24, Xaneiro 2021

O Carballiño chega hoxe domingo aos 72 contaxios activos, cifra que se convierte no record de casos activos nesta terceira onda da pandemia, son 3 casos máis que onte no municipio carballiñés. Tamén sube o concello de Punxín, que onte tiña un único caso e hoxe rexistra 2. E tamén notifica hoxe un caso o concello de San Amaro, que era o único da comarca que estaba libre de virus, polo que xa non queda ningún.

Ten un caso menos que onte Boborás, que se queda con 13. E non se producen variacións no resto dos concellos, que continúan cos seguintes contaxios activos: Cea (7) Beariz (2) O Irixo (1) Piñor (1)

23, Xaneiro 2021

O Carballiño ten na xornada deste sábado 23 de Xaneiro 69 persoas con infección activa de Covid, repetindo polo tanto o dato dos dous últimos dias. Na incidencia acumulada aos últimos 14 dias O Carballiño rexistra 65 novos casos diagnosticados.

Catro concellos rexistran un caso máis que onte, polo que o seu dato actualizado de contaxios activos é o seguinte: Maside (13) Beariz (2) San Cristovo de Cea (7) e Piñor (1) Os demáis municipios da comarca manteñen os datos de onte, Boborás (14) O Irixo (1) Punxín (1) San Amaro (0) No caso de Boborás, do total de 14 casos que rexistra, 12 deles están vinculados á residencia de maiores de Brués.

22, Xaneiro 2021

O equipo superou con éxito a cuarentena obrigada polo foco de coronavirus que afectou a 10 integrantes do plantel,  e a practica totalidade dos fútbolístas xa adestraron desde este pasado mércores e coas altas médicas correspondentes o órgano federativo incluíu na xornada deste domingo dia 24, tal como estaba fixado no calendario, o Arenteiro-Choco.

O calamitoso estado no que se encontra o terreo de xogo de Espiñedo motivou que o club pedise o cámbeo de campo, que finalmente aceptou a RFGF tras visitar Espiñedo. Desta maneira, o partido xogaráse dende as 16:15 horas no campo da Regueiriña de Barbantes-Estación, a porta pechada, ante a imposiblidade de cumplir as condicións esixidas polo protocolo anti-Covid.

O Arenteiro chegará a este partido con apenas 4 sesións de adestramento e coa baixa segura de Germán Nóvoa, que cumplirá ciclo de amonestacións. O partido será retransmiitdo en directo pola WEB da TVG.

22, Xaneiro 2021

O PSdeG-PSOE de Leiro defenderá no vindeiro pleno municipal unha moción na que lle solicita ao Concello de Leiro que se dirixa a Consellería de Sanidade para que se cubra a praza de médico automaticamente no momento en que quede vacante tanto por baixa laboral, vacacións ou xubilación. Os socialistas denuncian que o municipio leva mes e medio sen que se cubra unha das prazas, xa que o titular se atopa de baixa laboral, pero a praza non foi cuberta por outro facultativo.

Dende o Grupo Municipal Socialista instan ao grupo de goberno do Partido Popular a dirixirse a Consellería de Sanidade para que “non volva a darse esta situación” e esixen que se “cubran sempre as prazas tanto no caso de vacacións, como de baixas laborais ou xubilación”. Os socialistas tamén lle esixen ao Concello que presente unha solicitude formal na propia Consellería para que se cubra “con carácter urxente” a baixa laboral dun dos dous médicos titulares co que conta o centro de saúde do municipio. Consideran que dilatar no tempo a cobertura desta praza “prexudicará gravemente a calidade asistencial e os coidados sanitarios que require a veciñanza, e máis nestes tempos nos que a pandemia da COVID-19 está pondo en risco a saúde da xente”.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez, esta petición “non é un capricho, senón unha necesidade dun concello cunha poboación moi envellecida e que conta ademais con unha residencia de maiores”. O socialista insiste en que a redución do persoal sanitario “prexudica a calidade asistencial” e apunta a que contar cun só médico nestes intres provoca “unha perda de eficacia na atención a veciñanza, polo que esiximos a reposición da praza”.

Rodríguez manifesta que a veciñanza “ten medo de que este feito provoque que nun futuro e no caso da xubilación dun dos facultativos ou outras circunstancias, provoquen que o centro de saúde de Leiro quede para sempre cun só médico, vistos os precedentes de non cubrir a baixa laboral dun médico titular e botando tamén unha ollada ao que acontece noutros municipios coa mesma problemática”.

Os socialistas explican que nos últimos días “foron moitos os veciños que se puxeron en contacto con nós para reclamar e reverter a situación no centro de saúde”. Para o Grupo Municipal Socialista, o municipio de Leiro, conta cunha poboación “moi envellecida, dispersa, dependente e con pluripatoloxía, que necesitan cada vez máis atención e coidados sanitarios”, motivo polo que chaman a “loitar desde o Concello todos xuntos, tanto goberno como oposición, para que se restableza a calidade asistencial no centro de saúde de Leiro”.

