencia acumulada, e rexistra hoxe 25 contaxios activos, 1 máis que o dia anterior. Tamén continúa sumando positivos o concello de San Cristovo de Cea, que alcanza hoxe os 17 contaxios activos. Boborás continúa con 11 persoas con infección activa, Punxín con 5, San Amaro con 4 e Piñor con 2. O Irixo e tamén hoxe Beariz están libres de virus, con cero contaxios activos.

Sergas ven de anunciar a convocatoria dun novo cribado masivo ao que serán citados 2.000 veciños e veciñas dos concellos de Maside, Punxín e O Carballiño, faráse de novo no Pavillón Paco Chao do Carballño e coa mesma finalidade do realizado o pasado domingo, detectar positivos asintomáticos de Covid-19.
A convocatoria faráse tamén via SMS, que recibirán nos próximos dias as persoas que serán seleccionadas aleatoriamente, e desta vez non so veciñas do Carballiño, senón tamén de Maside e Punxín. No Carballiño, das 1304 persoas que acudiron ao cribado do pasado domingo dia 31 de Xaneiro deron positivo 14, unha cifra considerada alta e os contaxios activos no municipio alcanzaron a cifra record desta terceira onda da pandemia, 115 casos, este pasado xoves dia 4 de Febreiro. En Punxín e Maside, municipios que comezaron o ano sen contaxios activos, acumulan 5 e 24 contaxios activos, respectivamente.
As persoas seleccionadas aleatoriamente serán convocadas para facerse unha PCR, ainda que ten carácter voluntario, dende o Sergas piden a máxima participación xa que os resultados serán de gran axuda para o control da pandemia ao detectar casos asintomáticos e cortar a transmisión aos seus contactos.
O Carballiño ten, a día de hoxe, 109 casos activos, multiplicando por 12 a súa incidencia desde o 1 de xaneiro, data na que contaban só con 9 casos, e ningún no caso de Maside ou Punxín, que hoxe teñen, respectivamente, 24 e 5.
A relación de casos activos, especialmente nestes dous últimos concellos, non supón un alto número, pero si preocupa a progresiva suba das súas taxas, que se incrementaron significativamente, nos últimos 14 días, ata acadar un indicador de 721 casos por 100.000 habitantes en Punxín, 813 en Maside e 741 no Carballiño, o que motiva esta nova actuación preventiva.
Importancia da participación na mostraxe
A situación de Carballiño preocupa especialmente pola súa evolución crecente pese as medidas restrictivas adoptadas, o que xa deu lugar a un cribado anterior, realizado o pasado día 31 de xaneiro, no que se detectaron 14 casos activos asintomáticos. Unha alta taxa de positividade pese a que só participaron o 65.2% das 2.000 persos citadas, polo que o Sergas decidiu duplicar os seus esforzos.
Os veciños e veciñas, seleccionados aleatoriamente, serán convocados por SMS nas próximas horas, para acudir, en horario de tarde, ao Pavillón Deportivo Paco Chao, onde tamén se realizou o cribado anterior.
O sistema elixido para esta mostraxe será unha mostra nasal para a realización dunha PCR. Como ven sendo habitual, nestes peneirados masivos que se están a suceder na nosa provincia, a proba será voluntaria, non si, as autoridades sanitarias solicitan a todos e todas as convocadas que participen, xa que os resultados serán de gran axuda no control da epidemia, ao detectar casos asintomáticos e cortar a transmisión aos seus contactos, e aportarán información de utilidade sobre a tipoloxía dos gromos e as súas vías de transmisión.
Recoméndase asemade seguir as instrucións, en canto a horarios e medidas de protección, e por suposto, non acudir en caso de non estar citados, ou non facelo de estar en illamento por un diagnóstico positivo, posterior á convocatoria, ou gardando corentena á espera do resultado dunha proba.
A citación, realizarase nas próximas horas a través dunha mensaxe de SMS, na que se indica a hora e lugar ao que denen acodir. A mensaxe enviarase ao teléfono que consta na ficha de cada usuario, polo que, novamente, o Servizo Galego de Saúde lembra a importancia de manter os datos de contacto actualizados, comprobando estar dado de alta no sistema de mensaxería telefónica do Sergas.
Igualmente prégase dar apoio aos achegados de maior idade, ou dificultades coas novas tecnoloxías, para comprobar se reciben o SMS de invitación. Estas probas non se deben confundir coas indicadas aos contactos directos ou estreitos dos pacientes positivos a COVID-19, que continúan realizándose por outras vías

Por primeira vez dende que comezou a progresión do coronavirus nesta terceira onda da pandemia a principios de Xaneiro, O Carballiño rexistra hoxe o primeiro descenso de contaxios activos (-6) ata os 109 casos neste venres dia 5 de Xaneiro. Tamén é relevante o dato de Boborás, que pasa dos 15 contaxios activos de onte aos 11 de hoxe. E Beariz, que tiña 2 quédase hoxe cun único contaxio activo.
Aínda asi, a mellor noticia do dia é para o concello do Irixo, que se converte no primeiro da comarca en quedar libre de virus nesta terceira onda da pandemia. Continúan cos mesmos contaxios activos en Punxín (5) San Amaro (4) e Piñor (2) Dous concellos aumentan os contaxios activos, San Cristovo de Cea (+1) (14) e Maside (+1) (24)

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello do Irixo analizarán a posibilidade de colaborar nalgún proxecto que permita poñer a disposición dos veciños do municipio vivendas de promoción pública. Este foi o asunto central da reunión por videoconferencia que mantiveron a conselleira Ángeles Vázquez e o rexedor Manuel Cerdeira.
Neste sentido, o alcalde do Irixo trasladoulle o seu interese por incrementar o actual parque público residencial do municipio, ben sexa a través da promoción de novas construcións ou pola vía da rehabilitación.
Precisamente co obxectivo de poñer a disposición dos cidadáns vivenda pública a prezos vantaxosos, a conselleira explicoulle que o seu departamento, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), conta con diferentes liñas de axudas e programas de financiamento dirixidos a apoiar ás entidades locais á hora de rehabilitar edificios e vivendas.
Concretamente, referiuse ao Fondo de cooperación de apoio a entidades locais de menos de 50.000 habitantes, un instrumento creado no ano 2017 para ofrecerlles préstamos sen xuros e en condicións favorables cos que poder acometer obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.
Ademais, lembroulle tamén ao rexedor que nas próximas semanas publicarase unha nova convocatoria de axudas para rehabilitación dirixida neste caso a concellos de menos de 20.000 habitantes interesados en recuperar edificios e vivendas de titularidade municipal para destinalos a alugamento social. A dotación desta orde será de 1,7 millóns de euros, un crédito inicial que poderá ser ampliado.
Tendo en conta que no caso do Irixo existen varios núcleos rurais en situación de abandono total ou parcial, a conselleira explicoulle que á opción de rehabilitar inmobles e edificios xa existentes parece adaptarse ás súas necesidades actuais, polo que o emprazou a valorar as opcións anteriormente mencionadas para ver cal se podería adaptar mellor ao seu caso.
Así mesmo, tamén lle trasladou que o Concello podería incluír os seus núcleos en estado de abandono na futura plataforma informática de núcleos rurais abandonados, deseñada e promovida polo IGVS co fin de poñelos a disposición de posibles persoas interesadas en adquirir ou alugar inmobles nos mesmos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 283
- 284
- 285
- 286
- 287
- 288
- 289
- 290
- 291
- …
- seguinte ›
- última »