20, Xaneiro 2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda estudará a posibilidade de colaborar economicamente co Concello de Piñor nun proxecto municipal de restauración de antigas vivendas co fin de destinalas a alugueiro social entre a veciñanza.

No transcurso dunha reunión por videoconferencia, a conselleira Ángeles Vázquez trasladoulle esta tarde ao alcalde José Luis González a existencia de varios programas e liñas de subvención cos que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) apoia ás entidades locais para que poidan incrementar ou crear o seu propio parque de vivenda pública, polo que o animou a presentar o seu proxecto co fin de optar a financiación.

Neste sentido, avanzoulle que en breve publicarase unha nova convocatoria de axudas para actuacións de rehabilitación dirixida a concellos de menos de 20.000 habitantes interesados en recuperar edificios e vivendas de titularidade municipal para destinalos a alugamento social. A dotación desta orde será de 1,7 millóns de euros, un crédito inicial que, en todo caso, poderá ser ampliado.

Ademais, tamén se referiu ao Fondo de cooperación de apoio a entidades locais de menos de 50.000 habitantes, un instrumento creado polo IGVS en 2017 para ofrecer préstamos sen xuros e en condicións vantaxosas para obras de rehabilitación do patrimonio construído; e ás axudas do programa de Infravivenda para municipios con menos de 10.000 habitantes, que prevé como actuacións subvencionables as obras de rehabilitación en edificacións e vivendas co obxecto de garantir que acaden unhas mínimas condicións de habitabilidade.

Por outra banda, a conselleira e o alcalde de Piñor tamén acordaron estudar posibles vías de cooperación entre ambas administracións con relación a outros proxectos do Concello en materia de urbanismo e equipamentos públicos dotacionais.

20, Xaneiro 2021

Esta bella estampa era a que podía verse este dia 20 de xaneiro na avenida do Balneario do Carballiño, consecuencia directa do funcionamento do alcantarillado tras as obras feitas polo concello nas rúas que baixan desde Julio Rodríguez Soto. Hasta cándo ?

20, Xaneiro 2021

O Carballiño rexistra 55 novos contaxios nos últimos 14 dias, con esta incidencia acumulada chega hoxe aos 58 contaxios activos de coronavirus, a cifra máis alta desta terceira onda da pandemia.

Tamén incrementa un caso hoxe o concello de Maside, que alcanza os 8 contaxios activos. San Cristovo de Cea continúa con 9 casos, con 2 Boborás e O Irixo e con 1 Punxín. Resisten con cero casos os municipios de Beariz, Piñor e San Amaro.

Leiro e Avión 

O concello de Leiro chega hoxe aos 42 contaxios activos, cun incremento de 7 casos nas últimas 24 horas, aínda a maioria das persoas enfermas pertencen a un mesmo foco localizado na Residencia de Maiores da localidade

Na comarca do Ribeiro, o único concello que resiste con cero contaxios é o de Avión, que leva varias semanas sen rexistrar casos de coronavirus.

 

 

19, Xaneiro 2021

O Instituto Galego da Vivenda e o Solo incluirá  este ano esta obra de mellora no "Fondo de Cooperación para  Rehabilitación de Patrimonio Municipal",  éste foi o compromiso adquirido co alcalde de Maside polo Presidente do IGVS no transcurso dunha reunión entre ambos mandatarios. 

Desta maneira, a entidade autonómica achegará ao concello de Maside 205.000 euros para este proxecto de mellora do antigo grupo escolar, coñecido como o colexio vello, promovido pola instución municipal. Os traballos consistirán na reforma da cuberta do edificio, a carpinteiría e o sistema de climatización. A idea do alcalde José Manuel Iglesias, tal como manfestou en COPE O Carballiño, é "que sexa un espazo cultural para Maside, no que poidan centralizarse todas as actividades culturais".

19, Xaneiro 2021

Na exposición de motivos da moción que trasladará ao pleno da corporacion municipal, o grupo popular manifesta que "é un problema cada vez máis acuciante que O Carballiño ten o seu cemiterio parroquial colmatado, sen posibilidade de construción de novos nichos ou de adquisición dos xa existentes".

Engaden que o concello ten a obriga de proporcionar este servizo público a veciñanza "pois non sempre vai ser a Igrexa a que nos quite dos problemas nesta cuestión, e por iso é preciso que a nosa vila conte, canto antes, cun cemiterio que sexa civil e de promoción municipal, e que ademais dispoña de certos servizos que non ten o actual cemiterio de Señorín, como poden ser columbarios ou espazos públicos axeitados para os visitantes", remarcan.