22, Xaneiro 2021

O Carballiño manténse hoxe nos 69 contaxios activos de coronavirus, os mesmos que tiña onte, xa que se rexistraron 7 altas médicas pero producirónse 7 novos diagnósticos nas últimas 24 horas, polo que permane inalterable o número de contaxios activos no municipio carballiñés.

O maior repunte da xornada prodúcese no concello de Boborás (+11) que alcanza os 14 contaxios activos, aínda que este notable incremento de casos en Boborás débese ao foco de coronavirus detectado no fogar residenciaal Blanco Amor de Brués. Tamén incrementa dous casos activos Maside, que alcanza os 13.

Baixa en persoas enfermas San Cristovo de Cea, dúas menos que onte e quédase en 6 contaxios activos. E non se rexistran variacións no resto de municipios: Beariz (1) O Irixo (1) Punxín (1) San Amaro (0) Piñor (0)

22, Xaneiro 2021

A Consellería de Política Social ven de informar dun novo foco de coronavirus que afecta a un centro de maiores da comarca, neste caso trátase do "Fogar Residencial Blanco Amor" ubicado na localidade de Brués, no concello de Boborás.

Un total de 16 persoas están vinculadas a este brote, das que 12 son usuarias e 4 traballadoras.

22, Xaneiro 2021

As Consellerías de Sanidade e Política Social veñen de acordar a intervención da residencia de maiores "Quercus" de Leiro ante a situación neste xeriátrico, afectado por un foco de coronavirus que alcalnza a un total de 83 persoas, 68 usuarios e 15 traballadores.

A Xunta, con esta medida, pretende "reforzar ao personal do centro e garantir a calidade asistencial, asi como a correcta protección da saúde tanto das persoas usuarias como dos traballadores".

21, Xaneiro 2021

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, vén de manter unha reunión co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, na que lle avanzou a sinatura neste primeiro trimestre do ano do convenio de colaboración para mellorar o sistema de abastecemento de auga. Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, abordou co rexedor as actuacións previstas neste proxecto que ten como obxectivo garantir o subministro de auga a cinco parroquias do municipio.

Para acometer as actuacións necesarias, cómpre asinar este convenio de colaboración entre a Xunta, o Concello de Leiro e tamén o Concello de Boborás, xa que un treito das obras desenvólvense polo territorio deste último municipio. O proxecto, xa redactado e supervisado desde o punto de vista técnico, conta cun prazo de execución de catro meses e cun investimento de máis de 330.000 euros. Trátase de renovar a tubaxe desde Pazos de Arenteiro ata a potabilizadora de Leiro coa fin de solucionar os problemas de falta de subministro de auga potable aos veciños e ás empresas da zona, ocasionados polas frecuentes roturas da rede. Os traballos centraranse na substitución da tubaxe existente por un tubo de abastecemento con capacidade para soportar maior presión.

Esta actuación desenvolverase ao longo de case 3,5 km que discorren pola estrada provincial OU-0414. A instalación da nova tubaxe realizarase no mesmo emprazamento que a actual, tendo que retirarase a existente, e garantirase o subministro á poboación mentres duren as obras mediante tramos ‘by-pass’ provisionais. As obras, unha vez finalizadas, permitirán dar servizo a unha poboación fixa de 1.568 habitantes para o ano horizonte 2045

21, Xaneiro 2021

O foco de coronanavirus declarado na residencia de maiores de Leiro fai que o número de contaxios activos siga aumentando neste municipio, nos datos facilitados por Sanidade neste dia 21 de Xaneiro o número de persoas afectadas pola enfermidade en Leiro ascende a 71, a maioría usuarios e traballadores do xeriátrico local. 

A comarca do Ribeiro está atravesando polos peores dias dende que se declarou a pandemia en Marzo de 2020, sendo o de Avión o único concello que en plena terceira onda da pandemia resiste libre de virus.

21, Xaneiro 2021

Definitivamente, o coronavirus volve acelerar no Carballliño, que pasa dos 58 contaxios activos que notificaba onte aos 69 (+11) que rexistra hoxe. Tamén aumentan os casos en Maside (+3) e alcanza os 11 casos activos, Boborás (+1) e pasa a ter 3, e volve o virus a Beariz, que rexistra un caso cando onte estaba con cero contaxios.

Baixan un caso, respectivamente, Cea que se queda con 8 e O Irixo, que ten un contaxio activo. Sen variacións en Punxín, que continúa cun único caso activo no municipio, e tanto Piñor como San Amaro, que siguen sen contaxios activos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS