11, Xaneiro 2021

Continúan aumentado os casos de coronavirus no Carballliño, sube en todos os indicadores. En canto a contaxios activos, aumenta en 7 casos na últimas 24 horas, pasado dos 25 de onte aos 32 que notifica hoxe o Sergas no municipio carballiñés. Evidentemente, tamén aumenta a incidencia acumulada nos últimos 14 dias, con 29 novos contaxios dende o pasado 28 de Decembro.

Nos demáis concellos, de momento, non hai variacións na situación epidemiolóxica, mantéñense 12 contaxios activos: San Cristovo de Cea (7) O Irixo (2) Boborás (1) Punxín (1) Piñor (1) Con cero contaxios continúan outro dias máis Maside, San Amaro e Beariz.

10, Xaneiro 2021

O Carballiño continúa a perigosa tendencia á alza dende que comezou o ano e chega hoxe domingo dia 10 d Xaneiro aos 25 contaxios activos de Covid-19, son 2 máis que onte.

Nos demáis municipios da comarca non se producen variacións nas últimas 24 horas, mantéñense 12 contaxios activos: San Cristovo de Cea (7) O Irixo (2) Boborás (1) Punxín (1) Piñor (1) Con cero contaxios continúan Beariz, Maside e San Amaro.

9, Xaneiro 2021

O lume destruíu por completo este pasado dia 6 de Xaneiro a única vivenda da súa propiedade no lugar de Pazos, na parroquia de Anllo no concello de San Amaro, unha casa que esta familia estivera restaurando nos últimos anos e coa idea de fixar na mesma a súa residencia unha vez que se xubilasen nos seus traballos en Vigo, onde viven en rexime de aluguer. 

Veciños e amigos apelan á solidariedade para axudar a esta familia, e para elo veñen de abrir unha conta en ABANCA, na que pode ingresarse o diñeiro que será entregado a esta familia coa idea de que poidan reconstruir a súa vivenda. O número de conta é o seguinte: ES16 2080 5136 9530 0003 0487

9, Xaneiro 2021

Quería mandar una mensaxe para que non minimicedes a situación no carballiño. Levades toda a semana dicindo que non é tan mala, que comparado con outros concellos.... logo pasa o que pasa e a xente confíase.

A realidade a día de hoxe sábado, e que temos 22 nos últimos 14 días, e que temos unha incidencia no concello de máis de 150. Esa e unha situación gravísima, tan grave, que con esa incidencia outros concellos de galicia da mesma poboación xa teñen cerre perimetral e restriccións a hostalaría.

E esto significa, que na próxima reunión de comite non sei se o luns ou o martes, ou a cousa baixa, o que hai que ser realistas e pouco probable xa que estamos en crecementos, ou estamos abocados a outro cerre perimetral e restriccións.

Se o comité se reunira hoxe, deberíannos cerrar. Así que o mensaxe e para a cope, non se pode minimazar a realidade, que é moi grave, e logo a xente que xa de por si se o toma a pitorreo reláxase máis, e as consecuencias son as que están a piques de pasar, que volverannos a cerrar de hoxe en 4 días.

9, Xaneiro 2021

O Carballiño continúa a súa perigosa tendencia á alza desta semana e aumenta hoxe en 3 os contaxios  de coronavirus, alcanzando a cifra de 23 persoas con infección activa de Covid-19

No resto da comarca, nos datos deste sábado 9 de Xaneiro, temos 12 casos activos de coronavirus, que se reparten asi: San Cristovo de Cea (7) O Irixo (2) Piñor (1) Punxín (1) Boborás (1) Continúan libres de virus os concellos de Beariz, Maside e San Amaro.

8, Xaneiro 2021

O 30 de novembro de 2019, a Área de Cultura do concello poñía en marcha a Biblioteca Vivente de San Amaro, un proxecto que nacía pensando en recoller e poñer en valor o patrimonio inmaterial das súas parroquias e das súas xentes ao través dos tres apartados nos que se divide o programa (a Memoria oral dos Tesouros vivos, un arquivo fotográfico dixital e un arquivo de referencias históricas). A BVSA -pois- quere recoller desde xa e dun xeito sistematizado, a memoria das persoas que habitaron e habitan o noso concello, deixando para as xeracións futuras de amarenses unha copia do seu testemuño.

As condicións especiais deste ano non permitiron que avanzaramos coas gravacións audiovisuais tal e como tiñamos previsto, aínda que si comezaron a tomar forma os arquivos de imaxes e referencias históricas, froito dos cales chega a primeira proposta para a divulgación e posta en valor do proxecto, en forma de exposición. En palabras do responsable de Cultura, Carlos Paz, "consiste nunha exposición de 12 paneis con algunhas das fotografías e das referencias recollidas para o arquivo da Biblioteca Vivente.

Nela poderemos comparar o aspecto do concello desde os anos 1957 a 2011 ou coñecer o número de vivendas e habitantes existentes en cada aldea do concello no censo de 1887... Coñecer ao Segismundo (o acordeonista que amenizou moitos bailes da contorna) ou ver ao Antonio Rodríguez González fotografado uns 70 anos despois no mesmo lugar."

A exposición San Amaro na memoria permanecerá aberta dende o  día 8 de xaneiro até o vindeiro 8 de febreiro na recepción do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (San Cibrao de Las), para despois comezar unha itinerancia por distintos puntos do termo municipal de San Amaro.