Entenden os populares que "o máis desexable sería que o novo cemiterio fose unha ampliación do actual cemiterio parroquial, facendo así máis sinxela a tramitación dos procedementos ante Sanidade; pero de non ser posible a adquisición de terreos anexos, deberíase promover igualmente a súa construción noutro lugar do Concello". O grupo popular reproba que fai anos "vense anunciando en notas de prensa que o concello está a facer xestiós" pero sen ningún tipo de avance neste proxecto.

"Poden ser varias as fórmulas para conseguir o obxectivo de contar cun cemiterio civil municipal, pero temos a obriga ante a nosa veciñanza de comezar canto antes as xestións precisas, pensando ademais que o noso Concello non ten terreos propios para instalar esta infraestrutura",subliñan.

O acordo que o Partido Popular propón ao pleno da corporación carballiñesa ten dous puntos: PRIMEIRO: Que se aproben unhas bases técnicas e administrativa para que, por medio de concurso, se poidan ofertar terreos ó Concello do Carballiño para a construción dun cemiterio civil municipal. SEGUNDO: Que se habilite partida económica nos orzamentos do 2021 para a tramitación e adquisición dos terreos.

19, Xaneiro 2021

A tarxeta ideada polo concello do Carballliño no programa de reactivación económica pensado neste caso fundamentalmente para o comercio e a hostelería amplia o prazo de vixencia, que será ata o 28 de Febreiro de 2021.

Inicialmente, estaba programada con caducidade para o 31 de Xaneiro, non obstante as restricións de mobilidade que afecta a o concello do Carballliño levou aos responsables do Centro Comercial Aberto a solicitar a ABANCA que se prorrogáse por un periodo dun mes, pensando en todos os clientes que residen fora do municipio carballiñés. Calcúlase que a dia de hoxe aínda resta por gastar o 30% do diñeiro no total das 2.000 tarxetas que foron vendidas ao prezo de 25 euros, e cargadas con 50 euros.

19, Xaneiro 2021

O Carballliño pasa de 47 contaxios activos que rexistraba onte aos 51 que notifica hoxe martes, os mesmos do pasado domingo, a cifra que de momento marca o record de contaxios diarios nesta terceira onda da pandemia no Carballliño. Tamén incrementa un caso activo Maside, que se sitúa hoxe con 7.

No resto de municipios non hai variacións, e polo tanto continuamos cos mesmos casos activos dos últimos dias: San Cristovo de Cea (9) O Irixo (2) Boborás (2) Punxín (1) Beariz (0) Piñor (0) San Amaro (0)

18, Xaneiro 2021

A última actualización de datos no seguimento Covid da Consellería de Educación recolle un total de 10 casos de coronavirus nos centros educativos da comarca carballiñesa, polo se duplican os casos notificados fai unha semana atrás, á volta das vacacións, daquela eran 5 os contaxios rexistrados.

Os centros afectados e e o número de casos son CPR Vila do Arenteiro (3) IES Chamoso Lamas (2) IES nº 1 (2) CEIP Calvo Sotelo (1) CEIP Boborás (1) CPI Terras de Maside (1)

 

18, Xaneiro 2021

A última actualización de datos por parte de Sanidade déixanos unha baixada de 4 contaxios activos de coronavirus no Carballliño, pasando dos 51 casos deste pasado domingo aos 47 que ten activos hoxe lúns dia 18 de Xaneiro.

Aumentan os casos activos tanto en San Cristovo de Cea (+3) e alcanza os 9, e Maside que sube 2 e rexistra 6 casos activos hoxe. Nos demáis concellos non se producen variacións nos datos, que son os mesmos dos últimos dias, cos seguintes contaxios activos: Boborás (2) O Irixo (2) Punxín (1) Con cero contaxios resisten os concellos de Beariz, Piñor e San Amaro.

18, Xaneiro 2021

O primeiro ano do coronavirus depara unha caida de 281 cotizantes á Seguridade Social no concello do Carballiño, o 2020 péchase cunha perda de 244 afiliados ao rexime xeral, 31 autónomos e 8 no rexime do fogar, o que representa un 6,64% de descenso no número de afilados no concello do Carballiño no transcurso dos últimos 12 meses. Tan so o rexime agrario rexistra un simbólico aumento de 2 cotizantes e alcanza os 11 afiliados.Tras esta caída, a afiliación á Seguridade Social cae ata os 3.948 cotizantes.

Ademáis, o paro pecha o ano da pandemia cun incremento do 25% en termos interanuais, vólvese superar a barreira das mil persoas en situación de paro no concello do Carballliño, con 1069 rexistradas no SEPE en situación de desemprego. En total, o número de persoas en paro incrementouse en 215 durante o ano 2020 no municipio carballiñés.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS