
Os centros educativos do Carballiño despiden a semana con 16 casos positivos por coranavirus, según a última actualización de datos feita pola Consellería de Educación, correspondente ao venres dia 29 de Xaneiro.
Os casos notificados en cada centro educativo do Carballiño son os seguintes: CPR Colexio Sagrado Corazón (6) IES Chamoso Lamas (4) CEIP Calvo Sotelo (3) IES nº 1 (2) CPR Vila do Arenteiro (1)

Os socialistas requirenlle ao Presidente da Mancomunidade do Ribeiro a que se fagan regularmente PCR as traballadoras de axuda ao fogar "xa que levan desde o mes de Outubro sin repetir esta proba, pola desidea e deixadez do Presidente, que parece estar mais pendiente da sua condición de Senador, que mirar e prevenir a saude das traballadoras e dos propios usuarios que son os veciños dos diferentes concellos que conforman a Mancomunidade", manifestan.
Afirman que "a aparición da crise sanitaria dificultou o desenrolo das tarefas de este colectivo de traballadoras, que expoñen a sua saude , como a das propios usuarios e familias a potencias contaxios COVID-19".
Os portavoces socialistas dos concelleiros que integran a mancomunidade ribeirán engaden que "o alto grao de exposición a riscos laborais da súa actividade, e o desemparo no que se atopan ante a precariedade, que xa viñan padecendo de antes, a modo de exemplo decir que teñen que comprar a sua propia roupa, para poder desenrolar o seu traballo, xa que a Mancomunidad no lle proporciona uniformes, zocos ect… senon que os teñen que levar as propias traballadoras da sua casa pagados con diñeiro dos seus propios bolsillos, unha tristeza que pase esto nestes tempos, por eso os socialistas o queremos trasladar ante a opinión publica este tipo de cousas, porque estás traballadoras son unhas verdadeiras heroínas, polo traballo que están levando acabo nestes momentos e que desde a Mancomunidad do Ribeiro non as están a valorar".
Os socialistas consideran que é de vital importancia tomar certas medidas e protocolos co persoal de un servizo tan esencial como é o SAF "comenzando por unha medida preventiva de vital importancia como é a realización de PCRs".

O Carballliño suma hoxe 6 contaxios activos máis que onte, e rexisra 89, a cifra máis alta desta terceira onda da pandemia no municipio. Tamén aumentan un contaxio activo Maside, que chega aos 20 e San Cristovo de Cea, que se pon con 8.
Baixan hoxe o número de persoas con infección activa Boborás (-1) (13) e Punxín (-1) (1) quédase cun único contaxio activo, igual que O Irixo (-1) (1). Repiten datos os concellos de Beariz (3) Piñor (2) San Amaro (2)