8, Xaneiro 2021

Que ben fan os socialcomunistas, van ter moi cabreados aos ricos con estas subas. Mentras tanto na tertulia séguese con cansino e manido latiguillo de que se viron a unhos mozos nos bares e que se petatín e patatán. Durante un mes vale, pero xa levamos moitos meses coa mesma cantinela. Non hai máis neuronas para analizar outros temas, mesmo con respecto á covid? Non sei, ocórreseme que pasa por exemplo en conxugar a volta ó cole co temporal e a obriga de manter as ventás abertas. Hai mil temáticas.

Penso que se quere ser tan políticamente correctos que se castiga aos de sempre, aos hosteleiros, e todo cansa. Pensadeo un pouco...

8, Xaneiro 2021

O Carballliño continúa sumando máis contaxios activos de coronavirus,  e chega hoxe dia 8 de Xaneiro aos 20 casos, duplicando polo tanto os que tiña a principios desta semana.

Non se rexistra ningunha outra variación no mapa do coronavirus na comarca, con 7 casos activos no concello de San Cristovo de Cea, 2 no Irixo e 1 -respectivamente- nos concellos de Punxín e Piñor. E con cero contaxios permanecen os municipios de Beariz, Boborás, Maside e San Amaro.

8, Xaneiro 2021

O portavoz de Espazo Común no concello do Carballiño considera como calimitosa e, en consecuencia, lesiva para autonómos, comerciantes e hostaleiros, a xestión feita polo grupo de goberno no procedemento para adxudicar as axudas acordadas pola corporación carballiñesa no programa de reactivación do tecido económico local, nas axudas munipais a aqueles sectores máis castigados pola pandemia.

Adolfo Nogueira puxo un exemplo que explica "o desastre" e que compara o número de solicitudes que rexistrou a convocatoria do concello "foron 291 solicitudes, mentres na convocatoria da Deputación foron máis de 500",  unha diferencia que Nogueira explica na errática convocatoria do  concello, cunhas bases que botaron atrás moitas axudas, dixo.

Según os datos de Espazo Común quedaron fora das axudas máis do 60% dos solicitantes, xa que dos 360.000 euros que estaban consignados tan so se adxudicaron finalmente 142.000 euros "hai que modificar estas bases e elaborar outras novas que non deixen a ninguén atrás", pediu o concelleiro de Espazo Común que, ademáis, asegurou como "o alcalde Fumega pagou a unha empresa 17.400 euros por unhas bases fotocopiadas das que publicou tres meses antes o concello de Tui, é decir, pagou 17.400 euros das arcas municipais en 30 fotocopias para fusilar a convocatoria feita por outro concello, curiosamente tamén gobernado polo PSOE".

Finalmente, Espazo Común anuncia que vai presentar unha moción ante o pleno da corporación municipal na que pedirán explicacións por todo este "sospeitoso e moi dubidose proceder do goberno do Carballiño".

 

8, Xaneiro 2021

O 12 de maio deste ano 2021 cumpriranse cen anos da morte de Emilia Pardo Bazán. Diversas institucións académicas e culturais galegas e españolas están a elaborar programas para conmemorar esta efeméride da escritora, que estivo vencellada a finais do século XIX co Carballiño, debido ao seu matrimonio con José Quiroga, natural de Banga.
Naquela época, en 1885, a escritora publicou a novela El cisne de Vilamorta, que se desenvolve no Carballiño e Banga. Asemade, a novela La madre naturaleza, publicada en 1887, considerada a culminación dunha das súas obras máis célebres, Los pazos de Ulloa, contén diversas referencias concretas ás terras do Carballiño, como son as alusións ao “bizcocho de Vilamorta” e ao “río Avieiro”, ademais da paisaxe inequívoca da bocarribeira en Banga.
Por todo isto, tanto dende o concello como dende o Centro de Estudios Chamoso Lamas, considérase de sumo interese poñer en valor esta ligazón que hai entre Emilia Pardo Bazán e O Carballiño, e que é parte do patrimonio cultural carballiñés.
Entre as actividades que se prevén desenvolver, e sempre tendo en conta a evolución da pandemia pola Covid 19 e as posiblidades para a celebración dos actos, están as seguintes:
-Realizar unha reedición de El cisne de Vilamorta co obxectivo de distribuila entre o alumnado de bacharelato dos institutos do Carballiño.
-Organizar un ciclo de conferencias sobre a escritora.
-Acto de lectura pública de El cisne de Vilamorta polo alumnado de bacharelato dos institutos do Carballiño e integrantes dos colectivos culturais, que tería lugar ao aire libre ou no auditorio municipal, tendo en conta as circunstancias que haxa nese momento sobre a situación da pandemia e as medidas preventivas que haxa que tomar.
-Realizar unha ofrenda floral ante o monumento á escritora na Praza Emilia Pardo Bazán o 12 de maio, data do centenario da súa morte.
-Programar un percorrido urbano guiado polo Carballiño vencellado coa escritora e a novela El cisne de Vilamorta, así como pola historia e a configuración arquitectónica, política e social da vila naquel tempo.
-Celebración dun acto cultural ao aire libre, promovido por destacados persoeiros do ámbito nacional do teatro e da música, e cuxo evento está previsto para desenvolver durante o verán na Praza Maior.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS