
O último informe difundido pola Consellería de Educación, correspondente ao mércores 27 de Xaneiro, eleva a 14 os casos positivos de coronavirus nos centros educativos do Carballiño, a cifra máis alta desta terceira onda da pandemia.
O centro con máis casos é o CPR Sagrado Corazón, que ten 6, seguido do IES Chamoso Lamas con 4 positivos diagnosticados. O CEIP Calvo Sotelo rexistra 3 casos e o IES nº 1 pecha esta relación con 1 caso.

O RC Celta e CD Arenteiro confirmaron que o futbolista Souleyme Cisse xogará cedido ata final de tempada no club carballiñés. Trátase dun defensa central que acaba de cumplir os 22 anos e que ten aínda 3 anos de contrato co Celta, ao que chegou en Xullo de 2019, destinado ao filial celtista.
Souleyme Cissé foi internacional Sub-20 con Senegal, desde o seu país chegou directamente ao Celta de Vigo, que se fixou nesta promesa do fútbol senegalés, que destaca pola súa envergadura física. No Arenteiro coincidirá agora co seu compatriota Sylla.

O Carballiño rexistra hoxe un incremento importante no número de casos activos de coronavirus, 11 máis que onte, polo que suma hoxe un total de 86 persoas enfermas de Covid-19 no municipio. A incidencia acumulada con casos positivos diagnosticados no Carballiño alcanza os 76 nos últimos 14 dias.
Tamén continúa o seu ascenso o concello de Maside, que rexistra hoxe 4 casos máis que onte, e xa alanza a cifra dos 19 contaxios activos, a cifra máis alta neste municipio dende que se declarou a pandemia.
Non se aprecian hoxe variacións no número de contaxios activos: Boborás (14) San Cristovo de Cea (6) Beariz (3) O Irixo (2) Punxín (2) San Amaro (2) Piñor (2)

Os datos do movemento natural da poboación que ven de publicar o INE son os peores que presenta o concello do Carballiño dende que hai rexistros dispoñibles, que se remontan ao ano 1975. Asi se desprende dos indicadores demográficos básicos que cada ano publica o Instituto Nacional de Estadística extraídos do último Padrón Municipal de Habitantes..
O crecemento vexetativo no concello do Carballliño alcanza mínimos históricos. En 2019 (Os datos son do Padrón de 2020 pero en realidade refírense ao ano anterior ) a diferencia entre nacementos e defuncións presenta un saldo negativo de 134 persoas. A baixa natalidade rexistrada durante 2019 e un lixeiro repunte da mortalidade explica os datos, xa que se rexistraron 67 nacementos e o número de falecementos ascendeu a 201 no municipio carballiñés.
Nunca antes tan poucos nenos naceron no Carballiño nin tantos falecementos se rexistraron. Para encontrarnos unha cifra tan baixa de nacementos temos que retroceder ata o ano 1997, daquéla con 70 nacementos. O mellor ano para a natalidade no concello do Carballiño foi 2010, con 130 nacementos, practicamente o doble do último exercicio.

O coronavirus continúa incrimentando o contaxios activos na comarca, aínda que de forma paulatina, como acontece tamén neste martes 26 de Xaneiro. Asi, O Carballliño ten 2 contaxios activos máis que onte, que chega aos 75 casos activos de Covid-19 no municipio, tamén sube 2 casos Maside que alcanza os 15 contaxios, a cifra máis alta deste concello dende que se declarou a pandemia. Boborás (+1) (14) e Beariz (+1) (3) son os outros dous municipios que tamén suben hoxe os contaxios activos.
San Cristovo de Cea baixa un contaxio, pasa dos 7 que tiña onte aos 6 que rexistra nos datos de hoxe. Non hai variacións nos concellos de Piñor, O Irixo, Punxín e San Amaro, que continúan -respectivamente- con 2 casos activos.