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, informou esta mañá que o Goberno galego ven de aprobar unha ampla oferta sociocultural e deportiva dentro o programa O Teu Xacobeo para a promoción e a dinamización do Ano Santo que acaba de principiar.
Afianzado nun impulso descentralizado e plural, sinalou o delegado territorial, “permite o desenvolvemento de actividades en todo o territorio galego; e en Ourense desenvolveranse proxectos de promoción do Xacobeo 2021, aos que hai que engadir proxectos itinerantes e outros de formato dixital que abarcan diferentes concellos e provincias”.
O Teu Xacobeo conta con tres liñas de axudas que atenden á tipoloxía dos beneficiarios. Unha; concellos, mancomunidades, consorcios locais galegos e deputacións provinciais de Galicia; dúas, persoas físicas ou xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidas na definición de pequena e mediana empresa; e unha terceira liña destinada a entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.
Deste xeito, explicou Gabriel Alén, “soamente na primeira liña de axudas, Ourense recibiu máis de 123.000 euros para desenvolver 12 proxectos en concellos da provincia”, e salientou que “este tipo de actividades reflicten moi ben o espírito participativo do programa O Teu Xacobeo, que busca implicar a toda a poboación neste Ano Santo que acaba de arrancar, con actividades que chegarán a todo o territorio”.
Así, a través dunha programación, variada, plural e descentralizada levaranse adiante proxectos nos concellos do Barco de Valdeorras, Monterrei, Vilar de Barrio, Pereiro de Aguiar, Coles, San Cristovo de Cea, Celanova, Riós, Xunqueira de Ambia, Castro Caldelas, A Veiga e Laza, onde se desenvolverá unha ampla oferta sociocultural e deportiva. Segundo o delegado territorial, estas iniciativas amosan que “pese a ser unha época chea de dificultades a Xunta estase a volcar nesta celebración, porque esperamos que sexa un piar para a reactivación do turismo e da economía da nosa provincia e do resto da Comunidade”.
Nos proxectos subvencionados nas liñas 2 e 3, é dicir, os dirixidos a empresas e a entidades sen ánimo de lucro, hai 38 que afectan a máis dunha provincia (27) ou a toda Galicia (11). Na súa maioría son iniciativas tuteladas por fundacións ou universidades que fan referencia a diferentes rutas ou camiños, proxectos dirixidos a centros educativos ou actuacións no patrimonio que abranguen varias provincias ou a totalidade da comunidade galega. Mesmo hai unha actuación que comparte a provincia de Lugo coas comunidades autónomas de Asturias e Cantabria.
O teu Xacobeo
Na súa segunda fase, o programa O Teu Xacobeo pretende dinamizar os concellos que forma parte da Vía da Prata-Camiño do Sueste achegando un impulso ao diálogo entre a totalidade dos concellos polos que pasa o Camiño.
Deste xeito, apóstase por darlle voz á poboación máis nova para que sexa esta a encargada de recompilar as historias e experiencias que se xeran ao longo do Roteiro Xacobeo.
A segunda edición do programa O Teu Xacobeo permitirá desenvolver un total de 220 propostas orientadas a dinamizar a programación sociocultural do Xacobeo 2021-22, destinando un investimento de case 3,3 millóns de euros. Tras a resolución da concesión, os beneficiarios acaban de comezar a desenvolver os seus proxectos para o que contan de prazo ata o próximo mes de setembro, tras a concesión dun aprazamento por culpa da covid-19 co obxectivo de que poidan dispoñer de máis tempo para levar adiante os proxectos propostos.
Esta segunda edición volveu resultar un éxito de convocatoria, con case un milleiro de proxectos presentados, que permitirán mobilizar un orzamento de 5,8 millóns de euros.
O resultado é unha programación sociocultural que está a contribuír na promoción de Galicia e, especialmente, do Xacobeo 2021, a través dun impulso descentralizado e plural que permite o desenvolvemento de actividades en todo o territorio galego.
Penso que máis que o uso obrigatorio das mascarillas sería preciso o uso obrigatorio do cerebro en tempos de pandemia. Porque desde esta canle sempre se deron os datos, díxose que non estabamos tan mal, e sempre, pero "sempre, sempre, sempre" se fai un chamamento ao sentido, e sempre se pode escoitar nesta canle que a xente non debe baixar a garda.
Outra cousa ben difernte é que hai xente interesadísima en cruxir a hostelería -é a culpable de todolos males-. E ao mesmo tempo aplaudir coas orellas a nefasta xestión en toda Galicia de Feijoo e os seus mariachis. O emprego que se fixo do Carballiño como modelo propagandístico é unha auténtica vergoña.
Na segunda onda, en vez de implementar medidas reais, Feijóo e os seus mariachis adicáronse a súa propaganda baleira de actuacións. Hoxe temos 3600 contaxiados en centros de ensino, xa superamos con creces o número de contaxiados da primeira onda, e o índice de mortandade incrementouse alarmantemente. Porque frijolito e os seus mariachis, coas súas ocurrencias propagandísticas, ademáis de facer máis ben pouco, pídenlle aos demáis sentido común cando eles non teñen o máis mínimo - poidemos ver o día 19 deste mes a frijolito sen mascarilla, repetindo actuación descerebrada, polas rúas de Ourense- . E este pide agora, cando él pasa todo polo arco de trunfo, o uso obrigatoria das mascarillas ffp2.
Así como presumía cando facía moi pouco, da baixa incidencia en Galicia. Este sí que presumía como un galo en celo... Agora hai que criticalo severamente por facer tan pouco, e empregar artificios propagandísticos.
Deberíades reflexionar un pouco sobre a vosa política de comunicación con respecto a situación que ten o Carballiño con respecto á pandemia.
Levades duas semanas dicindo que nin tan mal comparado co resto, que os menos malos dentro dos malos, insinuando que as medidas son demasiadas no concello e quitandolle importancia a una situación gravísima, tan grave que fai que antes do cerre total tivéramos restriccións na hostalaría e agora un cribado. Non nos queramos comparar con outubro, porque o final enganámonos a nos mesmos e os que salimos perxudicados somos nos.
Ese tipo de mensaxes favorece que a xente se relaxe (algo que calquera pode comprobar dando un paseo), e recórdovos que ter máis de 150 de incidencia implica restriccións de cerres perimetrais e na hostelría según os baresmos da xunta. E estamos xa cerca dos 600.
E o que pode parecer unha defensa á hostelería coa vosa política de comunicación ó final tradúcese en todo o contrario, que a xente se relaxe e que no carballíño estemos o límite.

