Deberíades reflexionar un pouco sobre a vosa política de comunicación con respecto a situación que ten o Carballiño con respecto á pandemia.
Levades duas semanas dicindo que nin tan mal comparado co resto, que os menos malos dentro dos malos, insinuando que as medidas son demasiadas no concello e quitandolle importancia a una situación gravísima, tan grave que fai que antes do cerre total tivéramos restriccións na hostalaría e agora un cribado. Non nos queramos comparar con outubro, porque o final enganámonos a nos mesmos e os que salimos perxudicados somos nos.
Ese tipo de mensaxes favorece que a xente se relaxe (algo que calquera pode comprobar dando un paseo), e recórdovos que ter máis de 150 de incidencia implica restriccións de cerres perimetrais e na hostelría según os baresmos da xunta. E estamos xa cerca dos 600.
E o que pode parecer unha defensa á hostelería coa vosa política de comunicación ó final tradúcese en todo o contrario, que a xente se relaxe e que no carballíño estemos o límite.

O Servizo Galego de Saúde convocará para este próximo domingo 31 de Xaneiro a 2.000 cidadáns do Carballiño para facer un cribado masivo ante o aumento de casos de covid-19 nos últimos días no municipio carballiñés . Será o primeiro cribado poboacional masivo no Carballiño con test de antíxenos, unha proba que ofrece resultados en 15 minutos. Este cribado selectivo faráse habilitando postos de toma no Pavillón de Deportes do Carballiño este domingo en horario de 9 a 14 horas, e de 15:15 a 20:15 horas.
Os cribados fanse en persoas asintomáticas, xente que non ten ningunha sospeita de que poida estar infectada co coronavirus e, por tanto, segue facendo vida normal; pero se ten o virus, pode contaxiar a outras persoas. Este cribado masivo no Carballliño será, pois, semellante os que se viñeron realizando durante este mes de Xaneiro noutras localidades tanto da provincia como do resto de Galicia. A proba rápida de antíxenos consiste en extraer unha mostra cun bastoncillo polo nariz, pero o resultado coñécese aos 15 minutos. O resultado será comunicado ao pouco tempo ao usuario.
Para esta nova acción o Sergas citará a 2.000 persoas residentes no municipio carballiñés que non se fixeron unha PCR nos dous últimos meses e que, ademais, estean dadas de alta no sistema de avisos, o que utiliza o Servizo Galego de Saúde para notificar as citas co médico a través de mensaxes de texto. A participación é voluntaria.

O Carballliño rexistra hoxe 3 contaxios activos menos que onte, aínda que en realidade esto débese a que as altas superan aos novos contaxios, porque na incidencia acumulada aos últimos 14 dias pásase dos 76 casos de onte aos 82 que rexistra hoxe este indicador do Sergas. No concello de Cea aumenta un caso activo e sitúase con 7.
Nos demáis concellos, permanecen os mesmos contaxios activos: Maside (19) Boborás (14) Beariz (3) Punxin (2) Piñor (2) O Irixo (2) San Amaro (2)
Case un ano pasou e seguimos sen recuperar os servizos ferroviarios que tiñamos antes do coronavirus. De nada serveron as reunións na deputación, co delegado do goberno e con renfe. As cousas non cambian.

Asi me encontrei esta mañá o Bañiño de Arcos coa fonte rota, que culpa terá a fonte...

O último informe difundido pola Consellería de Educación, correspondente ao mércores 27 de Xaneiro, eleva a 14 os casos positivos de coronavirus nos centros educativos do Carballiño, a cifra máis alta desta terceira onda da pandemia.
O centro con máis casos é o CPR Sagrado Corazón, que ten 6, seguido do IES Chamoso Lamas con 4 positivos diagnosticados. O CEIP Calvo Sotelo rexistra 3 casos e o IES nº 1 pecha esta relación con 1 caso.

O RC Celta e CD Arenteiro confirmaron que o futbolista Souleyme Cisse xogará cedido ata final de tempada no club carballiñés. Trátase dun defensa central que acaba de cumplir os 22 anos e que ten aínda 3 anos de contrato co Celta, ao que chegou en Xullo de 2019, destinado ao filial celtista.
Souleyme Cissé foi internacional Sub-20 con Senegal, desde o seu país chegou directamente ao Celta de Vigo, que se fixou nesta promesa do fútbol senegalés, que destaca pola súa envergadura física. No Arenteiro coincidirá agora co seu compatriota Sylla.

O Carballiño rexistra hoxe un incremento importante no número de casos activos de coronavirus, 11 máis que onte, polo que suma hoxe un total de 86 persoas enfermas de Covid-19 no municipio. A incidencia acumulada con casos positivos diagnosticados no Carballiño alcanza os 76 nos últimos 14 dias.
Tamén continúa o seu ascenso o concello de Maside, que rexistra hoxe 4 casos máis que onte, e xa alanza a cifra dos 19 contaxios activos, a cifra máis alta neste municipio dende que se declarou a pandemia.
Non se aprecian hoxe variacións no número de contaxios activos: Boborás (14) San Cristovo de Cea (6) Beariz (3) O Irixo (2) Punxín (2) San Amaro (2) Piñor (2)

Os datos do movemento natural da poboación que ven de publicar o INE son os peores que presenta o concello do Carballiño dende que hai rexistros dispoñibles, que se remontan ao ano 1975. Asi se desprende dos indicadores demográficos básicos que cada ano publica o Instituto Nacional de Estadística extraídos do último Padrón Municipal de Habitantes..
O crecemento vexetativo no concello do Carballliño alcanza mínimos históricos. En 2019 (Os datos son do Padrón de 2020 pero en realidade refírense ao ano anterior ) a diferencia entre nacementos e defuncións presenta un saldo negativo de 134 persoas. A baixa natalidade rexistrada durante 2019 e un lixeiro repunte da mortalidade explica os datos, xa que se rexistraron 67 nacementos e o número de falecementos ascendeu a 201 no municipio carballiñés.
Nunca antes tan poucos nenos naceron no Carballiño nin tantos falecementos se rexistraron. Para encontrarnos unha cifra tan baixa de nacementos temos que retroceder ata o ano 1997, daquéla con 70 nacementos. O mellor ano para a natalidade no concello do Carballiño foi 2010, con 130 nacementos, practicamente o doble do último exercicio.

O coronavirus continúa incrimentando o contaxios activos na comarca, aínda que de forma paulatina, como acontece tamén neste martes 26 de Xaneiro. Asi, O Carballliño ten 2 contaxios activos máis que onte, que chega aos 75 casos activos de Covid-19 no municipio, tamén sube 2 casos Maside que alcanza os 15 contaxios, a cifra máis alta deste concello dende que se declarou a pandemia. Boborás (+1) (14) e Beariz (+1) (3) son os outros dous municipios que tamén suben hoxe os contaxios activos.
San Cristovo de Cea baixa un contaxio, pasa dos 7 que tiña onte aos 6 que rexistra nos datos de hoxe. Non hai variacións nos concellos de Piñor, O Irixo, Punxín e San Amaro, que continúan -respectivamente- con 2 casos activos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 286
- 287
- 288
- 289
- 290
- 291
- 292
- 293
- 294
- …
- seguinte ›
- última »