O CPI Terras de Maside ven de ser recoñecido cun premio a nivel galego na "II edición dos premios Xardín Galego" pola intervención feita no centro, para converter un patio interior nun xardín oriental, un espazo que viña sendo utilizado como a papeleira do colexio.
O proxecto premiado foi deseñado e realizado por Rosa Arícia Rodríguez. A ambientación das paredes ata o segundo piso foi obra dos deseñadores Iván e Carlos de Anphilocos S.C.
Os premios Xardín Galego son un galardón posto en marcha pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería (Agaexar) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería en Galicia.
Para máis información
https://www.agaexar.gal/ii-edicion-dos-premios-xardin-galego/
Un mes después de cuando debería, por fin nuestro amigo se ha atrevido a cerrar la hostelería. Ahora lo malo es que se lleva por delante a todo el comercio en general, salvo los esenciales, el resto tendrán que cerrar a las 6.
Cuando ya se habían acotado algunos privilegios, como el de estar dentro de los bares, estos se pusieron a montar carpas que ya quisiera Angel Cristo para su circo, provocando lo que han provocado, cerrar por completo. Ahora todos para casa un mes, claro que cuando abran volveremos a las mismas y sino tiempo al tiempo.
En fin, cada cual que haga lo que quiera, pero como no nos cuidemos y cumplamos, seguiremos en un año asi como ahora. Una lastima para los que han cumplido pero paga justo por pecador como siempre ha sido.

As interaciones sociais quedan limitadas a conviventes en toda Galicia, salvo tarefas como o traballo ou o coidado dos maiores ou menores. O obxectivo é que non se reunan as persoas que non viven xuntas.
Todos os concellos quedan con mobilidade restrinxida, salvo causa xustificada non se poderá sair do noso municipio de residencia. O toque de queda mantense o máximo, ás 22 horas.
O comercio non esencial deberá pechar as 18 horas. Pechará toda a hostalería,tan so poderá manter o servizo de comida para levar á casa Pechan todos os ximnasios e a actividade deportiva tan so será permitida de forma individual e ao aire libre, a máscara será obrigatorio tamén para correr nas rúas.
As medidas entran en vigor ás 00:00 deste mércores dia 27 de Xaneiro e estarán vixentes, inicialmente ata o dia 17 de Febreiro.

Continúa o paulatino incremento de contaxios activos de coronavirus no Carballiño, que ten hoxe un caso máis que onte e alcanza os 73. Tamén suman novos contaxios, un máis en cada municipio, os de San Amaro, Piñor e O Irixo, que rexistran dous casos, respectivamente.
Sen variacións no resto de municipios, que continúan hoxe cos mesmos contaxios da fin de semana: Maside (13) Boborás (13) San Cristovo de Cea (7) Beariz (2) Punxín (2)

O equipo dirixido por Fran Justo consolídase como líder do seu grupo na terceira división trala victoria ante o Choco no partido xogado no exilio de Barbantes-Estación, o Arenteiro é ademáis o único equipo invicto no que vai de tempada en todo o fútbol galego de Segunda B e Terceira, e mesmo incluída a pretempada, aínda ningún equipo conseguíu gañar aos verdes.
Era este partido ante o Choco moi complicado, non so pola entidade do rival ao que os carballiñeses aínda non conseguiran gañar dende o seu regreso á terceira división, senón que desta vez engadíase a dificultade de facélo despóis de máis dun mes sen competir, primeiro polo parón de nadal e despóis polo parón motivado polo coronavirus, con apenas catro sesións de adestramento esta semana. Aínda asi, o Arenteiro conseguíu superar o partido con nota e sumar 3 importantes puntos que o sitúan como líder en solitario nesta xornada 14, e tendo aínda pendientes os encontros adiados correspondentes ás xornadas 12 e 13.
O partido púxose moi ben para o Arenteiro aos 9 minutos cando unha avanzada de Victor Eimil pola súa banda propiciou que o xogador chairego enviase un medido centro ao sgundo pau onde Sylla, libre de marcaxe, so tivo que empurrar o balón ao fondo da portería choqueira. Foi suficiente para gañar o partido, aínda que o Choco puxo empeño en lograr o empate e algunha ocasión tivo, tamén o Arenteiro tivo as súas para sentenciar, as máis claras na segunda parte cun balón de Adrián Presas que se foi ao poste, e outro remate de Joni que resolveu prodixiosamenteCortegoso enviando a corner o balón.
Para ver a ficha do partido, sigue a seguinte ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodAc...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 286
- 287
- 288
- 289
- 290
- 291
- 292
- 293
- 294
- …
- seguinte ›
- última »