O Servizo Galego de Saúde convocará para este próximo domingo 31 de Xaneiro a 2.000 cidadáns do Carballiño para facer un cribado masivo ante o aumento de casos de covid-19 nos últimos días no municipio carballiñés . Será o primeiro cribado poboacional masivo no Carballiño con test de antíxenos, unha proba que ofrece resultados en 15 minutos. Este cribado selectivo faráse habilitando postos de toma no Pavillón de Deportes do Carballiño este domingo en horario de 9 a 14 horas, e de 15:15 a 20:15 horas.
Os cribados fanse en persoas asintomáticas, xente que non ten ningunha sospeita de que poida estar infectada co coronavirus e, por tanto, segue facendo vida normal; pero se ten o virus, pode contaxiar a outras persoas. Este cribado masivo no Carballliño será, pois, semellante os que se viñeron realizando durante este mes de Xaneiro noutras localidades tanto da provincia como do resto de Galicia. A proba rápida de antíxenos consiste en extraer unha mostra cun bastoncillo polo nariz, pero o resultado coñécese aos 15 minutos. O resultado será comunicado ao pouco tempo ao usuario.
Para esta nova acción o Sergas citará a 2.000 persoas residentes no municipio carballiñés que non se fixeron unha PCR nos dous últimos meses e que, ademais, estean dadas de alta no sistema de avisos, o que utiliza o Servizo Galego de Saúde para notificar as citas co médico a través de mensaxes de texto. A participación é voluntaria.

O Carballliño rexistra hoxe 3 contaxios activos menos que onte, aínda que en realidade esto débese a que as altas superan aos novos contaxios, porque na incidencia acumulada aos últimos 14 dias pásase dos 76 casos de onte aos 82 que rexistra hoxe este indicador do Sergas. No concello de Cea aumenta un caso activo e sitúase con 7.
Nos demáis concellos, permanecen os mesmos contaxios activos: Maside (19) Boborás (14) Beariz (3) Punxin (2) Piñor (2) O Irixo (2) San Amaro (2)
Case un ano pasou e seguimos sen recuperar os servizos ferroviarios que tiñamos antes do coronavirus. De nada serveron as reunións na deputación, co delegado do goberno e con renfe. As cousas non cambian.

Asi me encontrei esta mañá o Bañiño de Arcos coa fonte rota, que culpa terá a fonte...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 285
- 286
- 287
- 288
- 289
- 290
- 291
- 292
- 293
- …
- seguinte ›
- última »